• camarinas.eu conection: Contra o Imperio da Droga

    Continúa a búsqueda de narcóticos no yate holandés

    Submarinistas de Aduanas rastrexaban o fondo do iate en busca de droga
    Submarinistas de Aduanas rastrexaban o fondo do iate en busca de droga

    Pois tralos sucesos surrealistas deste fin de semana, haberá que seguir informando. Tras non atopar  coca disolta nas 12 garrafas que a Policía levou consigo o sábado pola tarde, este luns sobre as catro da tarde continuaban por parte dos membros de Aduanas e da Axencia Tributaria as labores de búsqueda de sustancias estupefacientes nos fondos do iate de nacionalidade holandesa L'Hirondelle mediante ranas especializados. Posteriormente os membros de Aduanas decidiron cambiar a embarcación de sitio atracándoa na esquina do Muelle Novo. Pulsa na imaxe para ver unhas cuantas imaxes do movimento que había hoxe no Muelle Novo, así como do PERRO POLICIA DE CAMARINAS.EU en acción investigadora.

  • Outra exclusiva de camarinas.eu

    A humilde web de pobo que lle sacou as cores a toda a prensa autonómica e nacional

    camarinas.eu sempre a primeira á hora de ter informados aos seus lectores
    camarinas.eu sempre a primeira á hora de ter informados aos seus lectores

    Finalmente na mañá deste luns 22 de setembro toda a prensa autonómica e nacional recolle (con 36 horas de retraso) a noticia que xa daba camarinas.eu en primorosa exclusiva aos seus lectores o sábado 20 de setembro sobre as 21:00, e  decir, que os 12 bidóns que traía a bordo o iate holandés L'Hirondelle contiñan cocaína disolta en gasoil. Así pois unha web humilde, sen medios, destartalada, dun pobo abandonado a súa sorte, Camariñas, adiantouse aos todopoderosos medios de comunicación tanto autonómicos como nacionais na cobertura desta noticia.

    Cando camarinas.eu (que foi o primer medio de comunicación en publicar a noticia do apresamento do iate e tamén foi o primeiro en dar a exclusiva, pero ademáis dando a noticia como Deus manda, con boas fotos e incluso cun vídeo, non destartaladamente) confirmou de fontes da máxima solvencia e credibilidade que efectivamente o iate holandés portaba cocaína disolta nos 12 bidóns que se levou a Policía non o dubidou un instante e publicou esta noticia para que os seus lectores  e usuarios foran os primeiros en sabelo e de que puideran alardear de que a web que representa polo mundo ao seu pobo da alma, Camariñas, sacáralle varios corpos de ventaxa ao chamado periodismo profesional (e ao destartalado tamén, pero bueno, eso xa o sabíamos), agrandando desta forma a leyenda dunha web chamada a continuar sendo durante moito tempo o líder imbatible da Costa da Morte e a referencia a seguir por parte de tódolos demáis medios de comunicación da Costa Atlántica. Pero eso non sería posible sin vos, os nosos máis de mil lectores e usuarios diarios. Moitas gracias por estar ahí.

     

  • Porto de Camarinas: Un iate sospeitoso de transportar droga apresado en alta mar

    O iate detido de cor blanca está atracado no costado da lancha de Aduanas
    Esta mañá ao redor da unha da tarde os camariñáns que paseaban polo muelle novo de Camariñas asistiron asombrados a un movimiento fóra do normal, xa que o novo peirao camariñán estaba cheo de policías nacionais, axentes da Axencia Tributaria e de Aduanas. Nun principio non sabíamos a que se debía a formación de tal dispositivo, pero temíamonos que se tratase dun alixo de droga capturado en alta mar. Tratábase do iate "L'Hirondelle" de bandeira holandesa, tripulado por dúas personas e procedente do sur de España. Os axentes rexistraron o barco e estaban á espera da chegada das autoridades xudiciais competentes para levantar o cargamento que o iate traía consigo.
  • Mister X: Reira, o nome dunha cadeliña maltratada

    Uns bárbaros tratan de matar a unha pobre cadela en Reira

    A cadeliña volveu a nacer en Reira por eso agora a súa nova familia lle puxo ese nome
    A cadeliña volveu a nacer en Reira por eso agora a súa nova familia lle puxo ese nome

    Mister X traenos hoxe unha historia-denuncia que, aínda que acaba cun final feliz non creemos que sea do agrado da noble xente camariñana. Este mércores 10 de septembro unha cadeliña foi brutalmente maltratada nun dos camiños que levan ás famosas praias de Reira por dous bárbaros (por chamarlle de algunha maneira) que se deron á fuga nunha motocicleta que según testigos presenciais era azul e branca e de estilo Scooter. Pulsa na foto para ler a noticia completa e coñecer aos nosos amigos que recolleron na súa casa a cadeliña maltratada.


