• Temporal en Camariñas, Alerta Vermella na Costa da Morte

    Si xa antes non viña moito por aquí, con este tempo Feijoó aínda vai vir menos. Porque si ata nin en FITUR, que son dous pasos, é capaz de acercarse un minuto polo stand onde as palilleiras de Camariñas tecían o fío dos sonos, ca sucesión inmisericorde de temporais que están azotando a nosa tan olvidada xeografía neste inverno 2013-2014, imaxinen. Camariñas ven a ser algo así como México (1), pero peor: tan lonxe de Deus, pero tamén tan lonxe da Xunta, alí onde unha oligarquía política endiosada malgasta ao seu exclusivo saber e entender os cartos das boas xentes. O caso é que tivo que ser xusto aos dous días dun desprecio presidencial que pasará a historia, polo menos nestes lares ignorados, cando chegou o enésimo temporal de inverno con Alerta Laranxa, fortes ventos, ondas de ata oito metros, choivas frecuentes e intensas e frota novamente amarrada. Xusto o temporal ideal para que os nosos mariñeiros e boas xentes en xeral cavilen polo miudo nas razóns dunha ultraxe inexplicable por parte de aqueles aos que lles pagan os soldos e as estranas razóns que animan a que unha manada moribunda de cachalotes sin alfabetizar den en apoiar un ataque inxustificado e inxustificable contra o concello polo que pretenden saír elexidos e as súas palilleiras. Cuidado que con esta marexada non acaben descacholados (máis aínda, queremos decir) contra as rochas. Pois sí que empezan ben.
    (1) Frase orixinal: México, tan lonxe de Deus, pero tan preto dos Estados Unidos (dos de América, non dos de México, obviamente).
  • Don José Antonio Campaña Lista, Descanse en Paz

    José Antonio Campaña Lista, un dos máis sinalados veciños do Concello de Camariñas, falecía nas primeiras horas deste xoves 23 de xaneiro de 2014 aos seus 72 anos víctima dun cancro que se agravou nestas últimas datas. Os cargos de Alcalde durante un lustro (1974-1979), nos ilusionantes e intensos anos da Transición, e Patrón Maior foron os dous principais fitos dunha traxectoria persoal exitosa e fructífera á que debe sumarse o desenrolo profesional de toda unha vida no mar, traballo no que será lembrado como Patrón durante tantos anos dunha das embarcacións lexendarias durante a época dourada do cerco camariñán: o José Ramona. Casado con Dona Dolores Lorenzo, tivo dúas fillas este matrimonio: Eva que falecía aos tres anos de idade e Dolores Campaña Lorenzo, Lolita, que falecía en tráxicas circunstancias en Suiza hai agora xusto cinco anos, provocando a maior conmoción que se lembra en Camariñas en moito anos. En mostra de loito e respeto, en recordo ao que foi o seu Alcalde durante os anos do duro esforzo por facer chegar a democracia a España, as bandeiras do Concello lucen a media asta dende este mediodía. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o seu enterro terá lugar mañán en Camariñas. Vaia dende Camarinas.eu o pésame e apoio máximos á familia deste camariñán ilustre. Don José Antonio Campaña Lista, Descanse En Paz.
  • Don José Valentín Bermúdez Trillo, Descanse en Paz

    Noite tráxica a deste xoves 16 de xaneiro de 2014 tralo repentino falecemento por mor dun paro cardiaco do noso querido amigo José Valentín Bermúdez Trillo aos seus 57 anos de idade. D. José comezou a sentirse mal esta pasada noite e mentras estaba a ser trasladado de urxencia por unha ambulancia non lle dou tempo ao noso amigo a chegar con vida ata o Hospital Juan Canalejo, onde os médicos só puderon certificar a súa morte. Don José está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá mañá sábado ás 14:45 horas en compaña de todos os seus familiares e amigos ata a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Alí será oficiada a misa en corpo presente para despois ser soterrado Don José no cemiterio de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia do noso veciño Don José. Descanse en Paz Amigo.
  • EXCLUSIVA!! Embarcación embarrancada en Reira

