- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xeración Top Camariñas Xeración Top Camariñas
- Created: 28 Agosto 2007 28 Agosto 2007
En ocasións hai persoas que levan o compromiso coa súa comunidade e coa súa xente ao extremo de poñer en perigro a súa integridade física, incluso de poder sacrificar a súa vida. Este é o caso de Gonzalo Lemus Iglesias, 25 anos, Héroe, Camariñán. Veterano da guerra de Afganistán, onde servío como voluntario en dous períodos distintos, en 2005 e 2006, Gonzalo é da clase de persoas que non ignora que hoxe a primeira liña de defensa da nosa Civilización Occidental, democrática e cristiana, plena de reconocemento de dereitos cara á muller, pasa polos campos minados de Herat, polos desfiladeiros mortais do Val do Panjshir, polas montañas erizadas de Kalashnikovs de Tora-Bora, en definitiva, polo deserto desolado de Afganistán.
Nos seus períodos de descanso, entre batalla e batalla podémolo encontrar nun dos bares máis míticos da historia de Camariñas: O Marcha Verde, bar rexentado polos seus pais. Alí entre café e café, mirando para o seu porto querido de Camariñas comentounos a importancia de ter no frente como aliados aos Norteamericanos: "Esos tíos son a auténtica "Caña", no sentido de que son xente superprofesional, cun grado de preparación máxima, cunha tecnoloxía, armamento e protección dun nivel superior". E sobre todo: "un país volcado cos seus soldados" Esto é o que máis lamenta o cabo Lemus, que entende que debería cambiarse a cultura que existe en España cara o exército, que está para axudar e defendernos a todos nós.
- Un lugar para vivir: Camariñas, ainda que, ¿quen sabe? ¡Se me tocara a lotería ainda compraba unha cabaña no Caribe!
- Un lugar para escapar: Cuba.
- Unha paisaxe: O solpor no faro de Cabo Vilán.
- Un prato: Ostras de Arcade.
- Unha bebida: Aínda que non son lexionario, unha copa de Gran Duque de Alba
- Un rasgo físico das mulleres: Os ollos azuis (se non a miña moza mátame!!)
- Algo que lle pida a unha muller: Carácter forte. Os sargentos ten que habelos tanto no exercito como na casa.
- Unha película: La Tormenta Perfecta, de Wolfgang Petersen.
- Un actor: George Clooney.
- Unha actriz: Maribel Verdú.
- Un grupo de música: Góstame especialmente o folclore galego, solía relaxarme oíndo "A Roda".
- Unha canción: Solía tremer de morriña no medio do deserto afgano recordando a Canción da Danza de Arcos de Camariñas.
- Un libro: Instinto Básico, de Richard Osborne.
- Unha afección: Estar cos meus amigos de toda a vida.
- Un soño: Que o día de mañá poida ir de vacacións a Afganistán coa miña familia e encontrar un país pacificado, moderno, próspero.
Se eso ocorre, será en parte gracias a tí, Gonzalo. Porque os soldados do exército español fan por nós, o que tal vez nós non seríamos capaces de facer por eles. Cabo Lemus, camarinas.eu cuádrase ante tí plena de admiración e respeto. Un auténtico héroe camariñán.
Comentarios
aqui me tienes entregado a pies por tu valentia y por tu amor a lo nuestro, Camariñas (aunque sea de... no se, hijo del mundo)
Estoy contento que de alguna maneraformes parte de nuestra familia numerosa.
Un saludo y espero tomarme pronto unas cañitas juntos.
Marcos "O Alemàn"
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.