• Suceso nocturno no Porto camariñán

    Momento no que a ambulancia procede á evacuación cara ao centro hospitalarioDespregábase tranquila a noite do xoves 28 de xuño en Camariñas, unha máis cos seus trafegos portuarios, cas súas idas e venidas de embarcacións, cando unha súbita incerteza apoderouse do ambiente. Sin saber moi ben os presentes a que respondía, un operativo de emerxencias poñíase en movemento. Desatracaba do Muelle Novo a lancha de salvamento Salvamar Altair e partía con rumbos descoñecidos, nembargantes o seu derroteiro non estaba moi lonxe: a poucas millas do Vilán, o gran cruceiro "Independence of the Seas" que estaba a cubrir a súa ruta, alertara de que un dos seus viaxeiros, Henry Gibson un xubilado de orixe británica, acababa de sufrir un ataque ao corazón e estaba sendo atendido polos servizos sanitarios do buque. Trasladado pola Salvamar Altair ata o Muelle de Curbeiro, alí rápidamente unha ambulancia procedeu a evacuar ao ferido ata o Hospital Comarcal de Cee, acompañado en todo momento por unha facultativa do buque mencionado. Desta maneira pechábanse uns feitos dos que nun primeiro momento se chegou a rumorear que se tratara dun iate fondeado no medio das augas do Porto de Camariñas dende o que se precipitara ás augas un dos seus tripulantes consecuencia dun ataque ao corazón fulminante.

    Fotos: Michael Pérez Riveiro
  • Noite de vandalismo en Camariñas

    Estado lamentable en que quedou o contenedor sito na Avenido Eugenio LópezAlgúns, confundindo os desexos ca realidade, non puideron esperar por máis tempo ata a Noite de San Juan e puxéronse a queimar Camariñas polos catro costados na madrugada deste mércores 13 de xuño que recén comenzaba. En primeiro lugar, tódolos contenedores de recollida de lixo ordinaria, envases e vidrio situados ao comenzo da Avenida Eugenio López, un pouco máis arriba do Bar José Manuel, foron incendiados nunha pira xigantesca que deixou un nauseabundo rastro de plástico queimado e en nada os esforzos de selección de residuos de centos veciños da zona. O outro punto de asalto dos vándalos foi o Barrio da Milleira, neste caso cunha actuación que poido ter consecuencias moito máis graves: o lume dos contenedores incendiados extendíose á casa aledaña queimando unha persiana da mesma. Xa a primeiras horas da mañán podía verse ao alcalde camariñán no lugar dos feitos pasando revista ao triste rastro de hooliganismo nocturno: contenedores queimados, que deberán ser repostos polo Concello co seu consecuente desembolso económico; importantes desperfectos nunha casa unifamiliar; toda a ilusión e o esforzo por contribuir á recollida selectiva de lixo, tirada polo chan nunha masa informe de plásticos queimados... A estupidez humana non aumenta nin disminúe, tan só cambia de forma. A estupidez humana é insondable.
  • Ridículo Xudicial de Úrsula Rego

    Varóns fornidos, guapetóns e sanos absterse de presentarse no CNC: denuncia al cantoEstablecer que unha persoa por posuir un determinado aspecto físico xa é culpable dun delito foi un modo de actuar popularizado na década dos 30 polo réxime político existente na Alemania nazi... e na súa veciña Austria. Por elo, correndo os tempos que corren, que aínda existan persoas que sigan a actuar segundo a técnica mental antes sinalada, enxuizando ás persoas non polos seus actos senón pola súa apariencia, non pode por menos que sorprender. Nembargantes, onde antes, nun réxime caracterizado pola superioridade da raza aria xermánica (e austríaca) estaba o drama servido, actualmente existe un Estado de Dereito, presidido polo imperio da lei, e por elo as aspiracións daqueles que así pensan e actúan vense cortadas en seco polo impecable actuar da Xusticia.
  • Amelia Rodríguez Lema DEP

