• Novas sobre a XXXI Mostra do Encaixe

    Novas sobre a XXXI Mostra do Encaixe

    Xa pouco falta para a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas recuperando desta volta o seu calendario habitual de semana santa e como é lóxico nestas fechas xorden novas en torno ao evento coas confirmacións de deseñadores e últimos preparativos.

    Así, aparece o primeiro nome do mundo da alta costura confirmado dentro do cartel desta mostra. Trátase da firma “Devota y Lomba”, a firma de Modesto Lomba, que volve a pasarela camariñá mediante o desfile de “Grandes deseñadores” tras non poder participar nela nas súas dúas últimas edicións, aínda que iso non significou que este deseñador non estivera presente no evento pois formou parte do xurado do “Deseñadores Noveis” no pasado 2019.

    Segundo Modesto Lomba este é “un regreso natural” e engade que “para Devota y Lomba a vinculación coa artesanía é esencial para o noso proceso de traballo creativo e o encaixe aporta a sutileza e a finura do traballo das artesas, enriquece o resultado final de un vestido ou peza téxtil”. Tamén engade, con motivo da recuperación do calendario de semana santa, que está “desexoso de retornar a vida diaria e aos seus acontecementos, e facémolo incorporando unha peza máis ao noso vestiario: a mascara”

    ArtEncaixe

    Continuando coas confirmacións tamén se fai público a incorporación do “ArtEncaixe”, que xa aparecera na pasada XXX edición da Mostra do Encaixe, a esta edición cun total de 12 artesáns que chegarán a Camariñas durante a semana santa dende distintos puntos da Galiza para demostrar a versatilidade do encaixe e como este se pode adaptar a diferentes materiais e formas.

    Unha das novidades é a participación da Olería de Buño, reafirmando a aposta da Mostra do Encaixe por promocionar e poñer en valor o patrimonio, a artesanía e o talento que hai na comarca. Olería Lista, Tendataller Feituras, Obradoiro Gorín e O Rulo serán os encargados de presentar as coleccións de olería e encaixe. Ademais, tralo gran espectáculo ofrecido na trixésima edición, a ONG Egueire integrarase neste desfile.

    Completan o desfile de “ArtEncaixe”: Ana Freiría (ourivería e xoiería artística), Charo López Atelier (complementos de moda), Estilo Aramar (complementos de moda), Janet Schulz (tocados de noiva), Arteviares (artesanía en vidro), Mar Barral (laboratorio de ideas), Noelia Peña (xoiería de autor con deseños personalizados), Pilar Rodríguez ‘En Lá’ (artesanía en complementos téxtiles), Suso Calo (artesanía en prata e talla) e Xelis Luaces (encaixe experimental e aplicación).

     

    Artencaixe_1.JPG

    A Mostra en Asturias

    O pasado sábado, 26 de Marzo, ao redor de 250 persoas asistiron ao desfile de moda para promocionar a XXXI Mostra do Encaixe celebrado no Palacio de Congresos de Calatrava, en Oviedo. Nel participaron deseñadores que estiveron presentes en edicións anteriores da Mostra como a asturiana Ana Cabranes e as súas pezas pret Porter e Cerimonia ou as 12 coleccións dos gañadores e finalistas do certame de “Deseñadores Noveis” os cales cederon as súas creacións para poder levar a cabo a pasarela: Rocío Molina e Alba Cobos coa súa colección “Enxebre”, Rebeca Mercado con “Déjame Encajar”, Candela Rodríguez e Alba Otero con “Carrera de Indias”, Joaquín Ruíz con “Suspiros flamencos”, Jaione Ventura con “Zeistmaschine”, Uxía Rodríguez con “Estímulos”, Eli Conde con “Victoria”, Iria Cameán con “Un paseo sereno”. Os e as modelos correron a cargo da Axencia de Modelos Rassim’s.

