2.800 euros en premios no Concurso de Comparsas do Entroido no Concello de Camariñas

O Concello de Camariñas deseñou un completo programa de actividades para o Entroido. O acto central será outro ano máis o Concurso de Comparsas, que se celebrará o luns, 4 de marzo, e que nesta edición aumenta a contía dos seus premios repartindo 2.800 euros en total. No certame poderán participar as 12 primeiras comparsas que se inscriban no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica. As restantes quedarán nunha lista de reserva. O prazo está aberto desde mañá, 19 de febreiro, ata o vindeiro xoves, 28 de febreiro, e as comparsas deberán estar formadas por un mínimo de 10...

Os rapaces do IES Pedra da Águia volven da súa viaxe por Europa

Xa están de volta os 16 embaixadores junior do IESP Pedra dá Aguia de Camariñas que, durante 5 días, estiveron en Luxemburgo e Frankfurt coñecendo institucións da Unión Europea, que normalmente non son obxecto de visita por estudantes tan novos. ...

Camariñas desenvolverá actividades para fomentar a Igualdade de cara ao Día da Muller

A área de Igualdade do Concello de Camariñas, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller que terá lugar o 8 de marzo, levará a cabo durante o mes de febreiro unha serie de actividades para fomentar a igualdade dirixidas aos estudantes do municipio. ...

Ábrese o procedemento para candidatos a Xuiz de Paz de Camariñas

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a convocatoria para iniciar o procedemento de elección do Xuíz de Paz titular do Concello de Camariñas. O prazo para presentar as distintas candidaturas finalizará o vindeiro 13 de febreiro. Ainda que non sabemos os candidatos que se postularán todo apunta a que a actual Xuiza de Paz, a camellana Rosario Devesa, sexa a que finalmente renove o seu posto. ...

Os reis magos poñen o broche de ouro ao Nadal 2018 en Camariñas

Durante toda a xornada do sábado 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitaron aos veciños de todas as parroquias do Concello de Camariñas. Especialmente aos nenos e nenas de todos os recunchos do municipio que, cheos de ilusión, recibiron á espectacular cabalgata real organizada para rematar un Nadal 2018 cheo de moitas novidades con respecto a outros anos. A comitiva real comezou a súa andadura polo Concello de Camariñas como dicíamos este pasado sábado 5 de nadal dende ás 11:30 horas pasando por Xaviña para despois dirixirse hacia Arou, Camelle e Ponte do Porto, e rematar finalmente en...