• Carmen Pérez Soneira D.E.P.

    Falece aos 77 anos Dona Carmen Pérez Soneira

    Se o pasado domingo era o Señor José Ramón Méndez Tajes quen falecía lamentablemente víctima dun cancro, na madrugada deste xoves 4 de outubro de 2012 era á Dona Carmen Perez Soneira a quen se levaba esta letal enfermidade, a gran plaga do noso tempo. Eran ao redor das cinco da madrugada cando un cancro de páncreas acababa aos seus setenta e sete anos con esta veciña da Rúa Pinzón. Coñecida popularmente en Camariñas como Carmen de Berdoias, deixa un marido postrado por mor dunha enfermidade en cadeira de rodas e catro fillos: dos varóns (Perucho e José Manuel) e dúas féminas (Mari Carmen e Silvia), así como varios netos. Será Dona Carmen  velada na súa casa da Rúa Pinzón ata o momento no que a comitiva fúnebre se encamiñe cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo, onde terá lugar o enterro a partires das 17:45 horas deste venres 5 de outubro do ano do Noso Señor de 2012. Queremos dende Camarinas.eu enviar o noso máis sentido pésame a todos aqueles que en vida gardaron próximos lazos familiares ou de amizade ca Señora Carmen e reconfortalos na súa dor. Dona Carmen Pérez Soneira, Descanse En Paz.
  • José Ramón Méndez Tajes D.E.P.

    Aos seus 67 anos un cancro levouse para sempre a José Ramón Méndez TajesA gran plaga que está a asolar o Concello de Camariñas, o cancro, volveuse a levar este sábado 29 de setembro de 2012 a outro dos nosos veciños, o Señor José Ramón Méndez Tajes, que falecía aos seus 67 anos despois duns últimos anos de dura loita contra esta letal enfermedade. Burián emblemático, deixa Don José Ramón esposa e tres fillas ás que dende aquí queremos enviar un abrazo afectuoso e agarimoso nestes durísimos momentos e facémoslles saber o noso pesar e solidaridade máis absolutos. O seu corpo sen vida está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo, estando previsto que emprenda a derradeira viaxe cara á Buría da súa alma este domingo 30 de setembro ás 18:45 h. para comenzar o funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 19:15 horas. José Ramón Méndez Tajes, Descanse En Paz.
  • El Ladrón de Bicicletas

    O actor Lamberto Maggiorani fuxindo dos veciños de Roma en El Ladrón de BicicletasEn 1948, na dura resaca dun pais destrozado pola Segunda Guerra Mundial, no que saír adiante constituía un puro exercicio de superviviencia, vía a luz un dos grandes mitos da historia do cine, obra mestra do neorrealismo italiano: "El Ladrón de Bicicletas". Film dirixido por Vittorio de Sica, narraba como un sinxelo obreiro en paro consigue un traballo a condición de que posúa unha bicicleta, o que motivará que éste percorra Roma tentando desesperadamente roubar un biciclo. Foi agora na Camariñas do século XXI, noutro tempo e noutro lugar, cando vimos de ter en datas recentes unha serie de acontecementos que remiten máis ou menos ao lexendario film anteriormente mencionado.
  • Estrella Rego Sambade D.E.P.

    Recén comenzado o outono falece Estrella Rego Sambade

    Triste comenzo de outono no Concello de Camariñas que en só tres días rexistra o seu segundo falecemento. Eran as tres e media desta vendavalada e desapacible madrugada do 25 de setembro de 2012 cando falecía no antigamente denominado Hospital Juan Canalejo Dona Estrella Rego Pasantes, popularmente coñecida na Vila das Palilleiras como Lola da Padronesa. Facíao aos seus 81 anos e debido a unha trombose que poñía deste xeito punto e final a toda unha vida. Trasladados os seus restos mortais ata o Tanatorio San Vicente de Vimianzo alí están sendo velados por amigos e familiares ata o momento en que sexan trasladados cara a Camariñas onde terá lugar o seu funeral de corpo presente ás 18:00 horas deste martes na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Dende Camarinas.eu queremos facer extensivas as nosas condolencias á súa familia, en especial ao seu neto Álvaro de Triñáns, así como a amigos e coñecidos. Dona Estrella Rego Sambade Descanse En Paz.
  • Plantación de marihuana na Ponte

