3.84 1 1 1 1 1 Rating 3.84 (50 Votes)

Don Mario oficia ca súa sabiduría característica a procesión que enche os camiños de Xaviña de devotos veciños
Don Mario oficia ca súa sabiduría característica a procesión que enche os camiños de Xaviña de devotos veciños

A parroquia máis católica do concello

Tradicionalmente as poboacións de terra adentro, de raigambre agrícola e campesina, suelen  estar caracterizadas por poseer unhas máis fortes creencias relixiosas e elo, ao noso leal e limitado saber e entender, queda reflexado especialmente dentro do Concello de Camariñas na Parroquia de Xaviña, aquela que pasaría por ser a máis relixiosa do mesmo, a máis católica.  Aquela que ten ata 4 curas vivos e en exercicio polo mundo adiante: Don Mario (que aínda que non é de Xaviña senón de Pontevedra leva casi 60 anos nesta parroquia), Don Lorenzo, Don Ramón e Don Manolo. Os catro son veciños de Xaviña. Desta maneira, as festas acompañadas de cristiana procesión multiplícanse ao longo do calendario na parroquia máis extensa do concello: San Blas, o Sacramento, Santa Ana, San Roque, San Antonio... Especialmente solemne é a festividade adicada cada 13 de xuño ao santo portugués falecido na cidade italiana de Padua en 1231 e que foi canonizado 352 días despois do seu falecemento, motivo polo cal toneladas insondables de sardiña procedente da Costa da Morte marchan en tan sinalada data en procesión cara as fogueiras de Portugal. Outra procesión foi a que como ven sendo tradición dende hai centos de anos congregou a toda unha parroquia polos extensos camiños que a conforman e que é comandada co oficio e sabiduría característicos dun dos relixiosos máis míticos da Costa da Morte, Don Mario, párroco de Xaviña e na que camarinas.eu, a web que concibe o concello de Camariñas como un todo informativo, estivo presente e captou unha ampla galería fotográfica de 150 imaxes.

Comentarios   

masquechorradas
0 # RE: Procesion de San Antonio en Xaviñamasquechorradas 17/06/2010 23:54
moi beatos seran pero tamen os mais malos do mundo sosio
Responder | Denunciar ante o administrador