• Escándalo: Roubo dos arcos da Danza

    Lugar onde estaban depositados os arcos da Danza de Camariñas

    Golpe sen precedentes á Festa do Carme. Faise moi difícil atopar nos archivos un antecedente que iguale en vileza e desvergonza aos feitos que acaban de poñer a gran festa de Camariñas ao borde do precipicio para o ano de 2013. Era pouco despois das 12:00 do mediodía deste xoves 6 de xuño cando Camarinas.eu coñecía en exclusiva que os arcos da Danza de Camariñas acababan de desaparecer do lugar situado no Espigón Vello no que estaban a remollo dende hai uns días. É coñecido por todos os que andiveron metidos en Comisións de Festas que os arcos da Danza, para que gañen en flexibilidade e consistencia e se ablanden un pouco, son cada ano postos a remollo nalgún lugar do Porto de Camariñas. Deste xeito hai uns días os xoves rapaces da nosa comisión cumprían con este ritual camariñán depositando os arcos para maior seguridade na zona pechada, habilitada cunha valla, onde está habitualmente atracada a lancha de salvamento, a Salvamar Altair.
  • Desembarcado un corpo en Camariñas

    Momento no que se desembarca o corpo sen vida achado en Touriñán

    A noticia saltaba preto do mediodía camariñán cando se filtraba que na zona de Cabo Touriñán fora localizado flotando sobre as augas un corpo sen vida. Desplazada de inmediato ata o lugar do suceso a embarcación de rescate con base en Camariñas Salvamar Altair, procedía a izalo a bordo e ao seu posterior traslado ao porto da Vila das Palilleiras. Chegaba preto das 12:00 da mañán deste desapacible e frío domingo 19 de maio. Desembarcado o cadáver no Muelle Novo, efectivos da Salvamar e da Guardia Civil transportaban nunha bolsa negra os restos mortais ata a Lonxa. Se ben nun primeiro momento descoñecíase no porto camariñán a identidade do falecido, posteriormente puidemos saber que se trataba dun veciño de Carballo, de 41 anos e nome Manolo, que en compañía dun amigo estaba a pescar nas inmediacións do Campo de fútbol de Muxía, cando tras resbalar nunhas pedras se precipitou ás augas, dando o aviso inmediatamente da desaparición o seu compañeiro de pesca deportiva, o cal pasadas ás 13:00 horas presentábase na rula camariñana para identificar o cadáver.
  • Juan Campaña Castro "O Corroso". D.E.P.

    Outro camariñán auténtico, de pura cepa, que se nos vai para sempre

    Dramático final de mes de abril de 2013 en Camariñas nos que a vila fica absolutamente conmocionada co falecemento de dous dos seus veciños máis queridos, máis respetados, máis definitorios dunha poboación e da súa forma de ser, de entender a vida, de vivir, que se nos foron das mans para sempre no breve lapso de 24 horas. Primeiro, o noso querido compañeiro José López Vázquez "Molina" e tristemente hoxe, víctima dun cáncer, outro gran amigo desta redacción, camarada do Café Bar Arnela: Juan Campaña Castro "O Corroso". Camariñán vinculado dende sempre o mar, foi propietario durante  longo tempo dun barco clave dentro da flota da Vila das Palilleiras, aquel que portaba o seu propio nome "Corroso". Afable, amable, respetuoso, sempre o podíamos ver no local emblemático de Corea ata que hai uns poucos anos a súa saúde comenzou a resentirse. Comenzou entón pouco a pouco unha recuperación paulatina pero imparable que facía que non hai moitos días o poidéramos ver cun aspecto fantástico no Arnela. Nembargantes unha neumonía fulminante nos dos seus pulmóns acabounos privando para sempre da compañía de Juan O Corroso aos seus 54 anos. Deixa esposa, dous fillos e dous netos, polos que literalmente toleaba. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente, como non, outro máis, en Vimianzo, e o seu enterro terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 1 de maio ás 16:00 horas. Triste noticia 3.000 de Camarinas.eu, a do falecemento dun amigo e compañeiro, outro máis que se nos vai para sempre. Juan, Descansa En Paz e que Deus o Noso Señor che teña na Gloria.
  • José López Vázquez "Molina". D.E.P.