    Imaxe tomada no Cuartel de Camariñas da marihuana incautada esta semanaEsta semana a Guardia Civil procedía á incautación de cinco plantas de marihuana, dun peso aproximado total duns 12 kilogramos, e á detención dun veciño duns 40 anos no que resultou ser unha plantación na Ponte do Porto: o fértil chan das Barrosas reconvertido para dar acollida a un novo producto procedente de latitudes tropicais. Supostamente as plantas crecían desgarbadas nun galpón anexo ao domicilio porteño no que constituiría un invernadeiro artesanal, todo o cal motivou a imputación dun delito contra a saúde pública. Caso éste que nos levou aquí en Camarinas.eu a unha pequena reflexión de tintes un tanto filosóficos, hoxe tan de moda: imbuidos como estamos dende hai 5 anos nunha crise económica que a pesares dos "brotes verdes" e da "luz al final de túnel" pronosticados hai tempo non parece senón ir a peor, houbo unha predicción igual de acertada cas anteriores na que un sociólogo adiantaba tres ou catro anos atrás que ante o devastador da crise e como medida somnífera os gobernos occidentais antes que tarde acabarían legalizando as drogas blandas, hachís e marihuana principalmente.
  • Manuel Mouzo Castro D.E.P.

    Manolo nunha das últimas fotografías da súa vida

    Un dos grandes amigos desta redacción fóisenos para sempre. Na mañán deste sábado 22 de setembro de 2012, cando recén comenzaba o outono, falecía aos seus 45 anos Manuel Mouzo Castro. Fillo único, veciño de Brañas verdes, arrastrou Manolo durante estes últimos tempos un cáncer fatal que nas primeiras horas do día de hoxe, durante o transcurso dunha sesión de quimioterapia no hospital, o levou para sempre. Persoa aberta e faladora, moi querida entre a xuventude, de educación exquisita, estivo casado con Sesé Luaces (veciña de Camariñas) e deixa un filliño de 13 anos chamado Javier. Podíamos compartir uns instantes con el recentemente durante o enlace matrimonial de Cris e Adrián e alí nos contaba como facía frente con coraxe e tesón á enfermidade que se fixera forte no seu corpo. Finalmente e de forma lamentable ésta acabou gañando a partida e deixounos sen o gran amigo que sempre foi Manuel Mouzo Castro. O corpo sen vida de Manolo está sendo velado pola súa familia e amigos dende este mediodía no tanatorio que a funeraria Costa posúe en Vimianzo e está previsto que o enterro teña lugar mañá domingo na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. Manolo, amigo, alá onde agora te atopes que Deus che teña na súa gloria. Descansa En Paz.
  • Javier Temprano Quiza DEP

    Noso querido amigo Javier Temprano será enterrado en Camariñas este mércores 12 de setembro

    Despois de que pasara xa casi unha semana dende o falecemento do noso querido amigo Javier Temprano, hoxe comunícasenos dende a familia deste xoven camariñán traxicamente falecido na illa de Lanzarote, que a súa nai Lola e o seu tío Coto voltarán hoxe mesmo dende as terras canarias cara a súa terra. Sin embargo o cadáver do noso amigo Javi aínda terá que facer escala en Madrid e pasar a noite na capital de España debido a que por mor de trámites burocráticos diversos non viaxará no mesmo avión que os seus familiares. Así e todo está previsto que sobre as 11 da mañá deste mércores 12 de setembro chegue ao tanatorio de San Viciente de Vimianzo o corpo sen vida do noso amigo e, se todo transcurre con normalidade, o enterro celebrarase ás 18:30 horas na Igrexa Parroquial de Camariñas. Ao rematar a misa os restos mortais de Javi serán trasladados ao Cemiterio Municipal de Camariñas onde terá descanso eterno. Dende Camarinas.eu queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia do noso querido amigo Javier Temprano e esperamos que todo este calvario que está pasando especialmente súa nai e que se está extendendo por demasiado tempo remate xa co enterro do seu querido fillo na terra que o víu nacer.
  • Javi Temprano falece en Lanzarote

