- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xeración Top Camariñas Xeración Top Camariñas
- Created: 13 Setembro 2007 13 Setembro 2007
Fisioterapeutas, interventores, arquitectos, economistas..., múltiples e moi variadas son as profesións nas que pouco a pouco van abríndose paso os camariñáns. E sen embargo, se había ata o de agora unha profesión, vital pola súa importancia para a sociedade, na que ningún fillo de Camariñas destacara era a de médico. Esta situación ven de ser remediada en datas recentes pola invitada do Top Camariñas desta semana: Patricia Jove Alborés, unha xove doctora metade coruñesa, metade camariñana de 26 anos e signo capricornio. Patricia pertence a esa estirpe de camariñáns que ten que vivir fora do seu pobo a maioría do ano, e precisamente por eso aprecian máis que ninguen a beleza de Camariñas. Filla dun coñecido promotor inmobiliario coruñés, Ángel Jove, Patricia sen embargo dende moi nova alonxouse da tradición familiar e quixo seguir o seu propio camiño, cumprindo o seu propio soño. Así, en tempo rércord, licenciouse en Medicina e Ciruxía Xeral pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2006, e ó ano seguinte, en 2007, aprobou o tan temido MIR. Actualmente, está xa a dar os primeiros pasos dos que será sen lugar a dúbidas unha fecunda carreira no Hospital Meixoeiro de Vigo, onde traballará como Médico residente de Ciruxía Xeral durante os próximos cinco anos. Dende a casa na Rúa do Medio na que viviron toda a vida os seus avós, Justa e Moncho, dous afables panadeiros que facían a que era sen dúbidas a mellor broa de todo Camariñas, percorreu a pe os cen metros que a separaban desta redacción e esto foi o que declarou:
- Un lugar para vivir: A Coruña.
- Un lugar para escapar: Camariñas, como decía o invitado de Top Camariñas da semana pasada, entendo que son dous lugares perfectamente compatibles.
- Unha paisaxe: Sen lugar a dúbidas Reira. E dentro de Reira, en especial a súa praia grande. Tódolos veráns na miña casa estamos pendientes de eses tres ou catro días sen vento, perfectos na súa quietude, que hai ó ano para ir a disfrutar da Praia Grande. Un día así alí non se compara a nada.
- Un prato: Como boa filla de camariñana, toleo polo peixe. O meu preferido e o bonito, sobre todo cando se prepara nun marmitako. Aínda que os percebes da pedra do Faro tampouco se quedan atrás.
- Unha bebida: Tomarme un clara de verán no local que Estrella Galicia ten en Catro Camiños na Coruña: a mítica "Fábrica". É bo para a saúde.
- Un rasgo físico dos homes: Os ollos escuros, negros.
- Algo que lle pida a un home: Que sexa intelixente e cariñoso, se é que queda algún así.
- Unha película: Para compensar a tensión dos quirófanos en ocasións retorno á infancia: "Alicia en el país de las maravillas", de Walt Disney.
- Un actor: Un clásico: Paul Newman, que sen embargo tiña os ollos azuis.
- Unha actriz: E agora, unha clásica: Katherine Hepburn.
- Un grupo de música: De sempre U2.
- Unha canción: "One", unha das cancións míticas de U2 de principios dos 90.
- Un libro: "La casa de los espíritus", da chilena Isabel Allende.
- Un escritor: Pois recalcando no anterior, o meu estilo narrativo preferido é o "Realismo Máxico" hispanoamericano, por eso como escritor quédome con "Gabo", e dicir, o colombiano Gabriel García Márquez.
- Un soño: O soño que me animou durante todos os meus anos de universidade e que me motiva día a día no traballo é o de chegar a ser unha boa médica, que como ciruxano poida salvar as máximas vidas posibles e que a través da miña práctica profesional poida axudar a mellora-la calidade de vida das persoas que pasen polas miñas mans.
Unhas mans das que polo de agora unicamente se beneficiarán en Vigo, pero seguramente pronto poderemos aproveitarnos da súa profesionalidade e seriedade máis ao norte, porque ben sabe esta redacción da morriña que ela sente por Coruña (como todos os que dunha ou doutra maneira estamos relacionados ca cidade herculina) e pola súa Camariñas, lugar a onde escapa cando ten un momento libre. Poucas veces Top Camariñas terá un invitado de tal altura profesional. Patricia, foi un honor.
Comentarios
Un afectuoso saúdo
Antonio
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.