• Cualificación das augas da praia de Camelle como “boas”

    Cualificación das augas da praia de Camelle como “boas”

    Nos últimos días a Consellería de Sanidade notificou ao Concello de Camariñas que a praia de Camelle acadou a cualificación de “Boa” nos últimos controis efectuados. Estes realizáronse durante a tempada de baño do ano 2020 e veñen a ratificar a efectividade das medidas que esta a levar o goberno para reverter os malos resultados dos últimos exercicios que cualificaban a auga desta praia como “non apta para o baño”.