3.6538461538462 1 1 1 1 1 Rating 3.65 (26 Votes)
A Cadena Ser envíanos hoxe unha noticia na que di que según a Capitanía Marítma da Coruña o barco camariñán Gallego José, pertencente a unha das sagas máis míticas de mariñeiros de Xaviña (Os Jallejos) non ten a estabilidade óptima para seguir navegando. 

Ademáis, esta emisora de radio cita que este barco é xemelgo de outros que sufriron naufráxios coma o "Nuevo Pepita Aurora" ou o famoso "Bahía" que foi ao fondo cerca de Malpica e no que morreron dez mariñeiros. Foi á raiz deste naufraxio cando a inspección marítima da Coruña informou á Dirección Xeral da Mariña Mercante que o Gallego José tiña o centro de gravidade moi alto, cerca da liña de flotación co que a súa estabilidade veríase nunha situación crítica en condicións de mar forte ou mala xestión do barco.

Nós, dende camarinas.eu non temos nin idea de estabilidade de barcos ou de flotabilidade, etc.. pero si sabemos que se tan pouca estabilidade ten este barco xa debería de estar afundido fai anos cando foi do "Prestige" e os "Jallejos" viñan cargados do chapapote que tanto criticaba a Cadena Ser nesas épocas. Aquí unhas imaxes deses anos do "Prestige"

Enlace á noticia da Cadena Ser sobre o "Gallego José"

 
O Gallego chegando ao porto de Camariñas cheo de chapapote
O Gallego chegando ao porto de Camariñas cheo de chapapote
O Jallejo nas faenas de busca de chapapote
O Jallejo nas faenas de busca de chapapote

Comentarios   

entruido
0 # entruido 19/09/2007 16:30
ola como vos decides eso o de cadena ser e mentira porq o varco ten todalas revision pasadas de todolos anos e ouvo un ano no q se puxeron uns tanqes pa de gasoleo de mas pa ir o bonito pero con eso non a pasava e qitaronse e aora pasa a revision coma todos o varcos,tan listos como son ¿como e q todolos varcos pasan todalas pruevas o salir do astillero polos ingenieros e aora falan asi do astillero?
Responder | Denunciar ante o administrador
carmen italiano
0 # carmen italiano 22/09/2007 23:51
con todo respeto pido de favor a todas autoridades y al señor juez que miren esto que no hay derecho que tengan amis sobrinos en cadenasin motivos por cuatro mal echores que le miren para sus manos trabajadoras .animo hermana,cuñado y sobrinos pronto nos veremos si dios quiere tu hermana carmen.animo familia.
Responder | Denunciar ante o administrador
mar
0 # animo chicos ,todo va a salir bienmar 30/09/2007 22:18
os escribo para que sepais que estamos con vosotros. nosotros no entendemos del tema ,pero por lo oido, no creo que sea como para meter a alguien en la carcel, jugando así con el pan de vuestros hijos. mucho animo de vuestros vecinos.
Responder | Denunciar ante o administrador
maximo
0 # chatarramaximo 01/10/2007 14:33
ese barco ten pinta de que deberia tar no desguace hai muitos anos,despois pasa o que pasa e choramos todos
Responder | Denunciar ante o administrador