4.6494023904382 1 1 1 1 1 Rating 4.65 (251 Votes)
Hoxe comezamos en camarinas.eu unha nova sección adicada a todos aqueles xóvenes Camariñáns que destacaron nas súas respectivas carreiras académicas e profesionais, por entenderen que deste modo podían servir mellor ao seu pobo, a súa comunidade. A nosa redacción entende que unha cultura baseada no sacrificio e o esforzo, en definitica, no traballo pode redundar dunha maneira moito máis eficaz nunha xeral mellora na calidade de vida de todos nos. Tivemos o honor de ter como primeira invitada a Mar Ramos Prieto, unha Sagitario de 25 anos con mans de ouro (como tiveron ocasión de experimentar os músculos de algún membro da nosa redacción) que traballa como fisioterapeuta por conta propia na súa clínica privada. Tras rematar no ano 2002 os seus estudos na Escola Universitaria de Fisioterapia da Coruña, Mar decidíu abrir en Novembro de 2006 a súa propia clínica co nome de "Marusía" situada na Rúa do Medio 15, 2º B Camariñas.  Optimista por natureza, Mar anima a voltar a súa terra a todos aqueles xóvenes que un día marcharon de Camariñas para estudiar fora, ao entender que aquí sí hai futuro: "¿E por que non? A mentalidade da xente está a cambiar. A fisioterapia non é unha cuestión de masaxes. É saúde."

Estas son as respostas que nos dou Mar ao noso cuestionario:

  • Un lugar para vivir: Camariñas.
  • Un lugar para escapar: Calqueira con mar.
  • Unha paisaxe: Calqueira paisaxe mariña.
  • Un prato: Tortilla española
  • Unha bebida: Bacardi Limón con Kas de Limón, pero en xeral non bebó. (A redacción da fé delo)
  • Un rasgo físico dos homes: Os ollos.
  • Algo que lle atrae dun home: O sentido do humor
  • Unha película: Braveheart, de Mel Gibson
  • Un actor: Dous, Mel Gibson e Morgan Freeman
  • Unha actriz: Nicole Kidman
  • Un grupo de música: Non teño ningunha preferencia en concreto, pero góstame o Hip-Hop e o Pop.
  • Unha canción: "Don´t dreams it´s over", de Crowded House.
  • Un libro: El último catón, de Matilde Asensi
  • Un soño: Moitos, pero o principal sería atopar o camiño para mellorar a calidade da vida da xente, especialmente no ámbito da saúde que é o único que está nas miñas mans.

 Unhas mans de ouro, podemos dar fe delo. Sorte e ánimo Mar, sabemos que traballas arreo.

Comentarios   

Farlopa
+3 # comentarioFarlopa 30/06/2008 13:57
hola, eu son unha rapaza que fun a escola con mar e asegurovos que sempre foi moi boa e sempre quixo axudar os demais. e moi intelixente. alegrome de ver que ela non cambio, polo menos de forma de ser. sigue asi.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Mar Ramos, 25 anos. FisioterapeutaBeldoña 28/01/2009 19:00
¡Cómo vai a estar esta rapasa tan juapa, tan boa e tan intelixente,com o dí Farlopa,cún só comentario!
Pos eu quero dar o meu...e,non poder ser outro que...juapa...J UAPÍSIMA.Inteli xente...veselle na mirada e boa...si saío a sua familia,ten que selo-
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador