Camarinas.eu móstrase especialmente orgullosa de poder mostrar a todos os seus lectores o novo integrante do club máis exclusivo de Camariñas, o TOP, nunha das entrevistas máis longamente anheladas por esta redacción: a de Víctor Vigo, o camariñán que arrasa na Liga Asobal, a mellor do mundo, que máis lonxe chegou no mundo do deporte de élite nun pobo que conta con bos exemplos de superclases do deporte, e senón ahí están os casos de Camuel e Juanillo no fútbol profesional. Dotado dun físico excepcional para a práctica do deporte (1,86 cm de altura), e dun talento innato para a práctica do balonmán, Víctor Vigo Gerpe é a perfecta mostra de que con traballo e sacrificio, a base de humildade e decisións intelixentes, sempre seguindo os acertados consellos dos maiores, pódese chegar lonxe naquelo que máis lle gusta a un. Nacido en 1984, un nove de maio, día no que se celebra en Rusia a gran Victoria do Pobo Soviético sobre a Alemania nazi que puxo fin a Segunda Guerra Mundial, viña polo tanto a este mundo cos mellores augurios e non tardou moito tempo en empezar a demostralo. Así, en 1996, con doce anos ingresa na Escola de Balonmán de Camariñas, e con dezaseis debuta cos grandes en 2ª División Nacional. Aínda xogando na Vila dos Encaixes, vive un dos seus mellores momentos cando é convocado para xogar na Selección Española Xuvenil.
A súa carreira era meteórica, e nunha arriesgada e valente decisión con 18 anos marcha a progresar como profesional ao Alcobendas. Aquí, nos suburbios dunha gran cidade, comparte piso con outros compañeiros de equipo, e tralos comenzos nos xuveniles na División de Honor B, pasa o primeiro equipo disputando o terceiro e último ano a Liga Asobal. Precisamente un dos peores momentos da carreira profesional de Víctor acontece en Alcobendas cando se lle impide ata entrenar ao non querer renovar o seu contrato. De volta a Galicia, e tras un breve paso polo OAR, leva xa tres anos no histórico Teucro de Pontevedra, o máis mítico dos equipos das Rías Baixas, unha zona de gran tradición no balonmán. E foi esta temporada 2007/2008 na que Víctor se destapou como unha auténtica máquina de facer goles cuns números de escándalo: décimo máximo goleador da Liga Asobal con máis de setenta goles, converténdose no xogador clave do seu equipo. E todo elo non impide que compaxine a competición oficial cos estudios na carreira de Educación Social na Universidade a distancia (UNED), sen dúbidas pensando nun día de mañán no que lle gustaría, dunha forma ou outra, seguir ligado ao mundo do balonmán.

Difícil é a tarea a de entrevistar a unha persoa acostumbrada ás insípidas e tópicas preguntas da prensa deportiva, pero Víctor atopábase no seu pobo e entre a súa xente, e todo foi máis sinxelo:

Un lugar para vivir: Sempre fun unha persoa tímida, á que nunca lle gustou o protagonismo, por elo para o futuro gustaríame vivir nunha gran cidade como Madrid, Barcelona, Londres...na que me poda perder entre o mar de xente e vivir de forma anónima levando unha vida tranquila.

Un lugar para escapar: Obviamente, Camariñas. Eu non chegaría a onde cheguei se non fora por toda a xente de Camariñas que sempre me apoiou. En primeiro lugar, os meus pais pola paciencia que tiveron conmigo, despois as persoas que dende o Concello e a Escola de Balonmán de Camariñas tanto me axudaron, como o Técnico municipal de deportes (e un dos meus primeiros entrenadores) Fran Puga, o anterior alcalde Bautista, e finalmente xa dentro do C.B.Camariñas, Andrés Cerdeiras. Con todos eles sempre encontrei facilidades.

Unha paisaxe: Sei que vai a sonar tópico, pero ¿qué vista pode haber máis fermosa no mundo que a do noso Faro Vilán? É a imaxe que cubre o fondo do meu portátil e que sempre me acompaña nos interminables viaxes de autobús ( a semana pasada a Almería, catorce horas) cando o equipo xoga fóra da casa.

