• Crudo temporal de inverno en Reira

    Un temporal de mar, chuvia e frío en Reira

    Cando arrecia un forte temporal, Reira aínda está máis fermosa que nunca
    Cando arrecia un forte temporal, Reira aínda está máis fermosa que nunca

    Os redactores de camarinas.eu achegáronse na tarde deste sábado 12 de xaneiro ata a nosa querida Reira coa sana e lúdica intención de sacar unhas fotos complementarias para os Camariñas Beauty atrasados, unhas fotos que farán que vos chupedes os dedos, pero o temporal que alí atopamos dificultou sobremaneira o noso propósito de inmortalizar a estas dúas deusas da beleza. Pero eso sí, asistimos ao espectáculo inigualable dun temporal de mar, chuvia e frío en Reira, posiblemente o conxunto de praias e paisaxes máis fermoso do mundo.
    Para ver a noticia enteira pulsa na foto.

  • O vandalismo continúa en Camarinas

    Vista exterior da casa da familia Pereira enfrente da Panadería Garrote
    Vista exterior da casa da familia Pereira enfrente da Panadería Garrote

    Despois de queimar papeleras, containers e casas abandonadas ¿Cal será o paso seguinte?

    Os trasnoitadores (que non chiquiteros) que estaban a tomar unhas máis que merecidas copichuelas sabáticas nos pubs da parte alta de Camariñas, na madrugada do venres poideron ver con sorpresa como o camión de bomberos, un operativo de Protección Civil de Camariñas e a mesmísima Guardia Civil se movilizaban sobre a 1:30 da mañán para combatir un lume provocado polos pirómanos habituais na antiga casa da familia Pereira situada a escasos metros do famoso e peculiar barrio camariñán das Malvinas.


    Estos actos de vandalismo gratuito son obra dun grupo de adolescentes máis ou menos por todos coñecidos. Aínda que nestes casos a familia soe ser a última en enterarse, estos pais deberían facer un esforzo para saber o que realmente fan os seus fillos no seu abundante tempo de lecer, porque polo de agora o único damnificado foi o mobiliario urbano que todos costeamos cos nosos impostos, pero onte xa se dou un salto cualitativo prendendo lume a unha casa abandonada co risco conseguinte de que o fogo se expandira a outras vivendas, polo tanto a próxima vez xa non sabemos o que acontecerá.

    Tal vez a mellor solución para toda esta estupidez provocada por un ataque de pubertad incontrolada e dunha escasísima educación sería que alguén que sabe realmente o que está a acontecer llo dixera aos pais dos implicados, para que éstes  cun pouco de "mediciña casera" puxeran en vereda aos seus retoños. O mellor sería que se arranxe esto na casa antes de que teña que arranxalo un xuiz.

    Imaxe da calcinación producida polo gran incendio provocado polos vándalos
    Imaxe da calcinación producida polo gran incendio provocado polos vándalos

  • Debido ao gran numero de accidentes

    A denominada "curva de la muerte" xa está en mans dos técnicos da COTOP

    Imaxe de arquivo dun dos accidentes na curva do Grifo
    Imaxe de arquivo dun dos accidentes na curva do Grifo

    Despois de duras investigacións por parte dos reporteiros de camarinas.eu conseguimos poñernos en contacto con responsables do Concello de Camariñas e preguntarlles polo tema dos consecutivos accidentes que se están a producir na curva do Grifo, antes da Baldomera, e agora xa denominada "Curva de la Muerte".

    Os representantes do Concello estiveron en conversacións cos responsables de mantemento deste tramo de carretera que pertence á COTOP xa hai máis de dúas semanas. Dito organismo dependente da Xunta de Galicia enviou a técnicos cualificados para tratar de detectar posibles erros e buscar solucións a tanto accidente en tan pouco tempo, un auténtico misterio insondable. O Concello, de momento e mentras os técnicos da COTOP non atopen a solución, recomenda que se circule por ese tramo de carretera que está situado en frente da casa de Chuco "O Grifo" a unha velocidade reducida de 30 km/h para evitar posibles accidentes.

