• Efectos do temporal Becky en Santa Mariña

    Efectos do temporal Becky en Santa Mariña
    A amenaza doutro forte temporal, este vendavalado, recibe ao visitante que na mañán do sábado 13 de novembro de 2010 vislumbra dende as alturas que dominan Santa Mariña un mar perennemente encabritado. Pedras esparcidas por doquier, enormes trozos de asfalto arrancado, obrigan a pensar na paisaxe resultante de manifestacións de estudiantes contra a policía, de 100.000 obreros en paro, cabreados e frustrados, aqueles niñatos de 1968 en París, no Cojo Manteca, quen sabe... Nin rastro das nasas supostamente arrasadas por unha orxía de auga e vento. Segundo a prensa, os técnicos do Concello (¿?) cifran os danos ocasionados pola Tormenta Becky en 620.000 euros. O día de autos un percebeiro santamariñán laiábase a quen quixera escoitalo que o temporal ocasionáralle danos nos seus pertrechos valorados en "máis de 8.000 euros" e un non pode evitar recordar ao tristemente falecido Luis García Berlanga e a súa profética, visionaria, "Bienvenido Mister Marshall". Entón só  queda darlle gracias a Deus de que os danos non foran valorados polos citados técnicos en 6 ou en 60 millóns. A chuvia azota xa duro na cara cando o visitante en ruta itinerante chega ao Porto de Arou e contempla un escenario propio de calqueira dos periódicos terremotos da cuenca andina. Unha carretera no altiplano boliviano, un camiño na sierra que rodea Cuzco, un grupo terrorista, unha banda paramilitar, quen sabe si o exército, agazapado tras unha roca desprendida no recodo dun camiño incerto. Chegamos xa cun temporal desatado a Camelle, estación terminal do vía crucis camariñán cun cartel que da a benvida ao visitante ás portas mesmas do que un día fui o Museo do súbdito de nacionalidade xermana Manfred Gnadinger: "Camelle esixe ás administracións implicadas o arranxo do Museo do Alemán. A.A.V.V. A Pergoliña" e aquí tamén o visitante non pode evitar recordar o premonitoria, visionaria, que foi a enquisa organizada, hai anos xa, por unha web entón de recente fundación na que os seus lectores para solventar a cuestión de que facer co legado de Man decantáronse nunha porcentaxe próxima ao 25% pola opción "Deixar que o mar tire con todo". E entre tanta desolación, entre tanta ruina, tanta aflicción, tanto recordo, surxe unha pregunta:  e de todo esto ¿a quen se lle pode botar a culpa?
  • Temporal Becky en Camariñas

    O noso redactor perruno Bénder soporta estoicamente á Tormenta Becky. Todo sexa por unha reportaxe

    Devastada a cara norte do concello, asoladas tres pequenas poboacións inermes ante a furia desencadenada dos elementos, quedaba por facer un repaso do acontecido na capital municipal durante os dous días que a cicloxénese de orixes irlandeses denominada Becky azotou implacable costas e patrimonio público. De cando un auténtico muro de auga se levantaba dende un mar encabritado ata extremos bíblicos, cando dende os ceos remotos granizadas de proxectís xeados se abatían sobre incautos violadores da paz duns montes, bosques salvaxes, cando olas xigantes pugnaban tenaces por trepar polos accesos dunha fortaleza pétrea inexpugnable, maxestuosa reina dos mares, cando restos mortais de náufrafgos vían perturbada a paz ultraterrena do seu camposanto por un bruar ensordecedor. Todo elo foi captado en corpo e en espíritu por tres dos redactores de camarinas.eu que, fieis a un ideal, decidiron ofrecerse inermes á furia dos elementos máis desencadeados, tres aventureros que decidiron adentrarse nun  maremágnum de porporcións dantescas con serio risco das súas posesións físicas e materiais. A tripla máxica, o tridente xornalístico composto por Juan Salvador Gaviota (JSG), Bénder e Zhúkov presenta en 110 imaxes captadas en situacións extremas o que dou de si a Tormenta Becky por terras da Parroquia de Camariñas.
  • Destrozos en Camelle e Arou II

    O temporal devastou o Museo de Man e as casas do seu entorno nun día apocalíptico en Camelle