Un prato: Unha boa mariscada.E agora que vivo en Pontevedra, teño que decir que os mariscos das Rías Baixas, sobre todo os da pedra, non se comparan cos nosos mariscos de Camariñas, aínda que o marisco de area xa é outra cousa.

<p">Unha bebida: Cando se pode, ron Arehucas con Coca-Cola light. Que non che estrane ver a un deportista de alta competición tomándose de vez en cando un cubatiña. Agora eso sí, con bastante moderación, porque estamos sometidos a control constante: calcúlannos o peso e o porcentaxe graso cunhas pinzas especiais os médicos do equipo cada mes. Ademáis, temos que ter un constante coidado cos medicamentos, debido ao tema do dóping, cando tes un simple catarro tes que ir xunto ó médico para que controle a composición química do medicamento.

Un rasgo físico das mulleres: Sobre todo que teña unha cara fermosa, fíxome máis na cara que no corpo. ¿Que si un cando xoga se fixa nas mulleres que hai nas gradas? Bueno, eu persoalmente non o fago: só estón concentrado no partido, pero sí pódoche decir que a maioría dos xogadores fano, pero prefiren reservarse para despois do partido, cando se abandona o pabellón, ahí sí que pode xurdir algo.

Algo que lle pida a unha muller: Que sexa cariñosa, que teña a cabeza ben amoblada e que sexa comprensiva co tipo de vida que eu levo: constantes viaxes, fins de semana ocupados, vacacións ao contrario do resto da xente. Pero por outra banda, ter de mozo a un profesional do deporte tamén ten ventaxas: con tanto entrenamiento estamos como toros (risas).

Unha película: "Matrix", dos irmáns Larry e Andy Wachowski, sobre todo a primeira parte da triloxía, de 1999. En xeral gústanme as películas de ciencia-ficción e épicas, estilo "El Señor de los Anillos", pero aínda que me gusta ir ó cine, non perdo a cabeza polas películas.

Un actor: Se quedei impactado cunha interpretación foi a de Javier Bárdem en "Perdita Durango", dende aquela é o meu actor preferido.

Unha actriz: Unha gran actriz e unha muller moi fermosa, a actriz española Leonor Watling, da que en xeral gústanme casi todos os seus papeis.

Un grupo de música: A miña música preferida é a española, e así os meus preferidos son o grupo vasco xa desaparecido Platero y Tu. Agora tamén sigo a traxectoria de Fito, pero xa non é o mesmo.

Unha canción: Pois dentro do mismo estilo, "Jesucristo García, rey de la baraja", de Extremoduro.

Un libro: Con tanto viaxe e entrenamento (sete sesións á semana), e ademáis as clases na UNED non é que me quede moito tempo para leer, pero aínda así o meu libro preferido é "O lápis do carpinteiro", de Manuel Rivas.

Un deportista: De sempre Jackson Richardson, o gran xogador francés de bucles xamaicanos, central mítico do Portland San Antonio de Pamplona e da Selección francesa. Xa de pequeno toleaba por Richardson, ¡así que imaxínate cando me tocou enfrentarme contra él en competición oficial e aínda por encima defendelo! Era unha persoa que xogaba limpio, cunha técnica impresionante, caballeroso e repetuoso co rival. Tamén podo decirche que de cando poñían balonmano na TVG eu toleaba por Javier Valenzuela, do Pilotes Posada de Vigo, central boísimo, e cando cheguei a xogar a Alcobendas, alí o encontrei. Unha persoa maravillosa e un ser humano excepcional.

Algo polo que poderías perder a cabeza: Polo balonmán. Sen dúbida algunha. É o que máis me gusta no mundo e se por calquer razón non poidera xogar máis, para min sería caseque o final.

Un partido bo: o último do ano pasado contra Palma del Río, no que acadamos o ascenso á Liga Asobal e marquei varios goles, co Pabellón Municipal de Pontevedra cheo, máis de 3.500 espectadores nas gradas, invasión de pista ao final, os xogadores saíndo a hombros como os bos toreros. Un éxito.