    Foise Molina, o derradeiro cowboy de Camariñas

    O cliente asiduo do Café Bar Arnela que co seu sempiterno sombreiro de cowboy evocaba na memoria a imaxe do pontevedrés John Balan, o gran home orquesta do far-west americano, o coleccionista presumible récord guinnes que alá xa por setembro de 2008 levaba coleccionadas máis de 12 millóns de etiquetas de tabaco, posiblemente o maior fardo da historia, ou o talentoso actor vocacional, intérprete serio e contido dun programa da Televisión de Galicia. Todas estas facetas e moitas máis fóronse definitivamente para sempre na madrugada deste luns 29 de abril de 2013 co falecemento do noso querido amigo José López Vázquez, aquel que todo Camariñas coñecía agarimosa e popularmente como "Molina".
  • Francisco Rodríguez Canosa D.E.P.

    Buría de loito polo falecemento do Señor Francisco Rodríguez CanosaNa mañán deste sábado 20 de abril de 2013 falecía no Hospital Universitario da Coruña o Señor Francisco Rodríguez Canosa. Estivo a súa vida, conforme ás leis clásicas que rexen dende sempre a existencia do máis antigo dos distritos de Camariñas, adicada cáseque a partes iguais ao mar e á terra: primeiro como traballador daquelas tarrafas que nun tempo, agora esvaecido e estrano, dominaron a nosa Ría e despois como esforzado labrador do fértil chan burián. Actualmente están sendo velados os seus restos mortais no Tanatorio Costa de Vimianzo e o funeral de corpo presente que o despida deste mundo terá lugar na ancestral Igrexa Parroquial do seu fogar de toda a vida, ese pequeno anaco de terra patria chamado Buría, a partires das 18:00 deste domingo 21 de abril. Dende Camarinas.eu queremos enviar un abrazo agarimoso e o noso máis sentido pésame aos seus amigos e familiares, en especial aos seus catro fillos e a nosa querida amiga, súa nora, a concelleira María del Carmen Linares Chica, nestes duros momentos que sabemos están a pasar. Señor Francisco Rodríguez Canosa, Descanse En Paz.
  • Temporal tardío de Abril Camariñas

    A primavera faise de rogar en CamariñasComo supervivientes, buscavidas e apóstoles da destrucción non os vai haber só en Camariñas, duns anos a esta parte surxiron ao logo de todo o mundo os apoloxistas do así chamado quentamento global. Mascaróns de proa da Industria do Medo, preconizaban nos seus escritos, vídeos e obras acerca unha destrucción global asegurada e así imaxes de pantanos sedentos, de tifóns apocalípticos, de inundacións sureñas e quen sabe que máis servían para golpear inmisericordemente ao espectador atemorizado, facerlle tremer ante a ruina que se lle botaba enriba e de paso cobrar unhas suculentas prebendas a cambio do traballo realizado: vender fume, puro fume. Porque algo debío fallar cando ás alturas dun 10 de abril de 2013, en vez da desertización preconizada, atopamos un rastro perpetuo de seis meses de chuvias inclementes, un frío propio doutras épocas, uns temporais que amarran a flota a porto e unha desazón e zozobra ante a primavera que non chega.
  • Jaime Rey Alvite, Descanse En Paz