    Visitar na mañán deste martes 9 de novembro de 2010 o Museo do Man e as casas do seu entorno equivalía a adentrarse nunha terra devastada, nunha zona cero semellante por momentos ao paisaxe resultante do maremoto de Indonesia ou ao rastro que deixa calqueira dos furacáns que asolan periódicamente o sur de Estados Unidos. O mar reclama os terreos que lle pertencen e cáseque anticipa a destrucción das casas ás que a piqueta da axencia da legalidade urbanística seguramente non tardará en meter man. Un tifón asolou a zona norte do Concello de Camariñas e deixou ao seu paso por Camelle muros de pedra, de bloque, reventados, casas inundadas, piletas volteadas, obras de arte destrozadas, carreteras derruidas... Con todo, o dano cebouse especialmente co Museo de Man onde a simple vista podían vislumbrarse as cicatrices irreparables infrinxidas por un mar desenfrenado e atronador ao entorno artístico máis célebre de toda a Costa da Morte. Posible e desgraciadamente a tempestade que dende a verde Irlanda cubrío a marchas forzadas un camiño de centos de millas marinas para asolar a costa galega marcará un punto de non retorno en relación ao conxunto artístico ao que Manfred Gnadinger consagrou toda unha vida. Triste destino o das artes nestas terras.
  • Destrozos en Camelle e Arou

    O Museo do Alemán de Camelle sufrío graves destrozos este noite debido ao temporal

    As primeiras noticias que empezan a chegar dende Camelle e Arou non poden ser máis alarmantes. O forte temporal que arribou ás costas galegas na tarde deste luns 8 de novembro causou estragos nas dúas poboacións do noso concello máis expostas pola súa situación estratéxica aos temporais chegados dende o noroeste e así un regueiro de destrozos alfombra o camiño que vai dende Santa Mariña ata Camelle. Especialmente grave foi o acontecido na vila máis norteña do concello onde un mar desencadenado causou destrozos alarmantes no conxunto artístisco invaluable do Museo do Alemán. O land-art (arte efímero) de Manfred Gnadinger resultou ser máis fugaz que nunca e quen sabe si algún día poderán repararse os gravísimos destrozos causados no Museo de Man. Asemesmo, un tramo da carretera que leva de Arou a Camelle, entre o porto arouán e a nova EDAR, desaparecío literalmente do mapa, arrasada por un furacán de mar e pedras. A forza das augas chegou incluso a desprazar varios metros os balaustres de pedra maciza que adornan a praia arouana, situación que xa foi arranxada a primeiras horas da mañá por un equipo do Servizo Municipal de Obras. Tamén puidemos saber que o temporal causou danos de consideración no porto de Santa Mariña, arrasando nasas, casetas, barandillas e carreteras. Por outro lado, a normalidade foi a tónica detonante na capital municipal onde o temporal apenas se deixou sentir. Foi na cara norte do concello onde o cicloxénese explosiva do luns 8 de novembro de 2010 será recordada, desgraciadamente, durante anos.
  • Falecemento de Adolfo Carril Bermúdez

    Este sábado 6 de novembro faleceu aos seus 57 anos Chao. D.E.P.
    Parece como si unha maldición terrible hubera descendido dende os ceos sobre Camariñas e pouco a pouco, de maneira infatigable, cobrara o seu tráxico tributo de sangue. A este paso para cando construian o maldito e tan polémico tanatorio de marras non vai facer falta porque aquí xa non vai quedar ninguén. Este sábado 6 de novembro de 2010 cara as 21:00 horas todos os que estabámos a pasar un rato de lecer no Café Bar Arnela recibíamos con estupor e grande dor a noticia que empezaba a filtrarse polos mentideiros camariñáns de que unha persoa entrañable e querida, especial e afable, como Adolfo Carril Bermúdez, o noso querido Chao,  acababa de falecer dun ataque ao corazón ás portas mesmas da súa casa, na Avenida da Coruña. Especialmente doloroso foi ver caer as bágoas pola cara de toda unha leyenda viva de Camariñas, o gran Jamela, amigo íntimo de Chao (precisamente acababan de ser evocadas na sección de Juanillo aqueles episodios do fútbol camariñán dos 70 que tiveron a estes dous grandes amigos de protagonistas e nos que Chao foi bautizado con toda xustiza como "El Gato de Odessa"). Según puidemos saber despois, Chao levaba xa un tempo padecendo problemas do corazón que se agravaron últimamente, por elo estaba citado para unhas probas no Hospital Comarcal de Cee para o mércores día 10, nembargantes na tarde deste sábado empezouse a sentir mal e así decidiron levalo de urxencia ata o PAC de Vimianzo, desencadenándose a traxedia nas escaleiras da súa casa. Posteriormente chegaría unha ambulancia que trataría de reanimalo cun desfibrilador, sendo os seus esforzos infructuosos.  Gran madridista, prácticamente non se perdía un só encontro do seu amado Real Madrid, por elo, as nove da noite deste domingo 7 de novembro case con total seguridade poderíamos ver a Chao no Café Bar José Manuel disfrutando do seu equipo da alma no derby contra o Atlético de Madrid. Desgraciadamente, non puido ser así. O seu funeral terá lugar este luns 8 de novembro ás 12:00 na Igrexa Parroquial de San Xurxo e os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio de Vimianzo. Adolfo Carril Bermúdez, Descanse En Paz.
  • Temporal na Costa 30 de outubro

