Un dos grandes amigos desta redacción fóisenos para sempre. Na mañán deste sábado 22 de setembro de 2012, cando recén comenzaba o outono, falecía aos seus 45 anos Manuel Mouzo Castro. Fillo único, veciño de Brañas verdes, arrastrou Manolo durante estes últimos tempos un cáncer fatal que nas primeiras horas do día de hoxe, durante o transcurso dunha sesión de quimioterapia no hospital, o levou para sempre. Persoa aberta e faladora, moi querida entre a xuventude, de educación exquisita, estivo casado con Sesé Luaces (veciña de Camariñas) e deixa un filliño de 13 anos chamado Javier. Podíamos compartir uns instantes con el recentemente durante o enlace matrimonial de Cris e Adrián e alí nos contaba como facía frente con coraxe e tesón á enfermidade que se fixera forte no seu corpo. Finalmente e de forma lamentable ésta acabou gañando a partida e deixounos sen o gran amigo que sempre foi Manuel Mouzo Castro. O corpo sen vida de Manolo está sendo velado pola súa familia e amigos dende este mediodía no tanatorio que a funeraria Costa posúe en Vimianzo e está previsto que o enterro teña lugar mañá domingo na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. Manolo, amigo, alá onde agora te atopes que Deus che teña na súa gloria. Descansa En Paz.
Meu amigo Manolo, que tantas veces falamos eu máis ti. Tantos consellos nos destes cando comezábanos a salir con 16 anos pola Ponte. Non podo crer que xa non estés. Moito ánimo a toda a familia. Descanse en Paz querido amigo.
+5#RE: Manuel Mouzo Castro D.E.P. —
zhúkov22/09/2012 18:50
Outra familia do noso concello que fica destrozada por unha desgracia inconmensurable... No nome da Familia Vázquez Campaña quero facer chegar o noso pésame e apoio máis sinceiros á familia de Manolo nestes durísimos momentos. Descanse en paz.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.