    Jaime Rey Alvite, segunda víctima dun cancro no mesmo día en CamariñasNo mesmo día, o primeiro venres do mes de abril de 2013, unha mesma plaga, unha fatal enfermidade, o gran mal do noso tempo, levouse a dous dos veciños de Camariñas, tres na mesma semana, víctimas dun cancro mortal. Se nas primeiras horas do día era Benjamín Pasantes Tedín o que falecía nun hospital coruñés, non moito despois, voltaba a teñirse de loito a Vila das Palilleiras cunha nova familia destrozada debido ao falecemento de Jaime Rey Alvite. Veciño do barrio de Buría, emigrante retornado tras media vida traballando duramente en Suiza ata que hai uns cantos anos voltaba ao seu pobo natal xunto a súa esposa e á súa filla, finalmente foi un cancro o que o levou á edade de 58 anos.  No que está chamado a quedar para os anales como un triste sábado do mes de abril do ano do Noso Señor de 2013, o seu funeral de corpo presente está previsto que teña lugar a partir das 17:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo da súa Buría da alma, dúas horas despois do que despida definitivamente a Benjamín. Ánimo e as máis sinceiras condolencias á familia, á esposa e filla, ao noso gran amigo e seu cuñado Argimiro, así como a todos os seus amigos. Don Jaime Rey Alvite, Descanse En Paz.
  • Benjamín Pasantes Tedín D.E.P.

    Aos seus 45 anos foise para sempre o noso querido amigo Benjamín

    Cara ás 8 da mañán deste venres 5 de abril de 2013 no Centro Oncolóxico de Galicia “José Antonio Quiroga y Piñeyro", o antigo e histórico Hospital de Beneficiencia Municipal Labaca da Coruña, con vistas á ría da cidade herculina, falecía o noso querido amigo Benjamín Pasantes Tedín. Facíao a unha edade relativamente temperán, aos seus 45 anos, como consecuencia do cancro fatal que despois de facerse forte no corpo deste camariñán de toda a vida acabou de extenderse polo mesmo desencadeando o triste suceso que dende está mañán aflixe aos veciños de Camariñas. Actualmente os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo en espera de emprender o seu camiño final cara a vila que o vío nacer na tarde deste sábado onde ás 15:00 horas terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo o seu funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu as nosas máis sinceiras condolencias cara a familia e amigos deste novo camariñán que se nos vai víctima dun cancro, o gran mal do noso tempo. Benjamín, amigo, Descansa En Paz e que Deus che teña na súa Gloria. D.E.P.
  • O vento afunde unha lancha no Muelle

    Un temporal de ata 50 nudos abátese sobre Camariñas

    O vento ululante abatíose inusitado sobre Camariñas ca forza das ducias de kilotóns propios dunha bomba atómica. Por momentos un xa non sabe si se atopa en Semipalatinsk, nas Illas de Nova Zemlyá, no Atolón de Bikini ou en Los Álamos. Un temporal de vento furacanado que se espera chegue ao seu culmen eólico na tarde deste 21 de marzo de 2013 cando os refachos acaden a velocidade insondable dos 50 nudos. E as consecuencias de toda esta forza sobrenatural desencadeada sobre unha remota vila atlántica non se fixeron esperar cando cara as doce e media do día no que os calendarios marcaban como o do comezo da primavera no Porto de Camariñas unha lancha fuise a pique. Cuestión de segundos: no Muelle de Curbeiro, derivado do forte vento a pequena embarcación enchíose de auga e foise radical ao fondo, todo elo sen maiores consecuencias. E é que Camariñas tan só era un dos puntos de impacto do temporal de vento que azouta toda a costa atlántica galega ca potencia dun deus inmisericorde. Incluso nas meridionais Rías Baixas, ao acougo turístico que ofrece a apacible Ría de Arousa, o vento despiadado percute rostros e castiga corpos e aconsella o respouso descansado do tibio e cálido fogar.
  • Intento de roubo a Diego Alonso

    Estado no que quedou a porta de entrada á tenda de Diego Alonso FreireUn suceso estrano e desacostumado, dunha intención cáseque suicida, tiña lugar nas primeiras horas da noite do venres 15 de marzo de 2013. No brevísimo lapso de tempo comprendido entre as 20:15 e as 20:40 horas, en pleno centro urbán de Camariñas, nunha rúa dun tránsito regular e cotidiano, nunha tenda cunha intensa iluminación, alguén, non se sabe quen, tentou forzar a pechadura da mesma. Non deixa tampouco de sorprender o botín que esperaban acadar: non podía ser diñeiro, coñecido que a caixa rexistradora únicamente dispoñía do cambio mínimo indispensable co que atender pequenas compras diarias, estrana que fora o elevado equipamento profesional existente nas instalacións (cámaras, ordenadores, etc...) que conlevaría un trafego exposto a unha alta probabilidade de olladas indiscretas. Elo leva a pensar se realmente se perseguían outros obxectivos, sustraer algún tipo de información ou mandar unha mensaxe adecuada nos días febriles e incertos que corren. En fin quen sabe e, o que é peor, ¿quen o poderá saber algún día?
  • Jose Antonio Espasandin Canosa D.E.P.