    A gabarra Prima embarrancada en Reira (Camariñas)
    Realmente era o único que lle faltaba ao peor inverno, o máis maléfico, o máis devastador, o máis agreste, en décadas. A imaxe máis típica da Costa da Morte tiña lugar na madrugada deste martes 14 de xaneiro de 2014 cando embarracaba en Reira a gabarra de nacionalidade moldava "Prima", de 105 metros de eslora, que ía en tránsito dende Odessa (Ucrania) a Riga (Letonia) cun cargamento de terra. O suceso acaecía á altura da pequena urbanización situada no lado dereito do camiño que leva ao Cemiterio dos Ingleses, cando o Prima que estaba a ser remolcado por outra embarcación debido á forte marexada existente na zona perdío o contacto co seu remolcador (o West, con bandeira das Antillas Holandesas) e fui embarracar nas pedras do litoral camariñán. Elo debíose a que rompío o cabo do remolque e fui enredarse na hélice. O cabo xa rompera a última hora da tarde preto do Cabo Touriñán, de xeito que o buque de Salvamento "Don Inda" que en principio se aproximaba ata o lugar para prestar auxilio ao Prima decidío finalmente remolcar o West e poñer así a salvo aos seis tripulantes do mesmo. Xa mañán de deste martes ata o lugar desprazáronse técnicos de Salvamento Marítimo procedentes da base estratéxica de Fene para inspeccionar o estado da gabarra e tomar as medidas pertinentes. Un lugar, epicentro de naufraxios dramáticos de distinto calado para a navegación, dende traxedias humanas insondables como a do Serpent, ata embarracamentos sen maiores consecuencias, no que tiña lugar este novo accidente marítimo do que en principio non hai que lamentar perdas humanas. Non podería ser ésta a única desgracia marítima dado o estado da oleaxe e as prediccións para os días vindeiros que alertan sobre un novo temporal, polo que dende esta redacción pregamos se extremen todas as precacións necesarias.
  • Holocausto cachalotil na Costa de Camariñas

    Quen sabe si atraídos polo hedor nauseabundo dos seus conxéneres en terra, nestos días un auténtico holocausto de cachalotes en descomposición inunda as costas de Camariñas. En Trece, en Portocelo, en Reira, no Castelete, etc... xurden putrefactos dos fondos marinos sin solución de continuidade acorde ca situación que viven os seus compañeiros humanos. Situación ésta que está dando lugar a un fenómeno curioso: alá onde aparece un destas infortunadas (e tan denostadas debido aos lamentables comportamentos dos seus semellantes terrestres) bestas tirada contra as pedras, ahí mesmo os lectores de Camarinas.eu ipso facto nos fan chegar fotos, wassaps ou mensaxes indicando o punto exacto de putrefacción dun novo cadáver. "¡Cachaloteee vaaa...!", no medio das carcaxadas, risas e pitorreos máis cachondos do electorado de Camarinas.eu, que vaian a saber vostedes por que curiosas coincidencias asocian ao momento cachalotes ca redacción do xigante xornalístico da Costa Atlántica.
  • Temporal de mar na Costa de Camariñas - Xaneiro 2014

    Por un lado estaba aquelo que soían repetir ano tras ano os nosos queridos parroquianos de que xa non había invernos como os de antes, que aquelo sí que eran temporais. Pois ben este recurrente mantra, reiterado xeración tras xeración dende que o mundo é mundo, derrumbouse con estrépito ca sucesión de temporais que recén comenzado o inverno 2013-2014 incendiou templos, electrificou casas, desbordou regatos, inundou atrios eclesiásticos, derrubou paseos marítimos, agrietou portos (Santa Mariña) e paseou polos muelles como pedro-por-su-casa, tirou con faros ao mar e tumbou embarcacións por ducias. Todo elo envolto nunhas temperaturas xélidas. Pola outra banda das frases manidas, Leopoldo Alas "Clarín", contaba que de xeito ineludible e inmisericorde, para os tertulianos do Casino de Vetusta cada inverno era sempre o máis frío que eles lembraban, menos un, obxecto de veneración solemne e lexendaria. Cal fose en concreto o tan mencionado inverno, eso era o de menos, o importante era a súa existencia misteriosa. Dous tópicos, dous lugares comúns, cada un no seu extremo, que foron barridos de xeito definitivo polo inverno máis duro que se poida acreditar con datos, signos e desgracias, aquel que comenzaba o súa xeira de destrucción un 21 de decembro de 2013 e que rematará (esperemos) alá por marzo do 2014.
  • Dona Balbina Ozón Suárez, Descanse en Paz