    Un tremendo temporal de mar azoutou as costas de Camariñas este fin de semana

    Calqueira que percorrera os camiños, que soupera do duro día a día da leira, da semente e da recolleita, podía decatarse de que estabamos a vivir un outono seco, feble en choivas e pródigo en ventos, que a terra ficaba agostada e que as poucas gotas que soltaba un ceo orfo de nubes axiña eran absorbidas ávidamente por unha natureza deshidratada. Un par de fortes temporais dispersos, illados no mar de tardes calmas e suaves, non foron quen de revertir esta indesexada situación e nestas advertiron dun novo forte temporal ca súa ecuación de fortes ventos e alertas laranxas: de forma semellante á anterior, viría a enturbiar unha nova ponte encaramada na inalepelable xeografía do calendario laboral. E nembargantes tal e como sucedera cos compañeiros que o precederan o derradeiro temporal chegado ás costas galegas caracterizouse por un tableteo disperso de ráfagas de forte choiva, por uns ventos serios, xirando os do sur cara os do norte por momentos na tarde do domingo 31 ca súa secuela de frío mortecino, pero sobre todo pola bravura dun mar disposto a encaramarse con furia salvaxe sobre unha costa inerme. Con todo a terra  non acaba de recibir a ración debida que a enchoupe definitivamente e os camiños aínda non foron inundados por unhas augas reinas da situación ata o mes de maio. Non acaban os ceos camariñáns de estourar en toda a súa apocalíptica magnitude.
  • Falecemento de José Bermúdez Mouzo

    José Bermúdez Mouzo deixonos este xoves á edade de 58 anos
    Durante moitos anos a Vila de Camariñas foi fundamentalmente un pobo de mariñeiros e albañiles, procedentes estes últimos prácticamente na súa totalidade dalgún dos recunchos que compoñen o inabarcable Distrito de Buría. Nun dos seus lugares, concretamente no Cotro, nacía un 5 de xullo de 1952 José Bermúdez Mouzo. Hábil cas mans, non tardaría en engrosar a lista de laboriosos e eficaces albañiles buriáns que se dedicaron con ahinco a transformar febrilmente a Vila dos Encaixes nas décadas dos 70 e 80, se ben no caso de Pepe do Ardeiro, tal e como sempre foi coñecido popularmente en Camariñas, a puntillosidade, perfeccionismo e minuciosidade da súa labor acabaron determinando que cos anos Pepe se convertira nun maestro canteiro de probada eficacia. Obras en pedra co seu selo persoal abranguen toda a Costa da Morte, dende Camariñas ata Vimianzo. Nestes últimos tempos Pepe acometera desafíos importantes na súa vida como a ambiciosa reforma da impresionante residencia familiar (casa antiga e amplia horta) do Lugar do Cotro ou un cambio de residencia cara a Braño. Foi finalmente neste último lugar onde aos seus 58 anos a morte o sorprendeu posiblemente en forma de ataque ao corazón cara as 00:30 horas deste furioso e vendavalado venres 29 de outubro de 2010. O seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo, non lonxe do seu Cotro querido, este sábado 30. En fin, vaise co falecemento de Pepe unha pequena parte daquela Camariñas dos 70, dos 80, composta maiormente por bravos mariñeiros e eficaces constructores,  dende a redacción de camarinas.eu: José Bermúdez Mouzo, Descanse En Paz.
  • Mareas a punto de rebosar no paseo

