• Accidente mortal de circulación

    Imaxe do lugar do suceso instantes despois da traxedia

    Tráxicamente a carretera volvío tinguir de loito ao Concello de Camariñas. Faltaban poucos minutos para as 21:00 horas deste malhadado martes 28 de xuño de 2011 cando no kilómetro 1,2 da vía que une Ponte do Porto con Camelle o Renault Megane do xoven Ismael Romero Grela de 22 anos e natural de Dor saíase da carretera, despeñábase por un terraplén duns 5 metros cara o leito do Río Porto e falecía como consecuencia da brutal colisión. Inmediatamente desplazábanse cara o lugar de autos unha dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas de tráfico que nembargantes pouco podían facer xa para evitar unha nova traxedia nas nosas carreteras.
  • Falecemento de Javier Teijeira

    Javier Teijeira Brunet, o primeiro pola dereitaNa madrugada deste domingo 26 de xuño de 2011, no mesmo fin de semana no que un membro da súa familia contraía matrimonio na Ermita da Virxe do Monte, aos seus 98 anos, falecía en Pamplona o prestixioso doctor Javier Teixeira Brunet.  Estamos a falar tal vez dun dos camariñáns máis importantes da historia, a cuia altura únicamente poidamos situar aos irmáns Miguel e Ambrosio Feijoó Pardiñas, héroes militares do Exército Español na Guerra de Cuba. Nado en 1913 na súa casa familiar do Barrio do Campo, acababa a carreira de mediciña na Universidade de Santiago de Compostela e exercía primeiramente como médico pediatra nun pabellón de nenos con meninxite. Non foi ata 1954 cando empezou a exercer na especialidade na que adquiriría fama mundial: a electroencefalografía, a cal gracias ao esforzo e dedicación de profesionais como el empezou a ser considerada como especialdiade médica independente.
  • Ramón Antelo volve a casa

    Don Ramón poderá volver a xogar co Tommy, o canciño do seu neto AdriánDespois de máis de tres semanas ingresado nas urxencias do Hospital Universitario da Coruña, Don Ramón Antelo xa está por fin en casa. Foi o 21 de abril de 2011, xoves santo, día de resaca da épica e gloriosa victoria do Real Madrid na final de Copa, cando Ramón Antelo e o Ruso de Xaviña caían tráxicamente, ao ceder unha barandilla de Portos de Galicia, contra as escaleiras do Espigón Vello como paso previo a irse cara o mar. Mentras o Ruso era xa dado de alta no Hospital da Virxe da Xunqueira de Cee ese mesmo día, Don Ramón como consecuencia da forte contusión e da auga inxerida era trasladado ao hospital coruñés onde era ingresado nas súas urxencias. Alí durante máis dunha semana debío loitar duramente pola súa vida, pero finalmente as gañas de vivir deste vello mariñeiro xubilado camariñán puideron máis e así este luns 9 de maio era finalmente dado de alta e no transcurso da tarde voltaba ao seu fogar na Rúa Pinzón de Camariñas.
  • Estado de Ramón Antelo

    Don Ramón Antelo xunto ao seu neto Dani no día da súa comuniónMentras Ramón Antelo luita duramente pola súa vida no Hospital Universitario da Coruña, Portos de Galicia promete unha severa investigación e parece insinuar unha sombra de sospeita sobre o conxunto dos mariñeiros camariñáns. Entre medias, Alvarez-Campana atopou  tempo para interesarse persoalmente polo estado do principal damnificado da neglixencia criminal da que é directamente responsable o ente que el preside e así puido saber que Don Ramón permanece ingresado en urxencias dende a tarde do xoves santo, obrigado a recibir respiración asistida na UCI do hospital coruñés e que, dentro da gravedade da súa situación, nas últimas horas houbo boas noticias, recuperou por intres a súa consciencia e experimentou unha certa melloría.
  • Grave accidente no Espigón