    Foi bautizada pola súa nova familia co nome de Reira

    Reira, feliz coa súa nova familia que trata á cadeliña como unha reina
    Reira, feliz coa súa nova familia que trata á cadeliña como unha reina

    Hai días nos que che contan historias que non crees ata que ves probas evidentes de que realmente sucedeu eso que che están a contar. Esto foi o que pasou cando me contaron a terrible historia que este mércores sucedeu cando uns rapaces estaban a golpear contra o chan a unha cadeliña de non máis dun mes de vida. Os rapaces, foron vistos por uns turistas que estaban descansando nun campo de Reira os cales alertaron a estes chavales para que non continuaran co maltrato. Pero non foi así e, como se do golpe de gracia se tratase, un destes energúmenos colleu a cadeliña pola espalda e quixo rematar ao pobre animal contra o chan dándolle un golpe terrible pero que felizmente non foi mortal. Os rapaces subiron na moto pero non sin antes tapar a parte de atrás da motocicleta con unha camiseta que levaban posta para que os turistas que xa se acercaban a eles non puideran apuntar o número da matrícula que delataría a estes vándalos.

    Ao final cando os turistas chegaron a  xunta a cadeliña ferida foi cando apareceu Fran do Papudiño que estaba a pasear coa súa moza e a filla desta polas praias de Reira, xa alertados polos alaridos da pobre criatura que estaba sendo maltratada. Entón o turista contoulle todo o que sucedera. Cando Fran e a súa familia escuitaron o sucedido non poideron creelo e colleron a cadeliña e levárona para a súa casa onde se está a recuperar das feridas producidas por estes dous moteros con pintas de quinceañeros. Agora, a cadeliña atópase na casa desta familia camariñana e os seus novos donos trátana como se fose unha raíña. No momento de poñerlle nome, eles non o dudaron. Puxéronlle de nome Reira, o lugar onde esta cadeliña volveu a nacer gracias a uns turistas e á familia de Fran do Papudiño.

  • Un incidente na ria debido ao temporal

    Un iate tivo que ser rescatado esta noite de temporal

    Un camara da TVG graba a un tripulante do catamarán protagonista do incidente desta noite
    Un camara da TVG graba a un tripulante do catamarán protagonista do incidente desta noite

    Eran sobre as 5 da mañán desta noite cando os tripulantes de guardia do barco de salvamento marítimo "Salvamar Altair" con base en Camariñas recibían o aviso de socorro do catamarán "Ulysse" que se atopaba fondeado xunto a outros iates na Ría de Camariñas. A esas horas, e cadrando coa subida da marea, o temporal arreciaba moi forte con ventos superiores aos 80 km/h e chuvascos moi intensos.


    Un catamarán á deriva dentro da Ría (de Camariñas)

    Esta era a tranquila imaxe que o catamarán francés Ulysse amosaba esta mañán
    Esta era a tranquila imaxe que o catamarán francés Ulysse amosaba esta mañán

    Eran sobre as 5 da mañán desta noite cando os tripulantes de guardia do barco de salvamento marítimo "Salvamar Altair" con base en Camariñas recibían o aviso de socorro do catamarán "Ulysse" que se atopaba fondeado xunto a outros iates na Ría de Camariñas. A esas horas, e cadrando coa subida da marea, o temporal arreciaba moi forte con ventos superiores aos 80 km/h e chuvascos moi intensos.

    Según nos contou a tripulación do Salvamar Altair o catamarán "Ulysse" estaba ben fondeado ata que, debido aos fortes ventos e a subida da marea, a súa ancla perdeu o agarre e o catamarán empezou a ir á deriva. Os tripulantes do iate intentaron arriar outra vez o risón (non confundir con un término puramente camariñán que significa outra cousa) pero non daba agarrado en ningún sitio do fondo, co que decidiron facer a chamada de socorro antes de que acabaran nas pedras. Unha vez recibido o aviso, a tripulación do barco de salvamento actuou rápidamente. Hoxe pola mañán acercouse un equipo de reporteiros da TVG para cubrir a noticia do incidente que, ao final e gracias aos valentes mariñeiros do noso Salvamar Altair, acabou sin máis problemas e co catamarán amarrado firmemente no muelle novo de Camariñas. Pulsa na imaxe principal para ver unhas cantas fotos.

