• Dona Gloria Castiñeira Suárez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Dona Gloria Castiñeira Suárez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Na noite deste mércores 15 de maio a redacción desta web coñecía aflixida a repentina morte da querida veciña de Camariñas Dona Gloria Castiñeira Suárez aos seus 79 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Gloria do Papón, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das Palillieras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 18:00 horas da tarde deste xoves 16 de maio. Xa no sagrado templo amariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Gloria para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos mortais desta querida veciña terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a nosa forza e ánimos a toda a familia e amigos de Dona Gloria Castiñeira Suárez nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

  • Don Inocencio López Rey, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Don Inocencio López Rey, veciño de Camariñas, Descanse en Paz
    Na mañán deste xélido martes 8 de xaneiro de 2019, esta redacción recibía a triste noticia da morte do noso querido amigo Don Inocencio López Rey na súa casa de Buría aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida do señor Chencho, tal e como era popularmente coñecido en toda a vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste mércores 9 de xaneiro de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Inocencio López Rey para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no cemiterio veciñal de Camariñas onde os restos mortais deste querido veciño de Buría terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Inocencio López Rey "Chencho". Descanse en Paz.
  • Dona Virtudes Rodríguez Soneira, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Dona Virtudes Rodríguez Soneira, veciña de Camariñas, Descanse en Paz
    Segue o incesante goteo de decesos que está a asolar á vila das Palilleiras e nunca mellor dito. Na tarde deste luns 24 de decembro, día de noiteboa de 2018, a redacción desta web recibía aflixida,  da man da alcaldesa Sandra Ínsua, a triste noticiado falecemento dunha das palilleiras máis emblemáticas de todo o Concello de Camariñas. Dona Virtudes Rodríguez Soneira, presidenta da Asociación de Palilleiras Rendas de Camariñas e cariñosamente coñecida en todo o municipio polo sobrenome de "A Porfica", falecía nestas datas tan sinaladas no Hospital Comarcal de Cee aos seus 76 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Virtudes está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste triste mércores 26 de decembro. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma da Porfica para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio onde os restos mortais desta gran muller terán merecido descanso eterno.
  • Don Francisco Valiña Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Don Francisco Valiña Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz
    Outra vez volve a golpear a traxedia no entrañable lugar da Millarenga en Buría. Na tarde deste sábado 22 de decembro esta redacción recibía a triste noticia da morte do seu querido veciño Don Francisco Valiña Canosa aos seus 84 anos de idade. O corpo sen vida de Francisco do Braño, tal e como era cariñosamente coñcido en toda Buría, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a súa querida Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste domingo 23 de decembro de 2018. Alí, no sagrado templo camariñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Francisco para, acto seguido ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos deste querido veciño da Millarenga terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Francisco Valiña Canosa. Descanse en Paz.
  • Don Manuel Soneira López, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Don Manuel Soneira López, veciño de Camariñas, Descanse en Paz
    Continúa o incesante goteo de defuncións que están a asolar todo o noso concello. Na tarde deste mércores 20 de decembro deixaba este mundo despois dun longo padecemento o noso querido amigo e respetado veciño da Millarenga Don Manuel Soneira López aos seus 88 anos de idade. O Moledo, como era cariñosamente coñecido en toda Camariñas, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irnmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo da vila das Palillieras ás 18:45 da tarde deste xoves 20 de decembro. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos do señor Moledo terán merecido descanso eterno. Vaise deste xeito outro das derradeiras figuras claves para entender a milenaria forma de vida de Buría: mariñeiro mítico, labrador incansable, veciño sempre disposto a axudar e amante da súa familia. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel, especialmente a súa muller Maruja, súa filla Marisol, Manolo e Beatriz Soneira, aos seus netos Pedro, Ana, David e María, bisnetos, fillos políticos e demáis familia. Don Manuel Soneira López, Descanse en Paz.
  • Os planos das obras que revolucionarán o aspecto do barrio de Buría

    Os planos das obras que revolucionarán o aspecto do barrio de Buría
    A pesar do bochornoso espectáculo vivido hoxe no Pleno do Concello hai un dato positivo que cabe destacar. O Partido Popular asisteu a toda a sesión e recoñeceu a Pichurri como alcalde. Algo é algo. A partir de aí todo un sinsentido. Faltas de educación, berros, insultos, faltas de respecto e acusacións cruzadas -incluso algunas que implicaban supostos delitos- que converteron o Salón de Plenos da máxima institución municipal nunha liorta de taberna impropia dunha institución democrática. Realmente lamentable todo o que alí aconteceu.
  • Don Evaristo Tajes López, Descanse en Paz

