• Temporal de Suroeste en Camariñas

    Unha imaxe propia das praias árticas apoderouse de Camariñas...E ahí ía Bénder, unha vez máis, facendo frente a un vento do suroeste que cortaba a cara, marchando pola Senda Marina ao carón dun mar que co seu bruar estrepitoso, cheo de ruido e furia, encollía a alma dun pobre canciño impetinente e ladrador, abrindo o paso baixo unha chuvia de bolas de espuma que como copos de neve caían do ceo e retrotraían por un momento ás primeiras nevadas de outono en calqueira dos camiños da estepa rusa, eternamente enlodados á caída das primeiras augas. Nun recodo da ruta, non moi lonxe do Hermanas Patiño, aparecen dous antigos lobos de mar, entrañables e afables, compañeiros xa de ruta co pasar do tempo, e preguntados polo temporal de vento e  mar tan machaconamente publicitado polos medios contestan que "eu as olas de seis metros non as vexo por ningún lado... ¡como non sea contándolle a espuma que vai por riba!". Ao que o seu compañeiro engade que "eso será na boia esa que teñen montada alá disque para fóra do Vilán. Antes, cando había un temporal de olas de seis, sete metros, retumbaba o mar de un lado para outro da ría que che metía o pánico no corpo". Temporal de suroeste, contan, que se caracteriza por fortes ventos que raramente traen auga e que se distingue do vendaval ("pura chuvia") en que normalmente o vento entra por Muxía e non por Merexo e da travesía en que ésta ven directamente do mar e trae consigo de vez en cando, explosivo e soprendente como fogo de mortero,  "un chuvasco como un animal, como o que nos collío a nos onte alí no Home Morto" (e a Bénder e a min, alá en Mourín e no Cotariño). Sabiduría popular, de homes de mar, antiga e fiable, sin necesidade de boias, barómetros, isobaras, cámaras de televisión, nenas do tempo e tanta tontería, e que nembargantes raramente sole fallar.
  • Temporal de inverno 15-12-2011

    O temporal deste xoves 15 de decembro deixouse notar na costa de Camelle e ArouÚltimamente ven sendo unha desagradable tradición que os grandes medios de comunicación, ao andar escasos de noticias, magnifican calqueira cousa que aconteza para darlle un tono dramático e así vender a súa historia. Nun setenta ou oitenta por cento dos casos acontece isto que vos contamos cando se trata de anunciar un temporal. E de repente aparecen as unidades móbiles de tódalas radios e televisións esparcidas polos recunchos da Costa da Morte sin que un sepa moi ben que é o que van a retransmitir dende aquí. O caso é que nin este temporal de mar foi tanto como anunciaban esas olas de 8 metros e nin siquera debería de ser necesaria a proclamación nerviosa polos diferentes gobernos e organismos de vixilancia de alerta algunha. Está ben ser precavidos, non decimos que non, pero tamén é necesario un pouco de bo xuizo ante estas situacións e non infundir o medo entre a poboación, sobre todo si se teñen os medios técnicos e humanos para saber que un humilde temporal de frío, chuvia e vento non vai a pasar a furacán. En fin, coma sempre en Camarinas.eu, houbo un avispado usuario que captou para esta web unhas imaxes do forte oleaxe que azotou esta mañá a costa entre Arou e Camelle que podedes ver a continuación.
  • Ramón Pasantes Luaces DEP

    Ramón Pasantes Luaces deixou este mundo hoxe aos 61 anos de idade

    Semana tráxica esta na que está a transcorrer a extensa ponte da Constitución en Camariñas. Onte martes día 6 de decembro morría aos 88 anos de idade a nosa querida veciña Natividad Jaureguízar Isasi máis coñecida como Nati de Cerdeiras que acaba de ser enterrada este mércores no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas. E hoxe tamén, 7 do mesmo mes en curso a eso da 1 da tarde recibíamos a tráxica noticia do falecemento do noso querido amigo Ramón Pasantes Luáces debido a unhas complicacións definitivas que viña arrastrando hai uns meses e que hoxe acabaron coa súa vida. Ramón tiña 61 anos e deixa neste mundo a súa muller e aos seus dous fillos Moncho e Luís. O enterro de Don Ramón Pasantes realizarase este xoves 8 de decembro ás 3:45 da tarde na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas de onde partirá o corpo sen vida do noso amigo para descansar eternamente hacia o cemiterio parroquial. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias ás familias de Dona Natividad e Don Ramón. Descansen en Paz.
  • Tortugas mortas na lonxa de Camariñas

