• Xa está aquí o impresionante cartel da Festa do Carme de Camariñas 2019

    A Comisión de Festas do Carme de Camariñas co Cartel 2019

    A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, entidade que organiza as festas patronais do Carme de Camariñas, ven de facer público o programa das festas que se celebrarán entre os días 16 e 20 de xullo. O impresionante cartel foi deseñado, como xa ven sendo habitual nestes derradeiros anos polo fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire nunha máis das súas colaboracións desinteresadas coa comisión do Carme de Camariñas. O completísimo programa abrangue actividades e música de todo tipo e destinado a tódalas idades, dende sardiñadas e romarías tradicionais ata o máis completo programa de orquestras que hoxe se pode ver en Galicia, pasando polo folk ou pola actuación de un artista internacional. Todo iso completado con actividades para os mais cativos, ou o recoñecemento de quen, coa súa actividade, promociona o nome de Camariñas en positivo polo mundo.

  • Cartel da Cena do Carme 2019 de Camariñas

    Cartel da Cena do Carme 2019 de Camariñas

    O xermen desta toda vorágine de cenas das comisións de festas tivo o seu xermen, como non podía ser doutra maneira, hai máis de 10 anos en Camariñas. Daquela, a comisión de festas do Carme comandada polo noso amigo JM Canosa Campaña organizaba a primeira edición da Cena do Carmen de Camariñas, un evento que se convertiría nunha tradición e que animaría a maioría de comisións de festas dos arredores a copiar os seus pasos. Agora esta comisión do Carme, convertida xa na Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” está a desenrolar un impresionante traballo para tratar de traer a nosa vila unha das edicións máis impresionantes que se lembren da nosa Festa do Carme. Unha das derradeiras iniciativas deste xenuino grupo humano que conforma a comisión do Carme 2019 é a continuación da tradición coa elebración da cena do Carmen 2019. Unha actividade co propósito principal de recadar fondos para financiar a nosa festa pero que tamén sirve como prolegómeno e pistoletazo da conta atrás para o día grande de Camariñas. Para elo a comisión de festas ten planeado organizar unha verdadeira bacanal culinaria que se celebrará na Praza do Mercado de Camariñas o 29 de xuño e que contará por si as moscas cunha gran carpa onde albergar a todos os comensais. Haberá hinchables para os mais cativos, sorteos varios e diversión a raudales cun gran ambiente garantizado como ven sendo habitual nestas cenas do Carme. Tamén nos queren informar dende a comisión que en datas previas á Cea realizarase a esperada presentación do espectacular Cartel do Carme 2019, de cuio deseño se está encargado un habitual colaborador de gran parte das iniciativas desta comisión, como é o fotógrafo de bodas Diego Alonso así como da nova e impresionante páxina web da ACCDR Virxe do Carme de Camariñas. Tamén nos recordan desde a comisión que próximamente darán a coñecer públicamente o nome o "Camariñán de Honra" desta edición do Carme 2019 que terá o orgullo de dalo pregón das festas da vila das palilleiras o próximo 15 de xullo. Para rematar a ACCDR Virxe do Carme de Camariñas queren facer público seu agradecemento polo gran apoio institucional e social que están a recibir para que as nosas festas sexan cada vez mellores. Señoras e señoras, camariñáns todos: O Carme 2019 xa está aquí!

  • Gran laconada do Carme 2019 no Pavillón de Camariñas

    A Comisión de Festas do Carme de Camariñas prepara unha gran laconada


    O próximo 24 de febreiro celebrarán unha GRAN LACONADA no polideportivo O Areal, elaborada con produtos da zona e por profesionais moi recoñecidos na hostalería local de Camariñas. O servicio correrá a cargo dos membros da Asociación. Preténdese representar aqueles xantares tradicionais onde se reunían familiares e amigos para comer a fartar, falar e bailar na sobremesa.