  • Mister X, novo usuario con nova seccion en camarinas.eu

    Un novo defensor das causas perdidas: Mister X

    Mister X camariñán: ¿en que jaleos non se meterá este tipo?
    Mister X camariñán: ¿en que jaleos non se meterá este tipo?

    Hoxe é un día de retorno de vellos usuarios e de aparición doutros novos. Camarinas.eu preséntavos a Mister X, o novo usuario que todos vístedes pulular por esta web non fai moito e que creou, coa colaboración da web máis visitada da Costa da Morte, unha sección especial na que, como no mítico capítulo dos Simpsons, tratará de  escudriñar e achegar a todos nos aquelas malas accións e descuidos dos nosos representantes, grandes empresarios e incluso xente normal. Ademáis de patrullar as calles do noso querido concello, Mister X terá un correo electrónico para que todo aquel que queira poida poñerse en contacto con el para pedirlle consello e solicitar a súa axuda se fora necesario. Para elo só terás que mandar un email a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Hoxe fai a súa aparición estelar o noso Mister X cunha denuncia que nos mandou un usuario de camarinas.eu fai un par de semanas.


    Como primeiro plato da súa sección, Mister X presenta unhas fotos tomadas hai un par de semanas onde se pode ver o estado de total abandono e descuido do paseo que vai do campo de fútbol de Camariñas ata os terreos onde se encontra Stolt Sea Farm. As persoas coas que Mister X contactou para saber máis do asunto son grandes aficionadas ao deporte, especialmente a correr e a andar coa bicicleta por estes sitios e todos coincidiron en que "como vaias por alí coa bicicleta podes quedar lañado de por vida" debido á invasión incesante de silvas e toxos. Nuns momentos o noso querido "defensor do camariñán" Mister X dará unha breve e dura sentencia sobre estas imaxes.

  • Folga no mar: Piquetes das Rias Baixas en Camarinas

    Moito movimiento onte en Camariñas

    Aínda que a imaxe non é moi nítida, proba o concurrido que estivo esta noite o muelle
    Aínda que a imaxe non é moi nítida, proba o concurrido que estivo esta noite o muelle

    Un grupo de armadores e mariñeiros de varios portos galegos déronse cita onte en Camariñas para expoñer persoalmente os motivos do paro que están a levar a cabo aos armadores e mariñeiros de Camariñas. Notábase algo de tensión no ambiente ante a chegada dos barcos camariñáns pero afortunadamente non pasou nada. A xente que se apelotonaba no muelle de Camariñas puido escoitar as razóns de algún armador de Burela ante a mirada atenta de dúas patrullas da Garda Civil. Incluso o alcalde camariñán se desprazou ata alí para estar presente na manifestación destes armadores. Pulsa na foto para ver uns videos e unhas imaxes.

  • Enterro de Miguel O Venezolano

    Miguel, os teus amigos nunca che olvidarán

    Image 

    Nun ambiente melancólico e triste estivemos acompañando a Miguel este mércores 4 de xuño no seu último traxecto, o que vai dende a Igrexa Parroquial de Carnés ata o cementerio do pobo. Alí estábamos todos os teus amigos do futbolín: Ilba, Chorente, Yago, Fran, Alberto, Richard, Sole, Malena, Mabel, a familia de Couto, Vicente de Anita, Alejandro, Alvito, Martín, Fernando, bueno, toda a peña nosa, xa sabes. Todos levamos as túas coronas e ramos ao teu lugar de descanso eterno. Eu creo que no ceo non hai conexión a internet porque se non levarías o teu portátil e poderías ler esta noticia e saber o muito que che poñemos de menos. Non te preocupes, non fai falta que o leas porque xa sabes o que che queremos muito e sempre estarás no noso recordo.  Ata sempre Miguel.
    P.D: Vaite practicando ao futbolín Miguel que temos pendiente unha partida. Non penses que me von a olvidar, amijo.

