• Destrozos causados por Bandidismo en Buria

     

    Un camión en fuxida libre causaría supostamente os destrozos no camiño que vai do Outeiro á Reja
    Un camión en fuxida libre causaría supostamente os destrozos no camiño que vai do Outeiro á Reja

    Bandidaxe en Buría

    Foi como aquela película interpretada por Keanu Reeves e Sandra Bullock na que un autobús por mor dun mecanismo explosivo víase obrigado a circular por Los Angeles adiante a grandes velocidades embestindo todo o que se lle puxera a tiro e que debío de haberse chamado "El autobús que no podía ir más despacio" pero que finalmente foi exhibida co máis comercial e marketiniano de "Speed". Ven esta estrafalaria introducción a conta da sorpresa que levaron os veciños do Lugar de Outeiro (Distrito de Buría) cando ao saír á rúa na brumosa mañán do venres 26 de febreiro viron unha serie de destrozos causados no camiño que leva ata A Reja e que afectaron a base do antiquísimo cabazo de Manolo do Sariño e aos peches de pedra de dúas fincas colindantes ca carretera e que ao decir dos veciños supostamente achacaríanse a un camión pertencente a membros dunha coñecida e folklórica minoría étnica que polas noites se dedicaría a limpar fincas, obras e leiras de chatarra, ferro e demáis material que fose menester e que na súa fuxida aloucada causou tal avería nunha vía histórica do callejero camariñán. Perdonade, respetado electorado, que non se precise máis pero logo se che botan enriba os apóstoles do Políticamente Correcto, aplícanche alegremente tres ou catro epítetos (fascista, racista, ultradereitista, etc) e aquí estamos todos acabados. En todo caso xa se di: supostamente... outra variante podería ser a do vandalismo borracheril.

  • Chegada do Ciclon Xinthya a Camariñas

    Impresionante imaxe que amosa como o mar enfurecido amenaza por momentos con rebasar o Paseo Marítimo
    Impresionante imaxe que amosa como o mar enfurecido amenaza por momentos con rebasar o Paseo Marítimo

    O tifón chega a Camariñas

    O ciclón Xinthya chegou con toda a súa forza devastadora a Camariñas a primeiras horas desta tarde e segundo amosan as impactantes fotografías tomadas por camarinas.eu sobre o terreo cara as 16.00 unha impresionante marea apoderouse do Porto camariñán chegando por momentos a amenazar con rebasar en calquer instante o flamante novo Paseo Marítimo e o destartalado Muelle Vello. Polo que respecta ao  Muelle Novo, barcos chegados dende toda a Costa da Morte buscaron refuxio ao seu carón parecendo nalgúns intres que estaban varados en terra dado o elevado da súa línea de flotación como consecuencia dunha marea viva sen precedentes. Mentras tanto a chuvia pertinaz e constante e os fortes ventos azoutan dende as primeiras horas do día unha Camariñas que polo de agora non presenta destrozos de entidade e na que a luz e o teléfono funcionan con normalidade. Así pois, tal como anticipara camarinas.eu parecemos estar en presencia doutro máis da vaga de temporais deste outono-inverno 2010. Seguiremos informando.

  • Consecuencias dun inverno duro e cruel (III)

    Destrozos na Senda Marina

    A Senda Marina, tamén chamada Pista de Alonso, vío como as súas táboas voaban ao seu paso por Reira

    A Senda Marina, tamén chamada Pista de Alonso, vío como as súas táboas voaban ao seu paso por Reira

