• Dona Palmira Bermúdez Valiña, veciña de Arou, Descanse en Paz

    Dona Palmira Bermúdez Valiña, veciña de Arou, Descanse en Paz

    Na mañán deste frio mércores 13 de marzo de 2019 a redacción de Camarinas.eu era coñecedora da triste noticia do falecemento da estimada veciña de Arou Dona Palmira Bermúdez Valiña aos seus 96 anos de idade. Dona Palmira de Cacholas, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a parroquia de San Bartolo de Arou está sendo velada na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a igrexa de Arou ás 17:15 horas da tarde deste mércores 13 de marzo de 2019 para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido será realizado o sepelio de Dona Palmira, unha das mulleres máis lonxevas do noso concello, no Cemiterio Veciñal de Arou onde os restos mortais de Dona Palmira terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de dona Palmira Bermúdez Valiña. Descanse en Paz.

  • Don Manuel Pérez Sánchez, veciño de Arou, Descanse en Paz

    Don Manuel Pérez Sánchez, veciño de Arou, Descanse en Paz

    Na mañán deste invernal xoves 31 de xaneiro esta redaacción era coñecedora da triste noticia que nos chegaba dende a nosa querida parroquia de Arou. O querido veciño da vila de San Bartolo Don Manuel Pérez Sánchez deixaba repentinamente este mundo aos seus tempranos 60 anos de idade. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Bartolo de Arou ás 15:45 da tarde deste venres 1 de febreiro. Xa no sagrado tempo de Arou será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio onde os restos mortais deste querido veciño de Arou terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Pérez Sánchez. Descanse en Paz.

  • Don Manuel Pose Vidal, veciño de Camelle, Descanse en Paz

    Don Manuel Pose Vidal, veciño de Camelle, Descanse en Paz
    Continúa o incesante goteo de tráxicas noticias que está a asolar todo o concello de Camariñas. Na madrugada deste domingo 11 de novembro falecía na súa casa o querido veciño de Camelle Don Manuel Pose Vidal aos seus 87 anos de idade. Os restos mortais de Don Manuel "O Moreno", tamén coñecido como O Taxista de Camelle, están sendo velados no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde serán trasladados cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle ás 15:45 deste luns 12 de novembro. Alí, no sagrado templo camellán, será celebrado o seu funeral de corpo presente para, acto seguido, realizarse o sepelio deste estimado veciño de Camelle. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño a toda a familia e amigos de Don Manuel nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.
  • Don Hermindo Pose Méndez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

    Don Hermindo Pose Méndez, veciño de Camelle, Descanse en Paz
    Día tráxico o deste luns 21 de maio na parroquia de Camelle trala confirmación da triste noticia da morte do noso querido amigo Don Hermindo Pose Méndez aos 52 anos de idade despois dunha dura loita contra unha terrible enfermidade que ao final levouse a vida deste xoven veciño de Camelle. O corpo sen vida de Don Hermindo, querido e respetado por todos aqueles que tivemos a sorte de coñecelo, está sendo velado no Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa do Espíritu Santo de Camelle ás 16:00 horas da tarde deste martes 22 de maio. Xa no sagrado templo camellán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Hermindo para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camelle. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Don Hermindo, especialmente a súa dona Isabel e a seu fillo noso amigo Hermindo nestes duros momentos que están a vivir. Don Hermindo Pose Méndez, Descanse en Paz.
  • Dona Celestina Vázquez Pose, veciña de Camelle, Descanse en Paz