    Dona Balbina Ozón Suárez, Descanse en Paz
    Na madrugada deste desapacible domingo 5 de xaneiro de 2013 deixaba este mundo a querida veciña de Camariñas Dona Balbina Ozón Suárez aos 91 anos de idade despois dunha longa loita contra unha enfermidade que ao final levouse por diante a vida desta exemplar muller camariñana. O corpo sen vida de Dona Balbina está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá este luns 6 de xaneiro ás 16:30 horas para ser soterrada no cemiterio da Vila das Palilleiras. Dende Camarinas.eu queremos expresar o noso máis sentido pésame a toda a familia e amigos de Dona Balbina e acompañalos nestes duros momentos que están a vivir. Dona Balbina, Descanse en Paz.
  • Criadeiro de Ameixa: Alerta Máxima

    Criadeiro de Ameixa de Camariñas: Alerta Máxima
    Como as capas dunha cebola, o tellado do ex-criadeiro de ameixa de Camariñas vai pelando as súas planchas de uralita de xeito metódico e recurrente ata o punto que pode decirse que pasear estes caóticos días de temporal polas inmediacións do Muelle Novo equivale a un aventurerismo certamente temerario. Se o pasado 27 de decembro Camarinas.eu alertaba acerca de como o extinto temporal Dirk se levaba unha das uralitas do seu teito, novas planchas voltaron saír desgaxadas polos aires: os novos temporais que o sucederon continuaron acometendo unha infatigable labor de zapa deste vestixio arqueolóxico camariñán deixado da man de Deus, abandoado á súa sorte pola Xunta de Galicia, de xeito que en calqueira momento, ao albur dunha racha furtiva de vento, unha plancha voadora, alfombra de Aladino mortal, pode causar unha seria desgracia en calqueira veciño da Vila das Palilleiras. É por elo que dende esta redacción damos por segunda vez a voz de alarma sobre o lamentable estado desta decrépita ruina abandoada e pregamos precaución aos nosos para evitar ter que lamentar posibles desgracias persoais. Nesto, como en todo, cómpre salientar o manto de silencio que cobixa as irresponsabilidades e deixacións de administracións públicas de gran calado e que, sorpesivamente coexiste cunha estruendosa vociferación fanática e radical que rodea calqueira suposta actuación/omisión municipal. Como si o perigo, as posibles desgracias, fosen distintas dependendo da súa pertencia a un bando ou outro.
  • O temporal Dirk destartala o ex-criadeiro de ameixas de Camariñas

     O temporal Dirk no ex-criadeiro de ameixas de Camariñas
    Dirk, Dirk Diggler, dotado dunha potencia descomunal, utilizando toda a súa desmesurada extensión e nunha das súas clásicas embestidas furiosas, na noite do 25 de decembro tamén se levou por diante outra das ruinas arqueolóxicas da Vila de Camariñas. Era este o marchito e decrépito criadeiro de ameixa que está criando malvas dende o día aciago de un deses anos negros de ahí atrás en que pasou a mellor vida e deixou a uns cantos no paro. Éstes seguramente non entraran a ocupar o posto precisamente a través o que se di unha durísima oposición e non deixaban de cobrar os seus soldos a través dos impostos que vostedes máis eu pagamos, así que tampouco é que a medida fose demasiado desencamiñada, que se diga. Sen embargo o que xa non se ve tan normal constitúeo o feito de que se deixe ao albur dos elementos todo un mausoleo á maior gloria da reproducción dos bivalvos en plena zona cero de calquer temporal de Deus que che entre por ahí abaixo. E si éste está tan ben dotado como o noso xoguetón Dirk, Dirk Diggler, pois xa me dirán vostedes. Así foi normal que na noite de autos parte do teito de uralita do criadeiro voase polos aires e o resto da estructura quedase en tan precario estado que un destes días ("One of these days", que diría Pink Floyd) voe tamén polos aires e igual se estampe contra a cocorota enaxenada dun cachalote unido que por alí ande paseando desesperado preguntándose por que ninguén lles fai caso, por que dan pena, por que son tan paupérrimos, e o volva unha persoa normal. E así calqueira destes pobres palurdos dementes deixaría de pensar aquelo de "Soy un estrella. Soy una gran estrella. Una brillante y cegadora estrella". E verían a triste e cruda realidade ("Ugly Truth", que diría Soundgarden).
  • Incendio devastador no Santuario da Barca

