• Nova exposición de pintura no Museo Man de Camelle

    Nova exposición de pintura no Museo Man de Camelle

    O Museo Man de Camelle acollerá a exposición “Arte + 3 Olladas”, que amosará as obras dos artistas Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo. Arredor de 50 obras que presentarán tres formas de ver a vida cotiá e o mar. A presentación da mostra terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, ás 19:30. A ela acudirán os creadores das pezas que estarán alí expostas. A mostra exhibirá cadros e cadernos de viaxe, entre outros elementos.

  • Camelle desfrutará das Xornadas de Pinchos Saudables do Concello de Camariñas

    Camelle comeza as xornadas de Pinchos Saudables do Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas, en colaboración co Consultorio de Camelle, o doutor Fernando Cuadrado, a Farmacia de Camelle e a Asociación de Veciños A Pergoliña organizará do 15 ao 19 de marzo as ‘Xornadas de pinchos saudables’ en Camelle, onde establecementos da localidade participarán neste evento gastronómico.

  • Inaugurada a exposición Imaginatio Mare no Museo de Man de Camelle

    Inaugurada a exposición Imaginatio Mare no Museo de Man de Camelle

    Este pasado sábado 23 de febreiro de 2019 tiña lugar no impresionante Museo Man de Camelle a inauguración da exposición 'Imaginatio Mare' do artista catalán Joan Pascual Roca. Ademais do autor da obra estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua Rial xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro por Camelle Juan Carlos Canosa Marcote que presentaba a inauguración. Ata a última fin de semana de marzo poderase visualizar o traballo deste artista catalán, que a través da técnica da pintura con tinta chinesa invita ao expectador a somerxerse dunha maneira case existencial no ecosistema mariño. Ao remate do acto de inauguración o artista non quixo perderse a oportunidade de fotografiarse xunto a estatua do Alemán de Camelle en homenaxe a Man cun grupo de visitantes de Baleares.

  • Próximos obradoiros de entroido no Museo Man de Camelle

    O Museo Man de Camelle, de Camariñas, organizará os días 2 e 3 de marzo uns obradoiros polo Entroido. O obxectivo principal do programa é o fomento da aprendizaxe mediante a experimentación persoal. As persoas inscritas poderán realizar máscaras ou un bálsamo labial libre de tóxicos. Tamén haberá xogos. Este compendio de actividades permitirán poñer en práctica as artes prácticas, pero tamén poñer en valor o consumo responsable.

  • O Museo Man de Camelle entra a formar parte da prestixiosa ‘European Outsider Art Asociation’

    O Museo Man de Camelle entra a formar parte da prestixiosa ‘European Outsider Art Asociation’
    O Museo Man de Camelle vén de ser aceptado como integrante da ‘European Outsider Art Asociation’, unha asociación europea de museos de arte marxinal que conta con 89 membros en total dos que unicamente 8 son exposicións españolas. No mes de outubro os responsables do Museo Man de Camelle presentaron a candidatura para que a obra de Manfred Gnädinger entrase a formar parte desta asociación co obxectivo de aumentar a difusión da colección do artista alemán afincado en Camariñas.
  • Xa a venta o calendario solidario da SD Camelle a prol da familia de José Secundino

    Xa a venta o calendario solidario da SD Camelle coa familia de José Secundino
    Non deixan de sucederse as iniciativas solidarias a prol da familia do querido veciño de Camelle José Secundino Suárez tráxicamente falecido hai uns meses deixando desvalida a súa xoven familia. Despois de tantas e tantas iniciativas solidarias para lograr que esta desamparada familia tivera en propiedade a súa casiña, tiñamos noticia en exclusiva da xenerosa doación de 6000 euros con destino á viúva do noso querido amigo defunto que un anónimo dende Carballo lle entregara ao noso estimado páter Don Eduardo Puga. Outra iniciativa da que tamén se fixeron eco medios como La Voz de Galicia chegou da orixinal idea de confeccionar un calendario solidario a prol da familia de José Secundino da SD Camelle. Proxecto solidario desarrollado e costeado polo fotógrafo Diego Alonso Freire que rápidamente entusiasmou a toda a directiva do club camellán e que se poñe agora á venda en diversos establecementos asociaciados . Os lugares onde se pode adquirir este calendario solidario a prol da familia de José Secundino son na maioría de establecementos comerciais socios da SD Camelle como o Café Bar A Molinera ou o Pub Marítimo na vila camellana. Os veciños de Camariñas interesados en adquirir este calendario poden facelo no mesmo estudio de Diego Alonso Fotógrafo por un simbólico importe de 3 euros que se ingresarán directamente na conta da viúva de José Secundino. Pouco ou nada podemos facer para aliviar esa inimaxinable dor que esta familia está a pasar por tan tráxica e repentina pérdida, pero o que si podemos facer entre todos é axudar en todo o que podamos para sacar adiante a esas tres criaturas de Tatiana. José Secundino, alá onde estea, estará orgulloso dos seus veciños.
  • Todo preparado en Camelle para a homenaxe ao Alemán Manfred con motivo do seu aniversario