    O paseo marítimo de Camariñas a punto de anegarse

    Chegou a Tormenta Perfecta Paula, outra desas mostras de cicloxénese explosiva que de cando en vez azotan as nosas costas, e Camariñas vivío días nos que a piques estivo de convertirse na cidade sumerxida da Atlántida, que non de Atlanta (St. Georgia). Días nos que un mar henchido e pletórico por momentos parecío a punto de rebasar tódolos diques de contención e anegar baixo as augas un concello e as súas xentes de forma irreversible. Días nos que o océano chegou a situarse ao mesmo nivel que a súa eterna némesis, a terra, e nos que a forza desencadenada dos elementos, choiva, vento e mar, cáseque convirte á Vila mariñeira de Camariñas en leyenda, en mitoloxía antiga. Un escenario plausible, potencialmente ameazador, que non plantexaría maiores problemas dadas as idóneas aptitudes para a adaptación á vida subacuática dos habitantes do concello tras toda unha vida de inxesta masiva de toda clase de líquidos, maiormente etílicos, e que incluso podería exercer unha sorte de efecto liberador e catárquico para algúns propietarios nos actuais momentos urbanísticos dramáticos: ¿Seguiría aplicándose o POL, Plan de Ordenación do Litoral da Xunta de Galicia, sobre unha Camariñas sumerxida?
  • Falece Antonio Tedín "Toniño"

    Toniño coa súa Danza de Arcos e a Virxe do Carmen

    Nunha tarde triste, de forte vento ululante e ceos ennegrecidos, sóubose polas boas xentes da vila mariñeira de Camariñas que falecera ás 19:00 no Hospital Comarcal de Cee aos 50 anos de edade Antonio Tedín Pérez, "Toniño", un dos grandes iconos da Vila das Palilleiras durante as últimas décadas. Persoa querida e respetada, sempre tivo a coraxe de sobrepoñerse ás circunstancias e implicarse activamente na vida social e cultural do pobo da súa alma, xa fora exercendo as dotes de masaxista no FC Camariñas durante tantas tempadas, xa fora facéndose valer como imprescindible portador dos arcos que acompañaban á Danza máis fermosa do mundo. Complicacións derivadas de problemas respiratorios fixeron que o derradeiro domingo Tono fóra trasladado ata o Hospital da Xunqueira onde finalmente falecía na tarde deste desapacible xoves 7 de outubro de 2010. Fuísenos Toniño, un dos últimos representantes da antiga alma de Camariñas, distinta e inmortal, pero mentras se siga escuitando polas rúas engalanadas de Camariñas a canción da Danza de Arcos o día do Carme, Toniño estará con nos. Antonio Tedín Pérez (1960-2010), Descanse En Paz.
  • Temporal en Camariñas, 02/10/2010

    Consecuencias do temporal

    Comenzamos cun clásico de camarinas.eu, que axudará a encher a web nos días que andemos tesos de noticias e que tanto gusta aos seus redactores: tan só basta pasarse polos lugares de autos ao día seguinte para comprobar o grado de devastación provocado ou ben introducirse, con serio risco da integridade física,  de cabeza no meollo da cuestión cando a situación así o requira. En efecto, querido accionariado, comenzamos cas reportaxes sobre temporais, neste caso dentro da primeira das dúas modalidades mencionadas anteriormente, cos feitos acaecidos na tarde-noite do sábado 2 de outubro, cando unha impresionante vendavalada inauguraba a temporada de tifóns 2010-2011 deixando un rastro de destrucción que eran clara e especialmente visible no flamante Paseo Marítimo camariñán cun sinxelo (e recomendable) paseo co amigo máis fiel posible, o cánido, na desapacible mañán do domingo 3 de outubro. Táboas que o mar empuxou ata un paseo de madeira que evoca remotamente á Atlantic City (St. New Jersey), virutas dos parterres esparcidas por doquier e area polo asfalto que fai presumir a existencia dun novo asalagamento na glorieta do Campo provocado polo enorme caudal dunhas augas de chuvia enfurecidas. Camariñas, outono 2010: a vida segue igual.
  • Loito e pesar pola morte de Alonso