    En fin, un xa ten en conta a fantasmagoría habitual dos medios de comunicación, os cales con tal de encher de contenidos os seus programas uns cuantos días máis (créannos, sabemos do que falamos) son capaces de predecir as hecatombes máis apocalípticas acompañadas do fin do mundo, por elo aquí en camarinas.eu todo esto do ciclón Xynthia e os seus ventos furacanados de máis de 150 km/h pois tomámolo de forma bastante escéptica, como aquel tifón mortal no Mar de China tan ben descrito no relato de Joseph Conrad, e que ao final acabou nun simple susto. Porque aquí este outono-inverno de 2010 xa levamos unha boa ristra de temporais de tódalas especies e porque, sobre todo, o peor de todos, foi aquel que por ninguén fora anunciado e que cara ás 2:00 daquela fatídica noite parecía traer consigo o apocalipsis bíblico ao Concello de Camariñas. Temporais que ata levaron polo aire as táboas de madeira da Senda Marina (tamén chamada Pista de Alonso) ao seu paso pola Praia Grande de Reira. Unha senda que, en todo caso, acusa seriamente o paso do tempo e a decisión dalgún sabio experto de decidir recubrir con madeira un camiño que percorre unhas paraxes azotadas por algúns dos peores temporais existentes nesta terra maldita e pecadora.

  • Ataques de lobos en Camariñas

    Un  Alvito Diéguez desolado contempla impotente os restos da súa burra preñada devorada polos lobos

    He aquí outro exemplo da estupidez humana, insondable e infinita: este fin de semana pasado un coñecido articulista de El País, mui progre el por suposto, e tamén moi ecoloxista, ou sexa, o paquete completo, achacaba o feito de que un oso polar macho devorara ao seu propio fillo a cando "enciende uno la calefacción en su casa de Madrid", é decir, ao Cambio Climático que volve tola á natureza, descoñecendo na súa oceánica e atrevida ignorancia que esta é unha conducta normal de moitos animais salvaxes (osos entre eles), contrastada científicamente.
  • Transformador inundado e perigoso na Rúa da Constitucion

    As augas limpas e cristalinas do transformador-piscina ben valen unha portada de camarinas.eu

    Camarinas.eu publicaba onte á noite os efectos devastadores que o vento provocara na fermosa Ermita da Virxen do Monte na tarde deste martes pasado. Desperfectos que son poucas veces predecibles e que case nunca teñen responsables agás o vento enfurecido que os provoca. Todo o contrario que a nosa seguinte noticia que trata do inundamento do tellado do transformador situado na Rúa da Constitución, xusto detrás da Casa Consistorial de Camariñas e que leva así xa unhas cantas semanas sen que ninguén se dea conta do seu estado ou polo menos dea parte delo. Un transformador de corriente que corre serio risco de cortocircuito se  as augas acumuladas no seu teito se filtraran por calquer circunstancia ao interior da caseta onde se atopan os instrumentos de alto voltaxe co conseguinte perigo de explosión piroplástica que afectaría ás casas dos veciños que están a menos de 5 metros. En fin, non sabemos si esto é así por unha falta de limpeza (que salta á vista) dos drenaxes do transformador ou si esta será a nova ubicación da próxima e tan prometida nos diferentes programas electorales piscina municipal de Camariñas, pero o que si sabemos é que alguén terá que dar parte desto antes de que ocurra algo do que todos nos arrepintamos. Camarinas.eu dou o primeiro paso; "pese a quen lle pese".

  • Destrozos na Virxen do Monte - Consecuencias de un inverno duro e cruel

    O equipo de investigación de camarinas.eu achegouse ata o lugar de autos e sacou as conclusións pertinentes

    En un primeiro momento un redactor que o presente subscribe pensou nun ataque perpetrado por un escuadrón pertencente á última das oleadas anticatólicas que periódicamente se suceden nesta España dos nosos pecados, todas as cales, tras o clásico período inicial de anticlericalismo álxido, suelen acabar sen maiores consecuencias (se ben previa matanza, desamortización ou retirada de crucifixos). Sen embargo, os momentos de lóxico pánico inicial deron paso a un análise un pouco máis sosegado do ocurrido e ahí foi onde o equipo de investigación de camarinas.eu puido comprobar que os desperfectos, consistentes nunha serie de tellas arrancadas do cume que divide o teito a dúas augas do templo parroquial e que languidecían esparcidas polos arredores, sen dúbidas foron ocasionados nun momento determinado da sucesión incontrolada de temporais de tódalas especies que están a asolar Camariñas nestes últimos tempos. Pulsa na imaxe para coñecer as sorprendentes conclusións ás que chegou a patrulla de camarinas.eu desprazada ata o lugar de autos.
  • Maria Jesus Lema Martínez, D.E.P.

