• Procesión de Fátima este domingo 12 de maio na Ponte do Porto

    Procesión de Fátima este domingo 12 de maio na Ponte do Porto

    Xa está todo preparado para que este domingo se celebre a tradicional procesión de Fátima na Ponte do Porto. As persoas encargadas da organización destes actos relixiosos fannos chegar o cartel e unhas imaxes nas que podemos comprobar todo o gran traballo que foi realizado altruistamente por estas xentes da Ponte do Porto. A rúa das Barrosas lucirá este domingo esplendorosa cando, despois da misa solemne en honor á Virxen de Fátima programada para as 10:30 da mañán, salgan en procesión os numerosos devotos por este importante vial porteño. Durante o tradicional percorrido polo que se leva en volandas á imaxe da virxe milagreira, os asistentes estarán acompañados pola Banda de Gaitas "Vai en Banda". Xa no alto da Pesqueira será celebrada por parte dos nenos da Ponte do Porto a representación da aparición da nosa señora de Fátima. E alí estará Camarinas.eu para dar conta de todo o que aconteza na nosa querida vila Porteña. Dende aquí queremos darlles a noraboa a toda a organziación da Fátima da Ponte do Porto.

  • Procesión de Fátima 2011 na Ponte do Porto

    OS rapaces porteños interpretaron á perfección o seu papel na representación da aparición
    Continúa Camarinas.eu co seu percorrido particular polos diferentes actos festivos e sociais que se celebran eventualmente por tódolos recunchos do noso concello. Desta vez facemos parada obrigatoria na celebración que se realiza dende tempos remotos da procesión da Fátima na Ponte do Porto. Procesión que engalanou este domingo pasado 9 de outubro a Rúa das Barrosas cunha impresionante alfombra floral realizada por gran parte de veciños e devotos da dita transitada rúa porteña. Outro ano máis, como ven sendo habitual, Camarinas.eu estivo presente e móstravos en rigurosa exclusiva as imaxes dun día festivo na que os veciños da Ponte do Porto gozaron co fervor relixioso dos seus máis pequenos habitantes que representaron unha emocionante aparición da Virxe de Fátima que encheu de bágoas a gran parte dos asistentes. Antecedeu á emotiva procesión unha misa en honor a esta Virxen oficiada polo noso querido cura párroco Don Jesús que estivo acompañado polas autoridades muncipais entre os que destacaban o Alcalde Pichurri e a Tenente de Alcalde e Concelleira pola Ponte do Porto Sandra Ínsua. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a tódolos responsables e colaboradores desta representación.
  • Procesion da Virxen de Fatima na Ponte do Porto

    Moi concurrida estivo este ano a Procesión de Fátima na Ponte do Porto
    Este Domingo ás 12 do mediodía celebrouse na veciña e querida parroquia de A Ponte do Porto a súa tradicional procesión de Fátima, e ahí estivo camarinas.eu. A imaxe da Virxen foi paseada en procesión católica pola famosa Rúa das Barrosas acompañada por centos de fieles cristianos. Chegando ao alto da Pesqueira, ao final da citada rúa, a concurrida manifestación descansou un momentiño e puido ver a pequena pero ben traballada e ambientada obra de representación por parte duns nenos porteños dos milagres desta Virxen tan venerada e querida na Ponte. 

    Os organizadores da procesión de Fátima da Ponte do Porto presentaron este ano 2007 unha impresionante alfombra floral na Rúa das Barrosas

    En fin, como non podía ser menos con tal excepcionais actores, a representación foi todo un éxito e dende aquí damos a nosa máis calurosa felicitación aos rapaces participantes. Para rematar, como ben sabedes os usuarios de camarinas.eu, nesta web non vos estamos a facer promesas día tras día. Facémos o traballo e punto.