  • Accidente mortal dun camariñán en Santa Comba

    Miguel traballando de camarero na festa do balonmán
    Miguel traballando de camarero na festa do balonmán

    A última partida do meu amigo Miguel

    Cando chegaba pola porta do Pinar sempre había un sonriso no seu rostro. Sempre co seu Marlboro e o seu inseparable móbil de última xeneración, os cales apousaba na barra do bar mentras pedía unha Coca-Cola Light e, entre bromas e risas, decíanos aos amigos: "Venga va! una partidita al futbolín. Vamos tu y yo Diego contra estos dos que los machacamos, jaja". O caso é que algunha vez nos machacaban a nós pero sempre había outra oportunidad para volver poñer unha moneda e intentar a victoria, ata que nos cansábamos e él dicía: "¡Venga va! La última, Diego".
  • Cabodano de Tista de Genucha: un amigo e un bo camarinan

    Un ano sen Tista

    Juan Bautista Pasantes Alborés, Tista, unha vida de entrega e dedicación absoluta ós demáis
    Juan Bautista Pasantes Alborés, Tista, unha vida de entrega e dedicación absoluta ós demáis

    Nas nosas vidas sole pasar alguén que che marca para sempre. Alguén que che marca como persona e che fai ser mellor. Por eso cando te acordas del non podes evitar a tristeza e pensar que este mundo é inxusto. Tista era unha desas personas. Un home que me marcou desde que o coñecín e que nunca me poderei olvidar del. Estanme pasando tantas cousas pola cabeza ao escribir esta noticia que non podo conter as bagoas e por eso non von dicir nada máis. Tista, alá donde estés... sempre che poño de menos.

  • Morte dun marineiro de Camarinas: O Furrineiro

    Déixanos un mariñeiro dos vellos tempos

    A lancha do seu fillo engalanada coa bandeira nacional recorda ao seu pai difunto
    A lancha do seu fillo engalanada coa bandeira nacional recorda ao seu pai difunto

    Na tarde de onte, cousas da idade, faleceu un vello mariñeiro en Camariñas: Manolo O Furriñeiro. Tal vez non fixera grandes xestas nin fora portada de periódicos e telediarios, pero era un home que levaba a alma de Camariñas dentro do seu desgastado corpo: era un mariñeiro de Camariñas. O Director de camarinas.eu aínda recorda as tardes de baraxa naquelas invernadas de finais dos noventa no desaparecido Bar Maytuca rexentado pola súa nai durante tantos anos. Alí o Furriñeiro era un fiel cliente, e xunto con Pedro de Corona, tamén lamentablemente falecido, xogábamos aquelas partidas de subastado e chinchón entre xuramentos, servesas e vasos de viño.

    Pero antes destas partidas o Furriñeiro pescaba polas mañáns dentro da súa querida ría de Camariñas nunha pequena gameliña que él tiña, para pola tarde, despois da siesta, ir él e a súa muller sementar as patacas ou cortar o millo. Unha vez rematada a faena, como non, viña ao noso bar a tomar uns chiquitos e a falar historias mariñeiras que eran atendidas por todos os presentes. Hoxe pola mañán paseando polo paseo marítimo de madeira podíase ver a lancha do seu fillo, que leva con orgullo o nome do seu pai, engalanada coa nosa bandeira española a media asta e coroada cun crespón negro para recordar ao seu difunto pai. Descanse en paz este humilde mariñeiro camariñán.

  • Roubo no Instituto Social da Mariña de Camarinas

    Os ladróns asaltan o centro "Ramón Noguera Oreiro"

    Fachada do edificio Ramón Noguera onde se produciron os feitos
    Fachada do edificio Ramón Noguera onde se produciron os feitos

    Na madrugada deste luns ao martes prodúxese un roubo con forza no local que o Instituto Social da Mariña ten na rúa do Río do Prado en Camariñas. O local, que sirve aos mariñeiros camariñáns para realizar cursos de aprendizaxe e perfeccionamento (curso de patrón, mecánico, etc..) foi asaltado polos ladróns esta madrugada tras entrar por unha ventana que eles mesmos forzaron, levándose un botín de dous soldadores e un cargador de batería.

    Ferramentas que os nosos mariñeiros utilizaban nas súas prácticas e que esperamos que sexan recuperadas ou substituidas canto antes para así continuar cos cursos. Por outra parte tamén agardamos que as forzas do orden den pronto cos responsables deste roubo. Hai que recordar que os terrenos onde se atopa este edificio así como a nosa clínica e o Centro de Iniciativas Empresariais foron donados pola familia Noguera para o beneficio de todo o pobo de Camariñas.
  • Atraco na gasolineira da Ponte do Porto

    A gasolineira da Ponte do Porto atracada este luns

    A TVG desprazouse ata a Ponte do Porto este mércores para coñecer o caso
    A TVG desprazouse ata a Ponte do Porto este mércores para coñecer o caso