    As escaleiras do Espigón Vello foron testigos da grave caída de Ramón AnteloDaba o mariñeiro retirado, veciño da Rúa Pinzón, Don Ramón Antelo o seu habitual paseo matutino cara o Muelle Novo de Camariñas. Afable e educado como sempre saúda aos coñecidos e párase a altura da ponte xaponesa do Poso do Muelle para facerlle caricias a un canciño impertinente e ladrador que pasea da man do seu dono. Desfruta dunha soleada e espléndida mañán de primavera e observa como pouco a pouco a explanada do Muelle Novo vaise cargando cos coches que visitarán a Mostra do Encaixe. Xa ao final do paseo de madeira recoñece ao Ruso de Xaviña, un vello amigo, e deciden botar unhas palabras xuntos: falarán do tempo, da victoria do Madrid na final de Copa, de si este ano virán visitantes á Mostra, quen sabe de que falarán... e para elo deciden apoiarse na barandilla que está ao inicio do Espigón Vello camariñán.
  • Os Lobos rondan Camariñas

    O noso redactor Bénder husmea intrigado os restos devorados dunha alimañaCara ás catro da tarde do pasado luns 28 de marzo tres lobos eran avistados por uns abraiados operarios municipais de obras na curva do camiño de terra que leva dende o  Lugar do Cotariño ata Penafreu, a escasos cen metros do Hotel Rústico. Uns poucos días antes un rapaz veciño da Rúa do Castillo reafirmábase unha e outra vez ante os seus moi escépticos maiores de que acababa de ver un lobo na parte traseira da súa casa. Entre medias de toda esta ameaza lobuna, a semana pasada o noso redactor canino Bénder husmeaba intrigado o costillar concienzudamente devorado dunha alimaña (¿un raposo? ¿un can? ¿un gato?) nunha beira do camiño que leva en liña recta dende Riás ata o Tilleiro, en plena Buría profunda. E como prolegómeno de toda esta suposta presencia múltiple do lobo en Camariñas, o mesmo día no que o último dos burros de Alvito Diéguez Sr. era aniquilado impunemente, un funcionario do concello cruzábase nas Carballas as oito da mañán cun exemplar provinte da Ensenada da Vasa.
  • Atraco en plena rúa de Camariñas

    Rúa na cal se producíu o atraco esta mañáUnha soleada mañán de primavera. Un vento quente do deserto que trae ata Camariñas esquencidos aires africanos. Unha muller, ama de casa, nai de familia, veciña da emblemática Rúa Pinzón, sube pesadamente a costa da Furoca cas bolsas do Gadis que darán de comer a unha humilde familia camariñana. Un alto no camiño co que recobrar o alento perdido, unhas bolsas que se pousan por un pequeno intre no chan. Entón, furtivamente, ao amparo da sombras provocadas polos altos muros que cercan un dos callexóns máis estreitos de Camariñas, un lóstrego ladronil surxe da nada e en décimas de segundo desaparece co bolso correndo costa arriba ca axilidade propia dun felino das sabanas africanas, ese mesmo continente negro recordado en Camariñas por un día de abrasador vento subsahariano. Corpos de seguridade que percorren as rúas na búsqueda do  sinalado como principal sospeitoso, un habitual destes menesteres presuntamente veciño da costa norte do concello. Unha pequena cantidade de cartos, tódolos datos identificativos, obxectos persoais de gran valor sentimental en paradeiro descoñecido, quen sabe se tirados nunha tajea olvidada unha vez sustraído o producto económico motivador do hurto. Unha denuncia no cuartelillo. Un veciño da cara noite do concello (¿o principal sospeitoso?) que solicita amparo legal gratuito e perxura, por enésima vez ante o enésimo suceso de parecidas características, a súa inocencia. Estrana mañán de inhabitual vento abrasador africano.
  • Novo ataque de Lobos en Camariñas

    Triste estado no que quedou o último dos burros propiedade de Alvito Diéguez PataoNon hai moitos anos, o coñecido empresario camariñán Alvito Diéguez Patao emprendeu o ilusionante proxecto de crear unha ganadería de burros do país. Para elo posuía unhas instalacións idóneas nunha finca no marxe dereito da carretera que leva cara o Faro Vilán e moitas gañas e interés no que entendía unha empresa pioneira. E nembargantes, dunha maneira paulatina, sistemática, en tres ataques feroces perpetrados por lobos perfectamente documentados por camarinas.eu, a cuadra équida da súa propiedade exinguíose de forma definitiva. O último dos ataques tiña lugar na mañán deste luns 28 de febreiro de 2011 cando o derradeiro exemplar do que no seu día foi unha pequena cuadra de burros do país morría brutalmente devorado polos lobos.
  • Destrozos definitivos en Lingunde

