Clausura do obradoiro deportivo de veran 2007

Hoxe pola mañá clausurouse o obradoiro deportivo de verán 2007 no que asistiron todos os rapaces participantes nestas actividades. O obradoiro realizouse durante os meses de xulio e agosto e contou coa entusiasta adhesión dos rapaces camariñáns o que fixo que, en palabras dos monitores, traballar con estes raparigos fose unha auténtica gozada, quen sabe o que deparará a vida pero o material que temos nas mans non pode ser mellor. ...

O bautizo de Samuel, fillo do noso usuario Jose de Marta

Desde camarinas.eu queremos darlle un agasallo a un usuario desta web: Jose de Marta. O pasado Domingo, Jose de Marta e a súa familia celebraron o bautizo do seu fillo Samuel. Como sabemos que Jose aínda non puido ver as fotos do seu fillo bautizado tivemos a idea de incluilas na web de Camariñas para que as poida ver e desfrutar desde Londres. ...

Comunions e Bautizos este Domingo en Xavina

Brais fixo a súa Primeira Comunión e Sheila bautizouse en Xaviña. Hoxe foi un día moi axetreado para o cura párroco de Xaviña xa que se lle acumulou o traballo. Ás 11 da mañá, Don Mario, doulle a Primeira Comunión a Brais Nión Dios (Neto de Sara, Restaurante Sara) e as 12 e media da mañá bautizou a Sheila (Neta do carteiro de Xaviña). Todos os tradicionais ritos sucedéronse con normalidade e a continuación celebráronse as debanditas comidas e banquetes. Desde esta web dámoslle a Norabóa a Brais, Genma e a toda a súa familia. ...

Comunions e Bautizos en Camarinas

No día de Santa Ana celebráronse na Igrexa de Camariñas nada menos que 3 comunións e un Bautizo. A pesar de estar toda a mañá chovendo o sol fixo a súa esperada aparición antes de empezar a misa das 12, co que a ceremonio estivo moito máis lúcida. Esperemos que siga o bo tempo unhas semanas máis e se acerquen máis turistas polo noso Concello (Falta nos fai) ...

O video resumen da Cena do Cancer 2006 en Camariñas

Xa podes ver os videos largos de camarinas.eu na nosa web.  Este video foi producido e donado por netCam dixital Camariñas para a Asociación de Loita contra o Cáncer de Camariñas. Aínda non sabemos cando será a Cena deste ano pero desde aquí queremos ofrecer este espazo para a "Asociación de Loita contra o Cancer de Camariñas" e todas as Asociacións de Camariñas que necesiten dun espazo de comunicación como é este. Un espazo aberto a todos os camariñáns. ...