    Traxedia absoluta en Xaviña

    Non hai palabras para expresar todo o dolor e a pena que este 24 de decembro se abatío sobre  Xaviña
    Non hai palabras para expresar todo o dolor e a pena que este 24 de decembro se abatío sobre Xaviña

    A maior desgracia posible, o dolor máis atroz e profundo abatíose na tarde deste 24 de decembro, Día de Noiteboa, sobre a parroquia de Xaviña.  Segundo noticias que empezaron a chegar no medio do estupor máis absoluto, cara as 15:00 horas María Jesús Lema Martínez, funcionaria de correos da oficina postal de Camariñas e veciña de Xaviña e o seu neno Martín, de dous anos, falecerían nun terrible accidente de tráfico acaecido no punto kilométrico 69,800 da estrada AC-552 que une Carballo con Cee, concretamente á saída de Vimianzo, nunha colisión frontal que deixaría ferido leve ao conductor do outro vehículo siniestrado.

    O dolor profundo por semellante traxedia agrávase nesta redacción polo feito de que hai un ano e medio, concretamente un 4 de maio de 2008, esta web publicaba a noticia da voda celebrada na Igrexa de Xaviña entre Maria Jesús e o seu marido Francisco, camioneiro de profesión e natural de Vilaseco, e do bautizo de Martín, fillo de ambos, evento cuberto por un Diego Alonso Freire que non da creto ao sucedido e lamenta no máis profundo do seu ser tan terrible accidente. Un Nadal que se volve tinguir de luto no Concello de Camariñas por segundo ano consecutivo, xa que o próximo día 31 de decembro cumprirase o cabodano do tráxico falecemento na Coruña de Juan Carril Ramos. Aínda que sexamos conscientes de que as nosas palabras non poderán consolar nin siquera mínimamente o dolor tan inconmensurable e absoluto da súa familia, esta redacción ao completo en nome de tódolos seus usuarios quere dar o seu máis sinceiro pésame á familia de María Jesús e Martín nestes momentos. Descansen en Paz.

  • Escolas pechadas por alerta de neve

    ¡Quen fora neno nestes días!

    Como os cativos galegos de ata catro anos tamén están en perigo mortal, as Guarderías asemesmo pecharán

    Como os cativos galegos de ata catro anos tamén están en perigo mortal, as Guarderías asemesmo pecharán

    Hai decisións, queridos usuarios, que un non entende. E esfórzase e esfórzase ata o punto de que se lle hincha algunha das venas da frente  e grosas gotas de suor salado esvaran pola súa cara, pero nada: non o entende. Ven esta metafísica introducción a conta da sabia decisión da Consellería de Educación de suspender en toda Galicia as clases este mércores 16 de decembro de 2009 debido á chegada dun temporal mortal de necesidade que asolará a comunidade de punta a rabo. Nos o que é ver o temporal non o víamos por ningun lado, pero despois dixéronnos que o temporal sería de frío. Acabáramos: non fora ser que algún rapaciño das montañas de Lugo ou Ourense collera unha tos. Por outra parte, ao tratarse de diferentes Consellerías, as Guarderías sí ían permanecer abertas nun principio, medida lóxica e coherente xa que os terroríficos temporais de frío e neve non afectan en absoluto á saúde e seguridade dos cativos de ata catro anos pero despois a sinrazón e a demencia fixéronse xerais e a última hora informáronnos de que tamén permanecerán pechadas. Mentras tanto, os profesores brindando con champán. E o resto dos funcionarios xurando polo máis sagrado (con perdón). Porque todos somos fillos do mesmo Deus omnipotente.