     

    JMURIASFotografía_MOD.png

    Fotografía de JMURIAS

  • Voluntarios na XXXI Mostra do Encaixe

    Voluntarios na XXXI Mostra do Encaixe

    Os voluntarios e voluntarias sempre foron unha parte imprescindible da Mostra do Encaixe. Así o afirma a súa directora, Dolores Lema: “sería imposible a celebración desta cita sen elas e sen o traballo que fan antes, durante e despois da Mostra. Son parte imprescindible para nós”. Por iso, e con motivo da vindeira edición que recupera as súas datas tradicionais de semana santa, onte abriuse o prazo de inscrición para formar parte deste grupo de vital importancia para o evento. As persoas interesadas en participar como parte da organización poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfonos 653 26 55 29 ou por correo electrónico en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

  • Camariñas e a Mostra do Encaixe en FITUR

    Camariñas e a Mostra do Encaixe en FITUR

    A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra estes días no recinto de IFEMA (Madrid) volve a ser o lugar escollido polo Concello de Camariñas para presentar a XXXI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que se celebrará do 13 ao 17 baixo o slogan “E ti, encaixas no paraíso?” co que se pretende facer un chamamento para dar a coñecer Camariñas pola súa riqueza e patrimonio máis aló da artesanía.

    Esta presentación tivo lugar hoxe, xoves 20 de Xaneiro, no stand de Tourespaña. Nela deuse a coñecer por primeira vez o vídeo que promociona a XXXI Mostra do Encaixe no cal se percorre dende a Virxe do Monte até a duna rampante do Monte Branco pasando por todos os lugares e recunchos do municipio. A imaxe final é a que se recolle no cartel, a de unha rapaza, Ainhoa Toba, ataviada cun vestido de encaixe no cume da duna Monte Branco a mirar a praia de Trece.

    A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, animou durante a súa intervención ao visitante a que “nos visite durante esta Semana Santa, asista á mostra do Encaixe e aproveite a súa estancia para coñecer o fermoso patrimonio co que contamos. Se o fai, estamos seguros de que volverá”.

    “Camariñas está feita de encaixe, iso é indubidable. A nosa forma de ser, os nosos costumes e as nosas tradicións están tecidos con mimo polas mans das nosas amadas palilleiras”, explicou a rexedora, que engadiu que “Camariñas tamén está feita de mar e de terra. Nós cremos que en Camariñas está o paraíso e imos convencervos diso. Porque somos moito máis que encaixe: somos o Cabo  Vilán e o seu impoñente faro, somos o Cemiterio dos Ingleses e o seu fascinante e aterradora historia, somos a arte libre que  Manfred  esculpiu en Camelle, somos a lenda que se esconde na Virxe do Monte, somos as nosas espectaculares praias bañadas polo atlántico de area branca e fina”.

    A XXXI Mostra do Encaixe, que recupera o seu calendario tradicional durante a semana santa, seguirá a liña anterior na que aposta pola innovación e a integración do encaixe nas diferentes artesanías galegas. Do mesmo xeito, continuará cos desfiles de moda así como o concurso de jovenes diseñadores e este ano engadirá a presenza de stands de deseñadores e revistas especializadas.

    Camariñas, o paraíso do Camiño de Santiago

    O chamamento que aglutina a esencia desta XXXI Mostra do Encaixe ten que ver co plan que ten en marcha o Concello para destacar Camariñas como a etapa final, ou o ‘paraíso’ dunha ruta alternativa do chamado Camiño da Resurrección.

    Hai unha teoría, que se recolle no libro “El Camino de Santiago y el Juego de la Oca”, de Sebastián Vázquez, pola que a ermida da Virxe do Monte é a fin do Camiño da Resurrección, o paraíso ou, como se relata no texto, o “Jardín de la Oca”.

    Para iniciar o Camiño da Resurrección, despois de saír por Santiago o peregrino pasase por Padrón, Noia, Fisterra e chega a Muxía. Alí, ademais de atoparse coa traslatio de Cereixo e a igrexa de San Julián de Moraime, baixa até o santuario da Barca onde se atopa a pedra de abalar. Conta Sebastián Vázquez no libro que “xusto  en ese lugar produciuse o encontro entre Santiago e María e, segundo di a lenda, ela viña xusto de en fronte, onde se levanta a ermida da Virxe do Monte de Camariñas, proba diso son as pegadas dos seus pes que se conservan nunha pedra en fronte da ermida. Por mar son apenas catro quilómetros os que separan ambos puntos. Por tanto o peregrino debe volver sobre os seus pasos e chegará a Camariñas para acceder, por fin, ao xardín da Oca”.

