• Submarinista desaparecido en Reira

    ULTIMA HORA: Submarinista desaparecido en Reira

    As inmediacións do Vilán viron como na tarde deste venres desaparecía un buzo francés
    As inmediacións do Vilán viron como na tarde deste venres desaparecía un buzo francés

    Según fontes próximas a Protección Civil de Camariñas a última hora desta tarde resultou desaparecido un submarista de nacionalidade francesa na zona que abarca dende Cabo Vilán a Reira. Trataríase dunha persona experimentada nas artes da pesca submarina que por motivos aínda descoñecidos  está desaparecido. O operativo de busca estaba sendo extremadamente exhaustivo ata o punto de pedir reforzos. Seguiremos informando ao largo do día de tan tráxico acontecemento.

  • Temporal de chuvia e vento en Camarinas

    Un día de inverno en pleno xuño

    A bóveda permanente dun ceo encapotado e gris convertíose no telón de fondo da Vila de Camariñas
    A bóveda permanente dun ceo encapotado e gris convertíose no telón de fondo da Vila de Camariñas

    Pois foi chegar as tres da tarde, empezar a chover e non parar xa en todo o día e toda a noite. Unha permanente cortina de chuvia abundante e pertinaz desplomouse sobre Camariñas de forma constante e demoledora sen deixar resquicio algún. Consecuencias: a flota parada, as obras públicas en suspenso, o común do pobo recollido nos seus fogares. As temperaturas: moi frescas, máximas de 18 grados e mínimas de 13 polas noites, que obrigan a poñer por enriba do cobertor aquela mantiña olvidada que creíamos condenada a seis meses de reclusión no fondo do armario. E así continuará polo estilo máis ou menos ata o venres, día no que está previsto o retorno do sol.


  • Exclusiva Confidential.eu: roubo en Camariñas

    Tres detidos por hurto nun supermercado de Camariñas

    Momento nos que os detidos nesta operación policial conxunta saían do Cuartel da Guardia Civil de Camariñas
    Momento nos que os detidos nesta operación policial conxunta saían do Cuartel da Guardia Civil de Camariñas

    Os servicios informativos de camarinas.eu sempre están ao acecho do que poida pasar polas rúas de Camariñas, incluso nestas datas tan festeiras, e así cara ás 12 da mañá do venres 24 de abril de 2009, puidemos saber de primeira man que nun operativo conxunto levado a cabo pola Guardia Civil e as Policías Locais de Camariñas, Muxía, Laxe, Vimianzo e Zas, foron detidas en Baio tras unha breve persecución dúas mulleres de 37 e 40 anos respectivamente e un menor de idade por un suposto hurto cometido no Supermercado Aliprox de Camariñas.

    Os tres detidos, veciños de Carballo, viñan sendo obxecto dun seguimento polos hurtos que supostamente haberían cometido nos supermercados da comarca valéndose no caso de Camariñas, dun carrito de bebé para depositar o obxecto das súas actuacións, maioritariamente productos alimenticios, cando tras a súa visita ao supermercado do barrio de Corea decidíose levar a cabo a súa detención. Esta, tras unha breve persecución, tivo lugar en Baio, dende onde foron conducidos cara á Comisaría da Benemérita de Camariñas, de onde salían cara ás 16:00 horas, tras prestar declaración, momento que foi captado polo ollo avizor dos reporteiros de camarinas.eu.

  • A marea negra de hachis continúa nas praias de Camariñas

    Un total de 11 paquetes de hachis apareceron este domingo en Reira
    Este domingo 12 de abril de 2009, víperas do día grande da Virxen do Monte foron atopados pola Garda Civil de Camariñas novos paquetes de hachís procedentes dos fardos que supostamente foron arroxados ao mar polos integrantes da banda desarticulada na operación antidroga realizada esta semana pasada en Muxía. Os paquetiños que están a aparecer sobre todo no mar de Reira teñen aloxados no seu interior cáseque 500 gramos de hachís e témese que vaian a aflorar moitos máis en toda esta semana, por eso os gardas civís de Camariñas piden a calquer persoa que atope un destes paquetes que chame inmediatamente ao número da Garda Civil para evitar calquer tipo de confusión que poda acarrear actuacións de tipo penal polo transporte destas mercancías.
  • Alixo hachis en Camarinas

