O Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) cedeu ao Museo de Man a réplica da casa do artista que foi deseñada por CREUSeCARRASCO. Esta formou parte da exposición “Museo (do ermitán) Man” do CGAC de Santiago dende o 6 de Marzo até o 6 de Setembro de 2020. Posteriormente foi trasladada ao Museo do Mar de Galiza en Vigo onde permaneceu até o 10 de Xaneiro deste 2021.
O museo Man de Camelle inicia a busca de persoas que coñeceran ou coincidiran con Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, para realizar un documental sobre a súa vida e obra dentro da iniciativa “Proxecto Man: A Costa da Morte na Mirada”.
O Museo MAN acolleu esta mañá a inauguración dunha exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica.
O Museo MAN albergará o vindeiro sábado, 26 de setembro, unha exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica. A inauguración será o vindeiro sábado, 26 de setembro, no propio Museo e ás 12:00 horas. Será obrigatorio o uso de máscara sanitaria e o Concello porá a disposición das persoas asistentes xel hidroalcólico para a correcta desinfección das mans.
A proposta do Museo MAN chegará a vindeira semana ao VI Congreso Internacional Científico-Profesional de Turismo Cultural de Córdoba, baixo a proposta ‘Museo MAN: Dinamizador turístico da Costa da Morte’, que será exposta por Andrea Serodio, responsable do Museo, e Carmen Hermo, da Universidade de Vigo, o xoves 20 de febreiro na mesa moderada por Rogelio Martínez.
O Museo Man de Camelle acollerá a exposición “Arte + 3 Olladas”, que amosará as obras dos artistas Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo. Arredor de 50 obras que presentarán tres formas de ver a vida cotiá e o mar. A presentación da mostra terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, ás 19:30. A ela acudirán os creadores das pezas que estarán alí expostas. A mostra exhibirá cadros e cadernos de viaxe, entre outros elementos.
A praia de Arou, do Concello de Camariñas, está entre as 38 praias da provincia coruñesa galardoadas con Bandeira Azul este 2019. O distintivo garante que nas praias que o teñan exista información, educación e xestión ambiental, unha boa calidade da auga de baño, accesos sinxelos e seguros, e a presencia dun equipo de socorrismo axeitado. Este premio é concedido por un xurado internacional presidido pola Fundación Europea de Educación Ambiental (FEE), e outorgado en España pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC-FEE).
Este pasado sábado 23 de febreiro de 2019 tiña lugar no impresionante Museo Man de Camelle a inauguración da exposición 'Imaginatio Mare' do artista catalán Joan Pascual Roca. Ademais do autor da obra estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua Rial xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro por Camelle Juan Carlos Canosa Marcote que presentaba a inauguración. Ata a última fin de semana de marzo poderase visualizar o traballo deste artista catalán, que a través da técnica da pintura con tinta chinesa invita ao expectador a somerxerse dunha maneira case existencial no ecosistema mariño. Ao remate do acto de inauguración o artista non quixo perderse a oportunidade de fotografiarse xunto a estatua do Alemán de Camelle en homenaxe a Man cun grupo de visitantes de Baleares.
O Museo Man de Camelle, de Camariñas, organizará os días 2 e 3 de marzo uns obradoiros polo Entroido. O obxectivo principal do programa é o fomento da aprendizaxe mediante a experimentación persoal. As persoas inscritas poderán realizar máscaras ou un bálsamo labial libre de tóxicos. Tamén haberá xogos. Este compendio de actividades permitirán poñer en práctica as artes prácticas, pero tamén poñer en valor o consumo responsable.
Páxina 1 de 2