    As bandeiras do Concello a media asta en honor a Alonso

    O loito e o pesar pola morte de Antonio Jesús Alonso Ballester presiden este mércores 15 de setembro de 2010. Así, na vila palilleira de Novedrate, na rexión italiana da Lombardía a prensa local lembra con cariño e admiración a este camariñán ilustre que durante o período no que exerceu como Concelleiro Delegado da Mostra do Encaixe tanto fixo polo irmanamento entre as vilas con tradición encaixeira. Asemesmo toda a prensa autonómica faise eco nas súas edicións deste mércores dun falecemento chamado a provocar un forte baleiro nos corazóns camariñáns. Tamén no Concello de Camariñas se recorda con agarimo e emoción a un home que durante 24 anos ininterrumpidamente exercío como tenente de alcalde de forma exemplar e así as bandeiras da Casa Consistorial lucen dende o mediodía do martes 14, xusto dende o momento mesmo no que se tivo constancia do seu falecemento, a media asta cun crepón negro e unha coroa de flores a nome da Corporación Municipal (é decir, tódolos concelleiros) e dos traballadores do concello está presente dende a tarde de onte no velatorio de corpo presente de Antonio Alonso Jesús Ballester.
  • Falece Antonio Jesus Alonso Ballester

    Antonio Jesús Alonso Ballester, foise un gran camariñán

    Disfrutaba Camariñas o martes 14 de setembro de 2010 dunha soleada e veraniega mañán cando pouco a pouco comenzou a espallarse pola vila un rumor que lamentablemente non tardaría en confirmarse: cara ás 2:00 da madrugada no Hospital Universitario da Coruña falecía aos 59 anos Antonio Jesús Alonso Ballester, sen dúbidas unha das persoalidades máis carismáticas e importantes da historia do Concello de Camariñas. Pertencente a unha antiga estirpe de torreiros, el mesmo non dubidou en continuar o legado familiar e así non tardou en convertirse no fareiro do seu amado Faro Vilán traballando ao carón da súa esposa Cristina Fernández Pasantes, unhas das primeiras mulleres fareira de España.
  • Incendio Forestal de Xaviña - Tensión máxima

    Os equipos de extinción de incendios comproban o estado do lume no Campo do Turco de Xaviña
    De forma semellante a aquela colina vietnamita arrasada polo nápalm da aviación norteamericana da que falaba Robert Duvall no film Apocalypse Now visitar na mañán deste luns 16 de agosto de 2010 a cima do Campo do Turco en Xaviña era adentrase por unha paisaxe lunar devastada, por un manto negro de terra calcinada que obrigaba aos equipos de extinción de incendios a permanecer en estado de máxima alerta ante os múltiples focos de lume que revivían por doquier. Un día caracterizado por un operativo ininterrumpido de helicópteros que recollían auga na Vasa, polo tronar sordo de motores de hidroavión que amerizaban sobre as augas do Porto de Camariñas ante a ollada dunha expectante multitude para tratar de rematar un incendio que parecía definitivamante sofocado cara ás 4:00 da mañán do luns. Un día de caras cansadas, de ollos chorosos e de rabia contida. Os técnicos da Xunta de Galicia falan dunha extensión forestal calcinada próxima ás 100 hectáreas que terían a súa orixe en catro focos de lume distintos, todos eles provocados polo descuido culpable do ser humano. Nembargantes á hora na que a presente  noticia se publica chegan noticias de rescoldos que volveron cobrar vida, polo que a alerta segue a ser máxima en Xaviña. Un equipo de camarinas.eu, presente xa dende os primeiros momentos no maior incendio que asolou o Concello de Camariñas en catro anos, adentrouse nos lugares máis afectados polo lume para constatar a envergadura do dano causado, para comprobar a paisaxe despois da batalla. Unha batalla que continúa en Xaviña.
  • Incendio Forestal devastador en Xaviña