  • Camariñas e a Mostra nos cines Callao de Madrid

    Camariñas e a Mostra nos cines Callao de Madrid

    Os cines Callao son unha institucións da cultura en plena Gran Vía de Madrid. Aos seus máis de 90 anos foi un espazo no que se realizaron milleiros de actos e polos que pasaron os máis grandes persoeiros da cultura nacional e internacional. Agora, como xa acontecera na anterior edición, ocupa case toda a súa fachada a vila de Camariñas e a súa Mostra do Encaixe co cartel da vindeira XXXI edición e farao durante toda esta semana (do 17 ao 23) proxectándose nas grandes pantallas dixitais que ten este edificio.

    O cartel está composto por unha fotografía na que se pode ver a protagonista, Ainhoa Toba, dende o alto da duna “Monte Branco” cun vestido de encaixe e sostendo uns palillos. Esta imaxe corresponde ao vídeo de promoción que se estreará hoxe en FITUR. Ademais, na imaxe pódese ver o slogan desta edición: “Encaixas no paraíso?” xunto con referencias a data de celebración e ao municipio: “Camariñas, corazón da Costa da Morte. Semana Santa 2022”.

     

    cartel_mostra_do_encaixe_1.jpg

     

    cartel_mostra_do_encaixe_2.jpg

  • Agasallos da Mostra do Encaixe de Camariñas á Deputación da Coruña

    Agasallos da Mostra do Encaixe de Camariñas á Deputación da Coruña

    O venres, 1 de Outubro, a Mostra do Encaixe realizou a entrega de agasallos aos membros da Deputación da Coruña como agradecemento a implicación e compromiso que garda esta co evento do encaixe camariñán.

    A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, xunto co concelleiro Sergio Caamaño, fixeron entrega do obsequio, de forma persoal, ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, así como colocaron en cada unha das butacas unha bolsa con cadanseu agasallo nos distintos asentos do hemiciclo antes de que comezara a sesión.

    Dende o gabinete da Mostra subliñan a “versatilidade da aplicación do encaixe para obter produtos tan espectaculares como a paxariña” como a que se fixo entrega a José Ramón Rioboo. Ademais, inciden na gratitude a “inestimable axuda e colaboración” que ten a Deputación co evento do encaixe.

    Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, agradeciulles a Caamaño e Liñeiro “un detalle precioso, que amosa non só a beleza do Encaixe, tamén a solidariedade e detallismo do pobo camariñán”, e avanzou que “a nosa intención é seguir colaborando nun evento que é a proba de que a nosa artesanía e manufactura ten moita cabida neste mundo, cada vez máis tecnificado”.

     

    Agasallos_3_MOD.jpg

  • Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas II

    Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas II

    Logo de que escasos días atrás se confirmara a presenza de Dolores Cortés e Julia de la Cal na vindeira Mostra do Encaixe de Camariñas (do 8 ao 12 de Outubro nesta ocasión) onte sumáronse dúas personalidades de grande importancia dentro do mundo da alta costura e a artesanía como son Edith del Valle e Charo López.

  • Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

    Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

    Achegase a data na que se vai a celebrar a trixésima edición da Mostra do Encaixe que este ano, por  mor da situación epidemiolóxica, se celebrará durante a ponte do Pilar  (do 8 ao 12 de Outubro) e con ela a lista de nomes que acudiran a cita para presentar os seus proxectos e pezas dentro do marco do encaixe.

  • Aberto prazo de inscrición para ser voluntario na Mostra do Encaixe.

    Aberto prazo de inscrición para ser voluntario na Mostra do Encaixe.

    Debido a situación sanitaria a trixésima edición da Mostra do Encaixe sufriu diversos cambios. Primeiro tivo que suspenderse, mais veuse ben substituída coa versión en liña acollida polos visitantes de un modo moi positivo. Logo diso, un ano despois foi preciso cambiar a súa data e deixar a semana santa a que ten acostumados aos seus visitantes para trasladarse a vindeira ponte do Pilar do 8 ao 12 de Outubro. Porén, esta celebración do encaixe na capital camariñá manterá a súa esencia e traerá como todos os anos os seus desfiles, os seus postos e todo o relacionado co mundo do encaixe así como outros elementos que a acompañan. Entre eles a convocatoria para formar parte do grupo de voluntariado sempre presentes nestas datas.

