• MAN: Mar, Arte e Natureza - Comeza a musealización da obra do Alemán de Camelle

    MAN: Mar, Arte e Natureza - Comeza a musealización da obra do Alemán de Camelle
    Comeza a vislumbrarse o proxecto durante o que traballaron intensamente durante os últimos anos dende o Concello de Camariñas. "Man: Mar, Arte e Natureza" é o proxecto estrela que, en palabras dos responsables do traballo marcará un antes e un despois na proxección turística da vila de Camelle e na conservación do patrimonio do anacoreta camellán. Un proxecto que comeza a desvelarse pouco a pouco coa presentación da páxina web www.mandecamelle.com que se puxo en marcha hai uns días e que nos mostrou orgulloso un dos principais precursores deste proxecto como é o concelleiro socialista e veciño de Camelle Juan Carlos Canosa Marcote. Unha páxina web que presenta un deseño innovador e uns contidos que se están a publicar día tras día. Esta páxina web será, según nos contan, a punta do iceberg do que representará o proxecto íntegro no que se está a traballar. Pero antes de coñecer todo o total do que suporá esta importante iniciativa para a vila máis norteña do concello deixámosvos con un pequeno resumo do proxecto que promete cambiar a proxección da vila de Camelle hacia o mundo: "Man: Mar, Arte e Natureza"
  • Manfred retorna ao seu fogar de Camelle

    Camarinas.eu ofrece aos seus lectores a imaxe da retirada do féretro de Man
    Xusto coincidindo co décimo aniversario do seu falecemento, Manfred Gnadinguer retornará ao seu fogar. Para elo traballadores da funeraria de Vimianzo procedían na tarde deste xoves 27 de decembro de 2012 á exhumación do seu cadáver no camposanto camellán e tras a incineración dos seus restos, as cinzas de Man serán soterradas dentro dunha furna ás 20:00 horas deste venres 28 de decembro na que fui a súa casa nun acto solemne que contará ca presencia das máximas autoridades municipais. Comenzará desta forma un amplio programa de actividades denominado "Sempre na nosa memoria" que se extenderá ao longo deste fin de semana como forma de homenaxe e recoñecemento a un artista único e excepcional, aquel cuia alma sensible e eterna non foi quen de soportar as acometidas furiosas dunha oleaxe negra, devastadora e cruel. Xusto neste intre, cando se cumpren dez anos do seu fatídico falecemento, Manfred Gnadinguer, o Alemán de Camelle, ten que seguir na nosa memoria. Agora máis que nunca.
  • CONCEPCION REGUEIRA "CHITA", A MELLOR AMIGA DE MAN

    Chita posa no terceiro andar da Casa do Alemán co porto de Camelle ao fondo

    “...él sempre me dixo que prefería morrer antes de que lle destruíran o seu museo.”

    Camarinas.eu segue a preparar de forma intensiva o 1º Encontro de Man que terá lugar na Casa do Alemán de Camelle o próximo sábado 17 de novembro, e no que está prevista a asistencia de renombrados membros do mundo da cultura. Entre os asistentes ocupará un lugar destacado Concepción Regueira Pardiñas, "Chita" a gran amiga de Manfred e a persoa que mellor o coñecía, a cal foi obxecto da entrevista debut da reporteira que ven do Norte (do norte do Concello de Camariñas, Camelle), Silvia Baña Rodríguez. Ao longo da charla que mantiveron as dúas camellanas, Chita fai un repaso exhaustivo da vida de Man en Camelle e conta numerosas anécdotas do xenio iconoclasta alemán.
  • O Concello de Camariñas ultima a iniciativa do baleirado da pegada do Alemán de Camelle

    A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia invitada polo Concello de Camariñas realizará o mércores día 7 pola mañá un BALDEIRADO DA PEGADA que Man deixou no peirao de Camelle. O profesor de técnicas escultóricas,  Xosé Antonio Quinteiro e o profesor de arte, Antón Sobral, acompañados por alumnos da Escola de Restauración ubicada en Pontevedra desprazaranse a Camelle para realizar un positivo da pegada de MAN que se atopa no peirao de Camelle para logo positivalo e obter unha escultura que sirva de símbolo para o Museo MAN de Camelle. Esta proxecto enmárcase dentro das actividades que co gallo do Encontro Man de Camelle realizarase o vindeiro 17 de novembro.
  • Reportaxe Especial: Museo do Aleman de Camelle