Un partido malo: Se me quedou mal sabor de boca cun partido foi sen dúbidas no 2003, no Europeo Junior de Riga (Letonia), contra Dinamarca na fase previa, onde empatamos, non gañamos por moi pouco, e quedamos fóra dos cuartos de final. Posteriormente, os daneses metéronse na final contra Alemania e perdéronna in extremis. E claro sempre pensas que nós pudemos estar ahí na final e traernos para España a medalla de ouro. Unha lástima.

Un soño para o futuro: Forzosamente ten que ir ligado ó balonmán. En principio son realista, por eso a medio plazo conformaríame con poder xogar competición europea cun equipo da Liga Asobal, se é o Teucro mellor. Pero eso non impide en que a veces soñe, con moito esforzo e sacrificio e dando todos os pasos intermedios necesarios, en vestir algún día os colores da camiseta nacional de España, a mellor do mundo, Campeona do último Mundial de seleccións.

Ese sí que sería un día histórico para a antiga Vila dos Encaixes, que un dos seus mellores fillos a cubrira de gloria vestindo os colores da nosa selección nacional, para codo a codo cos mellores xogadores do mundo, Iker Romero, Alberto Entreríos, Juanín García, Carlos Ruesga Pasarín,etc..., traer para a nosa patria outro Mundial ou Europeo, defendendo con orgullo e sacrificio os colores de España.

Artículos relacionados con Víctor Vigo

Comentarios   

ines
+4 # RE: Victor Vigo, 23 anos, xogador do SD Teucroines 22/12/2007 13:44
animo victor!!!eres un orgullo para o noso pueblo,un saudo desde londres!!
Responder | Denunciar ante o administrador
iván
+4 # RE: Victor Vigo, 23 anos, xogador do SD Teucroiván 22/12/2007 23:13
Ste rapas e una makina,fai majas,ademas sienpre fui mui edukadoe traballador ai ke ver ke soja na mellor lija do mundo e e una persona normal,nada creido.Adiante chaval,aber si cheja un camariñan a sojar nuna selecsion española,ke ti podes.
Responder | Denunciar ante o administrador
vilanuno1
+4 # RE: Victor Vigo, 23 anos, xogador do SD Teucrovilanuno1 31/12/2007 21:30
ese victor e unha maquina vavom victor adiante
Responder | Denunciar ante o administrador
pelos
+4 # RE: Victor Vigo, 23 anos, xogador do SD Teucropelos 21/03/2008 03:47
tedes rason en un makina
Responder | Denunciar ante o administrador
Rosmary
+4 # Suerte e o toroRosmary 11/11/2008 21:34
Enoraboa víctor eres moi bo espero que sigas sendo así, non cambies un copañeiro que xogou contigo no camariñas
Responder | Denunciar ante o administrador
jose manuel
+4 # a por todasjose manuel 11/11/2008 22:11
hola,q tal che vai victor,son jose manuel mais conocido como yanyan,eres un pedazo de xojador e un grandisimo ejemplo para o deporte tanto camariñan como galego,tes todo o necesario para triunfar ademas de bo chaval,q teñas suerte,lucha muito e non te deixes levar polos cubatas canarios q son falsetes,jeje,u n saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
Lacomte
+4 # RE: Victor Vigo, 23 anos, xogador do SD TeucroLacomte 28/12/2009 10:14
Un auténtico fenómeno o que nesta web non se lle está dando a importancia que merece, sendo o primeiro deportista de Camariñas que xoga en Europa. Sería conveniente que se lle fixera un seguimento máis exhaustivo para informar a xente de Camariñas e a quen o vexa, que temos no pobo un chaval de 25 anos, que xoga na elite do balonmán en España, que estivo na selección española en categorías inferiores e que sigue facéndoo moi ben. Ata o momento, para min, e creo que para moita xente o deportista máis importante da historia de Camariñas, !e o que lle queda por diante!!.
Responder | Denunciar ante o administrador