  • Novas actividades da Comisión de Festas 2019 do Carmen de Camariñas

    Novas actividades da Comisión de Festas 2019 do Carmen de Camariñas
    A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” é unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve distintas actividades ao longo do ano, aínda que a súa función principal é a organización das festas patronais do Carme de Camariñas. Tamén desenvolve todo un amplo abano de actividades, entre elas, a organización de distintas actividades deportivas vinculadas ao aire libre, como son as andainas.
  • A cabalgata de Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello de Camariñas

    A cabalgata de Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello de Camariñas
    Este vindeiro sábado, 5 de xaneiro, a espectacular Cabalgata das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que o Concello de Camariñas ten preparada para celebrar este santo día, percorrerá todas as parroquias do concello. Comezará a súa particular singladura real pola meirande parte das rúas municipais a partir das 11:30 horas e rematará no pavillón municipal de Camariñas. Neste pavillón será onde se celebre a pertinente recepción oficial dos Reis Magos a partir das 19:30 horas da tarde deste sábado 5 de xaneiro deste xeado comezo de ano 2019.
  • Ampliación do horario de peche dos locais de hostalaría de Camariñas durante a campaña de Nadal

    A Alcaldesa Sandra Ínsua nunha clausura da Mostra do Encaixe de Camariñas
    O Servizo de Interior e Espectáculos Públicos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia deu o visto bo á solicitude do Concello de Camariñas para ampliar o horario de peche de todos os locais de hostalaría do municipio durante a campaña de Nadal 2018-2019. O goberno local dirixido pola alcaldesa Sandra Ínsua realizou esta petición co obxectivo de que a veciñanza celebre as festas de Nadal, dado que son datas nas que o ocio nocturno comeza máis tarde. Así, ampliarase unha hora o horario de peche dos establecementos de hostalaría os días 21, 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro de 2018 e 4 e 5 de xaneiro de 2019.
  • Chega o Nadal 2018 ao Concello de Camariñas

    Chega o Nadal 2018 ao Concello de Camariñas
    O Concello de Camariñas presentou a súa programación cultural para este Nadal, chea de opcións para que os máis pequenos o pasen en grande nestas festas. A maxia, os contacontos, os espectáculos teatrais ou cómicos e a ilusión ocupan a variada oferta de actividades elaborada polo goberno local. O pistoletazo de saída douse na tarde noite deste festivo e constitucional xoves 6 de decembro co acendido das luces de nadal por parte da alcaldesa Sandra Ínsua na Praza do Concello de Camariñas. Ademáis disto, celebrouse un encontro de corais na que as nosas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar tiveron unha actuación moi destacada. Así abriu o nadal en Camariñas, con acendido dunha iluminación espectacular e con boa música das panxoliñas das nosas mulleres do coro. ¿Que máis se pode pedir?
  • Este sábado 1 de decembro Cena do Carme de Camariñas

    Todo listo para a Cena do Carme de Camariñas
    Chega o nadal e xa están con nos esas inevitables cenas de empresa, de amigos, familiares, etc... e a Comisión de Festas do Carme de Camariñas non vai a ser menos e celebrará este sábado 1 de nadal no Pavillón Municipal de Camariñas a cea baile do Carmen 2019. E entre todas as grandes novidades que esta comisión ten preparadas e que se irán desvelando pouco a pouco nesta web hoxe tocanos anunciar esta cena benéfica a prol do Carme. Unha velada que se prevée multitudinaria en canto a asistencia e tamén en número e calidade de platos a servir, que é o importante nestes casos para moitos. O espectacular menú que nos terán preparado para esta velada benéfica conta con un menú composto por abundantes entremeses variados, gambón cocido, tenreira asada ao estilo camariñán, un surtido de postres variados deliciosos e todo elo regado cun bo viñiño do país. Xa finalizada o menú chegará o turno de reposar e facer a dixestión. Para elo a comisión terá preparado un excelente café de pota acompañado polos inevitables chopitos que faran que os máis bailadores se vaian levantando para comezar o baile que será amenizado polo exitoso DJ camariñán Xiba. Os organizadores do evento tamén pensaron nos máis pequenos e terán un delicioso menú infantil a base de entrantes, milanesa con patacas e postre "rico rico". Para todos aqueles que desexen asistir e colaborar nesta cena benéfica para que a nosa festa siga sendo a "Mellor Festa do Mundo" non teñen máis que chamar canto antes ao 646 94 22 95 e reservar sitio porque as plazas dispoñibles a día de hoxe son moi limitadas. E alí estará Camarinas.eu para deixar testimonio de todo o que aconteza nesta gran cena benéfica a prol do noso Carme, sen dúbidas a Mellor Festa do Mundo. Viva O Carme!
  • O Concello de Camariñas e a Asociación Lumarea únense para crear o Festival Solsticio de Verán