    O exemplares foron trasladados á lonxa de Camariñas polo pesqueiro BotinesEste luns 5 de decembro de 2011 producíase un feito sen precedentes no porto de Camariñas. A eso das 5 da tarde eran trasladados mortos dous exemplares de tortuga laud cara a nosa lonxa pola embarcación Botines con base en Camariñas. Como puderon comprobar varios membros do instituto CEMMA os animais levaban pouco tempo mortos e probablemente morrerían afogados debido a que se enliaron nuns aparellos. Estas tortugas de cerca de 250 kilos de peso cada unha foron remolcadas ata a lonxa de Camariñas e despois, certificada a súa morte polos expertos do CEMMA puxeron rumbo hacia o seu lugar de descanso final. Camarinas.eu estivo presente na chegada destes dous monstrous mariños ata o noso porto e móstravos unha serie de imaxes.

     

  • Germán Pasantes Vilas DEP

    Germán Pasantes era trasladado ata a lonxa acompañado polo Alcalde Pichurri

    Corría en Camariñas ao longo de todo este infausto domingo 13 de novembro de 2011 un vento desusado. Inusual, forte, salvaxe por rachas vendavaladas, estranamente quente. E entón foi cando tivo lugar a traxedia: o rapaz camariñán Germán Pasantes Vilas morría afogado ao naufragar a lancha na que saíra a faenar dentro da ría na compañía do seu pai. Eran sobre as 8 da noite cando se sentía por Camariñas o aleteo forte e estremecedor do helicóptero de salvamento sorprendendo a unha veciñanza adicada en aqueles momentos a contemplar desperdigada polos bares da vila as evolucións do derby galego que enfrentaba ao Deportivo da Coruña e ao Celta de Vigo. Ráfagas de luces aéreas peinaban desesperadamente a zona da Praia de Cedeira, a carón da centenaria fábrica conserveira, lugar onde tras abrirse unha vía de auga fórase ao fondo a pequena lancha na que Germán mailo seu proxenitor se atopaban, salvándose o pai dunha morte segura gracias a que sabía nadar. Unha vez en terra e ca anguria propia de quen teme pola sorte do seu querido fillo dou a voz de alarma e poñíase en marcha o dispositivo de salvamento. Pero nada se podía facer, finalmente atopábase non lonxe da rampa de Cedeira o corpo de Germán sin vida preto das 22:00 horas. Dende alí foron trasladados os seus restos mortais ata a lonxa de Camariñas onde supoñemos que foi certificada a defunción do noso querido amigo polo xuiz de turno. A redacción de Camarinas.eu quere expresar o seu máis sentido pésame á familia e amigos de Germán. O enterro deste rapaz está aínda por determinar. Germán Pasantes Vilas DEP.
  • Aviso de temporal de vento 10-11

    As cámaras de TV de La Sexta estiveron en Camariñas para comprobar a potencia do temporal de ventoÉ incrible a cantidade de noticias que un redactor que subscribe o presente artigo pode captar nun sinxelo traxecto que vai dende o cansado lugar de traballo ata o dulce fogar. Nun lapso mínimo de 3 minutos pudéronse recoller ata dúas noticias totalmente diferentes sobre temas moi dispares. A primeira que vos vamos a amosar hoxe trata sobre a chegada ata terras camariñanas dun montante informativo do canle privado La Sexta que estaba a informar sobre o inminente temporal que azoutará as costas galegas entre hoxe e mañá, facendo un pequeno descanso este temporal o sábado para así continuar barrendo salvaxemente a Costa da Morte na xornada do domingo. Así que queridos usuarios, "abróchense los cinturones!" que a partir desta tarde os ventos chegarán a zoar tan forte que se aproximarán ata os cen kilómetros por hora. Cando as cámaras de TV aparecen pola nosa vila nunca se sabe o se nos podo caer enriba. Dende camarinas.eu, coma semprem recordamos que se tomen as medidas de seguridade pertinentes nestes casos.
  • Operación de Pedro Soneira Pasantes