    A Señora Amelia finou este domingo 3 de xuño de 2012

    Este domingo 3 de xuño deixaba este mundo a querida veciña de Xaviña dona Amelia Rodríguez Lema despois de varios anos padecendo graves problemas de saúde. Señora Amelia, máis coñecida como Amelia da Carrila tiña 75 anos de idade foi velada na súa casa  e será enterrada no Cemiterio Parroquial da súa querida Xaviña ás 19:00 horas deste luns 4 de xuño despois de se celebrar o funeral de corpo presente na Igrexa de Santa María. Dende Camarinas.eu queremos expresar ás nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia especialmente á súa filla Teresa e amigos desta gran muller que nos deixou para sempre este domingo 3 de xuño de 2012. Señora Amelia, Descanse en Paz.
  • Nova evacuación de urxencia

    O helicóptero de urxencias víose obrigado a actuar no noso concello de novoAcostumados como estábamos  á catarata de traxedias que durante esta primavera do 2012 está a asolar o Concello de Camariñas, na redacción de Camarinas.eu empezamos a temer o peor cando soubemos que cara ás 11:00 da mañán deste espléndido xoves 24 de maio o helicóptero de urxencias facía de novo aparición polas nosas terras. Concretamente era en Camelle onde un albañil, operario de Construcciones Tono, sufría un repentino ataque ao corazón que facía presaxiar nuns primeiros instantes de incerteza o peor. Inmediatamente os servizos médicos daban a voz de alarma, Protección Civil de Camariñas tomaba a disposicións necesarias e unha ambulancia e o helicóptero de urxencias desplazábanse cara a vila da cara norte do noso concello. Nembargantes a satisfactoria evolución do pacente así como os rápidos cuidados recibidos levaron a que finalmente fora evacuado cara o centro hospitalario en ambulancia sen ser necesaria a intervención do helicóptero que desta vez voltaba de baleiro cara a súa base. Así pois, nova mañán de sustos e sobresaltos, de vidas postas en xogo por un azar sinistro do destino, que gracias a Deus parece que non vai pasar a maiores.
  • Evacuación de urxencia en Camariñas

    O Helicóptero a piques de despegar con Tilde a bordoEstaba na mañán deste martes 15 de maio de 2011 Tilde de Peteno cas súas compañeiras de toda unha vida na Asociación de Palilleiras cando de repente comenzou a sentirse mal. Éstas, asustadas ante os graves síntomas que facían presaxiar un mal de envergadura raudamente trasladaron a Tilde ata o centro clínico camariñán sito na Rúa do Prado. Alí o persoal médico enseguida constatou a gravidade do suceso e diagnosticou que nin máis nin menos Tilde acababa de sufrir un ataque ao corazón, por elo sen perder un só segundo procederon a chamar ao helicóptero de urxencias para que fixera un dos seus nada desexables vos ata Camariñas. Posto en marcha o operativo, tomáronse polos corpos de seguridade e Protección Civil de Camariñas as precaucións necesarias para garantir un rápido traslado de Tilde ata o centro hospitalario no que ataxar un  ataque que de non ser tratado a tempo faría que a estas horas posiblemente estivéramos a falar dun novo episodio na cadea de desgracias que dun tempo a esta parte asolan o noso concello. Unha vez verificada a rápida evacuación e con Tilde xa ingresada nun centro hospitalario só queda desexarlle a esta querida amiga, palilleira de toda unha vida, unha satisfactoria evolución e unha pronta recuperación.
  • José Teijeiro Pardo "Aguiar" D.E.P.

    Faleceu Aguiar, o administrador durante tantos anos da fábrica de CoreaNa mañán deste invernal 1º de Maio de 2012, Festividade do Traballo, entre chuvias e cristales empañados comenzou a expandirse por Camariñas a nova sobre un novo falecemento. Nunha residencia de León, cidade na aque actualmente está a residir unha das súas fillas así como o seu neto Pedro, acababa de falecer aos 90 anos de idade Don José Teijeiro Pardo, coñecido dende sempre na Vila das Palilleiras como "Aguiar". Provinte orixinariamente de Santa Marta de Ortigueira chegaba Don José a Camariñas para encargarse da administración da importante fábrica conserveira da familia Aguiar, situada en tempos no Barrio de Corea e da que tomaría Don José o sobrenome que o acompañaría o resto da súa vida, levando durante anos o timón dunha factoría que sempre destacou pola calidade indiscutible do seus productos, elaborados de forma artesanal, seguindo os vellos cánones e tradicións da salazón.
  • Avelino Ángel Sar Barrientos D.E.P.

