1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha morea de xente deuse cita para presenciar o mellor carnaval da Costa da MorteUn carnaval sinxelo, familiar e humilde. Feito polas boas xentes da parroquia máis extensa do Concello de Camariñas e compartido cada vez por máis e máis persoas que non queren perderse a gran cita carnavalesca de Xaviña. Unha festa que contou este ano coa participación de tres promesas da canción, tres guapas rapazas que subiron ao palco montado pola Asociación Abrindo Rejo para reflexar diante das masas todo un torrente de voz e sabiduría musical. A camariñana Karina e as xaviñanas Yolanda e Erika deixáronse a pel no escenario para, nunha actuación a tres bandas, asombrar a todos os asistentes. Así e todo, despois houbo tempo para desfrutar cos disfraces de toda a vida e as comparsas que fixeron as delicias de todos con risas e comicadas a esgalla. Pero agora é o turno das rapazas cantantes (no mellor sentido da palabra, non estamos a falar de políticos caraduras que andan a denunciar ao cidadán de a pé) e de todo o seu chorro de voz que camarinas.eu trouxo a estas páxinas nunha noticia en exclusiva.

Comentarios   

Socio Abrindo Rejo
0 # RE: Actuación musical Carnaval de XaviñaSocio Abrindo Rejo 22/02/2012 21:31
Este ano a directive non se puido disfrazar en comparsa ... e dende aqui damos o pésame a familia do difundo Pepe! Para o ano máis e mellor! :D
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.