    Don Evaristo Tajes López, Descanse en Paz
    Continúa o tráxico e incesante goteo de decesos na parroquia de San Xurxo de Camariñas. Na tarde deste mércores 18 de outubro de 2017 producíase no Hospital Juan Canalejo da Coruña o triste falecemento do querido veciño de Buría Don Evaristo Tajes López aos seus 82 anos de idade. Os restos mortais de Don Verito de Pións, como era máis coñecido cariñosamente en toda a vila dos encaixes, están sendo velados na sala 1 do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:30 da tarde deste xoves 19 de outubro. No sagrado templo camariñán será oficiado o seu funeral de corpo presente para despois proceder a celebrar o seu sepelio. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Evaristo Tajes López, Descanse en Paz.
  • Soterramento dos antiestéticos cables da luz na Praza de San Xurxo en Buría

    Soterramento dos antiestéticos cabes da luz da Praza de San Xurxo en Buría
    Nestes pasados días estamos sofrindo pequenos inconvintes  polos traballos que Unión Fenosa está levando a cabo na Praza de San Xurxo, en Camariñas. Estes traballos teñen por finalidade soterrar todo o cableado de alta e media tensión que, coma una tea de araña, surca os ceos do contorno da igrexa parroquial de Camariñas.
  • Cartel da Cena Baile do San Xurxo 2015 en Camariñas

    Cartel da Cena Baile do San Xurxo 2015 en Camariñas
    Despois do éxito abrumador colleitado pola comisión da Virxen do Monte 2015 encabezada pola concelleira Mayte Castro Carril chega o turno do distrito de Buría e comeza a quentar motores xa a seguinte festa do calendario festivo camariñán. Este é o caso da nosa querida entrañable Festa do San Xurxo cuia comisión ven de presentarnos o cartel da que será a súa cea baile co fin de recaudar fondos a prol da festa do noso Patrón. Unha suculenta cea que se celebrará 18 de abril de 2015 ás 21:30 horas no Restaurante Catro Ventos de Camariñas. O menú que se servirá será todo un clásico deste tipo de enchentas e contará con entrantes de empanada, de seguido servirase unha sabrosa merluza á romana con patacas ao vapor e ensalada. Xa para finalizar o rancho servirase un suculento xamón de tenreira en salsa de champiñóns e para rematar, os camareiros do coñecido ristorante camariñán repartirán entre os asistentes un exquisito postre a escoller entre fresas con nata ou tarta xeada. Todo elo regado con viño, auga e refrescos. Xa despois, e antes de comezar a mover o esqueleto os asistentes poderemos degustar os consabidos cafés e chupitos para ir quentando motores para preparar o asalto ao bailoteo. Todo aquel que desexe asistir a esta gran cea a prol da Festa de San Xurxo poden facelo falando directamente cos integrantes da comisión ou ben chamando ao 687 64 13 08, eso si, terá que facelo antes do venres 17, data en que se cerrará o prazo para asistir a esta cea. Benvido San Xurxo 2015!
  • Efigenia Canosa Rodríguez, Descanse en Paz

    Efigenia Canosa Rodríguez, Descanse en Paz
    Este mércores primeiro de abril de 2015 recibíamos consternados a morte da querida veciña do lugar de Cabreira (Buría) Dona Efigenia Canosa Rodríguez aos seus 79 anos de idade. Os restos mortais de Dona Efigenia están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá o seu féretro cara á Igrexa Parroquial de Camariñas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente ás 15:15 da tarde deste xoves 2 de abril. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos dar as nosas máis sinceiras condolecias a toda a familia e amigos de Dona Efigenia. Descanse en Paz.
  • Accidente de circulación entre dous turismos en Buría

    Eran xa pasadas as 3 da tarde deste veraniego xoves 19 de xuno cando na tranquila e apacible zona de Buría á altura do cruce entre as rúas de Riás e Cabreira producíase unha aparatosa colisión entre dous turismos. A pesar de ser un choque casi frontal entre os dous coches os seus ocupantes non sofriron lesión algunha e o suceso non pasou a males maiores. Dende Camarinas.eu queremos recordar a todos os nosos usuarios e lectores que estimen a precuación ao volante sobre todo en lugares como este cruce entre Riás e Cabreira.
  • Mourín con Mourinho