    Dona Celestina Vázquez Pose, veciña de Camelle, Descanse en Paz
    Na tarde deste luns 26 de febreiro de 2018 a redacción desta web tiña coñecemento do falecemento da querida veciña de Camelle Dona Celestina Vázquez Pose aos seus 92 anos de idade confortada cos auxilios espirituais. O corpo sen vida de Dona Celestina, viúva de Cabo-Tajes, está sendo velada no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa do Espíritu Santo de Camelle na tarde deste martes 27 de febreiro ás 16:00 horas. Un cuarto de hora despois, chegado o cortexo fúnebre ao sagrado templo camellán procederase a celebrar o funeral de corpo presente de Dona Celestina para acto seguido realizar o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camelle onde os restos mortais de Dona Celestina terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Celestina Vázquez Pose, Descanse en Paz.
  • Dona Nieves Pérez Carracedo, veciña de Camelle, Descanse en Paz

    Dona Nieves Pérez Carracedo, veciña de Camelle, Descanse en Paz
    Este mércores 7 de febreiro de 2018 falecía na súa casa a querida veciña de Camelle Dona Nieves Pérez Carracedo aos seus 78 anos de idade. O corpo sen vida de dona Nieves do Piollo, como era cariñosamente coñecida en toda a vila camellana, está sendo velada na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle na tarde deste xoves 8 de febreiro de 2018 ás 16:15 da tarde. Pouco despois será celebrado o funeral de corpo presente de Dona Nieves no santuario camellán para despois ser celebrado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camelle onde os restos mortais de Dona Nieves terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Nieves Pérez Carracedo, Descanse en Paz.
  • Dona María Mouzo Bermúdez, Descanse en Paz

    Dona María Mouzo Bermúdez, Descanse en Paz
    Na tarde deste venres 13 de outubro falecía no Hospital Juan Canalejo da Coruña a nosa querida veciña Dona María Bermúdez Mouzo aos seus 86 anos de idade. Dona María do Prixelo, como era máis coñecida na nosa entrañable parroquia de San Bartolo de Arou, está sendo velada na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto. Dende alí sairán os restos mortais de Dona María cara a Igrexa de San Bartolo de Arou na tarde deste sábado 14 de outubro ás 15:45 horas para celebrarse despois o seu funeral de corpo presente. Vaia dende esta redacción todo o noso apoio nestes duros momentos a toda a familia e amigos de Dona María Mouzo Bermúdez, moi especialmente ao seu marido, noso querido e admirado amigo Chuco "O Prixelo" ao que lle queremos transmitir moita forza e todo o ánimo do mundo. Descanse en Paz.
  • Eleuterio Marcote Carracedo, Descanse en Paz

    Eleuterio Marcote Carracedo, Descanse en Paz
    Na tarde noite deste xoves 18 de xuño de 2015 a redacción desta web coñecía a tráxica morte do querido veciño de Camelle Don Eleuterio Marcote Carracedo. Don Eleuterio, de 77 anos de idade, falecía despois dunha longa loita contra unha enfermidade que ao final acabou coa vida do noso querido amigo. O corpo sen vida de Don Eleuterio está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá as 20:30 da tarde deste venres 19 de abril cara a Igrexa Parroquial de Camelleonde será celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Eleuterio, especialmente a súa dona Carmen, súa irmán Magarita así como aos seus sobriños e amigos desta redacción Macarena e Juan Carlos Canosa Marcote. Descanse en Paz.
  • María Bermúdez Mouzo, Descanse en Paz

    María Bermúdez Mouzo, Descanse en Paz
    Novo falecemento no Concello de Camariñas. Neste caso hai que irse para atopar a dor e o aflicción por un novo deceso na cara norte municipal, concretamente na vila de Camelle, onde falecía este xoves 25 de setembro aos seus 84 anos a Dona María Bermúdez Mouzo. Era dende hai tantos anos Señora María esposa dun coñecido taxista camellán, popularmente coñecido na vila máis septentrional do noso concello como o Moreno, e deixa catro fillos. Nestes momentos está sendo velada no Tanatorio San Vicente de Vimianzo dende onde cara ás 15:30 horas deste venres 26 de setembro de 2014 sairá a comitiva fúnebre con parada final na Igrexa Parroquial de Camelle onde se oficiará o funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame e condolencias cara os familiares e amigos de Dona María Bermúdez Mouzo, a cal sinceiramente lle desexamos que Descanse En Paz e que Deus a acolla na súa Gloria
  • Berta Marcote Pardiñas, Descanse en Paz