    Ao Alcalde Pichurri non lle quedou máis remedio que axudar nas labouras de extinción do lume en Xaviña
    Celebraba a parroquia de Xaviña as festas en honor a Santa Ana cando preto das 14:30 horas, xusto unha vez rematada a traca de bombas de palenque e instantes antes de que a Orquesta Trole puxese fin á súa actuación no baile vermouth, un pequeno fume empezaba a tomar forma de modo inquedante non moi lonxe do Cemiterio Novo xaviñán. De forma semellante ao acontecido o ano pasado en Xuxo con motivo das festas en honor á Virxe do Pilar... Co pasar dos minutos, ese pequeno conato de incendio convertíose nun inferno de lume e fogo que comenzou a subir raudo e veloz pola ladeira do monte que leva cara o Campo de Tiro de Xaviña. Xa dende o primer momento o Alcalde de Camariñas Pichurri, presente no baile vermouth, acercouse ao lugar de autos e ante a gran entidade do incendio e a escaseza de medios con que combatilo non tivo máis remedio que tomar parte nunhas labouras de extinción nas que chegaron a intervir voluntarios de Protección Civil de Camariñas, operarios do Concello, a cuadrilla comarcal de SEAGA de loita contra o lume, varios camións motobomba, un avión e un helicóptero, así como diversos veciños de Xaviña. No momento de publicarse a presente noticia o lume expandíase devastador en forma de cuña amenazando por un lado o Areal do Ariño e descendendo vertixinosamente pola outra vertiente cara á Ensenada da Vasa. Precisamente, formada polo fume provinte dos incendios que a esa mesma hora estaban a asolar Xaviña, Vimianzo e Dumbría unha densa néboa co arrecendo típico do pino queimado invadía a Ría de Camariñas e daba a benvida aos iates que se aventuraban pola mesma. Por último sinalar que as fincas afectadas eran maiormente de propiedade privada, non da Asociación de Montes de Xaviña, e que tal e como xa advertía camarinas.eu con ocasión dunha noticia publicada o 05-07-2010 ("Situación actual dos Montes de Camariñas"), non presentaban un adecuado estado de limpeza e cuidado, o cal sen dúbidas contribuío a propagar un incendio que lamentablemente quedará rexistrado nos anales da Parroquia de Xaviña como aquel no que o día de Santa Ana asolou os seus montes.
  • Interrupcion no abastecemento da auga en Camariñas

    Case doce horas sen auga en Camariñas

    No Camiño da Rega tivo lugar a primeira das roturas da tubería general que abastece de auga a Camariñas
    No Camiño da Rega tivo lugar a primeira das roturas da tubería general que abastece de auga a Camariñas

    Eran alrededor das 18:00 deste luns 19 de xullo, primeiro día de resaca das Festas do Carme máis multitudinarias que se recorden, cando de repente os grifos de Camariñas calaron. Un silencio que en principio foi considerado como anecdótico pero que nembargantes o pasar do tempo facía presaxiar como xa de máis envergadura. E efectivamente así era: a tubería xeral ("A General") que baixa dende o Depósito Municipal de Auga situado nas Carballas en líñea recta polo camiño da Rega rompera debido á presión no seu treito final, xa case no Lugar de Agrelo, deixando a prácticamente toda Camariñas sen auga. A gravidade das circunstancias requería actuar sen demora e de inmediato un equipo municipal integrado por Manolo O Panadeiro, Arturo Mouzo e Manolo de Brañas de Verdes ca axuda dunha pala da empresa Construccións Fermín Simal, de obras en Pións e Riás, e baixo a supervisión do alcalde Pichurri púxose mans á obra e así cara ás 22:00 horas da noite solventaran a rotura causante da avería, cando uns metros máis arriba, despois de abrir as augas do Depósito Municipal, producíase outra rotura que obrigaba a este equipo de esforzados profesionais a estar a pe de obra ata case as catro da mañán, hora na que finalmente e tras ter que esperar a que o depósito enchera de novo o normal subministro de auga potable á Vila de Camariñas foi restaurado. Cáseque doce horas dun inquedante silencio dos grifos (e cisternas) camariñáns que non tivo consecuencias máis graves gracias á esforzada labor dun pequeno grupo de profesionais intachables. A primeiras horas da mañán deste martes 20 de xullo eran claramente visibles as huellas da titánica loita por lograr recuperar o subministro de auga cara a unha vila sedenta. E máis nos implacables días de resaca da máis grande das festas do litoral atlántico.

