• Grave incendio forestal entre Camelle e Arou

    Veciños de Arou contemplan preocupados o avance do lume que ameaza as súas casas

    A plaga de incendios que asolou Galicia este verán acabou por recalar finalmente no Concello de Camariñas. Eran sobre as 14:00 deste luns 23 de setembro de 2013 cando un grave incendio se declaraba na zona da Portela e a Lagoa, na parroquia de Camelle para ao pouco extenderse cara a outra vertiente do monte e situarse á altura da Estación Depuradora de Augas Residuais, sita a carón do porto de Arou. Dada a envergadura do lume, xa dende un primeiro momento desplazáronse ata o zona varias patrullas contraindencios incluida a propia do Concello de Camariñas que se atopaba noutro lume en Santa Comba, voluntarios de Protección Civil de Camariñas, a Guardia Civil e ata dous helicópteros e un hidroavión de loita contra o lume. Eran as primeiras horas da sobremesa cando lapas de certa magnitude descendían ameazadoras polo monte en dirección ás casas situadas nas inmediacións do porto arouán e os seus propietarios comenzaban a regar os terreos próximos por precaución.
  • Don José Álvarez Santos, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

    Don José Álvarez Santos deixou este mundo o xoves 19 de setembro de 2013

    Cando o verán estaba a piques de chegar oficialmente ao seu fin, a escasos días dun novo outono, sorprendía a morte na súa casa de toda a vida ao xaviñán José Álvarez Santos, máis coñecido por Pepe de Moreira. Este fatal acontecemento producíase este xoves 19 de setembro como consecuencia inevitable dunha longa enfermidade pulmonar.. Tiña o Señor Pepe oitenta e seis anos, estaba solteiro e non tiña fillos, aínda que como ben saben en Xaviña foi como un pai para a nosa querida amiga Raquel da Torre, á que cuidou e apoiou toda a vida como si fora unha filla da súa propia sangue. O seus restos mortais están sendo velados na súa casa do Sixto, ata que cara as 18:00 horas da tarde deste venres 20 de setembro de 2013 teña lugar o funeral de corpo presente na Igrexa parroquial de Santa María de Xaviña. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame para todos aqueles que quixeron sinceiramente en vida a Pepe da Moreira. Don José Álvarez Santos, Descanse En Paz.
  • Dona Pilar Barcia Gerpe, Descanse en Paz

    Dona Pilar Barcia Gerpe deixou este mundo na madrugada do mércores 11 de setembro de 2013

    Este ventoso mércores 11 de setembro de 2013 trouxo consigo en Camariñas unha noticia que causou fonda aflicción en moitos dos corazóns da vila: aos seus 69 anos e despois dunha tenaz loita durante os derradeiros meses contra unha grave enfermidade deixábanos Dona Pilar Barcia Gerpe. Persoa de bo corazón e moi querida en Camariñas, veciña da Rúa Pinzón, traballou no duro oficio de mariscar ata a súa xubilación, sendo cara as catro de mañán cando deixou de existir. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo ata as catro e media do xoves 12 de setembro, momento no que emprenderán a súa viaxe final ata a Camariñas da súa alma, onde a partires das 17:00 horas terá lugar o funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Viúva, deixa Señora Pilar dous fillos e unha filla, aos cales dende Camarinas.eu xunto a demáis familiares e amigos trasladamos o noso máis sinceiro pésame e apoio nestes duros momentos. Dª. Pilar Barcia Gerpe, Descanse En Paz
  • Botellóns moi perigosos no Parque Infantil de Camelle