    O Concello de Camariñas e a Asociación Lumarea únense para crear o Festival Solsticio de Verán
    O Concello de Camariñas leva tres anos organizando o solsticio de verán cada 21 de xuño. Realízase no Monte Farelo onde se levanta a capela da Virxe do Monte. É un lugar máxico onde seguramente os nosos devanceiros, ao longo de milenios, honraron aos deuses pagáns e hoxe ao Deus cristián e a súa Virxe do Monte. É un lugar sagrado aínda para os que non cren na existencia da divinidade, xa que sobre o seu cumio están as pegadas de centos de xeracións de homes e mulleres que se emocionaron vendo como o sol debuxa un camiño dourado sobre as augas do Atlántico que, como dicía Castelao en Alba de Groria, tece aos pes do monte “encaixe de Camariñas”.
  • CELEBROUSE A CEA PARA RECADAR FONDOS PARA A FESTA “SEN RIVAL” DO CARME DE CAMARIÑAS

    A comisión de festas presentou o cartel da Festa do Carmen de Camariñas 2018
    Este sábado, no pavillón municipal do Areal, 173 persoas reuníronse en torno a varias mesas para cear, bailar, pasar unha boa noite rodeadas de amigos e, sobre todo e por riba de todo, para contribuír coa súa xenerosidade sen límites, a recadar fondos para que o Carme de Camariñas siga sendo a festa SEN RIVAL de tódalas que se celebran en España. Alí estiveron moitas familias, 16 dos asistentes eran nenos que o pasaron de medo nos inchables que instalou desinterasadamente ARTE LÚDICO, dos nosos amigos Martín e Maica, representacións de comisións de festas dos pobos veciños e das festas de San Xurxo, moitos xoves e maiores que bailaron ate as tantas cos sons da Disco Móvil Impacto que xenerosamente o noso amigo Ernesto aportou para contribuír ao divertimento xeral.
  • Os heredeiros da Crus no 10º aniversario da Lumarea da Vila de Camariñas

    Os heredeiros da Crus no 10º aniversario da Lumarea da Vila de Camariñas
    Non damos avasto con tanta festa en todo o concello de Camariñas!! A xa tradicional Lumarea da Vila organizada pola asociación homonima cumpre este ano o seu décimo cumpreanos, e para celebralo tanto a asociación como o concello organizan unha espectacular festa o día 22 de xuño no que se celebrará un espectacular concerto que terá como cabeza de cartel nin máis nin menos que aos Heredeiros da Crus. Grupo de rock ribeirense co cal tiveron ocasión de compartir cartel algúns que outros redactores desta web na festa da Fervenza de Mazaricos alá polos míticos anos noventa.
  • EXCLUSIVA! O Espectacular cartel da Festa do Carmen 2018 en Camariñas

    EXCLUSIVA! O Espectacular cartel da Festa do Carmen 2018 en Camariñas
    Tal como prometéramos o mellor club de fútbol do século XXI gañou a décimoterceira e a a máis completa formación festeira da Costa da Morte organizou a mellor festa posible do Arco Atlántico. Tal como no caso da Gloria Blanca, esto xa se fai por simple aplicación dun método transmitido por xeracións precedentes. E así en breves datas dende a posta de largo xa temos o Cartel da Festa do Carmen do 2018, no que fichando aquí e alá conformouse un plantel festeiro de primeiro nivel, plantel que tamén como sempre presenta ao noble pobo camariñán en exclusiva Camarinas.eu xa que nin máis nin menos o seu director e fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire elaborou desinteresadamente o seu cartel tal e como o leva facendo con tanto éxito nestes derradeiros anos. E así un ano máis, poñendo todos algo de sí mesmos sin máis interese que ver a nosa Camariñas no top festivo nacional, estamos ás portas dun Carmen que fará historia....
  • Domingo 27 de maio, Festa Popular do Foxo dos Lobos de Camariñas

    Domingo 27 de maio, Festa Popular do Foxo dos Lobos de Camariñas
    O domingo 27 de maio na zona de Reira de Camariñas, celebrase esta segunda edición da festa do Foxo dos Lobos. A asociación Dequenquen, o Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña colaboran na realización deste evento que pon en valor un un dos patrimonios inmateriais e das construcións etnográficas máis singulares da provincia: o foxo dos lobos.
  • Aquí está a Comisión de Festas do Carmen de Camariñas 2018