    Javier Temprano outro xoven camariñán que falece no mellor da súa vida

    Ao final cumpríronse os peores presaxios e buceadores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Guardia Civil (GEAS) atopaban sobre as 16:30 deste malhadado xoves 6 de setembro de 2012 o corpo sen vida do xoven camariñán de 26 anos Javier Temprano Quiza na zona do Charco de San Martín, Lanzarote, non moi lonxe de alí onde desaparecera o seu corpo. A alerta saltaba nas primeiras horas da mañán cando Javi perdíase de vista na mencionada zona do Charco de San Martín ao ser arrastrado por unha onda cando se atopaba mariscando. Inmediatamente poñíase en marcha un amplio dispositivo de búsqueda que incluía á Benemérita, á Policía Local de Yaiza, Protección Civil, Salvamento Marítimo e efectivos do Consorcio de Emerxencias de Lanzarote que empezaban a peinar febrilmente as augas ata que xa nas primeiras horas da tarde atopaban o seu corpo sen vida. O cadáver foi inmediatamente trasladado ata o muelle deportivo de Marina Rubicón, en Playa Blanca, a non moita distancia de onde fora atopado, lugar no que se procedeu ao levantamento xudicial do cadáver. Neste punto cómpre lembrar que Javi era fillo dun gran amigo que foi desta redacción, o mariñeiro provinte de Santa Cruz, na Coruña, Litos, que lamentablemente tamén abandonou de forma prematura a existencia. Camarinas.eu fica destrozada ante esta nova desgracia que se leva en plena xuventude, no mellor da súa vida, a outro xoven camariñán, e tan só pode facer saber a súa solidaridade, apoio e pésame máis absolutos e incondicionais aos seus familiares e amigos especialmente á súa nai, a nosa querida amiga Lola Quiza, e a seu irmán Juan. Javier Temprano Quiza, amigo, Que Deus che teña na súa Gloria. Descansa En Paz.
  • Temporal de verán en Camariñas

    Un dos operarios de Protección Civil este venres as 4 da madrugada na ChandeiraEran aproximadamente sobre as catro da madrugada deste ventoso e treboento venres 24 de agosto que recén comenzaba cando a dotación de Protección Civil de Camariñas era alertada polo 112 acerca dunha árbore tirada á altura do lugar da Chandeira en Xaviña que obstaculizaba o tráfico rodado. Ata alí desprazáronse inmediatamente Tedín, que deste xeito víase obrigado a sacrificar momentáneamente as súas vacacións estivais, e Manolo da Ponte os cales na oscuridade da noite raudos acometían as labouras necesarias para librar a carretera do pino que supoñía un obstáculo insalvable para a circulación. Despois de rematar este traballo a patrulla de Protección Civil realizaba unha serie de percorridos polas distintas carreteras do concello na búsqueda de outros posibles desperfectos non atopando finalmente nada máis de relieve que sinalar durante os mesmos. O curioso do asunto é que sucesos deste tipo non soen acontecer durante o verán, así que a opinión predominante entre estes dous experimentados membros de Protección Civil era a de que debío de producirse un remuiño, unha especie de pequeno ciclón estival, que acabou tumbando fatalmente a árbore en cuestión. O Caribe, un huracán hawaiano, o Katrina asolando New Orleans, na reducida escala de Xaviña.
  • Morte por infarto en Camariñas

    Novamente o helicóptero de urxencias voltou a CamariñasDespois duns días de relativa tregua trala cadea de desgracias que aflixiron ao Concello de Camariñas durante os días centrais do presente mes, na tarde deste xoves 23 de agosto de 2012 un novo falecemento voltou a afectar á Vila das Palilleiras por mor doutro infarto de miocardio. A víctima de nome Ginet era de nacionalidade suiza ainda que estaba casada co noso querido amigo Juan Martínez máis coñecido en Camariñas como Juan da Esquipa, veciño da Agra de Abaixo e provinte da Esquipa, na parroquia vimiancesa de Carnés. Esta parexa tiña dous fillos, un deles residente no país helvético, e facía uns cantos anos que viñeran definitivos a vivir para Camariñas despois de moitos anos traballando duramente en Suiza. Dada a voz de alarma, poñíase en marcha o dispositivo de emerxencias e sobre as 16:30 horas chegaba ata o Muelle Novo camariñán o helicóptero de urxencias pero desgraciadamente neses intres esta veciña helvética da Agra da Abaixo xa falecera a causa do infarto tendo que voltar valdeiro o helicóptero cara a súa base. Os restos mortais de Ginet están sendo velados actualmente no Tanatoro Costa de Baio para posteriormente ser trasladados ao de Vimianzo, de onde partirán cara a súa Suiza natal para recibir cristiana sepultura.  Vaia dende aquí o noso máis sinceiro pésame a Juan Martínez e aos seus fillos así como a toda a súa familia neste dolorísimo trance.
  • Enrique Vázquez Méndez D.E.P.