    A guerra civil do madridismo vivío no distrito camariñán de Mourín o seu episodio máis revelador
    Corren días extranos, febriles, para o Madridismo. Días nos que se combinan as máis gloriosas xestas futbolísticas co linchamento xornalístico do seu adestrador: unha guerra civil larvada entre casillistas e mourinhistas propiciada e aumentada polo acoso e derribo do xornalismo patrio, e nos que incluso o gran templo dos madridistas na Costa da Morte, o sagrado Cafe Bar José Manuel, era víctima esta mesma semana dun segundo asalto por parte dos amigos do alleo en menos de dous anos e medio. Tempos turbulentos nos que como resposta aos embates inclementes e furibundos dunha prensa deportiva maiormente convertida en chusma furiosa, o antigo e milenario distrito camariñán de Mourín, en plena Buría profunda, quixo deixar claro o seu carácter de feudo, bastión inexpugnable do Mourinhismo amosando o seu apoio unánime ao entrenador do glorioso Real Madrid, José Mário dos Santos Mourinho Félix, aquel coñecido como José Mourinho, "The Special One".
  • Procesión de San Xurxo 2012 en Camariñas

    Devoción e fe arredor do Patrón de Camariñas
    O clima dou un respiro e o Patrón de tódalas Camariñas saío en Santa Procesión sen maiores atrancos, rodeado da fe e da devoción das súas xentes. Multitude de camariñáns, maiormente procedentes dos distintos lugares do Distrito de Buría, inundaban o atrio da Igrexa Parroquial cando pasadas ás 13:00 horas San Xurxo facía a súa aparición polas portas do templo sagrado nunhas datas sempre a medio camiño entre unha recén fenecida Semana Santa e o verán pródigo en todo tipo de festexos que se aveciña. Así soe ser a festa do Santo Patrón, habitualmente azoutada por un duro e implacable nordeste ou polas inoportunas augas primaverais. Nembargantes, tal que decíamos, no Ano do Noso Señor de 2012 o clima dou un respiro, dende os ceos fíxose a luz e santo que terminou co dragón dun lanzazo poido saír a recibir o cariño, a devoción e a fe das súas xentes sen maiores atrancos.
  • Reportaxe completo das Festas de San Xurxo 2011 en Camariñas

    A Procesión do domingo 24 de abril da a volta á Igrexa de San Xurxo
    Un ano máis, a cabalo dun calendario especialmente complicado, tiveron lugar impecablemente as Festas na honra do Santo Patrón do Concello de Camariñas. Tiveron que competir ao longo de catro días cas celebracións da Semana Santa, cas da XXI Mostra do Encaixe e cas da Virxe do Monte, pero finalmente cada un buscou o seu oco e houbo tempo para todo. Especialmente inquietos os corazóns buriáns volcáronse con tódolos actos adicados a San Xurxo e así durante as procesións de domingo e luns un hervideiro de veciños maiormente provinte das partes altas da parroquia da Vila das Palilleiras inundaban o atrio eclesial así como os arredores da Praza de San Xurxo. Vestidos cas súas mellores galas, henchido o corazón co seu mellor ánimo, celebrouse conforme á tradición os días máis importantes do ano no Distrito de Buría. Despois de cumprir co sagrado rito que inaugurara hai máis de 200 anos un natural do Cotro, D. Domingo Antonio Rodríguez Canosa, xa habería tempo para desparramarse a multitude festeira polos distintos locais na procura do imprescindible vermouth primaveral. Un ano máis, conforme á súa propia tradición, camarinas.eu asistío aos sacros actos da Festa de San Xurxo e publica a meirande reportaxe posible. Realmente, a única.
  • Obras varias no distrito de Buría

    Si había en Camariñas unha rúa que necesitaba unha boa pasada, esa era Fontebarreira
    Tal e como anticipara camarinas.eu hai xa uns meses, un carrusel de pico e pala revolucionou finalmente nos días do Nadal o Distrito de Buría con ata tres obras diferentes. A primeira por antiguedade é a da construcción das beirarrúas da Pista que leva a Mourín que a empresa camariñana Mantido S.L. leva acometendo dende hai xa un tempo. As obras prosiguen a bo ritmo e as beirarrúas comenzan a tomar forma salvo en dous tramos onde os seus propietarios convertéronse na excepción á regla xeral de colaboración e cesión de parte dos seus terreos por parte dos veciños. Esperemos que polo ben do pobo triunfe o sentido común. Non moi lonxe de alí, se había dúas rúas que necesitaban unha posta a punto urxente eran o firme das vías dos Lugares de Fonte Barreira e do Outeiro: aquelo parecía Chechenia, era como si unha daquelas mortíferas brigadas de tanques rusos da Guerra do 1994-1996 acabara de pasar polo seu firme.
  • Falecemento de José Bermúdez Mouzo