    O Sarxento Pablo e o Alcalde Pichurri posan diante do fardo de case 30 kg atopado este sábado
    O Sarxento Pablo e o Alcalde Pichurri posan diante do fardo de case 30 kg atopado este sábado

    Exclusiva: atopados novos fardos de hachís en Reira

    A operación desenrolada pola Guardia Civil na Praia da Arnela (Muxía) durante o fin de semana pasado e que permitío a incautación de preto de 4.000 kilogramos de hachís segue a dar os seus frutos e así na tarde deste sábado 11 de abril nunha operación de rastrexamento conxunta levada a cabo por Protección Civil de Camariñas, as Policías Locais de Carnota e Camariñas, o Posto da Guardia Civil de Camariñas, o de Laxe e o grupo do Seprona radicado  na Costa da Morte foi atopado un novo fardo de hachís que foi trasladado ás dependencias da Benemérita na Vila dos Encaixes preto das 21:00 horas.

    Alí, vendo polo televisor as imaxes do partido que xogaba no Camp Nou este invencible Barça contra o Recreativo de Huelva, estaban esperando os resultados desta operación o Sarxento Pablo e o Alcalde camariñán Pichurri. Unha vez recibido o fardo este foi pesado na báscula da veciña farmacia do barrio de Corea onde arroxou un peso de 28,9 kg. que debe ser sumado ao de catro tacos de 500 gramos cada un provintes dun fardo que supostamente debío romper no mar e que asemesmo foron atopados no día de hoxe. Ademáis non hai que descartar que en próximas horas novos cargamentos sexan incautados xa que o operativo de rastrexamento contúa a bo ritmo.
  • Exclusiva: Fotos do Alixo de droga de Muxia

    Exclusiva camarinas.eu: os seis fardos de hachís fotografiados no cuartel da Guardia Civil de Camariñas
    Exclusiva camarinas.eu: os seis fardos de hachís fotografiados no cuartel da Guardia Civil de Camariñas

    Fotos en exclusiva do alixo de hachís de Muxía

    Na mañán deste chuvioso luns 6 de abril de 2009, o porto de Camariñas vía como novamente volvían a ser desembarcados no mesmo fardos procedentes dun alixo de droga. Nesta ocasión os fardos cuias fotos publica en rigurosa exclusiva camarinas.eu foron atopados polos tripulantes da lancha de Salvamento Marítimo cara ás 11 desta mañán flotando nas augas entre Touriñán e Camariñas. Trátase de seis fardos de hachís de 30 kilos cada un, polo que suman un total de máis de 180 kilos.Os fardos desembarcados hoxe no Muelle Novo presuntamente formarían parte do alixo apresado pola Benemérita na noite do sábado ao domingo na Praia da Arnela, xunto a Punta da Buitra, en Muxía, nunha espectacular operación policial na que o número de detidos de nacionalidade marroquí xa ascende a nove  e na que incluso dous veciños do noso concello que responden ás iniciais de J.D.C.P. de 48 anos e J.M.V.C. de 58 foron detidos cando intentaban cargar uns fardos nun coche. A cantidade de hachís decomisada ata o de agora nesta operación do instituto armado era de 3.800 kilogramos aos que habería que sumar os fardos desembarcados no Muelle Novo, e que tras ser depositados no Cuartel da Garda Civil de Camariñas posteriormente serán trasladados ata dependencias policiais da Coruña.
  • Enterro de Dolores Campaña Lorenzo

    Multitudinario enterro de Lolita en Camariñas

    Na desapacible tarde deste 29 de xaneiro o pobo de Camariñas rendíolle o seu último adeus a Lolita
    Na desapacible tarde deste 29 de xaneiro o pobo de Camariñas rendíolle o seu último adeus a Lolita

    Xustamente unha semana despois de que tiveran lugar os tráxicos feitos que privaron da vida a Dolores Campaña Lorenzo, na desagradable tarde de temporal do xoves 29 de xaneiro do ano do noso Señor 2009 tiña lugar na Igrexa Parroquial da vila que a vío nacer a misa celebrada pola súa alma e na que o pobo de Camariñas se volcou enchendo o recinto sagrado ata os seus últimos recunchos. Fóra, un vento ululante, despiadado, azotaba inclemente as facianas e os corpos abrigados da boa centena de veciños que se tiveron que conformar con quedarse ás portas do templo camariñán.