    Aos seus 74 anos falecía Enrique Vázquez Méndez

    Este domingo 12 de agosto de 2012 falecía aos seus 74 anos Don Enrique Vázquez Méndez, coñecido popularmente en Camariñas como Enrique dos Catro Ventos. Fui ésta unha vida dedicada á hostelería: despois de moitos anos emigrado en Suiza retornaba á vila que o vío nacer para fundar un dos restaurantes clásicos de Camariñas, o Catro Ventos. Despois de tantos anos aos mandos dos fogóns, ultimamente sempre o podíamos ver andando polos distintos camiños de Buría, era un home sano e alegre. Sempre xovial e con unha boa cara para todos. Levaba xa uns meses ingresado nun Hospital da Coruña onde lle estaban a tratar un problema de saúde que ao final resultou ser o feroz cáncer que acabou finalmente con él este domingo. Despois de máis de 50 anos de exemplar matrimonio deixa á súa muller viuda Pilar (Vodas de Ouro publicadas aquí en Camarinas.eu) e ao seu fillo Enrique así como aos seus netos Jorge e Elena. Os restos mortais de Enrique Vázquez Méndez están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar este luns 13 de agosto a partires das 18:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Vaise con Don Enrique un dos grandes pioneiros da hostelería no Concello de Camariñas, fundador que fui dun dos restaurantes de toda a vida en Camariñas. Dende Camarinas.eu enviamos o noso máis sinceiro pésame á  familia e pregamos aos nosos lectores que os acompañen nestes duros momentos. D. Enrique Vázquez Méndez Descanse En Paz.
  • Extinción dun incendio en Mourín

    Segundo incendio que ten lugar en Mourín en tan só unha semanaContinuamos aquí en Camarinas.eu ca cobertura máis exhaustiva aos diferentes sucesos que acontecen no Concello de Camariñas. Desta volta os feitos acontecían no Monte de Mourín, na carretera que leva a Reira, non moi lonxe do Lugar do Cotariño, onde pasadas as 16:00 deste caluroso venres 10 de agosto de 2012 declarábase un incendio. Ao mesmo desprazábase de inmediato a dotación de Protección Civil, os insustituibles e polifuncionales operarios da Patrulla Municipal de Obras (PMO) así como unha dotación de operarios bomberiles da Xunta de Galicia, esto é, unha cuadrilla da SEAGA. As raudas labouras de extinción  acometidas conqueriron que o incendio non pasase a maiores e que en cuestión de minutos fora aniquilado na súa totalidade.
  • Aparatoso accidente na Costa do Pitero

    Esta é a espectacular imaxe quearroxa o novo accidente de tráfico acontecido en Camariñas

    Parece como si, formando parte da maldición bíblica que se cerne sobre o Concello de Camariñas por culpa dos pecados pufistas e noxentos dalgún okupanáuticos malvado e bebedor, unha praga de accidentes de tráfico estivese a asolar a nosa terra. O último exemplo desta cadea ininterrumpida de sinistros nos que un automóvil é o protagonista aconteceu nas primeiras horas desta tarde na Costa do Pitero, cáseque xa entrando na Curva do Rojo. Eran sobre as 16:00 horas cando un Citroen conducido por uns veciños de Camariñas baixaba pola mencionada costa seguido por un Seat Ibiza a cuios mandos ía unha veciña de Santa Mariña. Foi, segundo contaban testemuñas presenciais, ao tentar virar o primeiro dos coches cara o cruce que leva ás Praias de Reira cando o Seat Ibiza que ía detrás non puido frenar a tempo e producíase un espectacular accidente que arroxaba unha apocalíptica imaxe de coches volcados, pero que afortunadamente non traía consigo consecuencias de maior envergadura salvo o traslado de polo menos un ferido ao hospital comarcal A Xunqueira de Cee.
  • Atropelado un neno en Camariñas