    Día triste, calamitoso, para a vila de Muxía, para a Ría de Camariñas e por extensión para toda a Costa da Morte. O derradeiro zarpazo do Temporal Dirk resultou ser o máis brutal e así este Día de Nadal de 2013 amanecía co Santuario da Virxe da Barca devorado por un lume devastador. As imaxes que comenzaban a filtrarse polos distintos medios de comunicación non podían ser máis impactantes, as dun teito convertido en xigantesca pira incendiaria. Pouco despois chegaba o mazazo final: tan só unhas poucas imaxes se salvaban dun incendio que reducira o retablo principal do século XVIII a puras cinzas. Incluso a propia imaxe da Virxe. As causas en principio apuntan a un raio que podería haber impactado contra un transformador cercano ao templo cas desastrosas consecuencias anteditas. Membros de Protección Civil de toda a comarca trasladáronse de inmediato ata a Punta da Barca, pero pouco podían facer para remediar o que constitúe unha hecatombe (cultural, arquitectónica, histórica, relixiosa) a engadir á memoria negra da Costa da Morte. O rastro do lume era claramente visible na mañán de autos dende outras ruinas, as do Castelo do Soberano, onde veciños da Vila das Palilleiras non podían evitar un profundo sentimento de dor, de inmensa pena, e de solidaridade e cariño cos seus irmáns do outro carón da Ría. Exactamente esa sensación de conmoción, de rabia, de afecto cos muxiáns, eran os que animaban á redacción de Camarinas.eu. Mércores 25 de Decembro de 2013, o día que a Barca ardío polos catro costados. Os camiños do Señor, son inescrutables.
  • Noite de vandalismo extremo contra a Rúa Calvario

    A bandarriazos contra as aceras da Rúa Calvario

    Unha obra ferozmente vituperada, salvaxemente insultada, dende o órgano de propaganda dos Cachalotes Unidos (Partido da Unión e Forza no CU) aparecía brutalmente destrozada na mañán deste venres 22 de novembro de 2013. As chamadas ao odio desta vez surtían efecto e tan só dous días despois do nostálxico aniversario do falecemento do Xeneral Franco, convintemente recargado o caudal de odio dalgunhas mentes exaltadas, algún ou algúns descoñecidos emprendían durante esta madrugada a destrucción perfectamente planificada e milimétricamente executada das obras da Rúa Calvario, obra como ben é sabido estaba a desenvolver neste antigo rueiro camariñán a empresa camellana, adxudicataria frecuente do concello, Jose Angel Pose Romar.  Ao igual que aquelas radios de Ruanda que chamaban á matanza dos tutsis, ou a propaganda continuada de Joseph Goebbels contra os xudíos, viña sendo esta obra obxecto das máis soeces e brutais invectivas do medio predilecto de comunicación da extrema dereita camariñana, e así, unha vez exaltados convintemente os ánimos, perpetrouse na madrugada de autos o peor acto de vandalismo dos últimos tempos en Camariñas.
  • Dona Avelina García Ozón, Descanse En Paz

    Dona Avelina deixou este mundo na madrugada deste domingo 27 de outubro de 2013

    Este domingo 27 de outubro de 2013 un recuncho da coqueta Praza de Colón de Camariñas está de loito. Alí foi onde vivío e criou aos seus tres fillos (Paco, Pedro e Corales) ao longo de prácticamente toda unha vida unha das máis senlleiras veciñas da Vila dos Encaixes que vía como aos 92 anos a súa existencia chegaba ao seu fin: Dona Avelina García Ozón. Todo comenzaba sobor das 11:30 da noite deste pasado sábado cando na súa actual residencia no edificio do Casino a Señora Avelina comenzou a sentir un intenso malestar, trasladada de urxencia ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee cara ás seis da madrugada chegaba o fatal desenlace. Todos aqueles que queiran acompañar á súa familia nestes duros intres poderán facelo acudindo a velar o seu corpo no Tanatorio San Vicente de Vimianzo estando a estas horas o momento do enterro aínda por determinar. Triste xornada de domingo en Camariñas que ve como unha das súas máis antigas e queridas veciñas se nos ía no derredeiro fin de semana de outubro. Camarinas.eu mostra os seus máis sinceiros respetos e o seu pésame máis dolorido aos fillos e netos de Sra. Avelina. Descanse En Paz e que Deus a teña na súa Gloria.
  • O día máis chuvioso do ano en Camariñas