    Lonxe da súa terra, en plena provincia de Lugo, foi a falecer noso amigo José AntonioNinguén podía pensar que noutra das viaxes a lomos do seu potente camión Volvo, aquela que o levaba a circular polo kilómetro 459  da A-6 cara ás cinco da tarde do domingo 10 de marzo de 2013, a altura do Concello lucense de Baralla, sería o derradeira para o noso querido amigo José Antonio Espasandín Canosa. Alí, na cuneta da carretera tras o reventón dunha roda traseira, por causas ata o de agora descoñecidas, falecía aos seus 44 anos este camariñán e camioneiro profesional. Facía uns sete anos que dende Arxentina acompañado da súa esposa retornaba á Vila das Palilleiras, onde formou unha familia con tres fillos (Saviola, Facundo e Micaela) e axiña se integrou sendo querido e respetado polos veciños. Aínda este verán podíamos velo feliz e ilusionado ante o bautizo da súa pequena Micaela. Foi por elo que Camariñas recibío con dor e disgusto o falecemento deste novo veciño que se nos vai. Os restos mortais de José Antonio están sendo velados actualmente no Tanatorio San Vicente de Vimianzo de onde partirán cara as 16:30 horas deste martes 12 de marzo ata a Igrexa Parroquial de San Xurxo onde terá lugar o seu funeral de corpo presente. Vaia dende a redacción de Camarinas.eu o nos máis sinceiro pésame e condolencias cara a esposa e os tres fillos de José Antonio así como para todos os seus familiares. José Antonio Espasandin Canosa, que Deus che teña na súa gloria. Descansa En Paz.
  • 7º Ridículo Xudicial de Viproga SL

    Unha vez expulsados os Okupas, os varóns fornidos poden voltar polo CNCO enésimo batacazo xudicial, o derradeiro ridículo xurídico, en recaer sobre os maltreitos, demolidos e vapuleados lombos de Viproga SL vía a luz este pasado xoves sete de febreiro de 2013. Ese día o Maxistrado titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión, D. Andrés Lago Louro, confirmaba en todos os seus términos a sentencia absolutoria dictada polo Xulgado de Paz de Camariñas en xuño de 2012 por un suposto delito de coaccións e  ameazas, desestimaba o recurso de apelación interposto contra o citado pronunciamento xudicial por Úrsula Rego Sternat, deixaba no ridículo máis absoluto ás testemuñas que esta acarreou da súa man ata o xulgado corcubionés e sumía aos titulares de VIPROGA SL nas tinieblas xudiciais máis densas e impenetrables que recorde a historia do Dereito Español. Sete batacazos de sete: todo un pleno de despropósitos xurídicos en pouco máis de un ano que foron extensa e minuciosamente glosados por Camarinas.eu e que pasarán aos anales do esperpento.
  • Lorenza Pérez Ferrín D.E.P.

    Toda Camariñas debe estar apoiando á familia de Pepe O Mantido nestes duros momentosA traxedia máis absoluta golpeaba duramente á familia de José Perez, coñecido popular e cariñosamente en toda a Costa da Morte como Pepe O Mantido, cando debido a un accidente falecía a súa filla Lorenza nas primeiras horas deste martes 12 de febreiro. Producíase este desgraciado golpe de mala sorte preto das 21.00 horas do luns e tras ser trasladada de urxencia ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, pouco podían facer os facultativos e así cara ás 2 da madrugada certificaban o seu falecemento. Unha noticia que conmocionaba a todo o Concello de Camariñas e afectaba moi duramente a esta redacción xa que estamos a falar dunha familia moi querida e respetada e que dende que se asentou de xeito definitivo no Barrio de Corea hai xa varias décadas contribuío decisivamente a crear riqueza e postos de traballos en Camariñas a través da empresa de construcción comandada primeiro por Pepe O Mantido e despois polo seu xenro Jose Antonio.
  • Josefa García Ozón D.E.P.

    Tráxico fin de semana con dous falecementos en Camariñas

    A morte voltouse facer forte en Camariñas nun tráxico fin de semana no que ata dos falecementos de veciños da vila se producían cun diferencia de apenas unhas poucas horas. Tras o noso querido e apreciado amigo Jacinto Campaña Lista, tocoulle o turno á Dona Josefa García Ozón. Casada en vida con Señor Alejandro, un histórico do socialismo camariñán, veciña de toda a vida da Rúa do Medio, en pleno casco histórico camariñán, nembargantes a súa última hora tocoulle vivila na cidade da Coruña onde residía xunto á súa filla Milagros. Falecía a unha idade avanzada Señora Josefa, con 94 anos e pasa a engrosar esa nutrida lista de maiores camariñáns que están a desaparecer dun xeito continuo e demoledor, sen folgo para un respiro nestes últimos días, con todas unha bagaxes de experiencia e sabiduría sobre a vida que desaparecen da historia dunha vila remota. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sentido pésame por esta nova veciña que falece a unha idade lonxeva. O seu enterro terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:30 horas deste luns 4 de febreiro de 2013. Dª. Josefa García Ozón Descanse En Paz.
  • Jacinto Campaña Lista DEP

    Noso querido amigo Jacinto foise para sempre este sábado 2 de febreiro de 2013

    Este sábado 2 de febreiro de 2013 a redacción de Camarinas.eu asistía conmocionada á que foi a morte prematura en plena Rúa do Areal do noso querido amigo Jacinto Campaña Lista, un dos grandes referentes musicais da Camariñas que recén saía da Transición de 1975. O motivo do seu falecemento debíose a un paro cardíaco que fulminaba ao noso compañeiro dunha forma letal cando este se encamiñaba a súa misa diaria preto das 19:30 horas. Ata o lugar do suceso, xusto enfrente do Bar José Manuel, trasladábase de urxencia unha ambulancia medicalizada que tentaba reanimar por tódolos medios a Jacinto. O traballo foi en vano e tan só puido certificar a súa morte. O corpo sen vida do noso querido e sempre alegre amigo está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e hoxe domingo celebrarase unha misa de corpo presente adicada á súa memoria ás 17:30 horas. Despois os seus restos mortais serán trasladados ata Coruña onde serán incinerados. Queremos dende aquí dar o noso máis sentido pésame a toda a familia de Jacinto. Sempre quedará na nosa memoria, especialmente añoraremos aquelas animadas conversas musicais sostidas con él, todo un experto co relacionado cos estilos musicais dos 60-70-80, os anos gloriosos do Rock 'n' Roll. Descanse en Paz Jacinto.
  • Claudino Pasantes Ameijenda D.E.P.

    Outro dos nosos maiores que se vai, Don Claudino Pasantes AmeijendaO Barrio de Corea perdía cara as 22:00 horas deste domingo 27 de xaneiro de 2012 a un dos seus veciños emblemáticos: o Señor Claudino Pasantes Ameijenda. Facíao aos 78 anos na casa do seu barrio da alma e rodeado do cariño incondicional dos seus. Despois de case toda unha vida na Marina Mercante, navegando lonxe da súa terra, deixa Don Claudino tres fillas Mari Carmen, Lolita e Marisol e un fillo, Claudino. Unha imaxe que quedará para o recordo: aquela de cando xovial e alegre percorría na súa cadeira de rodas arriba e abaixo a costa que leva cara o Barrio de Corea ou cando o víamos no Café Bar Arnela seguindo interesado de vez en cando as evolucións das partidas de truco que habitualmente alí tiñan lugar. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral de corpo presente terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das 17:00 horas deste lkuns 28 de xaneiro de 2013. Vaia dende aquí o noso máis sentido pésame a amigos e familiares. O Señor Claudino Pasantes Ameijenda, Descanse En Paz.
  • Viproga SL: Hasta que llegó su hora