    Pedro xunto ao seu filliño Samuel na exposición da Copa do Mundo en CamariñasEstán sendo momentos moi duros para todos os familares e amigos da nosa querida amiga falecida Dona Carmen González Pérez. Moita espera nun dos tanatorios de Vimianzo por parte da súa familia que agardará ata mañán as 3 da tarde para que toda a familia emigrante de Dona Carmen estea con ela nos seus últimos momentos nos que se celebre o sepelio. Aínda así, coa gran tristeza que tan fatídico suceso remarcou o rostro das nosas queridas amigos José, Karina e Nieves podemos ver aínda como estas dúas mulleres levan a perda da súa querida nai cunha enteireza sobrehumana. A toda esta tristeza temos que sumarlle a operación á que someteu esta mesma tarde o xenro de Dona Carmen e home da nosa Nieves por mor dun golpe na rodilla que o deixou no hospital Virxe da Xunqueira toda esta semana. Por eso, por non poder estar coa súa familia nestes momentos tan duros na vida destes nosos amigos, nos, aquí en Camarinas.eu queremos dentro do que cabe nesta terrible situación, dar tódolos ánimos a Pedro que, seguramente está a sofrir na súa soidade no hospital de Cee. Ánimo Pedro e familia! Recupérate pronto, estamos contigo!!
  • Dona Carmen González Pérez DEP

    Señora Carmen xunto ao seu home José e a súa inseparable irmán TeresaEran sobre as seis desta desapacible e fría tarde de outubro cando a redacción de Camarinas.eu recibía unha desoladora chamada anunciando a morte da nosa querida veciña Carmen Gonzalez Pérez. Douse a terrible casualidade de que a nosa querida usuaria Gelinita estaba na Coruña esperando na sala do hospital para visitar a Señora Carmen na súa habitación cando o médico salío pola porta e anunciolles a morte de Carmen. Señora Carmen de 68 anos de idade levaba uns días ingresada no Hospital Juan Canalejo da Coruña por mor das graves consecuencias que viña sufrindo debido a diabetes. Esta gran muller levaba xa moitos anos loitando contra unha enfermidade que atacaba a súa saúde repetitiva e gravemente ata que hoxe ás 17 horas a enfermidade pudo definitivamente con ela. Carmen deixa neste mundo ao seu home, noso querido amigo José de Xaviña e as súas dúas fillas Nieves e Karina (nosa querida usuaria Pión).
  • Consecuencias do temporal 26-10

    Unha marea descomunal foi unha das poucas consecuencias do temporal

    Pois ao final o forte temporal que azoutou toda a costa galega de punta a rabo pasou sen máis consecuencias por Camariñas que algúns árbores secos rotos e algunha tella que outra escachada polo chan en mil pedazos. Aos fortes ventos reinantes das 8 da mañán foise sumando unha intensa chuvia que facía o temporal si cabe máis espectacular ata que a eso das 3 da tarde comezou a remitir o vento quedando todo (como dicíamos na outra noticia que precede a esta) tan só nun día bastante inestable meteoroloxicamente falando. Pero unha das consecuencias que ás veces se nos escapa e que producen todos e cada un dos temporales que arrivan polas nosas costas nestas épocas son as inmensas mareas que encoran as paredes do muelle ata niveles nunca antes visto, consecuencia esta do arrastre de masa de auga que o temporal do sur conleva. Así podíamos vislumbrar a eso das 3 da tarde como as augas engulían casi por completo as paredes do poso do muelle ata casi chegar aos anclaxes do polémico "puente xaponés" que coroa o noso bonito paseo marítimo. Os alí presentes chegamos a temer que, de non parar de medrar as augas, o noso querido puentiño do poso do muelle sería arrebatado polas augas turbulentas que trouxo o temporal sen remdedio. Cousa por outra parte nunca mal vista por esta redacción despois de ver e escoitar como nas últimas semanas se produxeron lamentables, ridículas e por veces vergonzosas polémicas políticas sobre o mantemento deste noso "puente xaponés" que non fan máis que tirar basura por enriba do bo nome de Camariñas. En fin, que vos vamos a contar que vos non sepades. Deixámosvos con unhas imaxes das consecuencias do temporal de inverno do 26 de outubro de 2011.
  • Aviso de forte temporal 26-10

