1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Cartel promocional do Entroido de Xaviña 2011

Este domingo 6 de marzo ás 4 da tarde o entroido chega á Xaviña, a parroquia onde a tradición é lei, e faino por todo o alto nunhas festas convertidas pouco a pouco, a base de traballo, ilusion e gañas, nunhas das máis senlleiras da Costa da Morte. Os mellores disfraces, a festa máis desenfrenada, os máis abundantes e apetitosos ágapes, os premios máis suculentos terán lugar un ano máis nun entroido organizado pola exemplar xaviñana Asociación Abrindo Rejo. Na carpa instalada a carón da Igrexa Parroquial haberá: Premio á mellor comparsa, 1º, 2º e 3º premios para os mellores disfraces nas categorías de infantil, xuvenil e de adulto, así como un Premio Especial ao disfraz máis  orixinal; a mellor música; unha enchenta definitiva a base de chocolate con churros, filloas, empanada, etc... todo gratis e como guinda especial realizarase o sorteo dun porquiño que promete dar días de gloria culinaria, un manxar para o día de mañán, sorteo para o cal aquí en camarinas.eu dende hai semanas xa temos os nosos boletos gardados a bo recaudo.  Este domingo dende as 16:00 e ata ben entrada a noite, ¡¡TODOS A XAVIÑA!!

Amenizado co Grupo "Tal para Cual"

Comentarios   

Brais.Lema
+1 # Elojo ...Brais.Lema 07/03/2011 12:30
...Elojo as Fotos Que Sacastes? Telas Que Poñer Ehh
Responder | Denunciar ante o administrador
Nonsei
+1 # Unha web impresionanteNonsei 14/07/2011 22:24
camarinas.eu non ten nada que ver co diario camarinan; este sempre falando de politica mentras que camarinas.eu fala de todo. Moitos parabens para diego
Responder | Denunciar ante o administrador