    Aquí está a Comisión de Festas do Carmen de Camariñas 2018
    En esto das comisións de festas pasa como no fútbol: o importante é que o legado dunha xeración gloriosa se transmita á seguinte. Toda unha sabiduría acumulada, uns valores e un saber facer que sexan traspasados ás novas xeracións por medio de uns cantos estandartes que recollan as esencias gloriosas do club. Así, no seu momento, Di Stéfano fui o encargado de transmitir o know-how madridista á xeración dos ye-yés (Copa de Europa de 1966). Os Amancio, Pirri, Benito e compañía recolleron daquelas sagradas mans un legado que despois recaería nos Santillana, Juanito (D.E.P.) ou Camacho. Nos tumultuosos anos 80 do Felipismo a Quinta da Buitre continuou unha lenda que anos despois resucitarían Raúl, Fernando Redondo e a Quinta dos Ferrari con 3 novas memorables Copas de Europa (1998-2000-2002). E así ata estes heroicos días nos que Cristiano Ronaldo é o máximo expoñente da continuidade dun nunca inigualado legado futbolístico.
  • Comeza o Nadal 2017 no Concello de Camariñas

    Un amplo programa de actos por todas as parroquias no Nadal do Concello de Camariñas
    Como ven sendo habitual o Concello de Camariñas organiza un amplo programa de actividades co que encher o tempo de vacacións escolares neste período de nadal. A pesar de que o nadal 2017 no concello comezou oficialmente co acendido das luces navideñas este mércores 6 de decembro, o verdadeiro pistoletazo de saída deste auténtico batallón de actos lúdicos dará comezo o venres 22 coa Festa de Papá Noel que se celebrará na Casa de Pedra e onde os pequenos deberán levar as cartas cos seus desexos para entregárllas en man ao mesmísimo Santa Claus que pasará por Camariñas provinte desde a mesmísima Laponia finlandesa. Así e todo as diferentes actividades abranguen a música, o teatro, os espectáculos de animación ou o puro divertimento onde os mais cativos son os protagonistas. A guinda será a cabalgata onde as súas maxestades os Reis Magos percorrerán tódolos recunchos do concello levando ilusión e maxia a esportas para os nenos e maiores. Dende o concello fannos chegar a programación completa que, como se pode observar, cubre todo o territorio municipal sen deixar unha soa parroquia orfa de actos navideños. En fin queridos usuarios, outro ano máis comeza un nadal do Concello de Camariñas cheo de actividades para todos as edades. Feliz nadal!!
  • Portos de Galicia fai caixa a a conta da Festa do Carmen de Camariñas

    Portos de Galicia fai caixa a a conta da Festa do Carmen de Camariñas
    Xa é oficial. Para formar parte dunha comisión de festas que pretenda celebrala -coma toda a vida- en terreos portuarios, hai que ser un súper heroe xa que as condicións que pon o Ente Público Portos de Galicia para a utilización do chan afectado polos portos para a celebración das festas patronais, converte aos sufridos cidadáns que se atrevan a organizar unhas festas, para solaz de todos, en auténticos Hércules. Así o establece unha resolución de Portos de Galicia publicada a finais de setembro.
  • Cartel do San Ramón 2017 en Camariñas

    Comeza a derradeira festa do verán na Costa da Morte: O San Ramón 2017 en Camariñas
    A derradeira cita festeira deste multitudinario verán 2017 na Costa da Morte chega con un día brillante de sol acompañado de alboradas, gaiteiros e charangas por toda a vila de Camariñas. Despois de varias xornadas nas que o inverno parecía facerse un hoco para quedarse definitivamente, este xoves 31 de agosto Día de San Ramón, amaneceu cuns raios de sol esplendorosos. E será xusto nesta mañán radiante cando ás 13:00 horas se celebre a tradicional misa en honor ao noso querido San Ramón. Ceremonia que concluirá coa procesión arredor da nosa igrexa onde se concentrarán numerosos fieis para rendir homenaxe ao San Ramón. Ao remate desta está previsto o lanzamento dunha gran traca de fogos que retumbarán os ceos para honrar ao noso santo. Rematarán aquí os actos festeiros nesta xornada para así o sábado continuar a xornada orquesteril coa actuación tanto no baile vermouth coma na verbena nocturna da Orquestra Principal que será relevada xa a altas horas da noite por unha discoteca movil. E así rematará este concurrido e turístico verán 2017 na vila de Camariñas: con unha gran festa en honor ao noso querido San Ramón.
  • Procesión do Carmen de Camariñas 2017