    O temporal de chuvia e vento está a caer forte esta mañá

    Despois dunha noite movida con uns ventos que zoaban bravamente sobre os tellados de Camariñas chegou a mañán e eses mesmos ventos convertéronse en furacanadas rachas que están a tremer intensamente por momentos polas rúas da zona. Segundo os partes meteorolóxicos e as diferentes páxinas web como windguru o temporal de vento e chuvia que azouta gran parte da costa galega disminuirá a súa intensidade a eso das 5 da tarde quedando sóamentes nun inestable día. Toda a flota pesqueira do litoral camariñán está fortemente amarrada ante as últimas previsións e fontes de Protección Civil de Camariñas consultadas por esta web indícannos que xa hai montado un operativo de vixilancia estando gran parte dos seus integrantes en alerta por si houbera que actuar en algún momento. Así e todo dende Camarinas.eu queremos recordar algunhas recomendacións para que este temporal pase sen máis sobresaltos como de que se revisen os balcóns e azoteas, andar o menos posible pola calle, coller o coche só en casos necesarios, e o máis importante, sentarse ben cómodo diante do teu ordenador favorito e repasar todas e cada unha das noticias de Camarinas.eu nun día que, a verdade, non da para moito máis.
  • D. Juan Tedín Arén DEP

    Juan Tedín Arén deixou este mundo o mércores 12 de outubro de 2011

    Este mércores 12 de outubro, Día da Pilarica e tamén Festa Nacional de España, falecía aos 88 anos de idade Don Juan Tedín Arén debido a unha grave enfermidade que o noso querido amigo levaba arrastrando xa fai uns anos e que acabou definitivamente coa súa vida. Don Juan levaba xa moito tempo retirado do que fora o seu traballo e pasión durante a súa vida: O Mar. Foi dende sempre un destacado lobo de mar de Camariñas sendo tamén armador de varias embarcacións entre as que destacou por enriba de todas o mítico barco "Caracol" que é aínda recordado por novos e vellos na nosa vila. O caso é que, debido a problemas técnicos derivados dunha actualización crítica do noso xestor de contidos, Camarinas.eu non pudo publicar a noticia da morte de D. Juan Tedín Arén no seu momento. A estas horas xa o noso vello amigo descansa para sempre no Cemiterio Parroquial de Camariñas e nos, dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Juán Tedín Arén. Descanse en Paz. Ata sempre.

     

  • Manolo Trillo Lemus DEP

    Manuel Trillo morreo este xoves 6 de outubro de 2011

    Este xoves 6 de outubro de 2011 falecía o que foi unha auténtica leyenda camariñana. Falecía aos oitenta anos de idade Manuel Trillo Lemus máis coñecido na nosa vila como Sujas. O Señor Manolo nacera nunha aldeiña de Vimianzo de onde ven para Camariñas sendo un bebé. Aquí crecío entre as correduiras da Rúa do Medio para despois, xa feito un mozo, casar coa que sería o amor da súa vida para sempre: súa muller Ruja. Despois viñeron os anos da emigración na próspera cidade británica de Londres onde tantos e tantos camariñáns levaron as súas ilusións e esperanzas. Alí, nese pais que a súa muller chamaba "O noso País" naceron as súas fillas e viviron gran parte da súa vida aínda que sempre lembraban a súa terriña nai. Cando se retiraron da vida laboral o matrimonio composto por Señor Manolo e Ruja voltou á súa querida Vila de Camariñas onde os podíamos ver sempre xuntos paseando pola vila ou en calqueira bar de Camariñas ata que este xoves Sujas perdeu unha dura loita contra unha longa enfermidade que viña padecendo dende anos atrás. O enterro celebrarase este venres 7 de outubro na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas a unha hora que está aínda por determinar. Dende Camarinas.eu queremos expresar a nosa máis sinceira condolencia a toda a familia e amigos de Señor Manolo. DEP.
  • Enrique Tajes Rodríguez DEP

