Celebraba a parroquia de Xaviña as festas en honor a Santa Ana cando preto das 14:30 horas, xusto unha vez rematada a traca de bombas de palenque e instantes antes de que a Orquesta Trole puxese fin á súa actuación no baile vermouth, un pequeno fume empezaba a tomar forma de modo inquedante non moi lonxe do Cemiterio Novo xaviñán. De forma semellante ao acontecido o ano pasado en Xuxo con motivo das festas en honor á Virxe do Pilar... Co pasar dos minutos, ese pequeno conato de incendio convertíose nun inferno de lume e fogo que comenzou a subir raudo e veloz pola ladeira do monte que leva cara o Campo de Tiro de Xaviña. Xa dende o primer momento o Alcalde de Camariñas Pichurri, presente no baile vermouth, acercouse ao lugar de autos e ante a gran entidade do incendio e a escaseza de medios con que combatilo non tivo máis remedio que tomar parte nunhas labouras de extinción nas que chegaron a intervir voluntarios de Protección Civil de Camariñas, operarios do Concello, a cuadrilla comarcal de SEAGA de loita contra o lume, varios camións motobomba, un avión e un helicóptero, así como diversos veciños de Xaviña. No momento de publicarse a presente noticia o lume expandíase devastador en forma de cuña amenazando por un lado o Areal do Ariño e descendendo vertixinosamente pola outra vertiente cara á Ensenada da Vasa. Precisamente, formada polo fume provinte dos incendios que a esa mesma hora estaban a asolar Xaviña, Vimianzo e Dumbría unha densa néboa co arrecendo típico do pino queimado invadía a Ría de Camariñas e daba a benvida aos iates que se aventuraban pola mesma. Por último sinalar que as fincas afectadas eran maiormente de propiedade privada, non da Asociación de Montes de Xaviña, e que tal e como xa advertía camarinas.eu con ocasión dunha noticia publicada o 05-07-2010 ("Situación actual dos Montes de Camariñas"), non presentaban un adecuado estado de limpeza e cuidado, o cal sen dúbidas contribuío a propagar un incendio que lamentablemente quedará rexistrado nos anales da Parroquia de Xaviña como aquel no que o día de Santa Ana asolou os seus montes.

Comentarios   

jesus
+7 # incendio en xaviñajesus 16/08/2010 15:15
queixanse do alcade pois eu queria ver a muitos alcaldes doutros concellos cunha mangueira na man contanse mui poucos e este sije as instrucions do que fui o señor boutista ex alcalde de camariñas e do mismo partido por ai vense mui poucos aunque a muitos lledoia vense mui poucos queda dito
Responder | Denunciar ante o administrador
Pioja
-7 # E si estubese P.C. como outros anosPioja 16/08/2010 18:59
E se estuvese protección civil na festa co camión de bomberos como outros anos ¿Pasaría o mesmo? Cada un que pense o que queira.
Responder | Denunciar ante o administrador
abel
-6 # pateticoabel 18/08/2010 18:57
esto e patetico que fai ese hai
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+5 # Arrimar el hombro no es criticableE logo ti de quen es 31/08/2010 10:35
Yo no entiendo nada de la política de Camariñas, es más tampoco tengo ningún interés, no vivo en Camariñas y creo que no debo opinar sobre la política local.

Sin embargo, me parece muy loable que un alcalde, sea del partido que sea, se ponga a trabajar codo con codo con las cuadrillas para apagar un incendio.

Se pueden criticar otras cosas (por ejemplo el estado de los pasos de peatones na Ponte) pero que un alcalde arrime el hombro sinceramente no me parece criticable.
Responder | Denunciar ante o administrador