    Dentro, reposaban os restos incinerados de Lolita, os cales chegaron na tarde deste xoves a Santiago e de alí foron conducidos ata o templo onde a partir das 19:30 Don Xesús oficiou unha misa concurrida como poucas e onde prácticamente ninguén faltou á cita para rendirlle a Lolita a última homenaxe. Nada reflexaba mellor o loito e o dolor do pobo de Camariñas así como o cariño e a solidaridade ca súa familia que esta misa. Un dolor e unha solidaridade á que xa podemos asistir ao longo desta semana a través das continuas e impresionantes mostras de cariño que os usuarios de camarinas.eu lle foron mostrando a súa familia en forma de mensaxes de apoio, condolencias e ánimos, e onde ata un antigo amigo, actualmente residente en Isla Margarita (Venezuela), quixo rexistrarse para deixar constancia de toda a súa dor e a súa pena. En fin, Descanse En Paz, Mariloli, e esperemos que esta morte sea a última.

  • Outro temporal na Costa da Morte

    Ventos de máis de 90 km/h azotan Camariñas

    O Parranda remítenos esta impresionante imaxe dun temporal terrible no Faro Vilán
    O Parranda remítenos esta impresionante imaxe dun temporal terrible no Faro Vilán

    Cando aínda colean os ecos do último temporal que asolou Camariñas o venres pasado e da granizada terrible que tinguío a nosa vila dun blanco manto virxinal o domingo, as prediccións falan  dun novo temporal que chega ás Costas de Camariñas con rachas de vento que acadarán unha intensidade próxima aos 100 km/h. A estas alturas xa podemos falar probablemente do peor outono-inverno que lle tocou vivir á Costa da Morte en muitos anos. Un temporal polo tanto que tamén chegará á nosa querida vila de Santa Comba, onde está previsto que as olas inunden o seu Paseo Fluvial.

    Asemesmo, cabe indicar que neste xoves 29 de xaneiro estaba previsto un corte de luz (supoñemos que se descontará da factura do mes) no noso querido distrito de Corea por parte da empresa Electra del Jallas para arranxar uns pequenos e insignificantes desperfectos acontecidos esta madrugada pasada cando os humildes veciños deste barrio camariñán se despertaron exaltados da cama ante as explosións continuadas dun pequeno, anticuado e destartalado transformador que esta queridísima empresa ten ubicado na Calle Vulcano. Pulsa na imaxe para ver unha amplia e impresionante galería fotográfica que nos remite o noso querido amigo o Parranda sobre a intensidade que un temporal pode chegar alcanzar nesta Costa da Morte nosa.


    Noticias relacionadas

     

    {multithumbs}

  • Camariñas: continúa o temporal

    A horta de Esther, diante do Restaurante O Meu Lar, presentaba este aspecto típico dun campo nevado

    Pois bueno, ben sabedes a opinión que aquí en camarinas.eu temos acerca do Cambio Climático e tras unha serie de oleadas sucesivas de temporales, fríos intensos, granizadas, chuvias torrenciales e ventos huracanados creemos que xa non temos moito máis que añadir sobre esta cuestión tan controvertida. Pero en esas estaba na sobremesa deste domingo 25 de xaneiro un dos redactores de camarinas.eu durmindo a pierna suelta a súa máis que merecida siestiña dominical cando unha das máis impresionantes granizadas que se recordan en Camariñas empezou a batir de forma salvaxe contra as ventanas da súa casa.
  • Consecuencias dun temporal de ventos de ata 180 km/h

    Mentras fóra o temporal arreciaba impasible, no interior os camariñáns voltaron ás primitivas formas de vida

    Un apagón de máis de 14 horas, decenas de árbores arrancadas de raíz, píos de ameixa arrastrados por todo o Muelle Novo camariñán chegando algún deles a quedar empotrado nunha embarcación de Camelle, aparatos eléctricos fundidos como consecuencia do apagón, ventos furiosos por encima dos 150 km/h, casetas de información turística que gracias a Deus non volveremos a ver máis. Todo eso fui o que deixou no Concello de Camariñas na noite do venres 23 de xaneiro do ano do noso Señor 2009 un dos temporais máis terribles e crueles que se recordan. Pulsa na imaxe para ver máis de 90 fotografías que ilustran a noite na que os camariñáns tiveron que voltar ás formas máis primitivas de vida.
  • Violencia de xenero en Suiza - Un tráxico suceso aflixe á familia camariñana en Suiza