  • Accidente na carretera Vimianzo - Camarinas

    Un burro atropellado na carretera Vimianzo a Camariñas

     

    Ata o lugar trasladouse unha ambulancia por ver de salvar a vida do pobre burro cuns primeiros auxilios
    Ata o lugar trasladouse unha ambulancia por ver de salvar a vida do pobre burro cuns primeiros auxilios

     

    Eran as oito e media da mañá cando unha furgoneta dunha coñecida empresa contratista se dirixía cara unha obra próxima para comenzar un duro día de traballo. Á altura de Vimianzo a visibilidade e as condicións climatolóxicas non eran as máis adecuadas e o coche non viaxaba moi rápido e iso, probablemente, foi o que fixo que cando se lle cruzou unha burra no medio do seu camiño o accidente non fora tan grave. Polo menos para as persoas que viaxaban no interior do vehículo, xa que o pobre burro, que estaba a pastar nunha leira próxima, levou un trastaso tal que o fixo xa morrer cáseque no acto deixando tras de si unha triste e dura vida recompensada polo seu dono cun pé atado a unha estaca nunha leira próxima a carretera xeneral de Vimianzo a Camariñas. En fin, pulsa na imaxe para ver unhas cantas fotos e un pequeno vídeo do acontecido esta tráxica mañá nos dominios de Alejandro Rodríguez, Emperador Único e Auténtico da Costa da Morte.

  • 20 de Novembro en Camariñas: Efectos do Temporal do Sur

    O que nos deixou a Surada do 20N

    Á vaga de temporais que está a padecer Camariñas ven a sumarse este 20N unha terrible surada
    Á vaga de temporais que está a padecer Camariñas ven a sumarse este 20N unha terrible surada

    Polas emblemáticas e acuosas datas nas que acontece, un 20 de Novembro sempre é un día entrañable para os nostálxicos. Para os nostálxicos dos bos temporais, se entende. En principio carecía do alto pedigreé que antecedía aos anteriores, pero o terrible temporal do sur que dende a tarde do xoves 19 viña anunciándose co seu continxente bélico de miles de toneladas de auga que a marchas forzadas surcaban os ceos dende Muxía para descargar o seu terrible arsenal sobre Camariñas, deixou ao longo da sinalada data do 20N unha impronta de ventos furacanados de ata 90 km/h; de, sempre paganos ben das furias etílicas do ser humano, ben da furia dos elementos, ducias de desdichados contenedores volcados; de árbores arrancadas de cuaxo; de montañas de auga alfombrando os camiños; ou de restos dun mar tenebroso adornando unhas praias espumosas como nunca.  Despois, toda aquela acometida furiosa parecío apaciguarse momentáneamente durante un par de horas na tarde do sábado 21 de novembro para volver ao ataque, debilitada, durante a madrugada do domingo 22. Camarinas.eu ofrece en 60 imaxes todo o que nos trouxo o Sur este 20N.

  • Rescate de un iate en Camariñas

    Os intrépidos mariñeiros camariñáns intentando situar a embarcación para que non fose destrozada polo vento
    Os intrépidos mariñeiros camariñáns intentando situar a embarcación para que non fose destrozada polo vento

    Un iate embarranca na Area da Vila

    As primeiras consecuencias do inclemente temporal que se abatío sobre Camariñas nesta segunda semana do mes de novembro non se fixeron esperar. Ao gran número de árbores caídas e desprendementos de tellas houbo que sumarlle un accidente protagonizado por unha parexa que viaxaba a bordo dun iate de nacionalidade belga. Dita embarcación estaba amarrada (por aquelo de aforrar uns pesos) na zona próxima á fábrica de Cerdeiras e debido ás fortes rachas de vento rompeu os amarres e foi a embarrancar, con moita sorte, na praia de Area da Vila sen máis consecuencias que un gran susto. Inmediatamente un grupo de intrépidos percebeiros e mariñeiros camariñáns puxéronse a  rescatar e reubicar debidamente a embarcación para que non fora destrozada polo mar e o despiadado vento ululante. Finalmente, os dous tripulantes tiveron que afloxar o parné e aloxarse nunha pensión da vila. E todo por non pagar un amarre no Club Náutico.