  • Novo acto vandálico en Camariñas

    A nosa Taller foi queimada e axusticiada este Domingo

    Neste estado quedou taller este domingo 24 de decembro
    Neste estado quedou taller este domingo 24 de decembro

    A papeleira máis famosa de España foi asaltada este domingo a plena luz do día e queimada na calle á vista de todo o mundo que pasaba pola rúa. Despois de engalanarse para poder asistir á cea de fin de ano que celebrarán os usuarios de camarinas.eu, algúns gamberros con moita envidia, quixeron axusticiar á nosa querida Taller para que non puidera desfrutar de semellante festa que se aveciña. Aínda que a primeira impresión que tivemos ao chegar xunta o cadáver de Taller foi que se queimara "a lo bonzo", suicidándose por algún dos sus típicos desenganos amorosos...

    Deixándonos de bromas, esto xa non ten xeito. Os tolos que están a queimar os containers e as papeleiras que están ao lado mesmo das casas deberían de estar na cadea antes de que ocorra algo moito máis grave, porque non pode ser que se poña en perigo a vida da xente honrada e traballadora de forma tan grave e irresponsable, e que non pase absolutamente nada, sin que ninguén mova nin un dedo para evitar que ocorra unha desgracia maior. Por agora tivemos moita sorte de que estes pirómanos non provocaran unha traxedia e non teñamos que lamentar un incendio de algunha casa colindante, pero todo se andará... Como decíamos anteriormente esto xa non ten xeito. Vai sendo hora de que camarinas.eu volva a coller nunha man a pluma e na outra a espada...

    Pero según os últimos rumores pode ser que algún móbil oculto grabara todo o acontecido, imaxes que quedarán na recámara por se volve a pasar outro acto de vandalismo semellante. Imaxes que serán enviadas ás dependencias da autoridade civil pertinente coas caras dos culpables do ultraxe a Taller. Por esta vez deixarémolo pasar, pero se volve a ocurrir outra queima de mobiliario público a memoria de Taller exixirá xustiza...e vinganza. Que quede claro.

  • Vandalismo en Camariñas

    Contenedores queimados enfrente ao Bar José Manuel
    Contenedores queimados enfrente ao Bar José Manuel

    Unha nova moda: Queimar contenedores

    Xa fai uns meses que se está a poñer de moda entre algunha xente (non sabemos moi ben quen) queimar contenedores do lixo, sobre todo, os sábados á noite. Este sábado 15 de decembro uns cantos cidadáns exemplares quixeron queimar o gesto que había nos contenedores que están diante do Bar José Manuel antes de que os operarios da recollida do lixo os levaran á canteira. Bromas aparte, ao parecer, estase a poñer moi de moda entre varios xóvenes alocados queimar contenedores cando salen os sábados. Sen dúbida que estes actos vandálicos non son comúns entre a xuventude sana de Camariñas pero xa se sabe que, ás veces, pagan xustos por pecadores.

  • Xa van máis de 7 no mesmo sitio

    Outro accidente máis na Area da Vila

    Desta vez tocoulle a desgracia a un rapaz de Fisterra que saía de Camariñas pola fatídica curva do Grifo. Según nos contou este rapaz o seu coche empezou a dar bandazos coma se houbera aceite na calzada, ata que saltou polo terraplen do paseo marítimo e fui empotrarse contra un banco de madeira.

    Desde logo que esta xeira de accidentes no mesmo lugar está a ser noticia cada día con outro novo sinistro. Desde camarinas.eu queremos recalcar que esta zona está en obras e que se debe pasar con moita precaución por ela, pero tampouco estarían de máis unhas cantas señais máis...ao parecer a xente non as ve ben. Pulsa na en ler máis para ver outra foto do sinistro.
  • Accidente na curva do Grifo

    Outro accidente no mesmo lugar en un día

    Ao lugar desprazouse unha patrulla de Atestados e Protección Civil
    Ao lugar desprazouse unha patrulla de Atestados e Protección Civil

    Non sabemos a que se debe exactamente a serie de accidentes que se produciron hoxe no mesmo sitio, pero de seguro que o débil orballo que estaba a caer e a fina aréa que están a producir ás obras de alcantarillado novo teñen algo que ver.