  • Alarma de incendio na Praza da Insuela

    Falsa alarma nas Casas Baratas

    O camión de bombeiros de Cee da a volta olímpica á Praza da Insuela y se va por donde había venido
    O camión de bombeiros de Cee da a volta olímpica á Praza da Insuela y se va por donde había venido

    Volvío a mascarse o drama por momentos na mañán deste veraniego luns 21 de xuño de 2010 no Barrio de Corea cando a amenaza dun devastador incendio similar a aquel que arrasou San Francisco en 1906 amenazou con devastar Camariñas ata os cimentos nun cataclismo de proporcións bíblicas. A orixe estaría constituida por un cable do que sairían chispas asesinas na esquina da Praza da Insuela e que provocaría un inferno de fogo e fume que se espallaría como a pólvora polos tellados das Casas Baratas convertindo a Camariñas nunha apocalipse de lume aniquilador. Mascouse o drama en efecto pero nin houbo tal cable, nin chispas, nin incendio nin nada que se lle parezca e ao final todo quedou nunha falsa alarma que obrigou a movilizar un vehículo contraincendios e incluso un camión de bombeiros que dende Cee achegáronse ata o Barrio de Corea a marchas forzadas ca conseguinte dilapidación de fondos públicos, tan necesarios nestes tempos de crise agónica no que as administracións públicas deben aforrar ata o último peso (desvalijamiento dos funcionarios públicos incluido). En definitiva, ao final gracias a Deus o Noso Señor todo quedou nun simple susto, nunha falsa alarma máis dunha inquedante Praza da Insuela que nestes últimos tempos sufrío nos seus tellados un suposto can suicida, unha nai gaviota que vía como expoliaban o nido no que criaba os seus oviños e agora un cable asesino que amenazou con aniquilar toda unha vila. ¿Que será o seguinte? ¿O derrumbe da Casa do Concello quizás?

  • Incendio na Centro de Saude da Ponte do Porto

    Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde
    Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde

    Incendio con desaloxo incluido

    Recén inaugurado como estaba o seu flamante novo ascensor e na mañán deste martes 18 de mao de 2010 vai e declárase un pequeno incendio no edificio que alberga a Casa de Cultura e o Centro de Saúde da Ponte do Porto. Efectivamente, segundo noticias ás que puido ter acceso camarinas.eu, eran preto das 9:30 desta mañán cando un pequeno fogo ao parecer provocado por un cortocircuito nunha lámpara de barra fluorescente instalada no teito do segundo andar, concretamente na sala de pediatría, causaba un pequeno fogo. As lapas provocaron que se derretise o plástico que recubría a lámpara, o que supuxo unha intensa fumareda que obrigou a evacuar temporalmente á media ducia de usuarios nese momento presentes no Centro de Saúde porteño. Posteriormente, unha vez desprazados ao lugar unha dotación dos bombeiros de Cee e a Policía Local de Camariñas e visto que o fogo non ía a maiores procedíose a efectuar as necesarias labouras de limpeza, volvendo a funcionar a Clínica da Ponte ao longo da mañán sen maiores incidentes. Como conclusión só resta engadir que afortunadamente o flamante ascensor instalado no edificio resultou ileso do fogo provocado por unhas lapas devoradoras.

  • Roubo no Cafe Bar Arnela

    Por esta porta lateral do Arnela os ladróns entraron a roubar na madrugada do venres 9 de abril de 2010
    Por esta porta lateral do Arnela os ladróns entraron a roubar na madrugada do venres 9 de abril de 2010

