1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O mellor Carnaval popular do Concello de Camariñas, como sempre en XaviñaAquí en camarinas.eu o segredo do noso humilde éxito baséase en aplicar a raxatabla dende o primer día unha recomendación que presuntamente endilgou un día hai moitos anos paseando polos xardíns do Pardo o Xeneral Franco a un cariacontecido, sorprendido e por veces obnubilado interlocutor: "Usted haga como yo: no se meta en política". E así nos foi dende aquela, aumentando a distancias meteóricas, siderales, a xa de por si oceánica ventaxa que nos separaba da nosa presunta competencia (por decir algo), se ben esto non constitúe ningún mérito, incluso un demérito máis ben, vendo o nivel lamentable, ruinoso, do que nos rodea. Con todo, para cubrir ese oco imprescindible que permita complementar as informacións de camarinas.eu cun punto de vista distinto, non deixan de surxir iniciativas ilusionantes, honestas, ben feitas, como a do noso querido amigo e usuario Mikel (http://camarinasdirecto.blogspot.com) ou a de quen foi ata non hai moito a nosa máis feroz competencia, o tristemente abandonado Diario Faro Vilán.

E foi exactamente uns segundos despois de surxir na mente bicéfala de camarinas.eu a reflexión que antecede, ou tal vez non uns segundos (sería materialmente imposible) pero sí uns minutos ou bueno, unhas horas ou días, que tanto da, tal vez nin siquera surxío nunca senón agora, decíamos que foi entón cando o endomingado mocasín xornalístico da web líder da Costa Atlántica puxo pe no Carnaval de Xaviña: o gran entroido popular do Concello de Camariñas. Organizado por unha asociación exemplar que reúne á mellor xuventude da súa parroquia, Abrindo Rejo, co apoio entusiasta de tódolos veciños e ca aportación calada pero fundamental ano tras ano do Concello, o entroido xaviñán converteuse dun tempo a esta parte nunha cita obrigada dentro das festas carnavaleras da Costa da Morte. Se un domingo de carnaval pola tarde non se estivo en Xaviña, entón non se sabe de que vai esto do Carnaval.

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Entroido en Xaviña 2011Beldoña 11/03/2011 14:18
UN ¡¡ HURRA !! polo entroido de XAVIÑA.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Morriña
+1 # RE: Entroido en Xaviña 2011Morriña 11/03/2011 16:38
xAviña ca sua esensia...coma siempre unica. Enorabuena por estes carnavales!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
elenablanco
-1 # Entroido en Xaviña 2011elenablanco 11/03/2011 18:39
Enorabuena a estes xaviñans que o merecen todo!!
a partir de ahora e mellor marxar para xaviña xq aqui cada vez menos fan!
e despos preguntanse xq marxaran de camariñas xq sera???
porque nn temos a donde ir!!
outra vez digo enorabuena a esta xente que lucha polo que ten e que segan todos unidos que e o mellor
un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador