• Ramón Pasantes Luaces DEP

    Ramón Pasantes Luaces deixou este mundo hoxe aos 61 anos de idade

    Semana tráxica esta na que está a transcorrer a extensa ponte da Constitución en Camariñas. Onte martes día 6 de decembro morría aos 88 anos de idade a nosa querida veciña Natividad Jaureguízar Isasi máis coñecida como Nati de Cerdeiras que acaba de ser enterrada este mércores no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas. E hoxe tamén, 7 do mesmo mes en curso a eso da 1 da tarde recibíamos a tráxica noticia do falecemento do noso querido amigo Ramón Pasantes Luáces debido a unhas complicacións definitivas que viña arrastrando hai uns meses e que hoxe acabaron coa súa vida. Ramón tiña 61 anos e deixa neste mundo a súa muller e aos seus dous fillos Moncho e Luís. O enterro de Don Ramón Pasantes realizarase este xoves 8 de decembro ás 3:45 da tarde na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas de onde partirá o corpo sen vida do noso amigo para descansar eternamente hacia o cemiterio parroquial. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias ás familias de Dona Natividad e Don Ramón. Descansen en Paz.
  • Tortugas mortas na lonxa de Camariñas

    O exemplares foron trasladados á lonxa de Camariñas polo pesqueiro BotinesEste luns 5 de decembro de 2011 producíase un feito sen precedentes no porto de Camariñas. A eso das 5 da tarde eran trasladados mortos dous exemplares de tortuga laud cara a nosa lonxa pola embarcación Botines con base en Camariñas. Como puderon comprobar varios membros do instituto CEMMA os animais levaban pouco tempo mortos e probablemente morrerían afogados debido a que se enliaron nuns aparellos. Estas tortugas de cerca de 250 kilos de peso cada unha foron remolcadas ata a lonxa de Camariñas e despois, certificada a súa morte polos expertos do CEMMA puxeron rumbo hacia o seu lugar de descanso final. Camarinas.eu estivo presente na chegada destes dous monstrous mariños ata o noso porto e móstravos unha serie de imaxes.

     

  • Germán Pasantes Vilas DEP

    Germán Pasantes era trasladado ata a lonxa acompañado polo Alcalde Pichurri

    Corría en Camariñas ao longo de todo este infausto domingo 13 de novembro de 2011 un vento desusado. Inusual, forte, salvaxe por rachas vendavaladas, estranamente quente. E entón foi cando tivo lugar a traxedia: o rapaz camariñán Germán Pasantes Vilas morría afogado ao naufragar a lancha na que saíra a faenar dentro da ría na compañía do seu pai. Eran sobre as 8 da noite cando se sentía por Camariñas o aleteo forte e estremecedor do helicóptero de salvamento sorprendendo a unha veciñanza adicada en aqueles momentos a contemplar desperdigada polos bares da vila as evolucións do derby galego que enfrentaba ao Deportivo da Coruña e ao Celta de Vigo. Ráfagas de luces aéreas peinaban desesperadamente a zona da Praia de Cedeira, a carón da centenaria fábrica conserveira, lugar onde tras abrirse unha vía de auga fórase ao fondo a pequena lancha na que Germán mailo seu proxenitor se atopaban, salvándose o pai dunha morte segura gracias a que sabía nadar. Unha vez en terra e ca anguria propia de quen teme pola sorte do seu querido fillo dou a voz de alarma e poñíase en marcha o dispositivo de salvamento. Pero nada se podía facer, finalmente atopábase non lonxe da rampa de Cedeira o corpo de Germán sin vida preto das 22:00 horas. Dende alí foron trasladados os seus restos mortais ata a lonxa de Camariñas onde supoñemos que foi certificada a defunción do noso querido amigo polo xuiz de turno. A redacción de Camarinas.eu quere expresar o seu máis sentido pésame á familia e amigos de Germán. O enterro deste rapaz está aínda por determinar. Germán Pasantes Vilas DEP.
  • Aviso de temporal de vento 10-11

    As cámaras de TV de La Sexta estiveron en Camariñas para comprobar a potencia do temporal de ventoÉ incrible a cantidade de noticias que un redactor que subscribe o presente artigo pode captar nun sinxelo traxecto que vai dende o cansado lugar de traballo ata o dulce fogar. Nun lapso mínimo de 3 minutos pudéronse recoller ata dúas noticias totalmente diferentes sobre temas moi dispares. A primeira que vos vamos a amosar hoxe trata sobre a chegada ata terras camariñanas dun montante informativo do canle privado La Sexta que estaba a informar sobre o inminente temporal que azoutará as costas galegas entre hoxe e mañá, facendo un pequeno descanso este temporal o sábado para así continuar barrendo salvaxemente a Costa da Morte na xornada do domingo. Así que queridos usuarios, "abróchense los cinturones!" que a partir desta tarde os ventos chegarán a zoar tan forte que se aproximarán ata os cen kilómetros por hora. Cando as cámaras de TV aparecen pola nosa vila nunca se sabe o se nos podo caer enriba. Dende camarinas.eu, coma semprem recordamos que se tomen as medidas de seguridade pertinentes nestes casos.
  • Operación de Pedro Soneira Pasantes

    Pedro xunto ao seu filliño Samuel na exposición da Copa do Mundo en CamariñasEstán sendo momentos moi duros para todos os familares e amigos da nosa querida amiga falecida Dona Carmen González Pérez. Moita espera nun dos tanatorios de Vimianzo por parte da súa familia que agardará ata mañán as 3 da tarde para que toda a familia emigrante de Dona Carmen estea con ela nos seus últimos momentos nos que se celebre o sepelio. Aínda así, coa gran tristeza que tan fatídico suceso remarcou o rostro das nosas queridas amigos José, Karina e Nieves podemos ver aínda como estas dúas mulleres levan a perda da súa querida nai cunha enteireza sobrehumana. A toda esta tristeza temos que sumarlle a operación á que someteu esta mesma tarde o xenro de Dona Carmen e home da nosa Nieves por mor dun golpe na rodilla que o deixou no hospital Virxe da Xunqueira toda esta semana. Por eso, por non poder estar coa súa familia nestes momentos tan duros na vida destes nosos amigos, nos, aquí en Camarinas.eu queremos dentro do que cabe nesta terrible situación, dar tódolos ánimos a Pedro que, seguramente está a sofrir na súa soidade no hospital de Cee. Ánimo Pedro e familia! Recupérate pronto, estamos contigo!!
  • Dona Carmen González Pérez DEP

    Señora Carmen xunto ao seu home José e a súa inseparable irmán TeresaEran sobre as seis desta desapacible e fría tarde de outubro cando a redacción de Camarinas.eu recibía unha desoladora chamada anunciando a morte da nosa querida veciña Carmen Gonzalez Pérez. Douse a terrible casualidade de que a nosa querida usuaria Gelinita estaba na Coruña esperando na sala do hospital para visitar a Señora Carmen na súa habitación cando o médico salío pola porta e anunciolles a morte de Carmen. Señora Carmen de 68 anos de idade levaba uns días ingresada no Hospital Juan Canalejo da Coruña por mor das graves consecuencias que viña sufrindo debido a diabetes. Esta gran muller levaba xa moitos anos loitando contra unha enfermidade que atacaba a súa saúde repetitiva e gravemente ata que hoxe ás 17 horas a enfermidade pudo definitivamente con ela. Carmen deixa neste mundo ao seu home, noso querido amigo José de Xaviña e as súas dúas fillas Nieves e Karina (nosa querida usuaria Pión).
  • Consecuencias do temporal 26-10

    Unha marea descomunal foi unha das poucas consecuencias do temporal

    Pois ao final o forte temporal que azoutou toda a costa galega de punta a rabo pasou sen máis consecuencias por Camariñas que algúns árbores secos rotos e algunha tella que outra escachada polo chan en mil pedazos. Aos fortes ventos reinantes das 8 da mañán foise sumando unha intensa chuvia que facía o temporal si cabe máis espectacular ata que a eso das 3 da tarde comezou a remitir o vento quedando todo (como dicíamos na outra noticia que precede a esta) tan só nun día bastante inestable meteoroloxicamente falando. Pero unha das consecuencias que ás veces se nos escapa e que producen todos e cada un dos temporales que arrivan polas nosas costas nestas épocas son as inmensas mareas que encoran as paredes do muelle ata niveles nunca antes visto, consecuencia esta do arrastre de masa de auga que o temporal do sur conleva. Así podíamos vislumbrar a eso das 3 da tarde como as augas engulían casi por completo as paredes do poso do muelle ata casi chegar aos anclaxes do polémico "puente xaponés" que coroa o noso bonito paseo marítimo. Os alí presentes chegamos a temer que, de non parar de medrar as augas, o noso querido puentiño do poso do muelle sería arrebatado polas augas turbulentas que trouxo o temporal sen remdedio. Cousa por outra parte nunca mal vista por esta redacción despois de ver e escoitar como nas últimas semanas se produxeron lamentables, ridículas e por veces vergonzosas polémicas políticas sobre o mantemento deste noso "puente xaponés" que non fan máis que tirar basura por enriba do bo nome de Camariñas. En fin, que vos vamos a contar que vos non sepades. Deixámosvos con unhas imaxes das consecuencias do temporal de inverno do 26 de outubro de 2011.
  • Aviso de forte temporal 26-10

    O temporal de chuvia e vento está a caer forte esta mañá

    Despois dunha noite movida con uns ventos que zoaban bravamente sobre os tellados de Camariñas chegou a mañán e eses mesmos ventos convertéronse en furacanadas rachas que están a tremer intensamente por momentos polas rúas da zona. Segundo os partes meteorolóxicos e as diferentes páxinas web como windguru o temporal de vento e chuvia que azouta gran parte da costa galega disminuirá a súa intensidade a eso das 5 da tarde quedando sóamentes nun inestable día. Toda a flota pesqueira do litoral camariñán está fortemente amarrada ante as últimas previsións e fontes de Protección Civil de Camariñas consultadas por esta web indícannos que xa hai montado un operativo de vixilancia estando gran parte dos seus integrantes en alerta por si houbera que actuar en algún momento. Así e todo dende Camarinas.eu queremos recordar algunhas recomendacións para que este temporal pase sen máis sobresaltos como de que se revisen os balcóns e azoteas, andar o menos posible pola calle, coller o coche só en casos necesarios, e o máis importante, sentarse ben cómodo diante do teu ordenador favorito e repasar todas e cada unha das noticias de Camarinas.eu nun día que, a verdade, non da para moito máis.
  • D. Juan Tedín Arén DEP

    Juan Tedín Arén deixou este mundo o mércores 12 de outubro de 2011

    Este mércores 12 de outubro, Día da Pilarica e tamén Festa Nacional de España, falecía aos 88 anos de idade Don Juan Tedín Arén debido a unha grave enfermidade que o noso querido amigo levaba arrastrando xa fai uns anos e que acabou definitivamente coa súa vida. Don Juan levaba xa moito tempo retirado do que fora o seu traballo e pasión durante a súa vida: O Mar. Foi dende sempre un destacado lobo de mar de Camariñas sendo tamén armador de varias embarcacións entre as que destacou por enriba de todas o mítico barco "Caracol" que é aínda recordado por novos e vellos na nosa vila. O caso é que, debido a problemas técnicos derivados dunha actualización crítica do noso xestor de contidos, Camarinas.eu non pudo publicar a noticia da morte de D. Juan Tedín Arén no seu momento. A estas horas xa o noso vello amigo descansa para sempre no Cemiterio Parroquial de Camariñas e nos, dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Juán Tedín Arén. Descanse en Paz. Ata sempre.

     

  • Manolo Trillo Lemus DEP

    Manuel Trillo morreo este xoves 6 de outubro de 2011

    Este xoves 6 de outubro de 2011 falecía o que foi unha auténtica leyenda camariñana. Falecía aos oitenta anos de idade Manuel Trillo Lemus máis coñecido na nosa vila como Sujas. O Señor Manolo nacera nunha aldeiña de Vimianzo de onde ven para Camariñas sendo un bebé. Aquí crecío entre as correduiras da Rúa do Medio para despois, xa feito un mozo, casar coa que sería o amor da súa vida para sempre: súa muller Ruja. Despois viñeron os anos da emigración na próspera cidade británica de Londres onde tantos e tantos camariñáns levaron as súas ilusións e esperanzas. Alí, nese pais que a súa muller chamaba "O noso País" naceron as súas fillas e viviron gran parte da súa vida aínda que sempre lembraban a súa terriña nai. Cando se retiraron da vida laboral o matrimonio composto por Señor Manolo e Ruja voltou á súa querida Vila de Camariñas onde os podíamos ver sempre xuntos paseando pola vila ou en calqueira bar de Camariñas ata que este xoves Sujas perdeu unha dura loita contra unha longa enfermidade que viña padecendo dende anos atrás. O enterro celebrarase este venres 7 de outubro na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas a unha hora que está aínda por determinar. Dende Camarinas.eu queremos expresar a nosa máis sinceira condolencia a toda a familia e amigos de Señor Manolo. DEP.
  • Reinaldo Tajes DEP

    Foise noso querido amigo Reinaldo Tajes. DEPNa tarde do desapacible martes 30 de agosto, víspera de San Ramón, falecía sobre as 20:00 horas e despois de loitar duramente cunha grave enfermidade un dos grandes pioneiros da hostelería en Camariñas: o noso querido amigo e compañeiro Reinaldo Tajes, fundador do establemento que marcou un antes e un despois na Vila das Palilleiras: "Café Bar El Pinar". Dende hai uns anos, dende que a enfermidade se fixo forte no seu corpo, podíamolo ver paseando sempre xunto á súa dona María nunha cadeira de rodas polo Paseo Marítimo de Area da Vila  e departindo amigablemente co grupo de xubilados que tódalas tardes compareten vivencias en calqueira dos bancos que surcan o citado paseo camariñán.
  • Manolo Quintana López DEP

    Lembranza de Juanillo ao Señor Cruseiro

    Juanillo adica unha emotiva noticia a Manolo

    Na tarde do Domingo 21 de agosto, falecía Manuel Quintana López, máis coñecido como O Cruseiro, aos 88 anos de idade. O Señor Cruseiro etaba casado coa Señora Carmen Pasantes Mouzo (falecida fai case 6 anos) e pai de 5 fillos, Julio, Carmen, Loló, Victoria e Jose Manuel,  que faleceu sendo moi noviño por mor dunha enfermidade. O Cruseiro como o coñecían en Camariñas era un home de mar, un traballador auténtico, un home que o dou todo para sacar a súa familia adiante.
  • Fernando Martínez Romar DEP

    Fernando nunha das súas últimas imaxes na Sardiñada do Carmen

    Este martes 26 sobre as 11 dunha fría e pouco habitual noite de xullo noso querido amigo e veciño de Buría Fernando Martínez Romar sofría un fulminante ataque ao corazón que acababa coa súa vida mentras paseaba coa súa bicicleta á altura do Bar Gaviota. Fernando, de 44 anos de idade estaba solteiro e actualmente realizaba esporádicos traballos de transporte co seu pequeno tractor despois de toda unha vida adicada ás duras labores do traballo na construcción na empresa do seu irmán O Sariño. O corpo sen vida de Fernando atópase nestes momentos no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e será enterrado hoxe xoves 28 de xullo ás 7 da tarde no Cemiterio Parroquial de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias á toda a familia e amigos do noso amigo Fernando. Descanse en Paz.
  • Ramón López Gerpe - DEP

    Ramón López, nunha das súas últimas imaxes na comunión do seu neto Luis

    Semana tráxica no que respecta a accidentes e sucesos no Concello de Camariñas. Á amarga e siniestra morte de Ismael Romero Grela no accidente de circulación ocurrido o martes 28 de xuño sumouse este sábado noite outro grave accidente no que un turismo tripulado por dúas mulleres veciñas da Ponte do Porto salíase da calzada derrubando completamente un muro á altura da Piosa na parroquia de Xaviña. Unha delas salía malparada do fatal sinistro resultando gravemente ferida. E onte, a eso das 11 da noite recibíamos unha chamada da nosa gran amiga Ángeles López na que se nos informaba da morte do seu pai Ramón López no hospital comarcal de Cee por mor dunha grave enfermidade que levaba arrastrendo dende fai varios meses.
  • Falecemento de Javier Teijeira

    Javier Teijeira Brunet, o primeiro pola dereitaNa madrugada deste domingo 26 de xuño de 2011, no mesmo fin de semana no que un membro da súa familia contraía matrimonio na Ermita da Virxe do Monte, aos seus 98 anos, falecía en Pamplona o prestixioso doctor Javier Teixeira Brunet.  Estamos a falar tal vez dun dos camariñáns máis importantes da historia, a cuia altura únicamente poidamos situar aos irmáns Miguel e Ambrosio Feijoó Pardiñas, héroes militares do Exército Español na Guerra de Cuba. Nado en 1913 na súa casa familiar do Barrio do Campo, acababa a carreira de mediciña na Universidade de Santiago de Compostela e exercía primeiramente como médico pediatra nun pabellón de nenos con meninxite. Non foi ata 1954 cando empezou a exercer na especialidade na que adquiriría fama mundial: a electroencefalografía, a cal gracias ao esforzo e dedicación de profesionais como el empezou a ser considerada como especialdiade médica independente.
  • Ramón Antelo volve a casa

    Don Ramón poderá volver a xogar co Tommy, o canciño do seu neto AdriánDespois de máis de tres semanas ingresado nas urxencias do Hospital Universitario da Coruña, Don Ramón Antelo xa está por fin en casa. Foi o 21 de abril de 2011, xoves santo, día de resaca da épica e gloriosa victoria do Real Madrid na final de Copa, cando Ramón Antelo e o Ruso de Xaviña caían tráxicamente, ao ceder unha barandilla de Portos de Galicia, contra as escaleiras do Espigón Vello como paso previo a irse cara o mar. Mentras o Ruso era xa dado de alta no Hospital da Virxe da Xunqueira de Cee ese mesmo día, Don Ramón como consecuencia da forte contusión e da auga inxerida era trasladado ao hospital coruñés onde era ingresado nas súas urxencias. Alí durante máis dunha semana debío loitar duramente pola súa vida, pero finalmente as gañas de vivir deste vello mariñeiro xubilado camariñán puideron máis e así este luns 9 de maio era finalmente dado de alta e no transcurso da tarde voltaba ao seu fogar na Rúa Pinzón de Camariñas.
  • Estado de Ramón Antelo

    Don Ramón Antelo xunto ao seu neto Dani no día da súa comuniónMentras Ramón Antelo luita duramente pola súa vida no Hospital Universitario da Coruña, Portos de Galicia promete unha severa investigación e parece insinuar unha sombra de sospeita sobre o conxunto dos mariñeiros camariñáns. Entre medias, Alvarez-Campana atopou  tempo para interesarse persoalmente polo estado do principal damnificado da neglixencia criminal da que é directamente responsable o ente que el preside e así puido saber que Don Ramón permanece ingresado en urxencias dende a tarde do xoves santo, obrigado a recibir respiración asistida na UCI do hospital coruñés e que, dentro da gravedade da súa situación, nas últimas horas houbo boas noticias, recuperou por intres a súa consciencia e experimentou unha certa melloría.
  • Grave accidente no Espigón

