3.65 1 1 1 1 1 Rating 3.65 (100 Votes)
De forma semellante a aquela colina vietnamita arrasada polo nápalm da aviación norteamericana da que falaba Robert Duvall no film Apocalypse Now visitar na mañán deste luns 16 de agosto de 2010 a cima do Campo do Turco en Xaviña era adentrase por unha paisaxe lunar devastada, por un manto negro de terra calcinada que obrigaba aos equipos de extinción de incendios a permanecer en estado de máxima alerta ante os múltiples focos de lume que revivían por doquier. Un día caracterizado por un operativo ininterrumpido de helicópteros que recollían auga na Vasa, polo tronar sordo de motores de hidroavión que amerizaban sobre as augas do Porto de Camariñas ante a ollada dunha expectante multitude para tratar de rematar un incendio que parecía definitivamante sofocado cara ás 4:00 da mañán do luns. Un día de caras cansadas, de ollos chorosos e de rabia contida. Os técnicos da Xunta de Galicia falan dunha extensión forestal calcinada próxima ás 100 hectáreas que terían a súa orixe en catro focos de lume distintos, todos eles provocados polo descuido culpable do ser humano. Nembargantes á hora na que a presente  noticia se publica chegan noticias de rescoldos que volveron cobrar vida, polo que a alerta segue a ser máxima en Xaviña. Un equipo de camarinas.eu, presente xa dende os primeiros momentos no maior incendio que asolou o Concello de Camariñas en catro anos, adentrouse nos lugares máis afectados polo lume para constatar a envergadura do dano causado, para comprobar a paisaxe despois da batalla. Unha batalla que continúa en Xaviña.

Comentarios   

MADRILEÑO
-4 # madrileñoMADRILEÑO 16/08/2010 23:54
Isto xa me parece mais obxetivo,como creo que deberían ser toda-las informacións de esa embergadura e como se de unha voz, un grito de demanda en axuda da nosa terra se tratase , con esta reportaxe dasnos a coñecer toda a crudeza e realidade do mal que nos asolou, somentes me resta decir AGÓRA SÍ, agóra deches no cravo, antes non é que non o fixeras, só que non me parecía , como decilo... ¿ axeitado ?
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+4 # RE: Incendio Forestal de Xaviñarubiasexy 17/08/2010 11:37
muy bonitas fotos si señor fasedes majas sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+4 # RE: Incendio Forestal de Xaviñalucia018 17/08/2010 11:45
Que pena... Todo outra ves Negro.:(
Responder | Denunciar ante o administrador
karlu
+4 # E agora que?karlu 17/08/2010 16:38
E agora, que pasa co fallo humano,supoño que habra unha investigasion,u n culpable,habera que pagarlle as vitimas,ou pasaremos de todo?
Responder | Denunciar ante o administrador