O concello de Camariñas reactiva o programa “Eu Son Camariñas”, un proxecto municipal creado para dar visibilidade a persoas do Concello que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou sociais.
A semana pasada o Concello de Camariñas contactou cun enxeñeiro industrial e unha xeóloga para que realizaran unha inspección na zona de ribadas da Punta da Ínsua en Camariñas e avaliar o seu estado. As conclusións constataron que os últimos temporais aceleraron o proceso de erosión que se estaba a dar no lugar empeorando a súa situación xa de por si precaria.
“A vida cambiou moitísimo nos últimos anos”. Quen non escoitou esta frase algunha vez na súa vida? Normalmente tende a vir de alguén maior a un mesmo, ou un dilla a alguén máis novo. Case chega a punto de establecerse como un tópico deses que perden un pouco o seu significado. Mais, se somos sinceros, nos últimos tempos si podemos asegurar sen temor a dubidas que as cousas cambiaron moito e moi rápido. E é que as tecnoloxías impactaron nas nosas vidas e transformáronas por completo case sen darnos conta. Un exemplo é o modo no que chegastes a este texto. De seguro que estabas a fedellar en Facebook pasando o cacho e decidistes ver que che podiamos contar dende o camarinas.eu. Non? Pois a noticia de hoxe ten moito que ver con isto.
Internet cambiouno todo, dende o modo no que nos comunicamos até o mero feito de ir comprar. Así é, a día de hoxe non necesitamos nin sequera levantarnos do sofá para adquirir o libro que andabamos a buscar, ese estante que precisamos ou mesmo o máis imprescindible como é a comida. Deste xeito nace no novo proxecto do Concello de Camariñas, o proxecto MerCamariñas.
Nos últimos días a preocupación polas obras programadas na ponte da Ponte do Porto foi en aumento polas dificultades que presentaban para o transporte escolar. Os autobuses que recollen aos rapaces e rapazas de Carnés, Tufións, Cereixo e a zona baixa da Ponte do Porto utilizaban este camiño para realizar o seu traballo. Co pechamento do tráfico as 7:30 da mañá isto resultaría imposible, trastornando os seus horarios.
Os servizos municipais retoman a casa de pedra tras a renovación do chan e a instalación de varios armarios e estantes novos. Estes traballos realizados polos rapaces/as do módulo de “instalación de elementos de carpintería” do obradoiro “Xuventude polo emprego” promovido polo Concello de Camariñas xunto co de Vimianzo e Muxía, teñen unha segunda fase que deberá esperar até que mellore o tempo posto que son no exterior do edificio. Tamén queda pendente a instalación de unhas pezas máis de mobiliario que se levaran a cabo proximamente.
A alcaldesa Sandra Insua estivo presente e amosou a súa satisfacción polo “bo traballo realizado até o de agora” felicitando tanto ao alumnado como ao seu monitor.
“En ningún informe previo da Garda Civil e tampouco nos datos que nos trasladaron na reunión que mantivemos en decembro se reflicten os puntos de venta que se fixeron públicos ao detalle nos medios de comunicación e que tamén coinciden co sentir do pobo polo que cremos que é necesario que se investigue” foron as palabras de Sandra Insua na última xuntanza coa subdelegada de goberno Pilar López Rioboo e o coronel Francisco Javier Jambrina. Isto reflicte a súa preocupación na disparidade das cifras oficiais e non oficias publicadas recentemente arredor do consumo de estupefacientes no concello.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, participou hoxe nunha videoconferencia convocada polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para informar da situación epidemiolóxica aos alcaldes de Bergantiños e Soneira. No encontro, Comesaña comunicou que o Concello de Camariñas comezaba a estabilizarse e Sandra Insua agradeceu o rastreo que se fixo na Industria Cerdeimar xa que "supuxo un respiro que non xurdiran demasiados casos nese cribado". Manifestou tamén a súa relativa tranquilidade "ao ser dos municipios menos afectados á vista dos datos, baixando de 32 a 28 positivos e sabemos que hai contaxiados que pronto se darán de alta". De tódolos xeitos solicita á veciñanza "que sexan cautos, que cumpran as normas actuais e tamén as posibles novas medidas que esixa a Xunta despois deste comité clínico".
Os nenos e nenas que nazan en Camariñas no ano 2020 chegarán ao mundo cun regalo baixo o brazo. Antes do comezo do Estado de Alarma o primeiro ‘bibliobebé’ do 2020, Hugo Rodríguez González, recibiu os seus agasallos por parte da alcaldesa, Sandra Insua, e a concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro.
Despois do terremoto mediático que supuxo tanto a publicación do makinf off como da revelación do impresionante cartel da Mostra do Encaixe protagonizado por Damián Álvarez, continuaba a apisonadora mediática da mostra a conquistar Madrid por tódolos flancos posibles. As redes sociais botaron fume durante toda esta semana con estas dúas publicacións. As estadísticas ás que temos acceso dentro do facebook da Mostra son de infarto: caseque 500 veces compartido e 30.000 persoas alcanzadas en tan só 24 horas co cartel creado por Diego Alonso e protagonizado por Damián Álvarez. Unha asoballadora avalancha social poderíamos dicir que deixa en ridículo outras publicacións. Máis alá, e dentro destas accións de difusión previas da XXX Mostra do Encaixe, o Concello de Camariñas decidiu ao mesmo tempo promocionar o evento en pleno corazón de Madrid. Así, aproveitando a presentación da XXX Mostra en FITUR, programou que do 22 ao 29 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía o cartel da edición deste ano.
Este pasado 13 de xuño de 2019 a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, e varios membros da actual corporación e do futuro goberno do municipio, mantiveron unha reunión co xefe da Demarcación de Costas da Coruña, Rafael Eimil, para coñecer o estado dos proxectos que ten o Estado para Camariñas.
O Concello de Camariñas continúa coa súa firme aposta por reforzar os Servizos Sociais municipais. Así, desde o 1 de abril, estendeu a cobertura do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) aos usuarios de grado un para cubrir a totalidade dos demandantes por primeira vez. Antes do mes de abril o SAF contaba con 90 usuarios que se atendían de luns a venres a través de 14 horarios de mañá e dous de tarde e a fin de semana con cinco de mañá e dous de tarde. Agora, con este aumento, pásase a atender a 103 usuarios cun horario máis de luns a venres, 15 en total.
Páxina 1 de 2