- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 24 Decembro 2009 24 Decembro 2009
Traxedia absoluta en Xaviña

A maior desgracia posible, o dolor máis atroz e profundo abatíose na tarde deste 24 de decembro, Día de Noiteboa, sobre a parroquia de Xaviña. Segundo noticias que empezaron a chegar no medio do estupor máis absoluto, cara as 15:00 horas María Jesús Lema Martínez, funcionaria de correos da oficina postal de Camariñas e veciña de Xaviña e o seu neno Martín, de dous anos, falecerían nun terrible accidente de tráfico acaecido no punto kilométrico 69,800 da estrada AC-552 que une Carballo con Cee, concretamente á saída de Vimianzo, nunha colisión frontal que deixaría ferido leve ao conductor do outro vehículo siniestrado.
O dolor profundo por semellante traxedia agrávase nesta redacción polo feito de que hai un ano e medio, concretamente un 4 de maio de 2008, esta web publicaba a noticia da voda celebrada na Igrexa de Xaviña entre Maria Jesús e o seu marido Francisco, camioneiro de profesión e natural de Vilaseco, e do bautizo de Martín, fillo de ambos, evento cuberto por un Diego Alonso Freire que non da creto ao sucedido e lamenta no máis profundo do seu ser tan terrible accidente. Un Nadal que se volve tinguir de luto no Concello de Camariñas por segundo ano consecutivo, xa que o próximo día 31 de decembro cumprirase o cabodano do tráxico falecemento na Coruña de Juan Carril Ramos. Aínda que sexamos conscientes de que as nosas palabras non poderán consolar nin siquera mínimamente o dolor tan inconmensurable e absoluto da súa familia, esta redacción ao completo en nome de tódolos seus usuarios quere dar o seu máis sinceiro pésame á familia de María Jesús e Martín nestes momentos. Descansen en Paz.
Comentarios
D.E.P.
Moito animo a toda a familia,
Dios os teña na Gloria.
QUE DESCANSEN EN PAZ
E MOITA FORZA A ESTA FAMILIA QUE A NECESITA DESEOLLE DE TODO CORAZON MOITOS ANIMOS .
D.E.P
Unha chavala encantadora Maria jesus, siempre tan atenta cando se iba o correo e cando viña a repartir as cartas D.E.P.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.