    Como cada mañán ás 8:00 Juan do Penedo procedía a abrir o Café Bar Arnela. Cumpría atender á unha clientela de primeira hora que composta por mariscadores, mariñeiros, traballadores e empregados municipais acude nas horas iniciais do día ao local paradigmático do Barrio de Corea. Sen embargo, tras unha primeira ollada notou que algo raro sucedía: faltaba do seu sitio a máquina tragaperras e no seu oco unha mancha de polvo constataba que non foran empregados da empresa Grifomar os encargados de arrancala do seu sitio; a rexistradora estaba aberta e faltaba a calderilla destinada precisamente á tragaperras. Asemesmo, desaparecera o bote da primitiva da Peña do Arnela que ascendía á cantidade de 100 euros. Estaba claro: nun momento dado da madrugada do 9 de abril alguén entrara no bar a roubar. Unha vez personados no lugar de autos a Policía Local e a Guardia Civil puidose saber que os ladróns entraron no local pola porta existente no ventanal onde habitualmente se xogan as partidas de truco, forzando a súa pechadura. Pesquisas posteriores revelaron que os intrusos viñeran nun coche roubado en Cereixo  que xunto á máquina tragaperras foi abandonado no cruce que vai a Reira, sin que se descarte polo momento que ao longo da noite se produciran máis roubos en Camariñas. Dado que o Café Bar Arnela é un fogar para os redactores de camarinas.eu, dende esta redacción queremos darlle moitos ánimos a Juan e a Gelinita e esperamos que este suceso sexa un acto aislado e non o comenzo dunha vaga de roubos como aquela que asolou Camariñas nos tormentosos anos oitenta.

  • Camariñas, Terra de Lobos

    Cunha vista privilexiada de fondo, a calavera do que foi un carneiro xace nos paraxes salvaxes de Reira
    Cunha vista privilexiada de fondo, a calavera do que foi un carneiro xace nos paraxes salvaxes de Reira

    A Guarida do Lobo

    Nun lugar de inexistente tránsito humano, ao final dunha das pistas paralelas que en terrazas van descendendo dende o Parque Eólico ata a carretera forestal que leva dende As Carballas ata as Praias de Reira, nun recodo do camiño e oculto á vista por unha xungla de toxos e un valado de pedra, atópase unha das probas máis convincentes da presencia do Lobo en Camariñas: os restos dispersos pero aniquilados sistemáticamente do que foi un conxunto de ovinos de distinto pelaxe: ovellas, cabras e carneiros, todos eles supostamente arrastrados por lobos ata o que non deixa de constituir un punto estratéxico dende o que se domina todo Reira, os altozanos que en diagonal levan ata os lugares de Brañas Verdes e ata a mesmísima Xaviña, para alí ser devorados de forma tenaz e feroz polo animal que dende tempos ancestrais (aqueles nos que chegaron a idear foxos cos que darlle caza) reina por dereito propio nos paraxes salvaxes de Reira.  Un cánido que ca chegada das tinieblas da noite, cando todo está en silencio e aparentemente calmado, comenza o seu reinado. Cando o lobo ouvea en Reira, reportaxe de camarinas.eu adicado ao animal maxestuoso que reina nas sombras.

  • Accidente de Trafico no Paseo Maritimo

    Noite de accidentes en Camariñas

     

    Estado no que se atopada o automóbil siniestrado momentos antes de ser izado por unha grúa
    Estado no que se atopada o automóbil siniestrado momentos antes de ser izado por unha grúa

     

    As influencias malignas da lúa chea exerceron todo o seu poder sobre Camariñas na madrugada do domingo 14 de marzo de 2010 e así ata dous accidentes de tráfico de diversa consideración tiveron lugar na Vila das Palilleiras. O primeiro deles e o máis aparatoso e espectacular polos grandes destrozos causados, foi o que tivo lugar aproxidamente cara ás seis da mañán no flamante Paseo Marítimo camariñán cando o automóbil do noso querido amigo Juan "O Chino" ao que acompañaba o seu irmán, tras arrancar parte da barandilla do Paseo caeu ao mar na zona do Campo, sen sufrir feridas de consideración ningún dos dous, posiblemente gracias ao feito de atoparse ca marea chea no momento do suceso o que amortiguaría o impacto. Non se presentou atestados no lugar de autos e o coche tivo que ser retirado por unha grúa cara ás 8:00 da maravillosa mañán de primavera ca que recibía ao día Camariñas. Onde si se presentou atestados da Guardia Civil foi no outro accidente acaecido cara ás 2:00 da madrugada na Carretera do Vilán, concretamente a uns 50 metros da finca do noso usuario Braulio, e na que un vehículo con dous ocupantes volcou na cuneta, ca desgracia de que un deles, o noso gran amigo O Farol, lesionouse de gravidade o hombro, decidindo finalmente os médicos do Hospital de Cee non intervilo quirúrxicamente polo de agora. En fin, dende camarinas.eu queremos dar ánimos a todos os siniestrados e desexarlles unha pronta recuperación, en especial, pola seriedade das súas feridas, ao Farol.