• Da comezo o cribado masivo en Camariñas

    Da comezo o cribado masivo en Camariñas

    Hoxe, martes 19 de Xaneiro, da comezo o cribado masivo da veciñanza de Camariñas con probas do coronavirus. De tal xeito, están a ser citadas mediante sms a persoas maiores de 18 anos e menores de 60 que residen no concello para realizar a proba pcr. Os veciños de Camariñas e Xaviña terán que desprazarse até o centro de saúde da localizade camariñá, mentres que os habitantes de Camelle e a Ponte do Porto deberán facelo a casa da cultura de Vimianzo.

  • Camariñas continuará a ter servizo de pediatría no centro de saúde

    Camariñas continuará a ter servizo de pediatría no centro de saúde
    O centro de saúde do Concello de Camariñas continuará a contar cun pediatra a pesar de que á persoa que actualmente ocupa ese posto concedéuselle o traslado e abandonará a vila. Así llo confirmaron ao Concello de Camariñas desde o propio Sergas.
  • Un só médico para atender a 4000 cidadáns na Clínica de Camariñas

    O Centro de Saúde de Camariñas conta con tan só un facultativo para preto de 4000 veciños
    Dende fai dous días os sufridos cidadáns de Camariñas que tiveron a desgracia de enfermar ou de ter que facer todo tipo de xestións relacionadas coa saúde propia ou dun familiar, atopáronse coa desagradable sorpresa de que unha das doutoras que pasan consulta no centro de saúde non estaba presente polo que os seus pacientes teñen que ser atendidos pola outra doutora. Pacientes que se suman ao seu cupo habitual e que, como é fácil de entender, saturan a súa consulta, provoca retrasos na atención médica, demoras nas citas dos seus pacientes e dos alleos, etc. E parece que a situación non vai a ter arranxo, a lo menos, ate finais da próxima semana.