    Berta Marcote Pardiñas, Descanse en Paz
    Continúa o incesante goteo de decesos que tornan de tristeza a todo un concello. Na tarde deste domingo 14 de setembro de 2014 deixaba este mundo Dona Berta Marcote Pardiñas. Falecía esta querida veciña de Camelle na súa casa do Campo de Area da vila máis norteña do concello aos 80 anos de idade despois de pasar tantos anos encamada por mor dunha longa enfermidade. Dona Berta está sendo velada na súa casa e o funeral de corpo presente está previsto que se celebre ás 15:30 horas na Igrexa do Espírito Santo de Camelle dende onde partiran os seus restos mortais ata o Cemiterio Parroquial de Camelle para ser cristianamete soterrados. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Berta especialemte aos seus dous fillos. Descanse en Paz.
  • Segue a fulminante desertización da Praia de Arou

    Na que era a máis productiva pesquería do continente centroasiático, o Mar de Aral, a que marchou fui a auga e deixou unha estampa desolada de oxidadas estructuras ferruxentas languidecendo baixo o implacable sol do deserto. En Arou a que se fui dun día para outro fui a area, roubada tal vez por ese mar desaparecido do Aral e deixounos a estéril imaxe dun areal de bolos. Se nun caso a explicación da hecatombe cabe buscala nuns dirixentes soviéticos empeñados en sobreexplotar os cursos hídricos da zona con destino aos sedentos cultivos de algodón da veciña República de Uzbekistán, noutro sinxelamente cabe achacar a desgraza a peor sucesión de temporais de todo tipo dos últimos cincuenta anos e así o que era un activo seguro do Concello de Camariñas cando chegaba o verán, unha das mellores e máis prácidas praias da Costa da Morte, luce agora moribunda sen proveito algún para ninguén. Postos a buscar solucións ao drama, poucas alternativas se nos ocurren para tratar de revertir unha realidade apocalíptica, máis alá de que a mesma natureza, tal esas mesmas augas roubadas por enxeñeiros rusos nas estepas desoladas do centro de Asia, reintegren pouco a pouco o sustraído. E sen embargo, ca alma encollida ante os restos pedregosos da praia onde un tanto desfrutou, algo haberá que facer.
  • A praia de Arou convertida nun coido de bolos polos temporais

    Segundo contan as prediccións, o inxente conxunto xornalístico-gráfico composto polas reportaxes de Camarinas.eu adicadas aos temporais do inverno 2013-2014 poderían haber chegado ao seu fin. Con este de Cristina, a catarata máis desaprensiva de cicloxénesis explosivas da que se teña memoria deixaría paso a unha apariencia certa de clima benigno que, a salvo algunha que outra recaída inesperada, nos situaría ás portas mesmas dunha primavera. Con todo, este temporal crepuscular incidío dolorosamente nunha preocupante ferida aberta que se estaba a vivir en Arou e levouse consigo a pouca area que quedaba na súa en tempos fermosa e concurrida praia deixando un inservible coído de bolos de pedra. Unha vez perpetrada a catástrofe tan só queda conxeturar se co bo tempo e o reanudado normal ritmo das mareas a area volve pouco a pouco cara o litoral arouán. A posibilidade de incurrir en analoxía con certo mentecato subnormalizado que culpaba de certo diluvio universal ao Concello de Camariñas e botarlle as culpas, non sabemos, a ver,  alguén por ahí, ¿Costas do Estado?, lóxicamente está por completo descartada. Os ceos parece que voltarán a lucir pero o rastro do peor inverno das nosas vidas na Costa da Morte non pode ser máis demoledor: templos destruidos, casas unhas incendiadas, outras anegadas, embarrancamentos ucranianos, praias destruidas, casetas mariñeiras demolidas, embarcacións afundidas por ducias, paseos marítimos certamente quebrantados... Con todo o rastro de destrucción non queda ahí e agora en localidades como Arou obsérvase con preocupación o futuro, sobre todo despois de que cunha inversión tan descomunal como a levada a cabo en anos anteriores e que dotou a este coqueto enclave mariñeiro dun aspecto de óptima explotación turística, a base sobre a que pivotaba todo o conxunto, a súa espléndida praia, quedou completamente aniquilada, inservible coído de bolos. E sen embargo algo haberá que facer.
  • Espectacular accidente na carretera da Ponte do Porto a Camelle