    Deste xeito, calquera persoa interesada en participar como voluntario e formar parte da organización nesta trixésimo edición da Mostra do Encaixe poderá chamar ou mandar unha mensaxe de Whatsapp a través dos teléfonos 653 27 63 88 ou 653 26 55 29 e presentar deste xeito a súa solicitude cuxo prazo se inicio onte, martes 14 de Setembro.

    A directora da Mostra, Dolores Lema, sinalou que “é unha edición moi importante para nós; ademais de tratarse do trinta aniversario tamén é a Mostra despois desta terrible situación, e agardamos que sexa o máis bonita posible”, recalcando que “sería imposible a celebración desta cita sen as persoas voluntarias: son parte imprescindible para nós”.

  • Clausura da II Mostra do Encaixe Virtual

    Clausura da II Mostra do Encaixe Virtual

    Onte, domingo 4 de Abril, foi o final da segunda edición da Mostra de Encaixe Virtual de Camariñas cunhas cifras, ao igual que o ano pasado, espectaculares. Un total de 133.65o usuarios visualizaron as súas 56 publicacións nas diferentes plataformas deste evento dixital.

    Na primeira edición da Mostra Virtual a cifra  de persoas alcanzadas foi de 237.962 nun total de 175 vídeos publicados. Este ano, debido ao cambio de natureza do evento onde o protagonismo se centraba no comercio local e o certame de Jovene Deseñadores, optouse por reducir o número de publicacións e aumentando o alcance medio de cada unha delas, pasando de 1.359 persoas por post o ano pasado a 2.386 persoas neste.

    As cifras en torno aos 12 standsparticipantes foi relativamente alta cun total de 61.018 as que os visitaron. Neles existiron ofertas especias durante estes días  de Mostra Virtual para aquelas persoas que quixeron mercar produto local relacionado co encaixe. Os stands, ademais, facilitaban a compra con diversos métodos de pago e envío para todos os seus clientes.

    Na última xornada realizouse o acto de clausura a mans da directora da Mostra, Dolores Lema, que agradeceu “inmensamente a todas as persoas que non se ven pero que fixeron posible que se levase a cabo este evento” e da concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, quen recordou “que en outubro, con tódalas garantías sanitarias, se poida celebrar a tan desexada trixésima edición da Mostra do Encaixe”. O acto tamén tivo espazo para a música co grupo Jaque cunha versión propia da canción “Camariñas”.

     

  • Carlos Bardullas e o encaixe local triunfan na segunda xornada da Mostra do Encaixe de Camariñas

    Carlos Bardullas e o encaixe local triunfan na segunda xornada da Mostra do Encaixe de Camariñas

    O arranque da segunda xornada da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas non decepcionou a ninguén. Despois de que as gaitas de Vaiche Boa e o son das palilleiras amenizasen a apertura de portas, chegou a quenda para os desfiles do ‘Pequeencaixe’, as ‘Encaixeiras Sénior’ e o estilista internacional, Carlos Bardullas. Despois da súa estrea de onte, as 50 nenas e nenos das Escolas Municipais volveron á pasarela da Mostra para amosar o encaixe que crearon durante todo o curso e que aplicaron posteriormente aos vestidos cos que desfilaron.

  • O son dos palillos dá a benvida á XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas

    Acto inaugural da Mostra do Encaixe de Camariñas 2019

    A inauguración oficial correu a cargo da alcaldesa de Camariñas, o delegado do goberno en Galicia, o conselleiro de Economía e o presidente da Deputación da Coruña.  Sandra Insua, na súa primeira Mostra como alcaldesa, destacou no seu discurso a importancia da muller na sociedade e na Mostra desde hai 29 anos.

