1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Don Mario, cura párroco da parroquia de Xaviña acompañado polos seus feligresesHai xa máis dunha semana concretamente o luns pasado, 15 de agosto de 2011 e día sagrado da Asunción da Nosa Señora celebrábase na parroquia de Santa María de Xaviña a festa relixiosa máis importante do ano nestas antigas terras chas do Concello de Camariñas. Baixo un sol implacable que agora parece querer marchar para sempre do verán camariñán, era sacada polos fieis xaviñáns a Virxen de Santa Ana acompañada pola retaguardia por San Roque que percorreron parte de Xaviña dende a Rúa da Igrexa ata o cruceiro da Molinera. Unha procesión que contou co oficio do cura párroco de Xaviña Don Mario acompañado polo tamén cura xaviñán e profesor de Lengua Española no IES Raices de Cee Don Lorenzo. Ademáis da procesión relixiosa os responsables da organización agasallaron a todos os asistentes cun dúo musical que fixo as delicias dos máis bailadores.

Como se pode apreciar nas fotos realizadas polo fotógrafo Diego Alonso o día presentouse expléndido polo cal foron moitos os feligreses que se deron cita para acompañar a súa Virxen na procesión máis importante do extenso ano relixioso en Xaviña. Xentes de tódalas idades, de tódalas clases, emigrantes retornados contentos de volver ás súas orixes. Todos felices e alegres, vestidos coas súas mellores galas nun día grande de festa. Unha parroquia, en definitiva, unida hombro con hombro con tódalas consecuencias onde non importa a condición económica ou a opinión política das persoas e onde se mira, por enriba de todo, polo ben da comunidade xaviñana. Unha parroquia onde podemos ver grandes montes comunais levados e xestionados á perfección por xóvenes xaviñáns, onde se explota competentemente un dos areais marisqueiros máis importantes de Galicia e onde incluso se ven de aprobar na parroquia xaviñana unha cesión dun baixo propiedade da Asociación de Veciños para instalar un velatorio-tanatorio veciñal por conta dunha funeraria da zona sin que a ninguén se lle pasara pola cabeza decir "esta boca es mía". Cousa esta última que nos sorprende gratamente, sobre todo despois de ver como en outras parroquias se sucederon algúns lamentables e ridículos  espectáculos por mor do mesmo tema e que a maioría da xente lembra sonrroxada. En fin, Xaviña, unha escepción. Que cunda o exemplo.

Engadir un comentario