    Nas primeiras horas deste venres 28 de febreiro de 2014 asistíamos novamente a un espectacular accidente na carretera que une a Ponte do Porto con Camelle. O suceso producíase cando  un rapaz porteño que se dirixía cara a poboación máis septentrional do noso concello a recoller a un compañeiro co que desprazarse a un curso saíase da calzada por razóns descoñecidas indo a estamparse de morros contra un riachuelo. Miragosamente, o conductor saía polo seu propio pe do vehículo accidentado, un Peugeot 206, e dirixíase andando cara a súa casa, onde tras notar unha persistente dor nunha perna trasladouse ipso-facto ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Foi tal o accidente,  que os responsables da compañía de seguros falan da necesidade de traer ata o lugar unha grúa especial que se faga cargo do rescate dun coche que se atopa nun terraplén cun desnivel de ata seis metros. Asesmesmo ata o lugar dos feitos, unha carretera tristemente famosa polos seus habituais accidentes de locomoción, xa con anterioridade desprazáranse a dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico que comprobaban aliviadas o aparatoso dun suceso no que, gracias a Deus, parece que non hai que lamentar maiores consecuencias que un gran susto, unha perna siniestrada e un coche desfeito.
  • Atopada unha foca na praia de Lobeiras en Arou

    A derradeira sorpresa da vaga de temporais que están a caracterizar o curso invernal 2013-2014 acontecía na tarde deste mércores 12 de febreiro en Arou cando unha foca aparecía na súa Praia de Lobeiras. Onte era avistada polos veciños e na mañán deste xoves xa algúns deles xa entablaban contacto ca mesma. Atoparon a un exemplar pequeno e ferido, polo que é necesario o inmediato desprazamento ata o lugar de especialistas do CEMMA, a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, a ONG que dende 1999 leva acudindo a socorrer o varamento na costa galega de mamíferos e tartarugas mariñas. O primeiro en dar noticia deste sorprendente descubremento era o camellán Ignacio Lobelos na súa conta do facebook. Con todo, non deixa este sorpresivo varamento de suscitar algunha que outra analoxía ca toponimia do lugar do seu varamento, a Praia de Lobeiras, quen sabe se en tempos remotos lugar de descanso ou tránsito de lobos mariños. Tal vez a resposta sexa outra e haia que buscala na remota Siberia, ao carón mesmo da cidade de Irkutsk, non lonxe da fronteira de Mongolia, no Lago Baikal, famoso pola profundidade e pureza prístina das súas augas así como por albergar unha das familias máis populosas de focas, a nerpa ou pusa sibírica, máis coñecida como "Foca do Baikal". Quen sabe si este animaliño ferido no curso dun dos temporais recentes de mar se achegou polas nosas costas buscando unhas augas puras, limpas, prístinas como as que bañan a Praia de Lobeiras para repousar un corpo dolorido e coller forzas cas que reemprender unha viaxe interrumpida.
  • Dous de Febreiro: Desastre na costa polo temporal

