- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 14 Xuño 2009 14 Xuño 2009
Camarinas.eu estivo este sábado 13 de xuño acompañando ao humilde e noble pobo de Xaviña na súa festa de San Antonio porque si unha das misións desta web como medio de comunicación máis importante da Costa da Morte é o de fomentar e promocionar as nosas festas máis importantes outro dos sinos de camarinas.eu é o de recuperar e mostrar a todos os miles de usuarios as festas máis humildes ou as tradicións máis antigas deste noso Concello de Camariñas.
O San Antonio de Xaviña celebrouse este sábado na cal se orou unha misa cantada oficiada polo veterano cura párroco Don Mario e onde o Coro de Xaviña fixo gala das súas boas dotes para o cante. Rematada a misa os fieis recolleron a imaxe do seu santo e percorreron o treito ata a praza de Xaviña para levar ao San Antonio en procesión. Este cristiano peregrinar estivo acompañado pola renovada Banda de Gaitas da Asociación "Abrindo Rejo" que volve a carga con moitas caras xóvenes e algúns dos seus históricos integrantes como o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño. Pulsa na foto para ver unha galería fotográfica de 120 fotos da procesión do San Antonio de Xaviña.
Comentarios
GAITA GALEGA
Sopla,sopla gaiteiriño
Sóplalle á gaita galega,
Que o aire que ti soplas
O fol devólvecho en festa.
O milagre de San Antonciño
Que se extende polas leiras,
Tranformando uns soplidos
En arte da nosa terra.
Antonio Puertas
BELDONHA...GAIT A GALEGA...MUI BONITA COMO TODAS.SALUDOS.
P.D. DIEGOO!!!!...QU E CHULA A FOTO CA SOBRINHA,QUE JUAPINHA E,E QUE BEN CHE QUEDA NO COLO!!!...SALUD OS.
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.