1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O carnaval máis dicharacheiro da costa atlántica: en Xaviña

Se hai un entroido de carácter popular, dicharacheiro, multitudinario e gastronómico no noso concello ese é o xaviñán. Un ano maís ao carón da súa  cáseque milenaria igrexa parroquial, organizado pola Asociación Abrindo Rejo e ca colaboración inestimable municipal, este domingo 19 de febreiro  centos de persoas daranse cita nun evento con renome en toda a Costa da Morte. Como sempre haberá orellas, chocolate, filloas e como non o sorteo dun porquiño. Aquí en camarinas.eu apara ir abrindo boca ca nosa cita ineludible co entroido xaviñán procedemos a publicar unha galería fotográfica do derradeiro magosto celebrado na parroquia máis extensa do noso concello.

Engadir un comentario