    Ata 86 litros por metro cuadrado caeron este luns 22 de outubro en Camariñas

    O diluvio bíblico abatíose dunha tacada sobre Camariñas e incidentes de todo tipo asolaron o concello dunha punta a outra. Así asistimos á reedición dun clásico, un recurrente remake que asulagou a rotonda do Paseo Marítimo, en pleno distrito mariñeiro do Campo, por enésima vez, desta volta acrecentado pola súa coincidencia ca pleamar; na Ponte do Porto a forza desatada dos elementos requerío a entrada en escea dunha pala mecánica ca que efectuar un urxnte movemento de terras que impedira na zona do Polígono porteño un deslizamento que invadira a carretera e obstaculizase a circulación; cara á zona septentrional de Camelle houbo garaxes inundados e na Area da Vila o lavadero do río colapsouse polas augas. Todo elo provocado por un temporal inxente de auga e vento, unha terrorífica surada, que chegou acadar parámetros de 86 litros por metro cuadrado en Camariñas este furacanado luns 21 de outubro de 2013. O día máis chuvioso dun ano pródigo en chuvias.
  • Dona Pilar Barcia Gerpe, Descanse en Paz

    Dona Pilar Barcia Gerpe deixou este mundo na madrugada do mércores 11 de setembro de 2013

    Este ventoso mércores 11 de setembro de 2013 trouxo consigo en Camariñas unha noticia que causou fonda aflicción en moitos dos corazóns da vila: aos seus 69 anos e despois dunha tenaz loita durante os derradeiros meses contra unha grave enfermidade deixábanos Dona Pilar Barcia Gerpe. Persoa de bo corazón e moi querida en Camariñas, veciña da Rúa Pinzón, traballou no duro oficio de mariscar ata a súa xubilación, sendo cara as catro de mañán cando deixou de existir. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo ata as catro e media do xoves 12 de setembro, momento no que emprenderán a súa viaxe final ata a Camariñas da súa alma, onde a partires das 17:00 horas terá lugar o funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Viúva, deixa Señora Pilar dous fillos e unha filla, aos cales dende Camarinas.eu xunto a demáis familiares e amigos trasladamos o noso máis sinceiro pésame e apoio nestes duros momentos. Dª. Pilar Barcia Gerpe, Descanse En Paz
  • Manuel Castiñeira - José Pasantes: D.E.P.

    Este mércores 4 de setembro tivo lugar o enterro de dous veciños de Camariñas

    Ás portas dun novo outono, na época na que comenza a caída das follas, o loito e o pesar voltaron a Camariñas con dous falecementos no mesmo día. O primeiro en caer era un veciño de Buría de toda a vida, o Señor Manuel Castiñeira Castro, que falecía este martes 3 de setembro de 2013 despois dunha longa e penosa enfermidade.  O seu corpo foi velado na súa casa familiar nas alturas de Camariñas onde podía verse na tarde deste mesmo martes unha longa ringleira de coches de amigos, familiares e veciños que presentaban os seus derradeiros respetos a este xubilado camariñán que aos seus 76 anos de idade deixaba unha esposa, Oliva e dous fillos. O seu enterro tiña lugar na Igrexa Parroquial de Camariñas este mércores 4 de setembro de 2013 a partires das 18:00 horas.
  • Cabodano do falecemento de Javier Temprano Quiza

    O xoven Javier Temprano Quiza faleceu traxicamente hai case un ano en Lanzarote

    Foi unha desas tráxicas mortes de xóvenes camariñáns que cada certo tempo sacuden o noso concello: rapaces con toda a vida por diante que por mor dun acontecemento drámatico deixan este mundo, sumíndonos a todos nunha dor profunda e inconsolable. Era a tarde do 6 de setembro de 2012 cando dende os medios de comunicación canarios se alertaba que un xove da Vila das Palilleiras desaparecera mariscando no lugar de Charco de San Martín, Illa de Lanzarote, noticia confirmándose ao cabo dunhas horas que o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Guardia Civil (GEAS) atopaba o seu corpo sen vida. Un duro golpe para a súa familia e amigos e en xeral para todo Camariñas quevía como outro dos seus xóvenes se nos ía por un accidente fatal.
  • Manuel Martínez Mouzo D.E.P.