    María Dolores Campaña Lorenzo, víctima da violencia de xenero. DEP

    A lacra terrible da violencia de xénero golpeou de forma brutal na tardenoite deste xoves 22 de xaneiro á pacífica e traballadora comunidade emigrante camariñana en Suiza. Segundo as noticias que empezaron a chegar de forma incompleta a esta redacción, puidemos saber que María Dolores Campaña Lorenzo, veciña de Camariñas, faleceu como consecuencia de dous disparos de pistola que presuntamente foron feitos polo seu esposo Alberto "O Chisto", veciño da Ponte do Porto e do que estaba separada e en trámites de divorciarse, o cal tras estos feitos pegouse un tiro na cabeza sendo evacuado de urxencia en helicóptero ata un hospital helvético no cal falecería na mañán do venres 23 de xaneiro.

    Lolita, tal e como era coñecida en Camariñas polos seus amigos e coñecidos, tiña 45 anos, residía dende hai longos anos en Suiza, traballaba actualmente nunha clínica dental e deixa dúas fillas: Tania de 25 anos e Adriana de 15. A redacción de camarinas.eu publica unha noticia que nunca desearía ver nas súas páxinas ante o deber de cumplir ca súa obriga de informar e brinda todo o seu apoio e solidaridade á familia de José Antonio Campaña, José Antonio de Joseíño, ante este tráxico falecemento. Lolita, D.E.P. 

  • Suceso no Muelle Novo de Camarinas

    Atopada unha planeadora cerca do Faro Vilán

    Imaxe da planeadora remolcada polo Salvamar, con serios desperfectos pola banda de babor
    Imaxe da planeadora remolcada polo Salvamar, con serios desperfectos pola banda de babor

    Xa dende a mañá deste venres 2 de xaneiro, primeiro do ano, notábase un movemento especial por Camariñas. E é que nas cercanías do Cabo Vilán fora atopada á deriva unha planeadora, que supostamente estaría adicada ao tráfico de drogas. A citada embarcación, de carácter neumático, sen tripulación, sen motores fueraborda e con serios desperfectos pola banda de babor, foi atopada polo barco de salvamento radicada en Camariñas, o Salvamar Altair, e remolcada posteriormente cara o Muelle Novo, chegando preto das catro da tarde á rampa que está entre o Espigón do porto camariñán e o Club Náutico. Alí fíxose cargo da mesma o Servicio Marítimo da Guardia Civil. Pulsa na foto, para ver a noticia que este tan desprestixiado entre parte do seu público redactor elaborou para todos vos.

  • Juan Carril Ramos DEP

    Falece tráxicamente na Coruña Juan do Nacho

    Imaxe do barco onde Juan prestaba os seus servicios e donde sempre será recordado con cariño
    Imaxe do barco onde Juan prestaba os seus servicios e donde sempre será recordado con cariño

    A vida ten estas cousas: un día de festa tes todo preparado para estar ca familia e pasar uns momentos inolvidables e recibes de repente un golpe brutal que che fai esquencer todo o demáis. Esto é seguramente o que lle está a acontecer a familia de Juan Carril Ramos, máis coñecido en Camariñas como Juan do Nacho, o cal faleceu traxicamente esta noite na cidade da Coruña, sendo atopado o seu corpo sen vida flotando nas augas do muelle de Oza polo patrón da súa embarcación. Juan traballaba actualmente no  "Dexo", o barco de Manolo "O Cochero", tiña cuarenta e un anos, estaba separado e deixa dúas preciosas fillas, Paula e Sara.

    A redacción ao completo de camarinas.eu súmase nestes momentos terribles á dor de toda a súa familia, e así eu Diego Alonso Freire que ademáis de que a nai de Juan é prima da miña, recordo aquelas épocas en Fuerteventura cando Juan máis eu, dous solitarios emigrantes camariñáns en Canarias, nos xuntábamos no Bar Castillo para armar aquelas grandiosas festas e tamén me lembro ben cando os dous facíamos as visitas dominicales a nosa querida usuaria Sefa, a cal era tía carnal de Juan. Xa aquí na nosa vila, para min tamén serán inesquecibles todos os bos momentos vividos con Juan do Nacho no extinto Bar Maytuca que rexentaba miña nai e donde tantos chistes, cantareas e bailes compartimos Juan e máis eu. En fin Juan, querido amigo, descansa en paz.