    Todo preparado en Camelle para a homenaxe ao Alemán Manfred con motivo do seu nacemento
    O Concello de Camariñas e o Museo Man de Camelle realizarán este sábado 27 de xaneiro un acto de homenaxe a Manfred Gnädinger (Man de Camelle) co motivo do aniversario do nacemento do artista. Terá lugar na súa Casa-xardín, e se as condicións atmosféricas non o permiten, no primeiro andar do Museo Man de Camelle.
  • Un anónimo dona 6000 euros para a familia de José Secundino de Camelle

    Tatiana Alves, a viúva de José Secundino no partido homenaxe ao seu marido
    Despois da traxedia máis abosluta que se cebou con Camelle coa repentina morte do xoven pai de familia José Secundino, chegou a esperanzadora axuda que todo un pobo brindaba exemplarmente hacia a desvalida familia do noso querido amigo que deixaba a súa muller Tatiana viúva, con dous fillos de 2 e 6 anos e un pequeniño en camiño. Achegas económicas dende asociacións, institucións, clubes deportivos, persoas de todo o concello así como autónomos e profesionais que se ofrecían voluntariamente para axudar na medida das súas posibilidades a esta familia que se sumía na desesperación trala morte do seu amado pai. Todos unidos, nun exemplo de solidaridade sen precendentes, para tratar de levar adiante a esta xoven nai que queda viúva con tres pequenos e que quedaba desamparada trala terrible e desgraciada morte de José Secundino, ata chegar con estas axudas a mercar unha casiña en Camelle para esta familia.
  • 5 de xuño de 2015, data histórica para Camelle: Inaugúrase o Museo Man de Camelle

    5 de xuño de 2015, data histórica para Camelle: Inaugúrase o Museo Man de Camelle
    O vindeiro 5 de xuño as 19:00 horas terá lugar a inauguración da exposición permanente “Museo Man de Camelle”, na Casa do Alemán (rúa do Muelle no 9, Camelle, Camariñas). Esta exposición é a culminación do proxecto financiado polo GAC 3 Costa da Morte e o Concello de Camariñas , “MAN: mar, Arte e Natureza”, centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, co fin derradeiro de fomentar o turismo na comunidade costeira local.
  • Resumen dos obradoiros Man: Mar, arte e natureza

    Resumen dos obradoiros Man: Mar, arte e natureza
    Este fin de semana desenvolveuse en Camelle (Camariñas) o primeiro Obradoiro MAN: Mar, Arte e Natureza. Estes encontros encádranse dentro do proxecto de posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte.
  • 12º Aniversario da morte do Alemán de Camelle

    12º Aniversario da morte do Alemán de Camelle
    Con motivo do decimosegundo aniversario do pasamento do Alemán de Camelle o Concello de Camariñas a través do seu concelleiro Juan Carlos Canosa Marcote veñen de confeccionar unha conferencia que se desenrolará este 28 de nadal de 2014 na Casa do Alemán en Camelle. A charla, que estará tamén integrada no ambicioso programa de actuacións "Man: Mar, Arte e Natureza" contará como protagonista, ademáis de Man, coa Doutora en Belas Artes Carmen Hermo que conducirá o evento. Este está previsto que dea comezo a eso da 12:30 da mañá e no cal teremos ocasión de vislumbrar un pouco millor todo ese gran proxecto que está chamado a revolucionar o concepto turístico que temos da vila de Camelle e, sobretodo, da obra do xenial anacoreta traxicamente desaparecido hai 12 anos. Alí estará Camarinas.eu para contarvos todo o que suceda pero antes aquí vos deixamos unha pequena perla atopada no archivo radiofónico da CRTVG que rescataron dende o proxecto "Man: Mar, Arte e Natureza", unha entrevista realizada polo locutor de radio o camariñán Marcial Mouzo no ano 1986 ao mesmísimo Man.
  • Manfred retorna ao seu fogar de Camelle