    Cando un vive e sinte Camariñas no seu corpo e na súa alma non cabe mellor ledicia que a de desfrutar un día do Carmen cos seus compatriotas. Xentes de todas as idades e de todas as condicións, todos Camariñáns con maiúsculas, puderon vivir este domingo 16 de xullo de 2017 o fervor e o orgullo de sentirse Camariñán. Nun día soleado, despexado e con unha suave brisa do nordés comezaba a dar os seus primeiros pasos a Danza de Arcos na Praza de Insuela cara a Capela do Carmen. Alí os esperábamos os de sempre para acompañar aos danzantes ata a praia. Xa chegados a capela houbo tempo para o descanso, pero máis do debido por mor de que os danzantes tiveron que agardar a chegada dunha tal directora de non sabemos qué cousa, que viña a facer o paripé dende as oficinas de San Caetano. Mentras tanto, os rapaces da Danza de Arcos (estes sí con maiúsculas) tiveron a bondade de esperar ata que esta xerifalte chegara á Vila das Palilleiras. Todo a conta de que algúns quedaran ben diante dos seus superiores de partido. Unha vez superado o ínterin político os chavales da Danza de Arcos non tiveron nen un minuto para descansar ao chegar á Igrexa de San Xurxo.
  • Esplendorosa miniprocesión do Carmen de Camariñas 2017

    Esplendorosa miniprocesión do Carmen de Camariñas 2017
    Camariñas colmouse de xúbilo mariñeiro este sábado 15 de xullo, véspera do Carmen, ao ver como os máis pequenos da vila aseguraban a unha das tradicións máis enraizada da nosa cultura popular. Os neniños do campamento que organiza todos os veráns o Concello de Camariñas, encheron de colorido e tradición mariñeira as rúas de Camariñas cos seus bailes na miniprocesión do Carmen da que foron protagonistas. A eso das 11 da mañá desta soleada véspera do Carmen comezaban a dar os primeiros pasos todos os nenos do campamento ata chegar ata a lonxa vella, onde desembarcaban a xa chamada por todos os veciños da vila Virxiña dos nenos de Camariñas para levala en volandas ata a Casa do Concello. Alí os esperaba o alcalde Pichurri xunto co Antonio Puertas, encargado de presentar ao pregoeiro deste Carmen 2017 Marcial Mouzo. E alí foi o momento de que os nosos nenos descansaran e repoñeran forzas cos seus bocadillos e refrescos. Acto seguido, baixo un sol veraniego que nos envolvía, tomou a palabra o noso querido usuario e colaborador desta web Antonio Puertas "Beldoña" que presentou a Marcial Mouzo Vidal, pregoueiro de luxo para esta edición da Festa do Carmen de Camariñas 2017.
  • Pregón oficial do Carmen 2017 e miniprocesión dos rapaces do campamento do Concello de Camariñas

    Marcial Mouzo será o encargado de realizar o pregón oficial do Carmen 2017
    Comeza este sábado 15 de xullo a Semana Grande de Camariñas con unha véspera do Carmen 2017 repleta de actos que darán o pistoletazo de saída a gran festa da Vila das Palilleiras. Será co lanzamento de 21 bombas de palenque ás 12 da mañá dende o paseo marítimo de Camariñas cando toda a vila comece o sentir da súa fe mariñeira. Se o ano pasado o encargado de oficiar o pregón era o noso querido colaborador Antonio Puertas "Beldoña" da man do gran mestre Xosé Luís Blanco Campaña, este ano terá a honra de ser o pregoeiro oficial do Carmen 2017 o exitoso xornalista Marcial Mouzo. Será todo un luxo de pregón, pois Marcial negouse a multitude de ofertas para ser pregoeiro por toda Galicia por mor de ter un pouco máis de tempo para a súa familia. Aínda así o seu corazón camariñán non pudo dicir que non a tal ofrecemento no día máis importante da súa vila.