  • Un temporal en Camarinas en tres actos

    O Cambio Climático xa está aquí outra vez

    O Cabo Vilán, a fortaleza pétrea contra a que leva embestindo o mar dende a orixe dos tempos
    O Cabo Vilán, a fortaleza pétrea contra a que leva embestindo o mar dende a orixe dos tempos

    Ante as repetitivas, machacantes e apocalípticas advertencias dos progresistas gurús muchimillonarios do Calentamiento Global, camarinas.eu decidío plantarse este luns e martes nas nosas praias de Reira para comprobar in situ si este paradisíaco paraxe se convertira xa na soleada Malibú, pero para a nosa sorpresa encontrámonos como xa amosáramos en varios reportaxes do inverno pasado "un temporal terrible de chuvia, vento e frío", o cal para o noso asombro desmentía as palabras de tales sabios expertos en cuestións climatolóxicas. Pulsa na imaxe para ver o seguimento exhautivo que en tres actos (luns mañán, luns tarde e martes tarde) fixo camarinas.eu dun temporal clásico de Camariñas, aderezado cunha amplia galería fotográfica e un impresionante vídeo.


    Pois si queridos amigos, nos xa tíñamos preparadas as chanclas e as toallas para acercarnos ata Reira este luns pero ao chegar alí pouco máis e morremos entalados: tal era a forza do vento e a intensidade do frío que atopamos nesta fermosa paraxe  salvaxe do Concello de Camariñas. Alí os elementos desencadearan o clásico temporal de frío, chuvia e frío tan típico de Camariñas e no que os tombos chegaron a acadar os sete metros de altura e a forza do mar obrigou á toda a flota camariñana a permanecer tres días amarrada a porto.

    Estos son os días que chaman a estar na casa ao calor da lareiriña ou dunha boa calefacción, pero os redactores de camarinas.eu preferiron abandonar o calor do fogar ata en tres ocasións para levar a súa actuación xornalística exhaustiva ata o extremo, con serio risco das súas despilfarradas vidas, para ofrecervos, especialmente aos nosos queridos usuarios da emigración (non se debe olvidar que esta web non só é o líder intratable na Costa da Morte senón tamén entre a nosa emigración), unha reportaxe fotográfica e de vídeo co selo de calidade visual característico de camarinas.eu. Unha reportaxe que amosa os abrasadores e tropicales efectos que o así chamado (por catro vividores) "Calentamiento Global" trouxo ao Concello de Camariñas outra vez. {multithumbs}

    Noticias relacionadas

  • Vandalismo en Camariñas este fin de semana

    Lamentable imaxe do estado no que quedou a rúa con toda a pintura desparramada polo chan
    Lamentable imaxe do estado no que quedou a rúa con toda a pintura desparramada polo chan

    Os vándalos volveron a facer das súas este fin de semana cando na madrugada do sábado para o domingo uns descoñecidos arroxaron un par de bidóns de pintura plástica (probablemente substraidos de algunha obra) na Calle da Fonte de Camariñas (na parte de atrás do Pub Snack). Estes elementos rociaron esta pintura polos portales e a carretera que pasa por alí provocando desperfectos en portas, escaleiras e coches que estaban estacionados.

    Camarinas.eu acercouse este luns 24 de novembro a esa calle por medio da chamada dun querido usuario  (dos caseque 1500 que están rexistrados en camarinas.eu, que a ninguén se lle olvide ou que ninguén se engañe. Eso si, a menos que queira ser engañado conscientemente, cousa que sería máis grave aínda si cabe) o cal nos alertou deste altercado provocado polos vándalos que gustan de facer estas tolerías borracheriles e, ainda que esteamos a favor de que todo o mundo o pase ben cando sala de festa, mostrámonos totalmente en contra deste tipo de actos que fan que os nosos veciños dorman intranquilos nas noites de movida. Pulsa na foto para ver as imaxes dos desperfectos provocados na Calle da Fonte este sábado noite.

  • Mister X: Paseo Maritimo de Camarinas

    Mister X: "As esquinas do Paseo Marítmo de Camariñas"

    O camión que sufrio o reventón por culpa das esquinas das aceras ante a sorprendida imaxe do Xiba
    O camión que sufrio o reventón por culpa das esquinas das aceras ante a sorprendida imaxe do Xiba

    Este venres pasado iba o noso usuario máis curioso e rexubeiro paseando polo nova e preciosa fachada marítima de Camariñas cando foi testigo do reventamento da roda do camión que vedes na foto. Este pinchazo foi causado polas esquinas das aceras de pedra que están diante do supermercado Gadis. Con este xa van varios conductores que reventan as súas rodas ao coller este cruce. Ademáis, as aceras que acaban na esquina do curbeiro e que dan acceso ao muelle están rematadas coa mesma forma de pico e nas cales xa algúns conductores tiveron pinchazos e reventóns por culpa deses puntiagudos remates das aceras. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa.