    A Avenida da Coruña, enfrente do antigo xulgado de paz, foi o lugar do sucesoAínda baixo o forte impacto emocional polo falecemento do xoven Aarón Rojo Luaces, esta tarde a traxedia por mor dun accidente de tráfico voltou a rondar perigosamente por Camariñas. Eran preto das 20:30 horas dun caluroso martes 7 de agosto de 2012 cando mentras trataba de cruzar a carretera xusto enfrente da súa casa na Avenida da Coruña, á altura  do antigo xulgado de paz, Ayoud, un simpático rapaciño de orixe marroquí de nove anos era atropelado por un Opel Corsa conducido por uns turistas. Os testigos do suceso nun primeiro momento teméronse o peor e acudiron raudos a ver o estado no que se atopaba o menor, atoparon a este consciente, seriamente asustado e chorando, cun pequeno chichonciño na cabeza que motivou que unha vez chegada a ambulancia fora trasladado ao Hospital Comarcal de Cee, en principio tan só por precaución. Neste punto debe resaltarse, que Ayoud pertence a unha familia marroquí residente en Camariñas dende xa fai varios anos, a cal é propietaria dunha tenda de alfombras e material diverso  desprazándose ademáis habitualmente o seu pai Milú ás diferentes feiras e mercados da redonda para vender alí os seus productos. Familia traballadora e emprendedora, é moi coñecida e querida na Vila das Palilleiras, onde están perfectamente integrados. Por elo, unha vez pasado o primeiro susto, non cabe senón felicitarse porque este suceso segundo as informacións que temos neste momento non pasara a maiores.
  • Aarón Rojo Luaces D.E.P.

    A desgracia volve a Xaviña: Aarón Rojo Luaces, Descanse En Paz

    A maior desgracia volvíose a abatir sobre a veciñanza traballadora, seria, de Xaviña na madrugada deste sábado 4 de agosto de 2012. Á altura de Carantoña o automóvil no que viaxaba o rapaz de 18 anos Aarón Rojo Luaces saíase da calzada e impactaba brutalmente contra un poste da luz caendo este precisamente sobre a zona dereita do coche onde viaxaba como copiloto Aarón. Segundo contan testemuñas presenciais, unha vez trasladado de urxencia pola ambulancia, Aarón chegaba con vida ao hospital de Cee e incluso falaba ca súa nai pero pouco despois sucedía o peor e Aarón falecía. No automóvil siniestrado viaxaban outros dous rapaces que non sufriron feridas de gravedade. Aarón (19/07/1994) era un rapaz xovial e alegre, moi aplicado nos seus estudios e moi respetuoso coa súa familia. Sempre o podíamos ver coa súa gaita acompañando ao grupo Abrindo Rejo de Xaviña do cal formaba parte.
  • Terceira debacle xudicial de Viproga SL

    Esta será unha das probas que presentará Ignacio Martínez na súa denunciaAgora, aproveitando a espectación que o pánico e a histeria do director do estercoleiro cibernético habitual están a provocar, procede Camarinas.eu a publicar unha noticia que xa levaba aquí algún tempo en stand-by, digamos que buscaba o momento adecuado para saír á luz. Trátase do terceiro batacazo xudicial, tres de tres, sufrido por Viproga SL dende que o proceso de golpe de estado co seu corolario de ocupación ilegal no Club Naútico de Camariñas tomara forma. Trátase dun auto do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº1 de Corcubión emitido o 21 de maio no marco das dilixencias previas do procedemento abreviado 00520/2012 polo que o Xuiz D. Iván Barallobre Sánchez decreta o sobreseimento da esperpéntica denuncia presentada por Alberto Fojo Fuentes contra Ignacio Martínez Mañas, Comodoro actual do CNC, por unha inexistente apropiación indebida e das consecuencias de índole penal que elo pode traer aparellado.
  • Fin de semana negro en Camariñas

    A Rúa Pizarro non voltará a ver as expertas mans palilleiras da Señora CasmallaNo peor fin de semana que se lembre en moitos anos ata catro mulleres, todas elas sinaladas veciñas da vila, falecían en Camariñas. Tres delas facíano a avanzadas idades de xeito tal que entre as tres sumaban cáseque trescentos anos de vida: Encarnación Quiza Sande (100 anos), Avelina López Suarez (98 anos) e Modesta Cabrejo Márquez (101 anos). A cuarta integrante desta tráxica lista era outra persoa moi coñecida na vila, ao igual que a Señora Casmalla unha das clásicas palilleiras da mesma: María Luisa Quintana Luaces, a cal falecía aos seus 67 anos de idade. Deste xeito, dúas das imaxes icónicas de Camariñas, a da Señora Casmalla palillando baixo o quicio da súa porta nun recodo da Rúa Pizarro ou a da Señora Luisa, irmán do noso querido usuario Machote e tía dos nosos tamén queridos Fabián e José Luis, ca súa almofada eterna ao carón do Bar Vitoria, enfrente do Paseo Marítimo, quedarán únicamente para o recordo.
  • Encarnación Quiza Sande D.E.P.

