A violencia de xénero e os seus perigos sempre estiveron aí, pero nos últimos anos os datos están a ser cada vez máis preocupantes. Pensar que na pasada corentena (14 de Marzo a 15 de Maio do 2020) un total de 18.700 mulleres foron atendidas mediante o número de teléfono especial dispoñible para estes casos ou mediante consulta vía correo electrónico, segundo Noemí López Trujillo para Newtral.es. A situación empeora na xente nova, naquela que supostamente debería mellorar. Durante o 2019 as denuncias por violencia de xénero nos menores de 18 anos aumentou un 21,4% segundo o INE (Instituto Nacional de Estatística) elevando o número de rapazas afectadas até o 1,5 de cada 1.000.
Por todo isto é cada vez máis imprescindible atallar o problema dende a educación e crear espazos que inculquen os valores da igualdade de xénero nos máis novos para solucionar o problema. Con este propósito nacen no Concello de Camariñas unha serie de actividades dirixidas especialmente ao alumnado dos centros educativos e que se levarán a cabo durante este mes de Marzo que está a piques de dar comezo.
A primeira delas será a campaña “A Biblioteca Violeta”. Nela, dende a biblioteca municipal, realizarase unha selección de libros, manuais e materiais audiovisuais que tratan e educan en materia de igualdade. Estes resumiranse nun folleto que será repartido entre todo o alumnado do concello.
Nos centros de educación infantil e primaria propoñerase unha adaptación do conto “A Ratiña Presumida”. Nel trátanse temas como as relacións saudables, o amor propio e a igualdade de xénero a través dunha narración cun formato similar ao da fábula. Outra das actividades será o obradoiro de ilustración “O Lapis Violeta”. Destinado ao alumnado de 5º e 6º de primaria terá lugar nos días 5 e 12 de Marzo e nel afondarán nos valores e fundamentos da igualdade de xénero a través do debuxo. Unha vez rematado o obradoiro levarase a cabo unha exposición virtual co traballo desenrolado polos alumnos participantes.
Por último, se as condición climatolóxicas o permiten, o día 8 de Marzo presentarase no CEIP Ponte do Porto un mural en homenaxe a todas as mulleres. Con el irá tamén un vídeo onde os artistas encargados de pintalo explican o proceso de deseño e elaboración, así como os medios cos que contaron para levalo a cabo.
Estas actividades serán maioritariamente de carácter virtual para manter a seguridade dos seus participantes fronte a situación sanitaria actual.
Este xoves 25 de novembro de 2010 pasará á historia de Camariñas como o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero máis activo que recorda en moitos anos. Xa pola mañán todo aquel que se acercase pola Casa do Concello ou pola Casa de Pedra podía observar como a gran maioría das traballadoras municipais portaban un lazo violeta prendido das súas roupas como forma de concienciación na loita contra a violencia de xénero, pero nembargantes o máis importante estaba por chegar cando nunha xélida tarde de outono, desas nas que un vento nordeste corta as poucas caras que osan aventurarse fóra dos seus fogares, tivo lugar unha manifestación que baixo o lema "Abramos os ollos, ¿cantas mulleres asesinadas máis?" percorrío as rúas de Camariñas e agrupou a unhas cantas ducias de veciñ@s, cunha nutrida representación política e acabou ante a Estatua adicada á Muller Traballadora, en pleno Distrito de Corea, onde se leío un pequeno comunicado alentando á sociedade en xeral a combatir toda forma de maltrato de xénero. Asemesmo cómpre salientar a participación do Coro Municipal que interpretou algunhas pezas do seu variado repertorio. Unha vez acabado o acto, os participantes na manifestación partiron cun rumbos diversos nunha oscura e fría noite de Camariñas.