Na madrugada deste martes pasado, 19 de setembro de 2011 finaba na súa casa da Costa aos 83 anos de idade o veciño de Xaviña Don Enrique Tajes Rodríguez máis coñecido coma "O Paneco". Don Enrique xa viña padecendo unha grave enfermidade dende hai varios anos e onte, lamentablemente, díxonos adeus para sempre. O corpo sen vida de Don Enrique está sendo velado na súa casa ata que as seis da tarde deste martes 20 de setembro sexa acompañado polos seus familiares e amigos ata a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña onde será realizado o funeral en corpo presente. Posteriormente procederase a celebrar o sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña onde Don Enrique descansará para sempre. Dende Camarinas.eu queremos expresar a nosa máis profunda pena pola morte desta gran persoa e queremos mostrat as nosas condolencias a toda a súa familia e amigos. Don Enrique Tajes Rodríguez, Descanse en Paz.
Eu tamén quero expresar o meu pésame a toda a familia de Enrique, especialmente aos seus netos Héctor e Romina e tamén a Luisa así como a súa filla María e Jesús Carril. DEP.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.