1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un dos operarios de Protección Civil este venres as 4 da madrugada na ChandeiraEran aproximadamente sobre as catro da madrugada deste ventoso e treboento venres 24 de agosto que recén comenzaba cando a dotación de Protección Civil de Camariñas era alertada polo 112 acerca dunha árbore tirada á altura do lugar da Chandeira en Xaviña que obstaculizaba o tráfico rodado. Ata alí desprazáronse inmediatamente Tedín, que deste xeito víase obrigado a sacrificar momentáneamente as súas vacacións estivais, e Manolo da Ponte os cales na oscuridade da noite raudos acometían as labouras necesarias para librar a carretera do pino que supoñía un obstáculo insalvable para a circulación. Despois de rematar este traballo a patrulla de Protección Civil realizaba unha serie de percorridos polas distintas carreteras do concello na búsqueda de outros posibles desperfectos non atopando finalmente nada máis de relieve que sinalar durante os mesmos. O curioso do asunto é que sucesos deste tipo non soen acontecer durante o verán, así que a opinión predominante entre estes dous experimentados membros de Protección Civil era a de que debío de producirse un remuiño, unha especie de pequeno ciclón estival, que acabou tumbando fatalmente a árbore en cuestión. O Caribe, un huracán hawaiano, o Katrina asolando New Orleans, na reducida escala de Xaviña.

Engadir un comentario