- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 12 Xuño 2012 12 Xuño 2012

Pois o sábado 23 de xuño tamén se confeccionou un completo programa de actividades para tan sinalada festividade na Parroquia de Xaviña. Será a partires das 22:30 horas no campo de As Pontes, xusto enfrente do templo románico que leva preto de 1.000 anos vendo o lume arrecender ao seu carón e que contará co fondo sonoro subministrado polo Grupo de Gaitas da Asociación Abrindo Rejo, a cal organiza o evento ca colaboración inestimable, por aquelo do tan necesario equilibrio territorial entre as diferentes poboacións que o agrupan, do Concello de Camariñas. E máis nestas épocas de políticos sen escrúpulos que se adican a enfrentar aos diferentes pobos en beneficio (máis ben cesante, dado o estado da súa declinante situación microeconómica) propio, outro exemplo máis da aplicación secular do inevitable "Divide y vencerás". Nembargantes non soen ser as de Xaviña unhas terras que se deixen enganar por supervivientes e enganabobos e así, unidos, felices, en comunión cos restantes veciños do seu concello, celebrarán unha espectacular cachela de San Juan na mellor paraxe posible: aquela que proporciona o templo sagrado máis antigo e fermoso dos contornos.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.