    Polo mar abaixo vai unha bancada de pe, pola mar abaixo vai, quen a puidera collerPreocupado como andaba o noso redactor perruno Bénder polos destinos do patrimonio municipal trala recente visita a Camelle, decidío este venres acercarse ata a Praia de Lingunde para comprobar a sorte que os elementos depararan á descalabrada bancada de madeira que a algunha desorientada administración se lle dou por instalar baixo o centenerario e sombreado pino da célebre praia camariñana hai uns anos. Sin sorpresa, sin pesar, Bénder sacou unha conclusión que ata unha mente canina foi quen de alumbrar e que nembargantes se lle escapou no seu momento a algún instruido e avispado arquitecto/aparellador/enxeñeiro redactor de proxecto de marras. Alí onde o conxunto pétreo posto en marcha por un torturado xenio teutón resiste (cada vez menos, eso é verdade) a forza devastadora dun océano embravecido, aquí as catro táboas da bancada de madeira postas en alineación no fondo dunha ría calma, marcharon polo mar abaixo. Pedra vs. madeira.
  • Raios Eléctricos sobre Camariñas

    A Ira Divina caío en toda a súa inmensidade este domingo sobre Camariñas en forma de tormenta eléctrica

    Segunda mostra do serio enfado que Deus o Noso Señor agocha cara Camariñas tralos recentes e lamentables espectáculos políticos. Cara ás 12:00 do pasado domingo 20 de febreiro o día converteuse en noite, as tinieblas e as sombras apoderáronse do ceo camariñán, e unha incesante tormenta de tronos e relámpagos encolleu o corazón das boas xentes e fixo tremer todo o firmamento, o que viría a sumarse á tromba de auga que a semana anterior derruío muros no Distrito de Buría. A forza eléctrica da Ira Divina alcanzou en toda a súa omnipotente inmensidade un dos xa de por si destartalados molinillos eólicos do Parque de Cabo Vilán, o cal si é que xa non valía para muito tras impactar brutalmente contra unha das súas aspas un raio, agora xa quedou para o arrastre. Falan os pescadores que se atopaban nas inmediacións da Pedra da Jallada (Reira) dunha chuvia de raios caendo no mar e de fuxidas apresuradas por aquelo da forza magnética das canas. Incluso contan supostos testigos presenciais a caída dun raio no recinto da Salmonera (planta acuícola de Stolt Sea Farm) e dun éxodo másivo dos seus traballadores presas dun ataque de pánico xeralizado.
  • Semana de Temporal na Costa

    Camarinas.eu desprazouse a Camelle para ver si o temporal tiraba ao mar co pouco que quedaba do Museo de Man

    Despois dos efectos devastadores da cicloxénese explosiva así chamada Becky esperábase con expectación a chegada do enésimo temporal ás nosas costas. Pero nada: de destrucción masiva e caos apocalíptico, nada de nada. Dixeran, as catro da tarde, ca pleamar, a furia asesina das ondas acometerá a demolición definitiva do coqueto porto santamariñán. Pero salvo un pequeno engrandecemento dos dous ocos provocados por Becky e un pouco máis de asfalto arrancado por aquí e por alá, pare usted de contar. Presaxiaran, ¡ah, Camelle! o pouco que quedou de Museo de Man, ¡¡hoxe vai todo polo aire!! E o único que voaba eran as olas competindo maxestuosamente en salto de altura de banda a banda do recente e muchimillonario espigón do seu porto.
  • Caída dun muro en Buría

    A forza das augas xa reventou un muro na Pista a Mourín na madrugada deste sábado