    Agora parece que xa non se fala moito deso, pero a historia dou para que uns cantos (bastantes) se encheran os bolsillos ao longo de todos estos anos negociando cos medos das boas e incautas xentes. Porque a verdade nós non sabemos como se encaixa a pamema do quentamento global, dos calores tropicais abrasadores, cun inverno que xa non só é como os de antes, senón posiblemente bastante peor. O máis dantesco en tres décadas, polo baixo. E non atenúa esta crencia xeralizada o feito de que o confort material, a protección humana fronte as agresións exteriores, se houbese disparado durante este tempo: se non, comparen aquelas ventanas, aquelas casiñas, aqueles rudimentarios coches, aquelas roupas de abrigo, de principios dos destartalados 80 co desenrolo da técnica humana actual. E aínda así, todos temos a impresión de que este inverno 2013-2014 pode con todo, arrambla co que atopa ao  seu paso, lugares comúns e tópicos artificiais metidos nas cabezas do electorado durante décadas a base de propaganda masiva incluidos. O derradeiro tombo en demoler todas e cada unha das campañas da Industria do Medo foi o que se estampou ca potencia propia dun linebacker dos Seattle Seahawks contra unha caseta do muelle de Santa Mariña. Ou calquera das que entraron nas casas e convertiron habitacións en piscinas en Camelle. Ou os que crearon pirámides exipcias con sólidos bloques de pedra no Paseo Marítimo de Arou. Se ata en Mera ou Santa Cruz, na costa da apacible Oleiros, a Policía Local víose obrigada a intervir e alonxar a viandantes e curiosos de alí de onde un mal tombo podía acabar na primeira plana de periódicos ou nos titulares dun telediario. E mentras tanto aquí ficamos nos: en chancletas e bañador, non vaia ser que nos derritamos cun golpe de abrasador calor sahariano.
  • O Faro de Camelle destruido por un forte golpe de mar

    Continúan a acontecer sucesos dramáticos na vila norteña do concello e esta mañá amanecía ferido o porto de Camelle por mor do máis letal dos temporales que asolou esta noite a todo o Concello de Camariñas. A sinal marítima que daba remate ao impoñente dique do porto camellán desapareceu de súpeto debido a unha baga de fortísmos golpes de mar que borraron do mapa para sempre ao coqueto fariño que iluminaba a punta do muelle máis septentrional do noso concello. Acontecía este suceso na noite máis desapacible dun ano 2014 que, pese a ser anunciado como o ano da recuperación económica, por estos lares está a causar máis estragos que gran parte do ano anterior e en tan só unha noite rexistráronse máis incidentes en toda a costa que en todos os archianunciados temporais e cicloxénesis anteriores. Polo momento, no que respecta a Camelle, tan só pudemos certificar a desaparición da señal marítima do seu porto debido a este forte temporal aínda que sí houbo outras incidencias menores que non pasaron a máis. Esta tarde un operativo informativo de Camarinas.eu trasladarase ata Camelle onde tetará realizar unha reportaxe máis exhaustiva do acontecido.
  • Rescatados dous turistas cataláns en Camelle

    Momento no que os turistas cataláns eran rescatados pola chalana de Maximino

    Sobresaltado fin de ano na cara septentrional do Concello de Camariñas. Eran sobre as dúas da tarde deste pasado 31 de decembro de 2013 cando dous turistas procedentes da provincia aínda española de Tarragona se adentraban andando ata a punta do muelle de Camelle. Os incautos exploradores, sen decatarse do perigo que corrían debido as fortes marexadas con ondas de varios metros de altura que imperan na Costa da Morte estas semanas, foron sorprendidos por un forte golpe de mar que os arrastrou auga adentro quedando a mercede das correntes. Nesta situación límite, foi providencial a presencia ca súa chalana do noso amigo Maximino de Camelle que, raudo, percatouse do suceso e trasladouse ata o lugar dos feitos onde rescatou aos dous turistas que se atopaban a dous pasos mesmos de morte. Ata o lugar do suceso trasladouse pouco despois unha dotación de Protección Civil de Camariñas así como unha patrulla da Garda Civil que se fixeron cargo dos incautos aventureiros cataláns. Cando un, sexan sinxelas persoas anónimas ou pobos enteiros, se aventura de xeito irracional e irreflexivo por camiños descoñecidos, esto é o que soe pasar.
  • Ataque Eléctrico despiadado sobre Arou