    Así apareceu perigosamente esta semana o parque de Camelle ao lado mesmo da Escola de Primaria
    A imaxe en verdade non podía ser máis idílica: un matrimonio newyorkino de clase alta celebra un picnic de cesta e mantel nun paradisíaco parque público. Rodeados dun céspede impecablemente trasegado, flores en ebullición e frondosas árbores, forman unha parexa de ensono: forte, robusto, co cabelo de raia o lado engominado e os pelos do peito asomando por debaixo da camisa de manga corta, sen esas modernidades que acabarían por vaciar e convertir en algo rídiculo o prototipo masculino uns anos despois, el; anxelical, modosa e dunha beleza case sobrenatural, monótona de tan perfecta, ela; dous fillos fermosos e sanos completan o cuadro. Entón, unha vez rematado o picnic, sen pararse a pensalo nin unha soa décima de segundo, Don Draper levántase e lanza polos aires a lata de cervexa recén finiquitada, a esposa ideal interpretada pola modelo January Jones axita sen moitos miramentos o mantel, deixando emporcado o céspede de restos de envases manufacturados, vanse para o coche e parten para a súa vida de extrarradio de clase alta. Se por algo non deixa de abraiar constantemente aos seus seguidores a serie "Mad Men" é pola súa perfecta, milimétrica, evocación dunha época e das súas costumes: se esto pasaba a mediados dos anos sesenta nos USA xa da pavor imaxinar o que podía acontecer naquela España.
  • Manuel Castiñeira - José Pasantes: D.E.P.

    Este mércores 4 de setembro tivo lugar o enterro de dous veciños de Camariñas

    Ás portas dun novo outono, na época na que comenza a caída das follas, o loito e o pesar voltaron a Camariñas con dous falecementos no mesmo día. O primeiro en caer era un veciño de Buría de toda a vida, o Señor Manuel Castiñeira Castro, que falecía este martes 3 de setembro de 2013 despois dunha longa e penosa enfermidade.  O seu corpo foi velado na súa casa familiar nas alturas de Camariñas onde podía verse na tarde deste mesmo martes unha longa ringleira de coches de amigos, familiares e veciños que presentaban os seus derradeiros respetos a este xubilado camariñán que aos seus 76 anos de idade deixaba unha esposa, Oliva e dous fillos. O seu enterro tiña lugar na Igrexa Parroquial de Camariñas este mércores 4 de setembro de 2013 a partires das 18:00 horas.
  • Cabodano do falecemento de Javier Temprano Quiza

    O xoven Javier Temprano Quiza faleceu traxicamente hai case un ano en Lanzarote

    Foi unha desas tráxicas mortes de xóvenes camariñáns que cada certo tempo sacuden o noso concello: rapaces con toda a vida por diante que por mor dun acontecemento drámatico deixan este mundo, sumíndonos a todos nunha dor profunda e inconsolable. Era a tarde do 6 de setembro de 2012 cando dende os medios de comunicación canarios se alertaba que un xove da Vila das Palilleiras desaparecera mariscando no lugar de Charco de San Martín, Illa de Lanzarote, noticia confirmándose ao cabo dunhas horas que o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Guardia Civil (GEAS) atopaba o seu corpo sen vida. Un duro golpe para a súa familia e amigos e en xeral para todo Camariñas quevía como outro dos seus xóvenes se nos ía por un accidente fatal.
  • Misteriosa mancha tóxica no Río Porto

    Misteriosa mancha contaminante no Río Porto á altura de Cereixo

    No mesmo día no que se facía público que a central nuclear de Fukushima evacuara recentemente augas fortemente radioactivas cara o Mar do Xapón unha estrana mancha amarronada fixo irrupción nas tranquilas augas do Río Grande ao seu paso pola Ponte do Porto. Eran as dúas da tarde deste mércores 21 de agosto de 2013 cando os veciños que daban o seu habitual paseo polo paseo fluvial porteño, máis ou menos á altura do Pub Desierto, comprobaban con sorpresa como un noxento hedor subía dende o río. Forte e desagradable non tardou en causar picores nos fuciños porteños que asomaban pola barandilla para constatar a orixe do cheiro. Puideron ver unha marcha viscosa, flotante sobre as augas, de cor marrón e en principio bastante semellante ao fuel. Postos en alerta polo desacostumado desta presencia indesexada nunhas augas prístinas e hixiénicas polo ordinario decidiron dar aviso ao Seprona.
  • 1º Cabodano de Aarón Rojo Luaces