    Dª. Encarnación Quiza Sande, Descanse En PazDespois dun século de vida, falecía este venres 20 de xullo de 2012 nunha Residencia da Coruña, Dª. Encarnación Quiza Sande, nai do noso querido amigo, veciño da Rúa Pinzón, siniestrado non hai moito pola pura neglixencia da Xunta de Galicia, D. Ramón Antelo Quiza e abuela entre outros de Amalia e Mª. Teresa Antelo. Unha muller que nacía hai xusto cen anos, nuns tempos turbulentos para España, nos que a Restauración decimonónica daba as súas derradeiras boqueadas e á que á Guerra Civil collía con xa 24 anos. Toda unha vida, rica en experiencias e recordos que lamentablemente rematou un soleado día de xullo do 2012. Os restos mortais da Señora Encarnación están sendo actualmente velados no Tanatorio Costa de Vimianzo. Dende alí sairá a comitiva fúnebre as 15:45 horas estando previsto polo tanto que o funeral de corpo presente teña lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das catro da tarde para dar finalmente descanso eterno aos seus restos mortais no Cemiterio Novo da Carretera do Faro. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame a tódolos familiares de Dª. Encarnación Quiza Sande. Descanse En Paz.
  • Carmen Lista Carril D.E.P.

    A escasos días do seu Santo, falecía este 9 de xullo Dona Carmen Lista Carril

    Precisamente no día en que Camariñas encaraba á semana anterior ao Día do Carme, falecía ás dúas da mañán deste luns 9 de xullo de 2012 que recén comenzaba Carmen Lista Carril. Facíao aos 52 anos na súa casa da Carretera do Faro consecuencia do cáncer que viña padecendo hai xa uns cantos anos. Esposa dunha lenda viva da Vila dos Encaixes, Juan Lista Campaña, Jamela, mítico integrante do mellor FC Camariñas da historia, (unha época gloriosa cuias andanzas foron maxistralmente reproducidas en Camarinas.eu polo noso redactor deportivo Juan Manuel Cabrejo Pasantes, recollendo os testimonios do propio Jamela), deixa Dona Carmen dous fillos e unha filla, Verónica. Nembargantes o que fai aínda máis doloroso para a familia o falecemento é que este 9 de xullo constitúe o día do seu santo (Santa Verónica), cumpríndose ademáis nesta data exactamente un ano que se casaba na Igrexa Parroquial de San Xurxo co seu esposo Mario, de Brañas Verdes. O corpo sen vida de Señora Carmen está sendo velado no Tanatorio de San Vicente de Vimianzo e a hora do funeral está sinalada para as 16:30 horas deste martes 10 de xullo. Nestes durísimos momentos, nestas datas tan sinaladas para todo camariñán, Camarinas.eu quere sumarse á dor de Juan Lista Campaña e de toda a súa familia e faille chegar o seu máis sinceiro pésame.  Dª. Carmen Lista Carril, Descanse En Paz.
  • Desarticulada unha banda de peruanos

    Furgón do Corpo Nacional de Policía aparcado na Avenida da CoruñaCando un furgón da Policía Nacional entra en escea en Camariñas, algo estrano está a suceder. Nada habituados a ver persoal do citado corpo policial polas súas rúas, os veciños da Vila das Palilleiras ficaban intrigados ao ver na mediatarde deste chuvioso e desagradable venres 6 de xullo un dos seus furgóns na Avenida da Coruña, nas inmediacións do antigo Xulgado de Paz. E máis cando do mesmo baixaban varios axentes xunto a tres persoas de apariencia andina no medio dun forte operativo de seguridade que chegaba a incluir a membros da Guardia Civil. Tratábanse de tres cidadáns de nacionalidade peruana, dous homes e unha muller, que foran detidos na mañán do día de autos na cidade de Ferrol por pertencer supostamente a unha banda de asaltantes de negocios particulares. A explicación da súa presencia en Camariñas estaba constituida polo feito de que nun inmoble da Avenida da Coruña acabaran de alquilar durante a semana anterior un piso, unha presunta base loxística dende a que perpetrar as súas operacións na Costa da Morte.  Nembargantes debe recalcarse que os investigadores que se adicaron a rexistrar o piso aparentemente non atoparon probas dunha actividade delictiva. En todo caso, e por si xa non nos chegaba cos nosos asaltantes de negocios particulares autóctonos, van e aparecen estes. Éramos pocos y parió la abuela.