    Tal vez todo remita a unha loita encarnizada entre antigas deidades, e un vingativo Thor, o Deus escandinavo do Trono, quixese gañarlle a partida ao Deus dos cristianos na súa data máis sinalada. Elo podería explicar como unha chuvia de raios se abatío sen compasión sobre o occidente atlántico galego, antiga terra cristiana, nos sagrados días da Natividade do Señor. Devastando templos, azotando casas, partindo en canal árbores. A pegada máis ameazante deste desencadeado ataque nórdico a vivíamos no noso concello máis ou menos ás mesmas horas nas que un raio fatal convertía en cinzas un dos máis refulxentes centros de peregrinación do catolicismo. Eran sobre ás 6:30 do mércores 25 cando un raio acertaba en cheo sobre a vivenda situada no número 32 da Rúa dos Páxaros de Arou, non lonxe do porto da localidade. Acabou con toda a instalación eléctrica da casa, fixo saltar a varios metros os térmicos dos cuadros, e deixou fóra de combate todos os electrodomésticos do fogar, a caldeira incluida. No exterior, aparte da antena que quedou calcinada, a bola de lume celeste tirou con parte da cornisa, co canalón e incluso abrío un burato na carretera. Na súa febre homicida, os danos colaterais extendéronse á luna dun coche estacionado en frente da vivenda, a cal quedou esnaquizada en diminutos fragmentos vidriosos.
  • Accidente de circulación na carretera Ponte do Porto - Camelle

    Cáseque no mesmo punto no que non hai tanto tíñamos que lamentar unha víctima mortal, voltou a haber un accidente. Ocurría esta mesma tarde, sobre ás 15:30 horas, cando na carretera que une as vilas de Ponte do Porto e Camelle un utilitario de marca Renault por causas en principio descoñecidas pero que fácilmente poderían reconducirse a un exceso de velocidade saíase da calzada e embestía violentamente contra a masa forestal que acompaña o camiño ata a poboación que perpetuou Manfred Gnadinguer. Por fortuna non houbo que lamentar danos personais e a conductora do vehículo saía polo seu propio pe do mesmo sen maiores consecuencias que un forte susto e un coche seriamente danado. Ao momento facían acto de presencia no lugar dúas motocicletas da Guardia Civil e a omnipresente patrulla de Protección Civil de Camariñas, sempre prestos a botar unha man cando a situación así o require. Tamén estaba alí o medio de comunicación que fixo do rastreamento intensivo e incansable do seu concello unha obriga moral para levar ata o derradeiro recuncho do mundo no que se atope un camariñán noticias frescas da súa terra. Desta volta e gracias a Deus, non houbo que lamentar as consecuencias.
  • Temporal de mar na costa de Camelle

    O mar saltou por enriba do dique de abrigo de Camelle debido ao temporal

    A imaxe desta semana, que preludia o que está por vir (un longo e cansino inverno de temporais, marexadas, frotas amarradas e tardes na casa, ou bueno, no bar tamén) foi captada este pasado luns 28 de outubro en Camelle. Unha estampa polo demáis típica do porto camellán: as olas sobrevoando o seu dique abrigo. Con todo poido ser peor xa que existía unha previsión de fortísima marexada con ondas de ata sete metros que finalmente quedaron no clásico mar de fondo camellán, capaz de remontar sen maiores inconvintes todo un flamante espigón novo, e que trouxo consigo cantidades industriais de algazo Da necesidade os camelláns fixeron virtude e así un importante remanente do mellor fertilizante mariño repousa fecundo sobre as terras máis septentrionais do noso concello. Este ano a colleita prevese abundante en Camelle, parroquia na que terra e auga conxugan os seus esforzos para incluso nas peores circunstancias deparar sempre algo grandioso.