    Este sábado 6 de agosto de 2013 todo o Concello de Camariñas lembrará a Aarón

    Agora que Galicia a duras penas se sobrepoñe á terrible masacre acaecida nas vías do tren de Santiago de Compostela o 24 de xullo, se houbo unha desgracia que golpeou dun xeito brutal ao Concello de Camariñas ao longo de 2012 foi sen dúbidas o falecemento en fatal accidente de tráfico do xove xaviñán de 18 anos Aarón Rojo Luaces. Foi nas primeiras horas dun sábado 4 de agosto, cando voltaba como coopiloto dun turismo da Festa de Carantoña ca mala sorte de aquela viaxe había de ser a última para tan gran rapaz, estudioso e  traballador, respetuoso e educado, seguindo a estirpe clásica da veciñanza xaviñana.
  • Incendio no Barrio da Portela, Camelle

    O Concelleiro Juan Carlos Canosa contemplando as labouras de extinción do incendio

    Cando un concelleiro está ao que hai que estar, centrado no seu traballo, pendente de axudar aos seus conveciños e non perdido en loitas de poder dentro do seu partido político que só afectan aos directamente interesados, reclamando a grandes voces o dereito do seu xefe a un salario digno a conta do contribuinte, entón é o primeiro en presentarse en calquer pequeno incidente que aconteza dentro da súa xurisdicción electoral. Para non ir máis lonxe este domingo 28 de xullo de 2013, sobre as 17:00 horas, declarouse un incendio no Barrio da Portela, en Camelle. Axiña se puxo en marcha un dispositivo de emerxencias que levaba ata o lugar do suceso á Protección Civil de Camariñas, a unha brigada forestal e á Garda Civil, así como aos concelleiros Juan Carlos Canosa Marcote e a Sergio Caamaño, os cales se presentaban raudos no citado enclave camellán para comprobar in situ o estado da situación.
  • Manuel Martínez Mouzo D.E.P.

    Manuel Martínez, un burián de toda  a vida que pasa a mellor vida

    Eran as 8 da mañán deste venres 12 de xullo de 2013, cando na súa casa de Buría de toda a vida Manuel Martínez Mouzo sufría un infarto repentino. Trasladado de urxencia ata o Hospital Universitario de Santiago de Compostela, cidade na que reside a súa filla e o seu xenro o Estudiante, pouco máis podían facer os facultativos que certificar a súa morte. Íase deste xeito aos 67 anos este veciño burián que despois dunha vida de duro traballo disfrutaba do máis que merecido lecer da súa xubilación. Deixa Don Manuel un fillo e unha filla aos que dende esta redacción damos o noso máis sentido pésame e aninamos aos nosos lectores a apoiar á súa familia no velatorio que está tendo lugar na súa casa do Barrio de Buría. O enterro terá lugar este sábado 13 de xullo ás 16:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Don Manuel Martínez Mouzo Descanse En Paz.
  • Andrés Ramos Canosa DEP

    O noso querido amigo Andrés Ramos deixounos definitivamente este luns 1 de xullo

    Este luns primeiro de xullo de 2013 a redacción de Camarinas.eu recibía preto das 12 da noite a triste noticia que anunciaba a morte prematura do noso querido amigo Andrés Ramos Canosa de 66 anos de idade despois de loitar durante moito tempo contra un letal cáncer que ao final levouse por diante a este camariñán exemplar. Andrés, veciño de Camariñas sempre afable e cordial, traballou durante toda a súa vida no mar ata que fai uns anos se xubilou para descansar dunha vida de duro traballo. O sepelio do noso amigo será celebrado na tarde deste mércores 3 de xullo de 2013 ás 5 e media da tarde e está sendo velado nestos instantes na súa casa de toda a vida no barrio de Corea. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia do noso querido amigo Andrés, especialmente á súa dona Maruja e aos seus fillos Mari Carmen, Andrés e Gabriela.
  • Brutalidade Policial contra un camariñán