    Manfred Gnadinger, o xenial Alemán de Camelle, seguirá entre nós para sempre

    O Concello  de Camariñas da os primeiros pasos para a conservación do Museo de Man

    Nunha reportaxe publicada o xoves 30 de agosto ("Resultado final enquisa museo de Man") , camarinas.eu apuntaba xa  a que na nosa opinión era a solución idónea para salvar o Museo de Man: "Que se faga un inventario de todo o seu patrimonio para que desta forma as distintas administracións poidan, coa axuda dos citados artistas, proceder ao mantemento e reposición de todas as obras que compoñen un patrimonio artístico único". Non sabemos se influidos por camarinas.eu, finalmente tras varios anos de abandono polas distintas administracións, tivo que ser o Concello de Camariñas o que se puxese mans á obra para evitar que o legado do xenio desaparecese entre a xeral apatía cunhas medidas en parte coincidentes cas propostas no seu día polo diario on-line máis leído de toda a Costa da Morte. Da man de Silvia Baña Rodríguez, encargada da formación do inventario dos bens do xenial e iconoclasta artista, camarinas.eu poido asistir a través dun recorrido exhaustivo a tódalas actuacións emprendidas dende o Concello para salvar o legado dun artista único: Manfred Gnadinger, o noso alemán de Camelle.
  • Resultado final enquisa Museo de Man

    Participa no teu Concello
    Participa no teu Concello
    Camarinas.eu naceu ca vontade de convertirse nun cauce democrático para fomentar a participación dos camariñáns na toma das decisións que lles abranguen directamente. Hoxe mostrámoslles os resultados da nosa primeira enquisa: "Que facer co museo de Man". Unha mostra decididamente representativa cuios resultadosamosan que de unha forma amplamente maioritaria, prácticamente un 40% do electorado de Camarinas.eu, decántase por impoñer algún tipo de vixilancia, solución que a xuizo desta redacción non solucionaría o problema do mantemento do legado de Man no tempo.
  • Invasion de turistas na Casa do Alemán de Camelle

    Os turistas sortean facilmente as vallas
    Fai uns días, os redactores de camarinas.eu, fomos testemuñas do que está a acontecer en Camelle semana tras semana. Os turistas procedentes de moitos puntos de España (incluso algúns autobuses) sortean facilmente as ruinosas vallas que protexen o museo da entrada de curiosos, ou algo peor. ¿Quen nos asegura que non se está a expoliar o legado de Man? Ademáis, estes turistas corren serio perigo de accidente xa que entran no museo trepando e sorteando os penedos e pedras da costa e tamen se suben ás que alí puxo Man, como se pode ver na reportaxe fotográfica que podedes ver no interior da noticia.
  • O museo de Man, o Alemán de Camelle, esmorece no abandono

    Estado actual do Museo de Man, o Alemán de Camelle
    Catro anos despois do falecemento de Man pode verse como o seu legado desaparece sen que nadie tome cartas no asunto. Despois de achegarnos onte ata a fermosa Vila de Camelle poidemos comprobar como os turistas entran no recinto de Man libremente sen que nadie o impida, xa que non está acordonado o recinto e está exento de vixilancia. ¿Que impidie que calqueira poida levar consigo pezas do patrimonio artístico que Man legou a tódolos Camelláns e polo tanto a tódolos Camariñáns? ¿Que fan as distintas Administracións para impedir esta lenta agonía do noso patrimonio cultural? Tendo en conta a importancia económica que sempre tivo o Museo de Man para o noso Concello e aínda máis, para toda Costa da Morte como punto de achega de turístas, desde esta web gustaríanos ver algún tipo de solución o máis axiña posible. Antes de que sexa tarde.