  • Alerta Laranxa de temporal na Costa Galega

    Hoxe, mellor quedar na casiña

    Barcos de toda a costa galega acuden en busca de refuxio ó Porto de Camariñas, sinónimo de seguridade
    Barcos de toda a costa galega acuden en busca de refuxio ó Porto de Camariñas, sinónimo de seguridade

    Quedar na casiña enchufados a camarinas.eu como ben decía a nosa querida Maitiña o outro día, porque xa está en marcha un dispositivo de alerta polo temporal que a partir das 12:00 (minuto arriba, minuto abaixo)  disque vai chegar a Camariñas cunha sede voraz de levantar o pueblo no aire cas súas rachas de vento furacanado por enriba dos 120 km/h. Pero non queda ahí a cousa: pola tarde, pois chuvia  a mares. Tódolos barcos están amarrados a porto, parejas e vacas de Ribeira incluidas, chegándose incluso ao caso de que moitos barcos de Muxía chegaron nestas últimas horas ao muelle novo de Camariñas, o máis seguro da Costa da Morte, como ben saben os máis expertos mariñeiros. Prégase asemesmo extremar a precaución ao andar polas calles non vaia ser que unha tella perdida nos vaia a estragar os miolos. O dito: quedar na casiña e enchufados a camarinas.eu, que se pasa pipa.

  • Temporal Camariñas Novembro 2009

    Un temporal clásico da Costa da Morte

    Faro Vilán, Cetárea de Eloy e Pista de Alonso, víctimas dun dos terribles temporais da Costa da Morte
    Faro Vilán, Cetárea de Eloy e Pista de Alonso, víctimas dun dos terribles temporais da Costa da Morte

    Chega o outono-inverno e chegan os temporais. Entón as televisións de ámbito nacional publican ano tras ano a mesma noticia sempre nos mesmos lugares: terribles olas que inundan os paseos marítimos de San Sebastián e A Coruña,  con asustados veciños e comerciantes que son entrevistados e soltan as mesmas estupideces. Dúas cidades que se reproducen anualmente como un mantra no carrusel televisivo invernal. E en camarinas.eu, humildes e pobres como arañas, non podíamos ser menos que os nosos admirados e archimillonarios ídolos televisivos e por elo procedemos a publicar unha galería fotográfica perfectamente intercambiable cas de anos anteriores: a dos huracanados tombos que asolan o Faro Vilán cun fondo de ceos amenazantes a punto de desplomarse sobre as nosas baleiras cabezas, se ben desta volta añadimos dous novos ámbitos que co tempo tamén se convertirán en clásicos de camarinas.eu: a Cetárea de Eloy (Land-art en movimiento) e a Virxe do Monte ca súa privilexiada  circunvalación constituida pola así chamada Pista de Alonso. Está ahí e hai que publicalo. Disculpen a reiteración.

  • Semana de luto en Camariñas

    Terceiro falecemento en dous días

    Rincón do Lugar de Pións onde vivía José Romar Tajes e no que aparecío aforcado esta tarde
    Rincón do Lugar de Pións onde vivía José Romar Tajes e no que aparecío aforcado esta tarde

    Nas postrimerías da sobremesa deste nefasto mércores 4 de novembro de 2009 un inquedante rumor comenzou a circular polos mentideiros camariñáns: aquel que falaba dun tercer falecemento no increíblemente corto lapso temporal de dous días. Máis concretamente o rumor apuntaba a que na Aldea de Camariñas un varón de mediana idade acabaría ca súa propia vida mediante un aforcamento. Co paso das horas puídose saber que se trataba de D. José Romar Tajes, mariñeiro xubilado, residente actualmente en Buría, concretamente no Lugar de Pións, preto do camiño que leva cara a Tilleiro, cuñado do finado de Choniño e de 63 anos de idade. Desta forma unha semana que en camarinas.eu comenzábamos ca publicación do máis grande e fermoso que pode deparar este mundo, un nacemento, convertíose na semana máis negra en moitos anos co falecemento de tres personas sinaladas na Camariñas destes 50 últimos anos e que ven a coronar un ano pródigo en falecementos na Vila dos Encaixes.