    A chegada do forte temporal que se espera arrive xa ás costas de Camariñas na tarde deste luns 14 de febreiro, xélido e tormentoso Día dos Namorados do ano do Noso Señor de 2011, tivo un inquietante prólogo na madrugada do pasado sábado día 12. Non sabemos si en forma de castigo divino polo penoso espectáculo acontecido nesa mesma xornada no salón de plenos municipal, unha impresionante tromba de auga azotou durante toda a noite a vila e a consecuencia da mesma un muro recentemente construido na Pista que leva a Mourín, xusto enfrente do Supermercado DIA, vense abaixo con estrépito como consecuencia posiblemente dunha forte retención de augas que só atoparon saída levándose por diante todo o que tiñan por diante.
  • Efectos do Temporal Becky

    Camarinas.eu recorda os efectos do Temporal Becky a través dun impresionante vídeo

    A noite do pasado 9 de novembro de 2010 marcou o punto álxido dunha tempada invernal 2010-2011 máis suave do previsto no que a temporais se refire. Dende entón unha sucesión encadeada de días de frío e chuvia marcaron a axenda climática dun Concello de Camariñas que non coñecío do retorno de cicloxéneses explosivas de envergadura ás súas terras. Nembargantes a furia que os elementos chegaron a acadar na salvaxe e por momentos apocalíptica noite do martes 9 de novembro será recordada durante anos nas poboacións máis septentrionais do noso concello, unha data na que o mar asolou ata o último recuncho do Porto de Santa Mariña, derruío unha carretera en Arou ou devastou o conxunto artístico posiblemente máis valioso da Costa da Morte.
  • Aceitazo na Rúa do Areal

    Este sábado 29 de xaneiro a Rúa do Areal amenceu salpicada por unha gran mancha de aceite

    Despois dunha semana de duro traballo, maiormente exposto aos rigores da intemperie, a relaxación típica do venres tarde debería anunciar para un esforzado operario de obras municipal a chegada dun prácido fin de semana. Nembargantes a obriga esixente dun servizo continuado, en ocasións unido ao sacrificio máis ou menos voluntario de Protección Civil, conleva que aos horarios máis intempestivos un deba abandonar o prácido leito, levantarse dunha mesa surtida humildemente ou deixar unha reunión cos amigos co máis que merecido chiquito a medio achicar. Trátase da balada triste do patrullero municipal: unha vida co móvil como principal enemigo. Un exemplo prototípico tivo lugar na fría e húmida mañán do pasado sábado 22 de xaneiro cando unha imponente mancha de aceite tinguío o polémico e colorido firme da Rúa do Areal.
  • Falece Edelmiro Campaña López

    Pilar e Lin, un matrimonio exemplar ata o último dos seus días

    Ata Sempre Lin

    Recén saída do terrible calvario xudicial a que se vío sometida tan inxustamente durante os derradeiros tres anos, na madrugada deste domingo 19 de decembro de 2010 a desgracia volvía a golpear duramente á Familia Lin en forma de falecemento do seu patriarca, Edelmiro Campaña López, coñecido popularmente dende sempre en Camariñas como "Lin". Un agravamento do cáncer de esófago que durante estes últimos tempos viña padecendo levou a que a principios da semana pasada Lin fora ingresado no Hospital Clínico de Santiago de Compostela ata que cara ás catro da madrugada deste domingo finalmente, aos seus setenta anos, falecía.Felizmente casado con Pilar Carril, este matrimonio constituío sempre todo un exemplo de convivencia, respetuo mutuo e amor e dende a súa casa da Rúa Pío Pío criaron aos oito fillos, dúas mulleres e seis varóns, tres dos cales seguiron os exemplares pasos do seu pai no mar e convetíronse en dignos sucesores dun nome mítico dentro do mundo mariñeiro da Costa da Morte.
  • Incendio Eléctrico na Rúa Pinzón

    Imaxes e vídeos dunha noite na que se mascou o drama por momentos na histórica Rúa Pinzón