    Avelino Ángel Sar Barrientos, Descanse En PazA vaga de traxedia que se abate sobre o Concello de Camariñas parece non ter fin. Despois de ata catro falecementos nunha mesma semana (Marta Barcia Gerpe, Carmen Lema Mouzo na capital municipal; Ovidio Lema López, Perfecto Alonso Correa, na Ponte do Porto), este domingo 29 de abril de 2012 a Vila das Palilleiras ficaba conmocionada pouco despois do mediodía ao saber que Avelino Ángel Sar Barrientos, de 45 anos, natural do Concello de Muxía, acababa de caer fulminado dun ataque ao corazón na panadería que rexentaba xunto a súa esposa Marisa, na Rúa do Prado, xusto enfrente da Clínica. A traxedia que aflixe a esta querida familia camariñana faise máis dramática se temos en conta que a súa esposa estase a recuperar dos efectos dunha penosa enfermidade. Deste xeito outra persoa xoven, no mellor da súa vida, abandoaba este mundo de xeito imprevisto e incomprensible deixando unha familia destrozada na peor semana que se recorde no noso concello en moito tempo. Os restos mortais de Avelino Ángel Sar Barrientos están sendo velados na casa familiar da súa esposa no Lugar do Cotro e o funeral de corpo presente está previsto que comence a partir das 19:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Ante este novo drama que se abate sobre Camariñas só nos resta pedirlle aos nosos lectores que acompañen á súa esposa e fillo nestes penosos momentos e enviarlle o noso máis sinceiro e dolorido pésame. Avelino, que Deus che teña na Súa Gloria. Descansa En Paz.
  • Aparece o corpo de Ovidio Lema Pérez, rematan as labouras de búsqueda

    Ensenada do Trece durante as labouras de búsqueda
    Cumpríronse os peores augurios e cando faltaban escasos minutos para as 13:30 horas o grupo de voluntarios de Protección Civil de Camariñas atopaba, no medio do argazo, o corpo sen vida de Ovidio Lema López. Fíxoo non moi lonxe do lugar que predixeran os mariñeiros da zona: prácticamente ao carón das rochas nas que pescaba acompañado do seu cuñado, un sitio onde as mareas soen acumular grandes cantidades de algas mariñas. Unha vez recuperado o corpo, foi trasladado ata a Lonxa de Camariñas onde o médico forense certificou a causa da morte para despois ser trasladado ata Coruña onde terá lugar a autopsia. Ponse fin desta maneira, en menos de 24 horas dende que tivera lugar o fatal acontecemento, nunha das paraxes máis inhóspitas e inclementes da costa galega, ao dispositivo de salvamento que movilizou dende as 16:00 horas deste mércores 25 de abril a ducias de persoas, dous helicópteros, a lancha Salvamar Altair e ata os buzos da Guardia Civil e que permite, dentro do terrible do suceso, evitar unha agonía de días ou meses de búsqueda infructuosa do corpo á súa familia. Así pois, nada queda máis que trasladar o noso máis sinceiro pésame e apoio á muller e fillas de Ovidio Lema López nestes tráxicos momentos. Descanse En Paz.
  • Desaparece un pescador no Areal de Trece en Camariñas

    O alcalde Pichurri xunto a un gardia civil contemplan as labouras de rescate
    O entorno da Praia do Trece podería haberse voltado a cobrar o seu tráxico tributo de morte na tarde deste desapacible mércores 25 de abril de 2012. Aínda baixo os efectos da cicloxénese explosiva Petra, nun dos días cunha das peores bajas de mar que se recorde, Ovidio Lema López, de 50 anos, natural de Dor e propietario do Cafe Bar O Descanso estaba a pescar co seu cuñado Manuel Martínez Romero nunha pequena punta que se adentra no mar ao carón do Cemiterio dos Ingleses cando sobre as 15:30 horas un forte tombo tirou cos dous veciños do noso concello á auga. Ao parecer segundo testemuñas ás que tivo acceso Camarinas.eu sería un chaquetón militar o que ao enchouparse arrastraría rápidamente a Ovidio cara ao fondo mentras que o seu cuñado Manuel a pesares de fracturarse un pe debido ao forte traumatismo provocado polo golpe de mar conseguío saír da auga e tras percorrer unha determinada distancia neste estado lamentable dou aviso a unha muller que neses momentos se atopaba na pista que une Reira con Santa Mariña a cal rápidamente puxo en alerta ao 112.
  • Carmen Lema Mouzo D.E.P.