    Esta luns pasado 7 de abril a gasolinera da Ponte do Porto foi obxecto dun violento atraco por parte dun descoñecido que chegou a meter un coitelo no pescozo a unha operaria de Camelle que estaba a cerrar a dita gasolineira. O ladrón atacou cun coitelo por detras á rapaza mentras ela recargaba o móbil deste individuo o cal lle quitou a bandoleira dos cartos e pouco máis. Ao parecer foi un atraco algo absurdo xa que, según testemuñas que falaron coa rapaza despois do roubo, o atracador marchou nun coche e aos presentes doulles tempo de coller a matrícula de dito coche e chamar á Garda Civil que rapidamente montou un dispositivo de búsqueda co que o ladrón foi capturado horas despois curiosamente nunha barra americana próxima. Polo que se ve tiña ganas de festa...

    Esperemos que a nosa querida amiga da gasolineira se recupere pronto do susto e volva a ser aquela dicharacheira rapaza que nos alegraba o día cada vez que tiñamos que pagar as subas da gasolina. Con respecto ao atracador, non estaría mal que viñera por esta zona da Costa da Morte un juez deses americanos para que lle puxera un bo par de cremosos anos de traballos forzados nunha cárcel desas tan divertidas de Texas.

  • Vandalismo sin fin en Camariñas

    Imaxe do lamentable estado no que quedou o espacio anteriormente ocupado polo contenedor
    Imaxe do lamentable estado no que quedou o espacio anteriormente ocupado polo contenedor

    Un pirómano anda suelto pola vila

    Realmente xa non sabemos cantas veces van... ¿cinco? ¿seis? tampouco sabemos cando será a seguinte vez, porque haberá seguinte vez, eso que ninguén o dubide. O caso é que o/s pirómano/s que anda solto pola vila vai volver a facer outra jauchada, e tendo en conta que sinte especial predilección polo par de contenedores que están en frente do Bar José Manuel, pois outra vez seguramente irá todo polo aire. En definitiva, tal e como podedes apreciar nas imaxes na madrugada deste sábado os vándalos volveron queimar os contenedores que están enfrente do José Manuel, deixando unha imaxe en verdade lamentable. O certo é que publicar outra vez unha noticia deste tipo da bastante pereza: aburre xa. A ver si o noso rebelde sin causa se aburre tamén de facer o vándalo.

     

  • Novo accidente no mar

    Desembarco de urxencia no muelle de Camariñas

    E de agradecer a rapidez e profesionalidade ca que actúan os membros de Salvamento Marítimo
    E de agradecer a rapidez e profesionalidade ca que actúan os membros de Salvamento Marítimo

    Hoxe sobre as 12 da mañán os camariñáns que estaban a pasear polo muelle vello poideron observar como o buque de Salvamento Marítimo "Altair", con base no porto de Camariñas, desembarcaba a un mariñeiro do arrastrero "Novo Saudade" o cal se dirixía ao porto de Vigo cando tráxicamente un dos seus mariñeiros se lesionaba de certa gravidade na mandíbula.

    Postos en contacto con José, o patrón de Altair, este aclarounos que recibida a chamada do Novo Saudade, dirixíronse inmediatamente ao seu encontro, tendo lugar o trasvase do mariñeiro ferido ao buque de Salvamento Marítimo nas aforas do Vilán, para despois dirixirse a marchas forzadas cara ao noso porto onde xa o estaba esperando unha ambulancia do 061 para levalo urxentemente ao complexo hospitalario "Juan Canalejo" na Coruña. En fin, o mar sempre impredecible e cheo de perigos, cóbrase outra nova víctima, se ben en este caso esperemos que todo acabe nunha lesión de certa gravidade que non pase a maiores. Pulsa na foto principal para ver outra imaxe deste lamentable suceso.

  • Un temporal en Vilan con olas xigantes

    Temporal en Faro de Cabo Vilán

    Temporal de mar e vento en Reira e Vilán
    Temporal de mar e vento en Reira e Vilán

    Todos os periódicos e televisións falan da boia de Cabo Vilán e nos non podíamos ser menos, sobre todo tendo uns videos de semejantes tombos que viñan do norte rompendo fuertemente contra a pedra da Furna dos Infernos. Ademáis nun destes videos (no primeiro video) podes ver o helicóptero de salvamento marítimo pasar polo medio do temporal case sen inmutarse. Atención ao video número dous no que se pode ver unha serie de tres tombos consecutivos arrepiantes que sobrepasan a pedra da Furna dos Infernos como si fora unha pequena laxiña.
    Pulsa na foto principal para ver os videos do temporal no Vilan.