  • Todo listo para a Mostra do Encaixe de Camariñas 2019

    As nenas do PequeEncaixe, unha das grandes da Mostra do Encaixe de Camariñas 2019

    O Concello de Camariñas vivirá desde mañá mércores 17 de abril ata o domingo 21 a XXIX Mostra do Encaixe. Cinco días nos que a tradición, a moda e unha chea de actividades complementarias inundarán as rúas do municipio. A apertura da Mostra terá lugar mañá, mércores 17, ás 15 horas, coa actuación do grupo de gaitas ‘Con todo en banda’ pero a inauguración oficial coas autoridades non será ata as 17 horas. Á inauguración oficial asistirán o Delegado do Goberno, Javier Losada; o Conselleiro de Economía, Francisco Conde; a subdelegada do goberno, Pilar López-Rioboo; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a Directora de Comercio e Consumo, María Sol Vázquez Abeal; a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o resto de membros da corporación, e outras autoridades locais de municipios limítrofes.

  • Camariñas de Cine, unha actividade cultural na Mostra que poñe a Camariñas á altura de cidades como Valencia

    Camariñas de Cine, unha actividade cultural na Mostra que poñe a Camariñas á altura de cidades como Valencia
    “Camariñas, de Cine” nace no marco de “Mujeres de Cine”, a Mostra Itinerante de Cine Español feito por mulleres, iniciativa que ve a luz no ano 2010 co propósito de dinamizar e divulgar longametraxes e curtametraxes españolas realizadas por mulleres.
  • Camariñas, de cine: La Mostra do Encaixe 2018 se vuelca con las mujeres cineastas

    La Mostra do Encaixe 2018 se vuelca con las mujeres cineastas
    Hablar de Camariñas es hablar del encaje de bolillos, una artesanía icónica que marca a esta pequeña localidad de la Costa da Morte y la convierte en un atractivo turístico para los amantes de la moda y la tradición. Pero más allá de los orígenes del encaixe de Camariñas y de cómo este se instaló en la localidad coruñesa, su vinculación directa es con las mujeres camariñanas, las auténticas responsables de mantener viva esta actividad desde la Edad Media.
  • Video da presentación do cartel da Mostra do Encaixe de Camariñas na Deputación da Coruña

    As palilleiras de Camariñas no hemiciclo da Deputación Provincial da Coruña
    A organización da Mostra do Encaixe de Camariñas ven de presentar hai uns días por medio do seu canal oficial de youtube un video resumo do acontecido na orixinal presentación do cartel da Mostra 2018 na Deputación da Coruña. Alí, na sala de prensa Juan Gallo era o mesmísimo presidente do ente provincial e todopoderoso señor do PSOE coruñés, noso querido amigo Valentín González Formoso quen recibía, xunto ao alcalde Pichurri e a concelleira Sandra Ínsua, ás palilleiras que se trasladaron dende todo o concello para asistir a tan importante evento. Incluso éstas mesmas palilleiras foron quen de tomar literalmente o hemiciclo donde celebran os plenos os deputados provinciales para agradecer tantos anos de apoio desta institución. Un xesto que tocou o corazonciño do presidente da deputación tal e como lle comentaba a algunhas palilleiras en privado.
  • O premio nacional á excelencia empresarial xa está no Concello de Camariñas

    Sandra Ínsua, Pichurri e Dolroes co Premio Nacional PRENAMO
    Unha delegación do Concello de Camariñas trasladouse este martes 24 de xaneiro a Madrid con motivo da recollida do prestixioso Premio Nacional á excelencia Empresarial que outorga a Asociación de Novos Deseñadores Españois (ANDE). A esta gala celebrada no Club Financieiro Génova de Madrid asistiron en representación de Camariñas o seu alcalde Pichurri, a concelleira delegada da Mostra do Encaixe Sandra Ínsua e a directora do recinto artesanal camariñán Dolores Lema. Alí, a delegación camariñana aproveitou esta excelente ocasión para desarrollar diversos contactos con varios deseñadores e empresarios do sector promovendo deste xeito o máis valioso selo identificativo do noso concello. Os nosos representantes tampouco deixaron pasar a oportunidade de invitar formalmente a algúns dos deseñadores máis destacados da asociación PRENAMO así como a algún que outro blogger e influencer para que tomara nota do gran escaparate que é a Mostra do Encaixe de Camariñas para todo aquel que se adique profesionalmente ao mundo da moda. O arduo traballo realizado dende o Concello de Camariñas, moitas veces pouco valorado, vese deste xeito recompensado cun premio a nivel nacional que adorna as orgullosas vitrinas da Casa de Pedra. Tamén a TVG se se fixo eco da noticia e desprazou a un equipo de grabación para realizar unha pequena reportaxe na que as nenas da Escola Municipal de Palillo foron as protagonistas e que reproducimos íntegramente nesta noticia. Noraboa a todos polo gran traballo.
  • El estilista internacional Carlos Bardullas presente en la Mostra do Encaixe de Camariñas