  • EU CONFIDENTIAL

    Nova sección en camarinas.eu só para usuarios

    Image

    En camarinas.eu estrenamos hoxe outra sección adicada ás últimas novas e sucesos que nadie quere nin se atreve a publicar e que sólo nós seríamos capaces de sacar a luz.  Estas noticias confidenciales serán postas en portada pero só poderán verse si eres usuario rexistrado. Como inauguración especial desta sección publicaremos un acontecemento que tivo lugar onte de noite na Ponte do Porto e que tivo como protagonistas a un matrimonio desta vila e a un veciño do pobo de Camariñas. Pulsa na imaxe de EU CONFIDENTIAL para saber algo máis desta historia.

  • Accidente no mar en Camarinas

    Duardo de Lisa salva a vida despois de volcar a súa lancha cando pescaba na zona das Baleas

    Eduardo Pasantes (de camisa laranxa) levando en hombros a súa Virxen do Monte
    Eduardo Pasantes (de camisa laranxa) levando en hombros a súa Virxen do Monte

    O pescador camariñán Eduardo Pasantes Castiñeira, máis coñecido por Duardo de Lisa, sufrío esta tarde un grave accidente no mar mentras pescaba rebalos na zona das Baleas en Reira. Un golpe de mar fixo que a súa lancha volcara co que Duardo caeu ao mar. O gran pescador camariñán que acostuma a ir só na súa lancha empezou a gritar con todas as súas forzas pero debido ao moito mar que había ninguén escoitaba. A situación era crítica para Eduardo ata que unha parexa de rapaces camariñáns que se atopaba paseando pola zona deuse conta do que estaba acontecendo. Pulsa na foto para ler a crónica do acontecido e ver unha amplia galería fotográfica.

  • Camarinas, guarida do Lobo

    ¡O lobo xa está aquí!

    Albito estaba hoxe visiblemente afectado pola morte dos seus dous animales que levaban con él 8 anos
    Albito estaba hoxe visiblemente afectado pola morte dos seus dous animales que levaban con él 8 anos

    Esta mañán de luns 29 de setembro unha parexa de lobos atacou ao ganado que o coñecido empresario Alvito Diéguez ten na súa finca. Esta está situada a dous kilómetros do núcleo urbano de Camariñas (xusto detrás do Cementerio Novo).  Alvito contounos que ao chegar á súa finca hoxe pola mañán notou algo raro cando víu que faltaban dous animales (dúas burras de raza autóctona galega) na mesma. Cando entrou aparecéronselle dous lobos que estaban a devorar plácida e tranquilamente aos seus dous  queridos animales. Un destes lobos era inmenso e pouco caso lle fixo a Alvito cando éste lles empezou a berrar para que marcharan. Ao lugar dos feitos acercouse Protección Civil de Camariñas, os cales fixeron as chamadas precisas para alertar a SEPRONA do caso.

  • L'Hirondelle: non se confirman os analisis positivos da Policia

    camarinas.eu en primeira línea de combate xunto aos grandes do xornalismo ao longo do caso L'Hirondelle
    Pois de confirmarse as últimas informacións sobre a non existencia de drogas de ningún tipo a bordo do iate holandés L'Hirondelle e a inocencia dos dous tripulantes do mesmo, estaríamos ante outra noticia destartalada (unha máis) de camarinas.eu. De feito, estamos pensando en crear unha sección con este nome: Noticias Destartaladas. Ahora falando en serio,  si demos por certas as noticias sobre a existencia de certas sustancias no iate foi pola fiabilidade e solvencia das fontes das que proviñan e que asemesmo fixeron que medios da credibilidade e experiencia de "La Voz de Galicia ou "El Correo Gallego" tamén as deran pos boas. O que fixo camarinas.eu foi anticipar os resultados positivos dos análisis practicados pola Policía que con posterioridade reproduciron os diversos medios autonómicos e nacionais. En calquer caso, ahí estivemos: en primeira línea.