    Camarinas.eu ofrece aos seus lectores a imaxe da retirada do féretro de Man
    Xusto coincidindo co décimo aniversario do seu falecemento, Manfred Gnadinguer retornará ao seu fogar. Para elo traballadores da funeraria de Vimianzo procedían na tarde deste xoves 27 de decembro de 2012 á exhumación do seu cadáver no camposanto camellán e tras a incineración dos seus restos, as cinzas de Man serán soterradas dentro dunha furna ás 20:00 horas deste venres 28 de decembro na que fui a súa casa nun acto solemne que contará ca presencia das máximas autoridades municipais. Comenzará desta forma un amplio programa de actividades denominado "Sempre na nosa memoria" que se extenderá ao longo deste fin de semana como forma de homenaxe e recoñecemento a un artista único e excepcional, aquel cuia alma sensible e eterna non foi quen de soportar as acometidas furiosas dunha oleaxe negra, devastadora e cruel. Xusto neste intre, cando se cumpren dez anos do seu fatídico falecemento, Manfred Gnadinguer, o Alemán de Camelle, ten que seguir na nosa memoria. Agora máis que nunca.
  • Video especial dos Humoristas de Camelle na Festa da Palilleira 2009

    A inciativa e xenialidade das xentes de Camelle queda demostrada con creces neste impresionante vídeo
    A comisión de festas de Camelle patroneada por Perla hai uns días que levan vendendo un DVD de video moi especial para recadar fondos para as próximas festas camellanas. Neste DVD está recollido todo a xenialidade que tivo un pequeno pobo mariñeiro coma Camelle ao inventar e improvisar unha espectacular obra teatral mentras trascorría a Festa da Palilleira organizada por esta impresionante comisión de festas. Neste acto colaboraron máis de 100 veciños da vila norteña do noso concello así como tódolos integrantes da comisión e coa colaboración especial dun atónito Marcial Mouzo que coma o cámara que grababa as imaxes, non daban creto a toda esta xenialidade... o caso é que dentro desta noticia presentámosbos a todos os usuarios de camarinas.eu en exclusiva un pequeno recorte de 6 minutos  (o video orixinal dura caseque dúas horas) da delirante escena protagonizada por Marcial Mouzo e dous destes actores improvisados pero case profesionais que formaron parte deste espectacular teatro callejero camellán.
  • Festa do Sacramento de Camelle 2009

    O noso querido amigo Marcial Mouzo non se quixo perder esta 1ª edición da Festa das Palilleiras de Camelle
    Pois para ser a primeira vez, hai que decir que este fin de semana inicial do setembro do 2009 no que en Camelle fixeron coincidir a 1ª Xuntanza das Palilleiras e a Festa do Sacramento foi en éxito total, tal e como pudo comprobar camarinas.eu  en dúas xornadas intensivas de sábado e domingo adicadas á nosa querida vila norteña. Na xornada sabatina co arte en vivo das mulleres camellanas animado polo bo facer xornalístico do noso amigo Marcial Mouzo e cunha discoteca móvil que levou o ritmo polas rúas ata altas horas da madrugada. O domingo cunha impresionante misa e procesión, ca actuación da orquesta Jocker e cun partido entre solteiros e casados que enchío de sorrintes aficcionados o Paseo Marítimo Camellán. Pulsa na imaxe  para ver unha galeria de 125 fotografías do que dou de si a Festa do Sacramento 2009 en Camelle: o territorio das grandes iniciativas ciudadanas.
  • CSI Camariñas: Episode 4 - O Rubio de Camelle, ¿héroe ou furtivo?

    Catro episodios van xa das investigacións científicas do detective privado do Campo
    No cuarto episodio do CSI Camariñas, a lupa microscópica de Mikel volve a fixar o seu obxectivo sobre unha vida a cabalo entre o furtivismo e a heroicidade. ¿Ánxel ou diablo? A dualidade da alma humana é analizada ata as súas últimas consecuencias polo investigador privado do barrio camariñán do Campo, que segue a facer méritos para recibir o futuro Premio Pulitzer de periodismo científico nunha gala na cidade dos rañaceos a que promete que nunca acudirá vestido de traxe ou frac, senón "con roupa de ajuas", como corresponde a un auténtico home de mar.
  • CONCEPCION REGUEIRA "CHITA", A MELLOR AMIGA DE MAN

    Chita posa no terceiro andar da Casa do Alemán co porto de Camelle ao fondo

    “...él sempre me dixo que prefería morrer antes de que lle destruíran o seu museo.”

    Camarinas.eu segue a preparar de forma intensiva o 1º Encontro de Man que terá lugar na Casa do Alemán de Camelle o próximo sábado 17 de novembro, e no que está prevista a asistencia de renombrados membros do mundo da cultura. Entre os asistentes ocupará un lugar destacado Concepción Regueira Pardiñas, "Chita" a gran amiga de Manfred e a persoa que mellor o coñecía, a cal foi obxecto da entrevista debut da reporteira que ven do Norte (do norte do Concello de Camariñas, Camelle), Silvia Baña Rodríguez. Ao longo da charla que mantiveron as dúas camellanas, Chita fai un repaso exhaustivo da vida de Man en Camelle e conta numerosas anécdotas do xenio iconoclasta alemán.
  • Sociedade