    Anguriante imaxe de Anxo depois de ser brutalmente agredido pola Policía NacionalNon contentos con facernos pagar os impostos máis altos de Europa a cambio de nada, de impoñer de forma constante e ininiterrumpida novas subidas impositivas, de voltar a incrementar o precio da enerxía, os políticos que nos gobernan esixen silencio e respeto: acostumados dende sempre ás maiores tropelías e escándalos queren un pobo soberano postrado e humillado aos seus pes e cando un forte continxente de mariñeiros, se xuntan para protestar pola enésima tolería dos mandameses políticos que nos gobernan na Xunta de Galicia, mandan aos  seus batallóns policiais para que os protexan da temida masa a pau limpio. Incluso recurrindo a golpear salvaxemente a un rapaz menor de idade que non facía outra cousa que acompañar a seu pai nun acto no que este defendía o seu dereito a gañarse dignamente a vida.
  • Accidente dun percebeiro nas Baleas

    Momento en que o noso querido amigo O Petrallo está sendo atendido polo servicio de urxencias

    Tensos momentos de incertidume e angustia os que se viviron en Camariñas na mañán deste 25 de xuño de 2013. Era pouco despois do mediodía cando á redacción de Camarinas.eu chegaba a noticia de que un percebeiro se atopaba desaparecido nas inmediacións de Reira: trataríase dun antigo experto deste perigoso oficio que desaparecería no entorno das Baleas. Poñíase en marcha de inmediato un operativo de Protección Civil de Camariñas , da Guardia Civil así como dun equipo médico chegado a bordo dunha ambulancia que se presentaban no citado areal camariñán. Alí comprobaban con alivio como o noso querido amigo, o percebeiro santamariñán o Petrayo, esvarara nunha das rochas das Baleas rompéndose ao momento a tibia e o peroné. Dado a baixamar reinante en Reira, os facultativos xa o trataban sobre as mesmas rochas e axudados polos seus compañeiros de singladura transportaban ao convalecente ata a Punta do Boi e posteriormente cara a terra, onde a ambulancia estaba xa lista para levalo ata o centro hospitalario máis cercano. Remata así polo tanto un suceso que felizmente non pasou a maiores e que traerá como maior consecuencia un forte susto, unha gran dor e un período esperamos breve de convalecencia para un percebeiro experimentado como o noso querido amigo o Petrayo.
  • José Lavandeira Vieites D.E.P.

    José Lavandeira Vieites faleceu este venres 21 de xuño de 2013 - Foto: SD Camelle

    Un tráxico e estrano falecemento conmociona a vila de Camelle este venres 21 de xuño de 2013. Ao longo desta mesma mañán podíamos saber que un dos seus máis sinalados veciños, propietario dun local mítico na vila camellana, actual tesoureiro do seu renacido e victorioso club de fútbol local así como militante histórico do PP de Camariñas, José Lavandeira Vieites, coñecido popularmente como Pepe do Chalana, falecía aos seus 49 anos no Hospital Universitario da Coruña. Hosteleiro dun local recoñecido e exitoso, rexentador do céntrico e histórico Restaurante Chalana, acudía Pepe hai pouco máis dun mes a operarse dunha hernia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e por razóns que aínda descoñecemos dende aquela quedou en estado de coma tendo que ser trasladado ao hospital herculino ata que na mañán deste venres se producía o fatal desenlace. Falecía desta forma, aínda con moita vida por vivir, relativamente xoven, un dos veciños máis queridos e carismáticos da vila máis septentrional do noso concello sumindo á mesma nunha dor profunda e un estupor incomprensible por tan desgraciado acontecemento. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Costa de Vimianzo e o seu funeral de corpo presente terá lugar este sábado a partires das 20:30 horas, en todo caso vaia dende aquí o noso máis sinceiro pésame e apoio aos seus familiares e amigos. D. José Lavandeira Vieites, Pepe do Chalana, Descanse En Paz.
  • Manuel González Pérez "O Rancho" D.E.P.