    Chispas Eléctricas na Rúa Pinzón

    Era pasada a medianoite do domingo 19 de decembro de 2010 cando os sufridos veciños da Rúa Pinzón empezaron a comprobar con preocupación como o aparataxe eléctrico dos seus fogares fallaba seguindo un parpadeo rítmico. Apagado-encendido. Apagado-encendido. Instantes despois e procedentes da rúa invadiron as casas uns atronadores estouridos que levaron a algún a pensar se o goberno estalinista de Corea del Norte decidira xirar os seus obxectivos e pasara a bombardear Camariñas, claramente molesto con algunha das últimas decisións estratéxicas do equipo de goberno municipal. O asunto das reproduccións do Guernica, tal vez. Quen sabe. Unha vez asomado ás ventanas a práctica totalidade do vecindario, este comprobaba como o transformador dun dos postes da luz ardía acompañado de chisporroteantes explosións de aparato eléctrico. Entón xa era cuestión de segundos que José Manuel Tedín Tedín fixera a súa aparición en escea. Efectivamente, pasados tan só uns poucos minutos o insustituible, polivalente e multifuncional Tedín facía acto de presencia polo fondo do escenario do Areal ao frente do dispositivo de Protección Civil de Camariñas e rápidamente dispoñía todo o necesario para que o actor que estaba chamado a desempeñar o papel principal neste drama entrara en escea.
  • Importante melloría de María Belén

    Felizmente, María Belén vaise recuperando das consecuencias do gravísimo accidente acaecido o 28 de novembro

    O Mellor Regalo de Navidad

    Afortunadamente as boas noticias van chegando respecto ao estado de saúde de María Belén Carril Ageitos e toda a desolación, angustia e tristeza que se apoderaron desta redacción e de tantos dos seus miles de usuarios nos días posteriores a aquela fatídica madrugada do domingo 28 de novembro van quedando atrás como un mal recordo, un pesadelo indesexado, do pasado. En efecto, segundo puido saber esta redacción, a principios da semana en curso María Belén ante a gran melloría experimentada no seu estado de saúde ao longo da semana anterior, abandonou a Unidade de Cuidados Intensivos onde pasou sete agónicos días en estado de coma inducido e foi trasladada a unha habitación de planta, onde xa fala, come con toda normalidade, ríe a carcaxadas ante as clásicas saídas inesperadas da súa irmán Lucía e ve polo portátil as películas que lle graba esta última. Precisamente ao longo de toda a estadía no Hospital Universitario da Coruña Lucía, a súa nai  Beatriz e o seu mozo Javi, prácticamente non se separaron un momento do seu lado e as visitas de amigas, parientes e coñecidos foron constantes. A pequena neumonía que padeceu María unha vez saída do coma, tamén xa parece superada e así ante a súa evidente recuperación física os médicos xa falan de dala de alta e que poida pasar o Nadal recuperándose no seu fogar de Camariñas. Alí, unha vez en casa, poderá decatarse de todo o cariño, de toda a devoción, de toda a intranquilidade de tantos e tantos usuarios de camarinas.eu que deixaba no seu pobo da alma mentras ela emprendía a loita máis dura da súa vida. María Belén, pouco a pouco vaise recuperando das gravísimas consecuencias do terrible accidente de tráfico acaecido unha fatídica madrugada de xeo e neve. Non pode haber mellor noticia neste mundo.
  • Roubo no Bar José Manuel

    Así quedou a porta do Bar José Manuel tralo paso dos ladrónsXa non corrían tempos demasiado bos para o madridismo cando soubemos que na madugrada deste martes 14 de decembro de 2010 o seu santuario por excelencia en Camariñas sufría un duro golpe. En efecto, un dos bares clásicos da Vila das Palilleiras, o Bar José Manuel, aparecía esta mañán ca luna da súa porta rota, tras ser forzada a mesma por unha banda de ladróns composta por dous varóns e dúas féminas, veciños de Carballo, que nun primeiro momento fixéronse ca súa máquina tragaperras para despois ser rápidamente detidos pola Guardia Civil e ser postos a disposición xudicial. Xa esta mañán podía vislumbrarse un movemento nada habitual no cuartel da Benemérita de Camariñas con ata tres automóviles do Instituto Armado, así como un Seat Toledo branco en principio propiedade dos detidos, aparcados nas súas inmediacións tras unha noite especialmente movida. Segundo puido saber esta redacción, os cacos carballeses virían a facer unha ronda camariñana que incluía en primer lugar a entrada pola porta traseira do Café Bar Oasis, ao resultar infructuosos os seus intentos decidiron tomar por asalto o templo emblemático do madridismo camariñán, local no que causarían destrozos  de diversa consideración no seu mobiliario, marchando finalmente ca máquina tragaperras e os altavoces.
  • Grave accidente de circulación