    El estilista internacional Carlos Bardullas presente en la Mostra do Encaixe de Camariñas
    Los desfiles de La Mostra de Camariñas contarán este año con la intervención especial del peluquero Carlos Bardullas, que realizará 12 espectaculares “tocados – escultura” que integrarán el Encaixe y requerirán más de 4 horas de trabajo por peinado. Esta colaboración, que tendrá lugar durante la pasarela del domingo 1 de abril desde las 12:30 de la mañana, continúa la carrera de la Mostra por convertirse en Fiesta de Interés Nacional en 2019.
  • As palilleiras de Camariñas toman a deputación para presentar o cartel da Mostra do Encaixe

    As palilleiras de Camariñas toman a deputación para presentar o cartel da Mostra do Encaixe
    A Deputación da Coruña acolleu hoxe a presentación da XXVIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2018. No acto participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, a concelleira responsable de Promoción do Encaixe, Sandra Ínsua, e a actriz fisterrá Marta Lado. Esta última protagoniza o cartel e o vídeo promocional, que se proxectou hoxe por primeira vez na sede da institución provincial.
  • As palilleiras de Camariñas presentan o cartel da Mostra do Encaixe 2018 na Deputación da Coruña

    O cartel máis cinematográfico da Mostra do Encaixe de Camariñas preséntase este xoves na Coruña
    Chegan novos tempos para a Mostra do Encaixe de Camariñas. Poucos días antes de acabar este ano 2017, o departamento encargado da organización da Mostra, ven de anunciar a inminente presentación, case sen tempo, do cartel da próxima edición da que será unha das máis espectaculares Mostras que vamos a recordar, o gran evento mundial do palillo. Van xa 28 anos desta imprescindible cita, non só para Camariñas se non para toda a Costa da Morte que recibe miles de visitantes gracias ao encaixe da nosa vila, e chega o momento de render a xusta homenaxe á institución que máis aportou para a subsistencia da milenaria arte das mulleres camariñanas: estamos a falar da Deputación Provincial da Coruña que, dende tempos do socialista Fernández Moreda foi o auténtico cimento no que se apuntalou todo o conseguido ata o día de hoxe. E para ofrecer a merecida homenaxe a esta deputación que foi unha das principais responsables da superviviencia do noso encaixe, unha delegación de palilleiras da vila desprazarase especialmente para elo ata a Avenida Porto da Coruña onde serán recibidas polo actual presidente do ente provincial, o tamén mandamás do PSdeG da Coruña Valentín Formoso.
  • Recoñecemento nacional para o Concello de Camariñas pola promoción do noso encaixe na moda

    Sandra Ínsua, na derradeira edición da Mostra do Encaixe de Camariñas
    A pesar dás críticas dalgúns que non ven mais alá da Costa das Carballas, o traballo levado a cabo polo Concello de Camariñas, e máis concretamente pola Concelleira Delegada da Mostra do Encaixe Sandra Insua, vese recoñecido, unha vez máis, a nivel nacional. A "Asociación de Nuevos y Jóvenes Diseñadores Españoles" acordou concederlle ao Concello de Camariñas o Premio Nacional a la Moda a la Excelencia Empresarial hororífico PRENAMO 2018, na modalidade de CONSERVACIÓN DE LOS USOS Y CONSTUMBRES A TRAVÉS DEL ENCAJE DE CAMARIÑAS. Ahí queda iso.