    As escaleiras do Espigón Vello foron testigos da grave caída de Ramón AnteloDaba o mariñeiro retirado, veciño da Rúa Pinzón, Don Ramón Antelo o seu habitual paseo matutino cara o Muelle Novo de Camariñas. Afable e educado como sempre saúda aos coñecidos e párase a altura da ponte xaponesa do Poso do Muelle para facerlle caricias a un canciño impertinente e ladrador que pasea da man do seu dono. Desfruta dunha soleada e espléndida mañán de primavera e observa como pouco a pouco a explanada do Muelle Novo vaise cargando cos coches que visitarán a Mostra do Encaixe. Xa ao final do paseo de madeira recoñece ao Ruso de Xaviña, un vello amigo, e deciden botar unhas palabras xuntos: falarán do tempo, da victoria do Madrid na final de Copa, de si este ano virán visitantes á Mostra, quen sabe de que falarán... e para elo deciden apoiarse na barandilla que está ao inicio do Espigón Vello camariñán.
  • Os Lobos rondan Camariñas

    O noso redactor Bénder husmea intrigado os restos devorados dunha alimañaCara ás catro da tarde do pasado luns 28 de marzo tres lobos eran avistados por uns abraiados operarios municipais de obras na curva do camiño de terra que leva dende o  Lugar do Cotariño ata Penafreu, a escasos cen metros do Hotel Rústico. Uns poucos días antes un rapaz veciño da Rúa do Castillo reafirmábase unha e outra vez ante os seus moi escépticos maiores de que acababa de ver un lobo na parte traseira da súa casa. Entre medias de toda esta ameaza lobuna, a semana pasada o noso redactor canino Bénder husmeaba intrigado o costillar concienzudamente devorado dunha alimaña (¿un raposo? ¿un can? ¿un gato?) nunha beira do camiño que leva en liña recta dende Riás ata o Tilleiro, en plena Buría profunda. E como prolegómeno de toda esta suposta presencia múltiple do lobo en Camariñas, o mesmo día no que o último dos burros de Alvito Diéguez Sr. era aniquilado impunemente, un funcionario do concello cruzábase nas Carballas as oito da mañán cun exemplar provinte da Ensenada da Vasa.
  • Atraco en plena rúa de Camariñas

    Rúa na cal se producíu o atraco esta mañáUnha soleada mañán de primavera. Un vento quente do deserto que trae ata Camariñas esquencidos aires africanos. Unha muller, ama de casa, nai de familia, veciña da emblemática Rúa Pinzón, sube pesadamente a costa da Furoca cas bolsas do Gadis que darán de comer a unha humilde familia camariñana. Un alto no camiño co que recobrar o alento perdido, unhas bolsas que se pousan por un pequeno intre no chan. Entón, furtivamente, ao amparo da sombras provocadas polos altos muros que cercan un dos callexóns máis estreitos de Camariñas, un lóstrego ladronil surxe da nada e en décimas de segundo desaparece co bolso correndo costa arriba ca axilidade propia dun felino das sabanas africanas, ese mesmo continente negro recordado en Camariñas por un día de abrasador vento subsahariano. Corpos de seguridade que percorren as rúas na búsqueda do  sinalado como principal sospeitoso, un habitual destes menesteres presuntamente veciño da costa norte do concello. Unha pequena cantidade de cartos, tódolos datos identificativos, obxectos persoais de gran valor sentimental en paradeiro descoñecido, quen sabe se tirados nunha tajea olvidada unha vez sustraído o producto económico motivador do hurto. Unha denuncia no cuartelillo. Un veciño da cara noite do concello (¿o principal sospeitoso?) que solicita amparo legal gratuito e perxura, por enésima vez ante o enésimo suceso de parecidas características, a súa inocencia. Estrana mañán de inhabitual vento abrasador africano.