    Manuel Martínez, un burián de toda  a vida que pasa a mellor vida

    Eran as 8 da mañán deste venres 12 de xullo de 2013, cando na súa casa de Buría de toda a vida Manuel Martínez Mouzo sufría un infarto repentino. Trasladado de urxencia ata o Hospital Universitario de Santiago de Compostela, cidade na que reside a súa filla e o seu xenro o Estudiante, pouco máis podían facer os facultativos que certificar a súa morte. Íase deste xeito aos 67 anos este veciño burián que despois dunha vida de duro traballo disfrutaba do máis que merecido lecer da súa xubilación. Deixa Don Manuel un fillo e unha filla aos que dende esta redacción damos o noso máis sentido pésame e aninamos aos nosos lectores a apoiar á súa familia no velatorio que está tendo lugar na súa casa do Barrio de Buría. O enterro terá lugar este sábado 13 de xullo ás 16:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Don Manuel Martínez Mouzo Descanse En Paz.
  • Andrés Ramos Canosa DEP

    O noso querido amigo Andrés Ramos deixounos definitivamente este luns 1 de xullo

    Este luns primeiro de xullo de 2013 a redacción de Camarinas.eu recibía preto das 12 da noite a triste noticia que anunciaba a morte prematura do noso querido amigo Andrés Ramos Canosa de 66 anos de idade despois de loitar durante moito tempo contra un letal cáncer que ao final levouse por diante a este camariñán exemplar. Andrés, veciño de Camariñas sempre afable e cordial, traballou durante toda a súa vida no mar ata que fai uns anos se xubilou para descansar dunha vida de duro traballo. O sepelio do noso amigo será celebrado na tarde deste mércores 3 de xullo de 2013 ás 5 e media da tarde e está sendo velado nestos instantes na súa casa de toda a vida no barrio de Corea. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia do noso querido amigo Andrés, especialmente á súa dona Maruja e aos seus fillos Mari Carmen, Andrés e Gabriela.
  • Brutalidade Policial contra un camariñán

    Anguriante imaxe de Anxo depois de ser brutalmente agredido pola Policía NacionalNon contentos con facernos pagar os impostos máis altos de Europa a cambio de nada, de impoñer de forma constante e ininiterrumpida novas subidas impositivas, de voltar a incrementar o precio da enerxía, os políticos que nos gobernan esixen silencio e respeto: acostumados dende sempre ás maiores tropelías e escándalos queren un pobo soberano postrado e humillado aos seus pes e cando un forte continxente de mariñeiros, se xuntan para protestar pola enésima tolería dos mandameses políticos que nos gobernan na Xunta de Galicia, mandan aos  seus batallóns policiais para que os protexan da temida masa a pau limpio. Incluso recurrindo a golpear salvaxemente a un rapaz menor de idade que non facía outra cousa que acompañar a seu pai nun acto no que este defendía o seu dereito a gañarse dignamente a vida.
  • Manuel González Pérez "O Rancho" D.E.P.

    Aos seus 63 anos falecía este domingo 9 de xuño Manuel González Pérez O Rancho

    Vaise outro home de mar dos de toda a vida, deses que contribuiron a esculpir a base de salitre o carácter único de Camariñas. Eran as sete e media da mañán deste domingo 9 de xuño de 2013 cando no Hospital antigamente coñecido como Juan Canalejo, na cidade da Coruña, falecía o noso gran amigo Manuel González Pérez, coñecido popularmente na Vila dos Encaixes dende que un ten uso de razón como "O Rancho". Facíao aos 63 anos acompañado da súa familia e a causa de complicacións graves de última hora na enfermidade que viña sufrindo nestes últimos tempos. Despois de toda unha vida faenando en distintas embarcacións do porto camariñán, duns anos a esta parte estaba O Rancho xubilado polo mar e así podíamos velo habitualmente ca súa esposa Maruja e algún dos seus catro netos, polos que literalmente toleaba, paseando en domingos e días festivos polo Paseo Marítimo camariñán, nunca lonxe dese mar ao que adicou toda a súa existencia e no que o podíamos ver e departir amigablemente con el non hai moito. Vaise polo tanto para gran desgracia de Camariñas outro dos seus lobos de mar. Actualmente os seus restos mortais están sendo velados na casa familiar da Rúa do Castillo dende a que este luns 10 de xuño ás 17:00 sairá a comitiva fúnebre cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo.  Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a súa esposa e fillos, María e Jose "O Rancho Jr", gran amigo e colaborador dende sempre desta redacción. Don Manuel González Pérez "O Rancho" Descanse En Paz e que Deus che teña na súa Gloria.