    Aos seus 63 anos falecía este domingo 9 de xuño Manuel González Pérez O Rancho

    Vaise outro home de mar dos de toda a vida, deses que contribuiron a esculpir a base de salitre o carácter único de Camariñas. Eran as sete e media da mañán deste domingo 9 de xuño de 2013 cando no Hospital antigamente coñecido como Juan Canalejo, na cidade da Coruña, falecía o noso gran amigo Manuel González Pérez, coñecido popularmente na Vila dos Encaixes dende que un ten uso de razón como "O Rancho". Facíao aos 63 anos acompañado da súa familia e a causa de complicacións graves de última hora na enfermidade que viña sufrindo nestes últimos tempos. Despois de toda unha vida faenando en distintas embarcacións do porto camariñán, duns anos a esta parte estaba O Rancho xubilado polo mar e así podíamos velo habitualmente ca súa esposa Maruja e algún dos seus catro netos, polos que literalmente toleaba, paseando en domingos e días festivos polo Paseo Marítimo camariñán, nunca lonxe dese mar ao que adicou toda a súa existencia e no que o podíamos ver e departir amigablemente con el non hai moito. Vaise polo tanto para gran desgracia de Camariñas outro dos seus lobos de mar. Actualmente os seus restos mortais están sendo velados na casa familiar da Rúa do Castillo dende a que este luns 10 de xuño ás 17:00 sairá a comitiva fúnebre cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo.  Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a súa esposa e fillos, María e Jose "O Rancho Jr", gran amigo e colaborador dende sempre desta redacción. Don Manuel González Pérez "O Rancho" Descanse En Paz e que Deus che teña na súa Gloria.
  • Escándalo: Roubo dos arcos da Danza

    Lugar onde estaban depositados os arcos da Danza de Camariñas

    Golpe sen precedentes á Festa do Carme. Faise moi difícil atopar nos archivos un antecedente que iguale en vileza e desvergonza aos feitos que acaban de poñer a gran festa de Camariñas ao borde do precipicio para o ano de 2013. Era pouco despois das 12:00 do mediodía deste xoves 6 de xuño cando Camarinas.eu coñecía en exclusiva que os arcos da Danza de Camariñas acababan de desaparecer do lugar situado no Espigón Vello no que estaban a remollo dende hai uns días. É coñecido por todos os que andiveron metidos en Comisións de Festas que os arcos da Danza, para que gañen en flexibilidade e consistencia e se ablanden un pouco, son cada ano postos a remollo nalgún lugar do Porto de Camariñas. Deste xeito hai uns días os xoves rapaces da nosa comisión cumprían con este ritual camariñán depositando os arcos para maior seguridade na zona pechada, habilitada cunha valla, onde está habitualmente atracada a lancha de salvamento, a Salvamar Altair.
  • Desembarcado un corpo en Camariñas

    Momento no que se desembarca o corpo sen vida achado en Touriñán

    A noticia saltaba preto do mediodía camariñán cando se filtraba que na zona de Cabo Touriñán fora localizado flotando sobre as augas un corpo sen vida. Desplazada de inmediato ata o lugar do suceso a embarcación de rescate con base en Camariñas Salvamar Altair, procedía a izalo a bordo e ao seu posterior traslado ao porto da Vila das Palilleiras. Chegaba preto das 12:00 da mañán deste desapacible e frío domingo 19 de maio. Desembarcado o cadáver no Muelle Novo, efectivos da Salvamar e da Guardia Civil transportaban nunha bolsa negra os restos mortais ata a Lonxa. Se ben nun primeiro momento descoñecíase no porto camariñán a identidade do falecido, posteriormente puidemos saber que se trataba dun veciño de Carballo, de 41 anos e nome Manolo, que en compañía dun amigo estaba a pescar nas inmediacións do Campo de fútbol de Muxía, cando tras resbalar nunhas pedras se precipitou ás augas, dando o aviso inmediatamente da desaparición o seu compañeiro de pesca deportiva, o cal pasadas ás 13:00 horas presentábase na rula camariñana para identificar o cadáver.
  • Juan Campaña Castro "O Corroso". D.E.P.