    O CNC voltará a ser a entidade náutica senlleira da Costa da Morte

    Agora sí que o sono sucesorio de Viproga SL chegou ao seu fin. A okupación ilegal máis escandalosa de toda a historia da Costa da Morte escribirá esta segunda semana do Ano do Noso Señor de 2013 o seu triste, patético e vergonzoso episodio final. Mediante auto de 3 de xaneiro asinado polo xuiz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión Don Andrés Lago Louro decrétase o lanzamento xudicial definitivo de Viproga SL das instalacións okupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas para as 13.00 horas do mércores 9 de xaneiro de 2013, se ben os okupas poderán entregar voluntariamente as chaves do local na propia sede do Xulgado o luns 7. Deste xeito, o día tan ansiado pola práctica totalidade dos socios do CNC faise realidade e éstes recuperan por fin as instalacións brutalmente usurpadas polo secuestro máis bochornoso que recorden os séculos nesta antiga Franxa Atlántica.
  • Miloud Talaa Descanse En Paz

    Aos seus 45 anos falececía no Hospital Universitario da Coruña Miloud TalaaTristeza e consternación en Camariñas, especialmente entre o seu colectivo inmigrante, polo falecemento dun dos seus máis coñecidos representantes na Vila das Palileiras. Na media tarde deste mércores 2 de xaneiro de 2013 certificábase o falecemento aos seus 45 anos do noso veciño de nacionalidade marroquí Miloud Talaa. A causa determinante da súa morte foi un derrame cerebral producido pola rotura dunha vea do cerebro que motivou o seu ingreso no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (o antigamente chamado Juan Canalejo) hai xa unha semana ata que na tarde de onte se producía o fatal desenlace.
  • Rescate dunha gamela á deriva na ría

    O Salvamar Altair fixo a súa primeira saída do ano 2013 o día 1 sobre as 10 da mañá

    O numeroso grupo de festeiros de última hora que cara ás 10:00 deste martes un de xaneiro de 2013 estaba a celebrar a entrada do Ano Novo polos arredores do Paseo Marítimo camariñán puido vislumbrar en directo un feito un tanto desacostumado. Tratábase dunh intervención da lancha de salvamento con base no Porto de Camariñas Salvamar Altair que inauguraba deste xeito a primeira alborada do exercicio que recén comenzaba cun exemplo da súa laboura rescatadora. A alerta saltaba debido á unha información que falaba dunha pequena embarcación que se atopaba á deriva. Posto de inmediato o dispositivo de salvamento e obrigada a abandoar nunhas datas tan desacostumados o prácido refuxio ao carón das pedras do Muelle Novo non moito despois retornaba a porto co obxectivo dos seus desvelas: unha sinxela gamela, sen folio nin tripulación que por azares do destino aoltou amarras e emprendío unha solitoria e rebelde viaxe cara a ningures. Finalizaba a súa aloucada fuxida pola Salvamar Altair, as pedras do Espigón Vello camariñán resultaron ser o destino final da súa singladura precipitada.
  • O Areal víctima dun novo roubo

    Os roubos en Camariñas parecen non ter fin, desta volta tocoulle ao CEIP O ArealTendo en conta que a oleada de saqueos que sufre o noso concello xa por dúas veces fixara os seus bandidescos obxectivos nun inmoble das cercanías, a escola infantil, no fondo si un o pensa detidamente era cuestión de tempo que o CEIP O Areal non tardara en ser desvalixado. Elo aconteceu xusto no meridiano da seman máis tormentosa (no climático e no político) que se lembre. Foi na madugrada deste xoves 13 de decembro de 2012 cando un/varios descoñecidos  (frase esta xa tan lamentablemente repetida en Camarinas.eu) introduxéronse por unha ventana do emblemático centro escolar camariñán cunhas intencións non moi boas.