    Don Enrique Tajes finou este martes 19 de setembro de 2011

    Na madrugada deste martes pasado, 19 de setembro de 2011 finaba na súa casa da Costa aos 83 anos de idade o veciño de Xaviña Don Enrique Tajes Rodríguez máis coñecido coma "O Paneco". Don Enrique xa viña padecendo unha grave enfermidade dende hai varios anos e onte, lamentablemente, díxonos adeus para sempre. O corpo sen vida de Don Enrique está sendo velado na súa casa ata que as seis da tarde deste martes 20 de setembro  sexa acompañado polos seus familiares e amigos ata a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña onde será realizado o funeral en corpo presente. Posteriormente procederase a celebrar o sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña onde Don Enrique descansará para sempre. Dende Camarinas.eu queremos expresar a nosa máis profunda pena pola morte desta gran persoa e queremos mostrat as nosas condolencias a toda a súa familia e amigos. Don Enrique Tajes Rodríguez, Descanse en Paz.
  • Cetáceo morto na Praia de Arou

    ¿Outra víctima máis da terrible persecución do Lorcho?

    Eran cerca das 9 da noite deste martes 6 de setembro cando na redacción de Camarinas.eu recibíase a urxente chamada doutro avispado usuario da nosa web para informarnos da aparición dun cetaceo na Praia de Arou. O suposto mamífero mariño (que non lobo) era dun tamaño de considerables dimensións e, aínda que non se pudo confirmar a especia á que pertencía, falaban por alí os máis vellos do lugar que se trataría dunha grande toldiña que ven a morrer as tranquilas augas da Praia de Arou ao que outros rebatían esa hipótese e opinaban que podía tratarse dun ¿bebé? de cachalote abandonado pola manada ou morto por unha grave enfermidade... incluso hubo algún redactor desta web que decía cautelosamente que podía tratarse dun tiburón deses asasinos que tanto éxito tiveron no mundo do celuloide. O caso é que o animal pode levar xa varios días morto e á deriva si facemos caso ao deteriorado estado no que se atopa e ao edor pestilente que das súas entrañas emana.
  • Reinaldo Tajes DEP

    Foise noso querido amigo Reinaldo Tajes. DEPNa tarde do desapacible martes 30 de agosto, víspera de San Ramón, falecía sobre as 20:00 horas e despois de loitar duramente cunha grave enfermidade un dos grandes pioneiros da hostelería en Camariñas: o noso querido amigo e compañeiro Reinaldo Tajes, fundador do establemento que marcou un antes e un despois na Vila das Palilleiras: "Café Bar El Pinar". Dende hai uns anos, dende que a enfermidade se fixo forte no seu corpo, podíamolo ver paseando sempre xunto á súa dona María nunha cadeira de rodas polo Paseo Marítimo de Area da Vila  e departindo amigablemente co grupo de xubilados que tódalas tardes compareten vivencias en calqueira dos bancos que surcan o citado paseo camariñán.
  • Desaparición dun neozelandés en Traba

    Camelle base da búsqueda do neozelandés desaparecido

    En Camelle concéntranse todo o operativo de rescateSalvamento Marítimo, dependente do Ministerio de Fomento, coordina dende a tarde-noite de onte un operativo de busca para tratar de localizar un bañista desaparecido na praia de Traba, en Laxe. Dende primeiras horas da mañá están a efectuar a busca a "Salvamar Mirfak", a embarcación auxiliar do buque "Don Inda" e os helicópteros "Helimer 211" e "Helimer 210" todos eles de Salvamento Marítimo; así como unha lancha da Cruz Vermella, e efectivos de Protección Civil de Laxe, por terra. Así mesmo vanse sumando ao operativo de busca mergulladores da Base Estratéxica de Salvamento Marítimo e da Garda Civil (GEAS). Arredor das 21:00 horas de onte (hora local), recibiuse unha chamada a través do 112, que alertaba da falta de noticias dun home duns 30 anos e nacionalidade neozelandesa, que entrara a bañarse na praia de Traba ás 18:00 horas e no momento da alerta aínda non regresara. De inmediato, dende o Centro de Salvamento Marítimo (CCS) en Finisterre mobilizáronse medios marítimos e aéreos para tratar de localizar o desaparecido. Os medios que participaron no operativo durante a noite de onte foron os seguintes: "Salvamar Altair", permaneceu na zona toda a noite, ata ser relevada ás 5:00 horas pola "Salvamar Mirfak", a embarcación auxiliar do buque "Don Inda", o helicóptero "Pesca I", a lancha Ataín da Cruz Vermella e efectivos de Protección Civil de Laxe-realizaron a busca por terra.
  • Manolo Quintana López DEP

