Operarios de Xallas arranxaron o que era un auténtico despropósito
As milagres de camarinas.eu
Visto e non visto. Había un problema, xa está arranxado. Na mañá de hoxe, cun mes de tardanza, operarios de Electra del Jallas procederon á reparación do poste eléctrico contra o que tráxicamente impactara o coche que conducía Divanir Sambade o 21 de outubro. Tan só 15 horas despois de que camarinas.eu se fixera eco do malestar de moitos dos seus usuarios sobre o que era unha cruel neglixencia, e publicara a noticia sobre a broma macabra e o perigo que o poste maldito constituía, operarios de Electra del Jallas procederon a arranxar o citado poste, como avisaba case que en directo hoxe pola mañá o noso fiel usuario Manolo, de Xaviña. E é que os usuarios de camarinas.eu xa saben que para denunciar un grave despropósito ou unha flagrante inxustiza hai que acudir a un medio de comunicación de verdade, a un medio que teña unha gran capacidade de difusión, porque de outra forma as súas queixas ninguén as lee, e éstas caen no vacío. Pero por outro lado, tamén pode ser que todo fora unha casualidade...¿ou non?
Comentarios
Queda feito GRASIAS CAMARIÑAS.EU
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.