    Outro camariñán auténtico, de pura cepa, que se nos vai para sempre

    Dramático final de mes de abril de 2013 en Camariñas nos que a vila fica absolutamente conmocionada co falecemento de dous dos seus veciños máis queridos, máis respetados, máis definitorios dunha poboación e da súa forma de ser, de entender a vida, de vivir, que se nos foron das mans para sempre no breve lapso de 24 horas. Primeiro, o noso querido compañeiro José López Vázquez "Molina" e tristemente hoxe, víctima dun cáncer, outro gran amigo desta redacción, camarada do Café Bar Arnela: Juan Campaña Castro "O Corroso". Camariñán vinculado dende sempre o mar, foi propietario durante  longo tempo dun barco clave dentro da flota da Vila das Palilleiras, aquel que portaba o seu propio nome "Corroso". Afable, amable, respetuoso, sempre o podíamos ver no local emblemático de Corea ata que hai uns poucos anos a súa saúde comenzou a resentirse. Comenzou entón pouco a pouco unha recuperación paulatina pero imparable que facía que non hai moitos días o poidéramos ver cun aspecto fantástico no Arnela. Nembargantes unha neumonía fulminante nos dos seus pulmóns acabounos privando para sempre da compañía de Juan O Corroso aos seus 54 anos. Deixa esposa, dous fillos e dous netos, polos que literalmente toleaba. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente, como non, outro máis, en Vimianzo, e o seu enterro terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 1 de maio ás 16:00 horas. Triste noticia 3.000 de Camarinas.eu, a do falecemento dun amigo e compañeiro, outro máis que se nos vai para sempre. Juan, Descansa En Paz e que Deus o Noso Señor che teña na Gloria.
  • José López Vázquez "Molina". D.E.P.

    Foise Molina, o derradeiro cowboy de Camariñas

    O cliente asiduo do Café Bar Arnela que co seu sempiterno sombreiro de cowboy evocaba na memoria a imaxe do pontevedrés John Balan, o gran home orquesta do far-west americano, o coleccionista presumible récord guinnes que alá xa por setembro de 2008 levaba coleccionadas máis de 12 millóns de etiquetas de tabaco, posiblemente o maior fardo da historia, ou o talentoso actor vocacional, intérprete serio e contido dun programa da Televisión de Galicia. Todas estas facetas e moitas máis fóronse definitivamente para sempre na madrugada deste luns 29 de abril de 2013 co falecemento do noso querido amigo José López Vázquez, aquel que todo Camariñas coñecía agarimosa e popularmente como "Molina".
  • Accidente de coche na Ponte

    Impactante imaxe do coche accidentado na Ponte do Porto

    Unha das institucións máis senlleiras do Concello de Camariñas, o centenario Casino da Ponte do Porto, pouco máis e ve como un automóvil se lle empotra para adentro nun accidente ao máis puro estilo Hollywood. Acontecía o espeluznante suceso este aciago mércores 24 de abril, como prólogo macabro do drama que estaba a piques de desencadearse a non correr moitas horas nun ateigado estadio da Rexión de Renania-Westfalia, tal vez por elo chamado en tempos Westfalenstadion, onde un grupo de fornidos e potentes Superhomes Teutónicos (e un polaco) lle endilgaban unha escandalosa somanta á que decían era a mellor plantilla do mundo.  Visto o lamentable antecedente que acontecía no entorno urbano dun Casino tan senlleiro como o porteño, a escasos metros de ser derruido a base dunha alunizaxe motora, xa deberían empezar a tremer os aficcionados madridistas ante a que se lles viña enriba, sobre todo tendo en conta os precedentes históricos da institución en cuestión: partido en Alemania, tunda ao canto. Mércores 24/04/2013, o día que será lembrado como o da Infamia (Madridista).