    José Bermúdez Mouzo deixonos este xoves á edade de 58 anos
    Durante moitos anos a Vila de Camariñas foi fundamentalmente un pobo de mariñeiros e albañiles, procedentes estes últimos prácticamente na súa totalidade dalgún dos recunchos que compoñen o inabarcable Distrito de Buría. Nun dos seus lugares, concretamente no Cotro, nacía un 5 de xullo de 1952 José Bermúdez Mouzo. Hábil cas mans, non tardaría en engrosar a lista de laboriosos e eficaces albañiles buriáns que se dedicaron con ahinco a transformar febrilmente a Vila dos Encaixes nas décadas dos 70 e 80, se ben no caso de Pepe do Ardeiro, tal e como sempre foi coñecido popularmente en Camariñas, a puntillosidade, perfeccionismo e minuciosidade da súa labor acabaron determinando que cos anos Pepe se convertira nun maestro canteiro de probada eficacia. Obras en pedra co seu selo persoal abranguen toda a Costa da Morte, dende Camariñas ata Vimianzo. Nestes últimos tempos Pepe acometera desafíos importantes na súa vida como a ambiciosa reforma da impresionante residencia familiar (casa antiga e amplia horta) do Lugar do Cotro ou un cambio de residencia cara a Braño. Foi finalmente neste último lugar onde aos seus 58 anos a morte o sorprendeu posiblemente en forma de ataque ao corazón cara as 00:30 horas deste furioso e vendavalado venres 29 de outubro de 2010. O seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo, non lonxe do seu Cotro querido, este sábado 30. En fin, vaise co falecemento de Pepe unha pequena parte daquela Camariñas dos 70, dos 80, composta maiormente por bravos mariñeiros e eficaces constructores,  dende a redacción de camarinas.eu: José Bermúdez Mouzo, Descanse En Paz.
  • Obras na Pista a Mourín

    Mantido SL realiza as obras da Pista a Mourín
    En realidade o proxecto chamábase "Construcción de Beirarrúas na marxe dereita da Pista a Mourín" ou algo así, pero ao final o que vai a quedar será unha auténtica Avenida de Mourín: unha obra que conlevará a ampliación dos servizos existentes, o ancheamento da estrada e a construcción dunhas beirarrúas que completarán as xa acometidas hai dous anos na marxe contraria. Así o demostra o estado actual das obras e a decir verdade algo intuíamos aquí en camarinas.eu ao ver as impresionantes obras de fortificación dun campamento impenetrable, un auténtico fortín inexpugnable, realizadas polo noso querido amigo J.A., xerente en xefe de Construcciones Mantido SL, na explanada situada a carón do Supermercado Día, en terreos propiedade do Obispado de Santiago, para gardar a maquinaria e demáis pertrechos dunha empresa de construcción lexendaria na Costa da Morte.
  • Obras de mellora nos lugares de Pións e Riás en Buría

    Unha rede subterránea de alcantarillado percorre agora Pións
    ¡Ah, querido accionariado, quen tuvera unha casiña nos Lugares do Riás ou Pións! Unha antiga casa de labranza, de pedra, reconstruida e co seu xardinciño, cunha boa lareira para asar suculentos churrascos, cun pórtico fresco e galego no que dende unha cómoda mecedora ver as tardes pasar e quen sabe si dotado dunha piscina opcional. Todo elo nunha paraxe privilexiada, ca natureza agreste á volta de esquina, os areais de Reira (plena Rede Natura) a un paso e dominando dende as alturas á vila de Camariñas. Ata o de agora semellante verxel aparecía lastrado por unha carencia difícilmente xustificable: a do saneamento. Pois ben tralas obras recentemente executadas acabáronse para sempre os pozos negros nun dos lugares máis recónditos do Distrito de Buría.
  • Video historico de San Xurxo 1995 en Camariñas

    Imaxe da orquesta que actuaba no San Xurxo 2015 de Camariñas
    Esta redacción nun esforzo sen precedentes estivo ata as 5 da madrugada pasando o vídeo da Festa de San Xurxo de 1995 a DIVX nunha dura loita contra ordenadores que non funcionaban e contando coa axuda inestimable de O SOCO que dende a lonxana Suiza arrimou o hombro para facer a milagre posible. E todo para que hoxe 23 de abril, día do Noso Patrón, poder honrar a San Xurxo como se merece cun vídeo impresionante de unha hora e media de duración que fará que vos vexades con 13 anos (e seguramente tamén uns cuantos kilos) menos. Agora a desfrutar.