    Dende camarinas.eu desexamos con todo o noso corazón que María Belén saia adiante

    Este domingo 28 de novembro de 2010 recibíamos aquí na redacción de camarinas.eu un auténtico mazazo ao saber que cara ás 6:30 da madrugada cando volvían de Santa Comba, debido ao xeo e neve acumulados sobre o asfalto o automóvil no que viaxaban dúas usuarias e grandísimas amigas desta redacción, Mónica Lista Sestayo e María Belén Carril Ageitos, saíase da carretera e embestía contra un poste da luz. Sen embargo o máis duro estaba por chegar cando se constatou a gravidade do acontecido: si ben Mónica tería rota a pelvis e permanecería en observación no Hospital de Cee, o realmente alarmante chegaba respecto a María Belén: o accidente provocaríalle un forte golpe na cabeza que motivaría o seu traslado cara o Hospital Universitario da Coruña, onde sería ingresada na Unidade de Cuidados Intensivos e se lle administraría respiración asistida. Xa dende o primer momento a súa nai e a súa irmán Lucía desprazáronse ata o hospital coruñés, así como a súa gran amiga Maitiña acompañada da súa nai, e o mozo de María para estar ao seu lado nestes duros momentos. Sempre disposta a axudar xa dende os primeiros momentos de camarinas.eu, sempre cun sorriso que che aledaba o día, sempre boa persoa, amiga dos seus amigos, querida sinceiramente por todos, si había alguén que non merecía pasar por un trance tan inxusto como este era María, por eso aquí na redacción os que o presente subscriben están realmente aplanados e sin as máis mínimas gañas de publicar unha noticia como esta, e si o fan é para que todos os usarios de camarinas.eu poidades deixar constancia da admiración por María, para brindar todo o apoio que sexa necesario á súa familia nestes momentos tan tristes e, sobre todas as cousas, desexar a súa pronta recuperación. Esperemos que unha rapaza tan excepcional como María, xoven, forte, guapa, con toda a vida por diante, saque de onde faga falta as forzas necesarias para superar este mal trago e logre saír adiante. María, por Dios, recupérate: aquí hai demasiada xente que che quere muito.
  • Temporal Becky A Coruña

    Camarinas.eu desprazouse ata A Coruña para comprobar a devastación provocada por Becky

    A web líder da Costa Atlántica pon fin á cobertura máis exhaustiva do maior temporal que ten asolado as costas galegas nesta última década cun exame aos destrozos provocados pola Tempestade Becky na cidade da Coruña. O visitante arriba ao Paseo Marítimo da cidade herculina máis dunha semana despois do luns negro en que Becky chegou a Galicia e de novo un forte temporal de mar e chuvia dalle a benvida. Un anónimo temerario desoie advertencias e baixa á Praia do Orzán ca intención de mollar os pes e acaba completamente enchoupado por unha enorme ola admonitoria. Contra o secular dique de pedra que separa praias tempestades de auga rompen unha e outra vez e encollen a alma dun pequeno canciño miudo e ladrador. Unha muralla de area pretende aplacar ao  mar enfurecido en Riazor e evoca remotamente á loita nunha trincheira, á fuxida de Dunkerke, ao Desembarco en Normandía. Toda unha balaustrada de pedra ausente advirte sobre a forza do mar e uns operarios municipais apúranse con pequenos arranxos que non serán definitivos e de envergadura ata que a tempada de temporais sexa tan só un recordo. No entorno das Escravas o regueiro de destrucción é especialmente visible e acercarse ás ribeiras do mar constitúe un exercicio arriscado e provocador, fútil. Un ámbito urbano, o centro dunha gran cidade, cos seus semáforos, centos de altos e populosos edificios, mobiliario público e numerosos viandantes azotado duramente por unha cicloxénese explosiva. Por unha vez non só nas paraxes salvaxes, cáseque illadas, remotas, de pequenas poboacións costeiras como Santa Mariña, Arou ou Camelle será recordado durante anos a furia vingativa dun temporal.