    Dona Carmen Lema Mouzo deixou este mundo na tarde do 24 de abril de 2012

    Na tarde deste tormentoso martes 24 de abril de 2012 foise outra das persoas que contribuiron decisivamente a marcar o carácter da Camariñas destes derradeiros cincuenta anos: Carmen Lema Mouzo, coñecida popularmente como "A Generosa". Persoa moi emprendedora, nun primeiro momento púxose ao frente dunha taberna que co tempo dou paso a un salón de baile no que destacaba o acordeón virtuoso do seu irmán Luis. Despois nese mesmo local montou unha mercería que durante longos anos foi xa o último negocio que rexentou. Viuva dende hai uns anos de Don Manuel Pensado Gerpe, sempre foi Dona Carmen unha muller moi devota da Virxen do Carmen de Camariñas, chegando a dedicarlle diversos poemas nos que expresaba a súa devoción e cariño pola Patroa de tódolos mariñeiros que reproducimos a continuación neste artigo adicado ao seu pasamento. O enterro de Dona Carmen celebrarase ás 7 da tarde deste mércores 25 de abril na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen. Descanse En Paz.
  • Marta Barcia Gerpe D.E.P.

    Vaise todo un referente da auténtica Camariñas: Dona Marta Barcia GerrpeA edición da Festa de San Xurxo do 2012 quedou tráxicamente empañada cando na mañán deste domingo 22 de abril coñeceuse que acababa de falecer un dos referentes da Camariñas máis auténtica: Dona Marta Barcia Gerpe. Persoa moi querida, traballadora infatigable, admirable nai coraxe, xa mui nova víose obrigada a facer frente á adversidade máis terrible cando o seu marido quedou cego e tivo que sacar adiante por si mesma a unha familia con doce fillos ao seu cargo. Dende entón e durante ducias de anos as noites xélidas e húmedas ao carón da Lonja Municipal serían o seu hábitat natural forxando unha lenda de persoa boa, incansable e traballadora que se extendería por todo o ámbito mariñeiro galego.
  • José Luis Gerpe Blanco D.E.P.

    José Luis Gerpe Blanco Descanse En PazDespois dun tempo de relativa calma en canto a falecementos de vecños do noso concello, lamentablemente toca voltar ás andadas. Este chuvioso e malhadado mércores 18 de abril fai exactamente unha semana que falecía en Bélxica, nación na que levaba rexentando un establecemento hosteleiro xunto á súa dona dende hai anos, Don José Luis Gerpe Blanco. Falecía Don José Luis despois dunha longa enfermedade aos 60 anos e deixaba como última disposición a de ser enterrado na súa terra, Camariñas, por elo o seu funeral terá lugar este xoves 19 de abril ás 16:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo, ese mesmo templo cristiano onde un 19 de xullo de 2008 un dos seus dous fillos, Luis, contraía matrimonio, recinto sagrado que acolle as penas e alegrías de toda unha vila dende hai máis de 200 anos. É por elo que Camarinas.eu quere dar o seu máis sinceiro pésame á familia nestes tristes momentos e anima aos seus lectores a acompañalos durante este duro trance. Don José Luis Gerpe Blanco, Descanse En Paz.
  • Desaparición de Francisco Sanjurjo

    Francisco Sanjurjo está desaparecido dende o pasado mércores 29 de febreiroEste luns 5 de marzo de 2012 púxose en contacto de urxencia ca redacción de camarinas.eu o noso querido usuario Cristóbal Cobo para insertar o anuncio da desaparición de Francisco Sanjurjo Silvarredonda, do cal nada sabe a súa familia nin os seus amigos dende o pasado mércores 29 de marzo. Foi visto por derradeira vez na mencionada data na Coruña, na Rúa Entrepeñas (paralela á Rúa Barcelona), e vestía camiza branca e lucía barba. Francisco ten actualmente 36 anos e mide 1,76 metros. E por elo que o noso usuario Cristóbal pide que quen teña algunha información sobre o paradoiro de Francisco se poña urxentemente en contacto ca familia chamando ao tlf. 658062390 ou avise a esta redacción para pasarlle os datos a Cristobal. O caso é que se está a levar unha intensa campaña de búsqueda a través das redes sociais á que aquí en camarinas.eu nos sumamos para ver si entre todos podemos dar un resultado satisfactorio á búsqueda de Francisco.
  • Ramón Alonso Correa D.E.P.