    Lembranza de Juanillo ao Señor Cruseiro

    Juanillo adica unha emotiva noticia a Manolo

    Na tarde do Domingo 21 de agosto, falecía Manuel Quintana López, máis coñecido como O Cruseiro, aos 88 anos de idade. O Señor Cruseiro etaba casado coa Señora Carmen Pasantes Mouzo (falecida fai case 6 anos) e pai de 5 fillos, Julio, Carmen, Loló, Victoria e Jose Manuel,  que faleceu sendo moi noviño por mor dunha enfermidade. O Cruseiro como o coñecían en Camariñas era un home de mar, un traballador auténtico, un home que o dou todo para sacar a súa familia adiante.
  • Incendio forestal en Camelle e Arou

    O Concelleiro Sergio Caamaño realizando a chamada aos helicópteros da Xunta
    Era as 11 e cuarto da mañá deste soleado e veraniego xoves 11 de agosto cando na parroquia máis norteña do concello saltaron tódalas alarmas a causa dun incendio declarado no monte denominado Alto do Canaval que ocupa as hectareas que separan os pobos de Camelle e Arou. O incendio era visible dende os dous pobos xa que se declarou na cresta do monte. Debido ao forte vento predominante durante toda esta mañá o lume extendeuse sen problemas e pronto se puxo en marcha por parte dos veciños e tamén por parte do Concello de Camariñas un operativo de urxencia para tratar de evitar que o pequeno pero inaccesible cacho de monte que estaba a ser pasto das crecentes lapas pudera converterse nun incendio de considerables dimensións. Ata o incendio tamén se acercaron para axudar nas labouras varios concelleiros do Concello de Camariñas entre os cales se podía ver especialmente preocupadas á representante de Camelle Mercedes Martín e de Arou Gemma Pedreira.
  • Fernando Martínez Romar DEP

    Fernando nunha das súas últimas imaxes na Sardiñada do Carmen

    Este martes 26 sobre as 11 dunha fría e pouco habitual noite de xullo noso querido amigo e veciño de Buría Fernando Martínez Romar sofría un fulminante ataque ao corazón que acababa coa súa vida mentras paseaba coa súa bicicleta á altura do Bar Gaviota. Fernando, de 44 anos de idade estaba solteiro e actualmente realizaba esporádicos traballos de transporte co seu pequeno tractor despois de toda unha vida adicada ás duras labores do traballo na construcción na empresa do seu irmán O Sariño. O corpo sen vida de Fernando atópase nestes momentos no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e será enterrado hoxe xoves 28 de xullo ás 7 da tarde no Cemiterio Parroquial de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias á toda a familia e amigos do noso amigo Fernando. Descanse en Paz.
  • Ramón López Gerpe - DEP

    Ramón López, nunha das súas últimas imaxes na comunión do seu neto Luis

    Semana tráxica no que respecta a accidentes e sucesos no Concello de Camariñas. Á amarga e siniestra morte de Ismael Romero Grela no accidente de circulación ocurrido o martes 28 de xuño sumouse este sábado noite outro grave accidente no que un turismo tripulado por dúas mulleres veciñas da Ponte do Porto salíase da calzada derrubando completamente un muro á altura da Piosa na parroquia de Xaviña. Unha delas salía malparada do fatal sinistro resultando gravemente ferida. E onte, a eso das 11 da noite recibíamos unha chamada da nosa gran amiga Ángeles López na que se nos informaba da morte do seu pai Ramón López no hospital comarcal de Cee por mor dunha grave enfermidade que levaba arrastrendo dende fai varios meses.