  • Primeiro temporal do outono 2009 en Camariñas

    Os  temporais xa están aquí

    As desertas táboas do Paseo Marítimo están chamadas a pasar o seu primeiro longo inverno camariñán
    As desertas táboas do Paseo Marítimo están chamadas a pasar o seu primeiro longo inverno camariñán

    Aínda non había nin quince días que un dos nosos redactores brindaba o seu tostado coiro ao Astro Rei nas soleadas Praias de Reira, cando sin solución de continuidade o primeiro dos temporais do outono 2009 chegou cunha estela de cinco meses que traerán consigo fríos húmedos e ventos huracanados, rúas desertas, o común do pobo acollido ao calor do fogar ou da barra dos bares, a grata fragancia da leña queimada no aire, a explosión controlada de repiqueteantes chispas nas lareiras. Días de mares perigosos e noites de flotas paradas. O ciclo inmutable da vida sigue o seu curso e o Concello de Camariñas, camaleón adaptable a tódalas eras climatolóxicas, luce as súas primeiras e agrestes galas otoñais co temporal destinado a abrir o curso 2009-2010 nunha sinxela galería fotográfica de 45 imaxes.

  • Accidente de Enrique Canosa

    Enrique, gran xogador de balonmán nunha imaxe co seu equipo da alma: o CB Balonmán Camariñas

    Enrique, gran xogador de balonmán nunha imaxe co seu equipo da alma: o CB Balonmán Camariñas

    A gravidade das súas feridas fixo nun primer instante pensar o peor.  Hai xa uns días que está estable e consciente e cáseque recuperado das súas graves feridas. Pero os familiares e amigos de Enrique, fillo do gran electricista xaviñán Manuel Canosa, pasamos unhas semanas realmente desesperantes ante a gravidade na que se atopaba este xoven xaviñán no hospital Juan Canalejo debido a un accidente automovilístico acontecido no concello de Cabana hai caseque un mes cando o noso amigo voltaba un venres do seu traballo dende A Coruña. Enrique, un rapaz xoven e forte sobrepúxose a esas terribles feridas e xa dentro de pouco voltará xunto a súa muller e o seu precioso fillo que non se separaron del nesas terribles e duras semanas de internamento no hospital. En fin, desde camarinas.eu queremos animar a toda esta xoven familia despois de todos estes malos momentos e desexar a Enrique unha feliz volta a casa. ¡FORZA ENRIQUE!


  • Accidente de automovil en Camarinas

    Se busca conductor a la fuga

     

    Estado no que quedou a carrocería do automóvil da filla da nosa usuaria Amparo tralo brutal impacto
    Estado no que quedou a carrocería do automóvil da filla da nosa usuaria Amparo tralo brutal impacto

     

    Un soleado domingo á hora dos chiquitos no Club Náutico. Un enorme e estruendoso topetazo provinte da explanada onde agardan estacionados os pacientes coches dos visitantes de tan emblemático local camariñán. Un automóvil que a resultas do encontronazo resulta desplazado a máis de medio metro de distancia. Unhas marcas sobre o asfalto. Unhas enormes cicatrices esculpidas a sangre e fogo sobre a carrocería dun coche ata entón impecable. Un conductor que tras simular un arreglo dase á fuga. Unha testigo oculta dun acto vergoñoso e ignominioso. Pulsa na imaxe para coñecer as claves ocultas sobre o último accidente de automóvil acaecido na moi motorizada Vila de Camariñas.