     
  • Luto no concello pola traxedia en camelle

    As bandeiras do Concello a media asta 

    A Casa do Concello coas súas bandeiras a media asta pola traxedia de Camelle
    A Casa do Concello coas súas bandeiras a media asta pola traxedia de Camelle

    Todo o Concello de Camariñas está de luto. E como proba delo, dende hoxe á maña as bandeiras que ondean firmes na Casa do Concello foron arriadas a media asta en señal de dor polos dous mariñeiros falecidos no tráxico accidente que sesgou a vida destes valentes camelláns onte á tarde. Ademáis, os partidos políticos camariñáns suspenderon as súas primeiras pegadas de carteis debido a esta traxedia.

    Este sábado 23 de febreiro oficiaranse os enterros de Fernando Porteiro e Manuel Mouzo. Os actos funerarios celebraranse na igrexa parroquial de Camelle ás 4 da tarde aos que se espera gran afluencia de xente. Nos esperamos estar alí para, dentro do posible, apagar un pouco a infinita tristeza dos familiares e amigos de Fernando e Manuel.

  • Novo accidente de tráfico en Camariñas

    Accidente de tráfico no muelle novo

    A inexperiencia posible causa do accidente do Seat Ibiza na tarde noite deste xoves
    A inexperiencia posible causa do accidente do Seat Ibiza na tarde noite deste xoves

    Sobrecollidos como estábamos pola terrible traxedia que tinguío de luto a Vila de Camelle na tarde deste xoves, hai breves instantes, sobre as oito e media da tarde-noite, un aparatoso accidente de tráfico alertou aos veciños de Camariñas:  contra o muro do espigón do Muelle Novo acababa de empotrarse un Seat Ibiza bermello pilotado por un xoven camariñán de 18 anos co carnet de conducir recén sacado.
    Pulsa na foto para ver a noticia completa e un vÍdeo do lugar do accidente.

  • Traxico accidente dunha embarcacion de Camelle

    Dúas víctimas mortais nun terrible naufraxio en Soesto

    A traxedia caeu esta tarde sobre a vila de Camelle
    A traxedia caeu esta tarde sobre a vila de Camelle
    O mar volve a tinguir de luto a Costa da Morte. Hoxe sobre as 5 da tarde prodúxose un terrible naufraxio no Praia de Arnedo en Soesto (Laxe) ao volcar a lancha "Porteiro Taboada", con base en Camelle, onde faenaban dous veciños da citada localidade, o patrón da embarcación Fernando Porteiro Tajes, de 45 anos e Manuel Mouzo Suárez, de 60 anos. Os dous tripulantes, que estaban recollendo as nasas, caeron ao bravo mar que se picara dabondo dende esta mañá e afogaron. O corpo de Fernando Porteiro xurdío na mesma praia de Arnedo, mentras o de Manuel Mouzo foi rescatado no mar polo Juanito II, barco camellán que se deprazaou ata a zona para colaborar nas labouras de rastreo e búsqueda dos náufragos. Desde camarinas.eu sumámonos á profunda dor que se está a vivir na vila de Camelle e animamos a tódolos nosos usuarios a que nos comentarios deixen testimonio do seu profundo pesar e apoien nestes duros momentos aos familiares e amigos de Fernando e Manuel, dous nomes máis que se suman a longa lista de mariñeiros falecidos na Costa da Morte. Descansen en Paz. Nestes duros momentos nada mellor que unha impresionante oda de despedida de camarinas.eu a dous mariñeiros falecidos e os comentarios de condolencia dos usuarios da nosa web.
  • Todos coa familia Canto Carril

    Manuel Canto Carril, descanse en paz.
    Manuel Canto Carril, descanse en paz.

    Mañá xoves ás 11:30 enterro de Manuel

    Despois da desgracia acontecida onte na recta de Sara en Xaviña, está previsto que no día de hoxe mércores 30 de xaneiro o corpo de Manuel Canto Carril chegue sobre as 6 da tarde á casa da familia no Cruceiro, na parroquia de Xaviña, onde se levará a cabo o velatorio do falecido. O enterro, segundo fontes cercanas a familia, terá lugar mañá no cemiterio de Xaviña ás 11 e media do día. Dende aqui pregamos a asistencia ao enterro para acompañar a súa famillia nestes dramáticos e tráxicos momentos que están a vivir e na medida que sexa posible aliviar aínda que sexa un pouquiño a pena infinita que están sentindo.