    Este martes morría no seu domicilio da Ponte do Porto Ramón Alonso CorreaEra unha Torrot verde, de paseo, e debía ser a principios dos anos 80. Esa foi a primeira bicicleta da miña vida: unha tarde de primavera, por sopresa, meus pais alá me levaron a unha tenda que ás veces tamén facía de taller, na Rúa Outeiro, na Ponte do Porto. Entre varias ducias de bicicletas postas á venda, finalmente acabei escollendo aquela que marcaría o meu devenir ciclista. Despois virían outras, unha finísima Peugeot negra de carreiras ou un costoso modelo fabricado baixo os máis modernos parámetros da tecnoloxía punta no lonxano Estado soberano de Wisconsin (USA) e que practicamente se levou enteiro o que fora o meu primer soldo, pero ningunha como aquela Torrot verde, de paseo, tan arcaica... Este martes 21 de febreiro de 2012, triste martes porteño de carnaval, falecía no seu fogar do Outeiro a causa da súa avanzada idade Don Ramón Alonso Correa, pioneiro do ciclismo na Costa da Morte e propietario da tenda taller onde tantos e tantos rapaces cumprimos a ilusión das nosas vidas mercando a primeira bicicleta. Deixa Don Ramón seis fillos producto da unión ca súa dona Calela, falecida hai vinte anos. O enterro terá lugar hoxe ás cinco da tarde na Igrexa de San Pedro da Ponte do Porto. Vaise con Don Ramón o último arrecendo do auténtico ciclismo, aquel das vetustas tendas taller, dos artesáns de bicicletas, o dos parches para os pinchazos, o das xestas no Tour de Bahamontes, Ocaña, etc... Descanse En Paz.
  • Afundimento dunha lancha en Camariñas

    A lancha de Toñito afundíose esta mañá cando estaba a levantar as nasas
    Esta mañá acaecía na Ría de Camariñas un terrible suceso que a punto estivo de costar dúas xóvenes vidas. A eso das 11 da mañá o noso amigo Toñito de Corea acompañado do seu cuñado procedían a levantar as nasas preto dun baixo da costa camariñana cando debido a un brusco viraxe a lancha de fibra na que estaban a traballar volcou repentinamente tirando pola borda aos dous veciños do noso concello. A situación era moi crítica para os tripulantes que se atopaban a mercede do xélido mar que cada vez golpeaba máis forte. Momentos despois como un anxo salvador apareceu a embarcación "Mary" propiedade de Jose de Flores que rescatou aos náufragos das entrañas do mar e dunha morte segura. Acto seguido o héroe salvador coa axuda da embarcación de Santiago de Santa Mariña púxose a remolcar a embarcación sinistrada ata a rampla das instalacións ocupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas. Alí entre gran número de mariñeiros que se personaron para interesarse polo estado dos seus amigos e coa axuda inestimable do noso usuario Mikel patroneando a súa embarcación Gema, procederon ao volcado e reflotamento da embarcación. Un terrible accidente que non pasou dun susto pero que pudo rematar moito peor si non fora pola intervención decisiva e milagrosa de Jose de Flores, Santiago de Santa Mariña e Juan Pasantes.
  • José Quiza Vázquez D.E.P.

    Manuel Alonso Freire e José xogando ás damas a principios dos 90A Praza Maior de Camariñas está de luto: aos seus 71 anos foise José Quiza Vázquez, un dos seus veciños de toda a vida. Falecía as 6 e media da mañán deste xoves 9 de febreiro de 2012 despois de que as complicacións que arrastrou durante os derradeiros anos se agravaran na noite deste pasado mércores sendo trasladado por elo de urxencia ao Hospital de Cee. Alí os médicos concedéronlle tan só unhas horas de vida, feito polo cal a súa familia decidío que si o desenlace fatal tiña que ter finalmente lugar fora na súa casa de sempre da rúa Tras Praza. Deixa José catro fillos, tres deles varóns residentes en Inglaterra os cales xa se atopan neste momento de camiño cara Camariñas. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio de Vimianzo e o funeral terá lugar este venres 10 de febreiro na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das 15:30 horas. Alí será onde o seu pobo natal rinda a última homenaxe a un dos veciños de toda a vida da súa Praza Maior. Dende camarinas.eu sumámonos á dor da súa familia e enviámoslle o noso máis sinceiro pésame. José Quiza Vázquez, que Deus che teña na Gloria.
  • Cetáceo varado na praia de Arou