  • Terrible suceso na Ponte do Porto

    Falece un camioneiro nunha marmolería da Ponte

    Un terrible suceso volvío a golpear o Concello de Camariñas ca morte dun camioneiro ourensán
    Un terrible suceso volvío a golpear o Concello de Camariñas ca morte dun camioneiro ourensán

    Lamentablemente na tarde deste caluroso e veraniego xoves 10 de setembro de 2009 unha desgracia terrible volvío a acontecer no Concello de Camariñas cando cara ás 16:45 horas un camioneiro que estaba a facer unha descarga de material na Marmolería de Daniel Barroso Rial, na Rúa Linares, na zona do Outeiro na Ponte do Porto, falecío ao ser brutalmente golpeado cun toro elevador que estaba a carrexar material, ao caer a carga por causas descoñecidas e desplazarse para atrás a citada máquina de transporte golpeando mortalmente ao traballador, sen que se coñezan polo momento as causas deste suceso. A víctima, Francisco Manuel Capelo Fernández, de 40 anos de idade e natural de Xinzo de Limia en Ourense, foi atendido no lugar polas unidades do 061, de Protección Civil de Camariñas e da Guardia Civil, chegando a desplazarse ata alí un helicóptero do 112 que non chegou a transportar á víctima xa que esta falecera no lugar dos feitos. Dende Camarinas.eu lamentamos tan terrible suceso e trasladamos as nosas condolencias aos familiares deste camioneiro ourensán. D.E.P.

  • Incendio dun iate no Club Nautico de Camarinas

    Arde un iate nos pantaláns do CNC

    O noso querido Moncho posa nos pantaláns do CNC cos restos calcinados do que un día foi un iate
    O noso querido Moncho posa nos pantaláns do CNC cos restos calcinados do que un día foi un iate

    Estaba abarrotado o bar do Club Nautico de Camariñas de asiduos que esperaban ansiosos a chegada dos barcos da sardiña cara a unha da mañán do 28 de agosto que recén comenzaba, cando pouco a pouco un pequeno pero incesante fume comenzouse a propagar polos pantaláns do CNC. De pronto unha terrible llamarada saltou para arriba como un cohete volatilizando as velas dun iate de nacionalidade noruega en apenas un instante. Entón, o propietario do mesmo, que según testigos presenciais tería supostamente serios problemas para manter o equilibrio, aparecío polo bar e parecía máis preocupado pola sorte que puidera correr o seu can que polo destino do buque. As lapas que ameazaban con extenderse aos restantes iates foron apagadas polos pescadores que estaban nas inmediacións dos pantaláns, e posteriormente este súbdito de orixe nórdica foi deixado polos membros de Protección Civil para durmir a mona nun confortable catre do Hostal do noso querido amigo O Parranda, onde presuntamente deixou boa constancia da súa presencia cun lamentable espectáculo. Despois marchou sin pagar. En fin...

  • Buzo frances desaparecido en Camarinas

    Aparece sen vida o corpo do buzo francés en Vilán

    O compañeiro do buzo desaparecido mira as labores de rescate ca esperanza de hachar o corpo con vida
    O compañeiro do buzo desaparecido mira as labores de rescate ca esperanza de hachar o corpo con vida

    Foi cara ás oito da tarde do venres 24 de xullo cando un inquedante rumor comenzou a propagarse por Camariñas: un buzo estaba desaparecido mentras practicaba pesca submarina na ensenada da Arnela, no Faro Vilán. De inmediato púxose en marcha un amplio dispositivo de búsqueda integrado por unha patrulla da Garda Civil do mar, Protección Civil de Camariñas, Garda Civil de Camariñas, a lancha da Xunta de Galicia con base en Muxía e un helicóptero de Salvamento Marítimo. Mentras tanto, comenzaban a chegar as noticias, trataríase dun submarinista de nacionalidade francesa integrante dun grupo de tres parexas, algunha con nenos, que tódolos veráns visitaban Camariñas, para entre outras cousas, practicar pesca submarina. Finalmente, despois de que esta mañá a primeira hora se reanudaran as operacións de búsqueda, o corpo do buzo francés foi hachado sen vida nas aforas do Vilán polo experimentado percebeiro camariñán Toñito da Chuca que, axudado por Carlos O Rubio, procedío a trasladar o corpo ata a rampa do Muelle Novo. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica deste tráxico suceso.