• Presentación da memoria final do “Proxecto Man: a Costa da Morte na Mirada”

    Presentación da memoria final do “Proxecto Man: a Costa da Morte na Mirada”

    Nos últimos días o Museo Man de Camelle acolleu a presentación da memoria final do traballo de documentación sobre a vida de Manfred Gnädinger, o Alemán de Camelle, levado a cabo por Vizuals Labs. Esta enmarcase dentro da iniciativa “Proxecto Man: a Costa da Morte na mirada” que pretende realizar un documental en torno a vida do artista fincado na vila de Camelle baixo o título “Gnädinger”.