    O cetáceo atopado na praia de Arou en avanzado estado de putrfacciónÉ evidente que os usuarios de Camarinas.eu son o alma-mater desta web que día si e día tamén nos comunican acontecementos e sucesos aos que esta redacción non pode chegar por razóns obvias. Desta volta mándannos dende Arou unhas fotos do cetáceo aparecido estes días nas súas augas e que rematou por encallar en avanzado estado de descomposición no fermoso e concurrido areal da citada poboación norteña. O caso é que aínda que o animal non sexa dun tamaño considerable o cheiro que chega a expeler é moi considerable e polo tanto todo aquel que se aproxime polo impresionante paseo marítimo de Arou vese obrigado a olfatear un intenso hedor a animais putrefactos (tal e como si pasáramos polo Muelle Novo de Camariñas). Entendendo o servizo que esta web realiza para o beneficio de todas as xentes do noso concello, esta redacción púxose en contacto con Protección Civil de Camariñas a cal ao mesmo tempo comunicouse co CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños). Acto seguido Protección Civil volvío a porse en contacto con Camarinas.eu para informarnos de que este organismo enviará unha unidade móbil nas próximas horas hacia a Praia de Arou para catalogar ao animal e proceder á recollida dos restos do mamifero mariño.
  • Arturo Rodríguez Castro D.E.P.

    O Señor Don Arturo Rodríguez Castro Descanse En Paz

    A paz proverbial, característica, do entrañable Lugar de Riás, en plena Buría profunda, víose alterada no día de hoxe co falecemento dun veciño querido e respetado por toda a veciñanza: o Señor Arturo Rodríguez Castro. Don Arturo, emigrado durante moitos anos en Holanda, deixa esposa, Dona María Luisa, e dous fillos, o noso querido amigo Arturo e Inés, esposa de Manuel de Lin, e abandoa este mundo aos 68 anos de idade debido a complicacións no corazón. Don Arturo operouse fai once meses da vena aorta, nembargantes pouco despois complicacións derivadas da operación fixeron necesario o seu ingreso na Unidade de Cuidados Intensivos (UCI). A consecuencia de todo elo foi que seu cerebro quedou sen riego sanguíneo e xa por elo foi trasladado a súa casa de Buría onde, baixo os constantes cuidados da súa familia, quedou encamado cáseque sen coñecemento ata este malhadado martes 10 de xaneiro de 2012 no que faleceu. Don Arturo será velado alí onde el sempre o desexou, a súa casa do Lugar de Riás, estando o enterro previsto para este mércores 11 de xaneiro na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 17:15 horas. Dende camarinas.eu animamos a todos os nosos lectores a que acompañen á súa familia nestes tristes momentos así como lle enviamos o noso máis sinceiro pésame. Don Arturo Rodríguez Castro Descanse En Paz.
  • Traslado de urxencia en Camelle

    Momento no que o helicóptero aterriza en Camelle para intentar o traslado

    Un veciño de Camelle (Manolo do Roldán) empezouse a sentir mal sobre as 11 da mañán deste xoves 5 de xaneiro do recén comenzado 2012 cando traballaba nunha finca. Inmediatamente foi trasladado ata o centro médico camellán, onde a médica logo de facerlle un electro dou traslado do resultado ao 061 o cal movilizou unha ambulancia e un helicóptero para o seu traslado. O problema xurdío a hora de evacuar o enfermo xa que despois de telo todo arranxado para marchar no helicóptero, éste non puido obter permiso de vuelo debido ás condicións meteorolóxicas de néboa, feito que determinou que finalmente se optase por trasladar o enfermo en ambulancia. Sinalar que tamén se personaron na praia de Camelle a Policía Local, a Garda Civil é os omnipresentes voluntarios de Protección Civil