    Ata o lugar dos sinistros desprazouse unha patrulla de Atestados da Garda Civil para cubrir o parte xa que así o quixo o conductor do último dos accidentes. A pesar de todo, hai que ter moita precaución ao conducir por este lugar debido ao seu xa fatídico porcentaxe de sinistros. Ademáis, se sumamos á esta porcentaxe o estado en obras da carretera e os orballos que impregnan o asfalto dunha fina película resbaladiza danos como resultado esta larga lista de accidentes.
  • Camarinas Seculo 21

    Denuncia da situación dunha cañería na Agra de Abaixo

    Os veciños da parte sur da Avenida Juan Carlos 1º situada na zona da Agra de Abaixo levan queixandose varias veces ante camarinas.eu do fedor e cheiro provocado por unha cañería que desauga nunha gavia aberta, ao aire libre e ao lado mismo das casas. Estes veciños poden ver circular as heces dos seus concidadáns a calqueira hora do día, e os ratos están a adueñarse desta transitada calle de Camariñas. No video podedes apreciar o estado no que Diego Alonso atopou esta gavia, o que non si non podedes comprovar é o cheiro impresionante que sae deste urinario a ceo aberto.

  • Stolt Sea Farm: Empresas que non dan exemplo

    Stolt Sea Farm quere facerse de ouro en Camariñas a conta dos seus xa de por si explotados traballadores

    Hoxe ás 9 da mañá os traballadores de Stolt en Vilán concentráronse contra a empresa
    Hoxe ás 9 da mañá os traballadores de Stolt en Vilán concentráronse contra a empresa

    O 90% dos traballadores da pranta acuícola que Stolt Sea Farm ten en Camariñas, secundaron o paro convocado polo comité de empresa da firma Norueguesa xunto cos sindicatos C.I.G. e C.C.O.O. O paro foi un éxito a pesar das amenazas e presións que recibiron algúns traballadores por parte da empresa que se centrou en amenazar con despidos indiscriminados segundo informacións dos traballadores.

    É increible que estea a facer isto unha empresa que debería de ser un exemplo de bo trato aos seus traballadores e un pouco máis equitativa cos inmensos beneficios que multiplica ano tras ano e que está a ser subvencionada por Europa, Estado e Xunta con cartos públicos. Non falemos dos tratos de favor que recibe para implantar as súas factorías, porque, mentras a xente normal non pode construir a menos de 500 metros do mar, estes Noruegos constrúen as súas subvencionadas prantas en plena rede natura, tirando residuos probablemente contaminantes a 100 metros da mítica reserva de aves mariñas que é o Vilán de fora no que anidan as últimas especies de Arao Común.

    En fin, non lles basta a estes Noruegos de traxe e corbata con explotar os nosos recursos naturais se non que tamén explotan despiadadamente aos nosos traballadores, amén da súa nula implicación en obras sociais ou calqueira tipo de axudas no Concello de Camariñas, ao que estirparon para sempre parte da súa beleza natural.

  • Despiste dun yate de nacionalidad holandesa

    Yate holandés embarrancado na Vasa de Camariñas
    O Holandés Errante embarranca na Vasa. Hoxe, a primeira hora da tarde, fumos testigos dunha historieta realmente cómica: un yate de nacionalidade holandesa introducíuse na Vasa de Camariñas pensando que había calado suficiente. O caso é que chegou ata casi o final da Vasa cando empezou a baixar a marea ata que quedou totalmente en seco. Ahora tócalle esperar a que suba a marea... Pois como siga con esta pericia náutica a este paso vaille tocar seguir a estela daquel lexendario buque da mesma nacionalidade condenado a vagar eternamente polos mares...
  • Sucesos en Camarinas