Unha semana chea de actividades no IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

Esta fin de semana terá lugar na Laboral de Culleredo unha nova edición do Programa Parlamento Xove, na que alumnos da ESO amosarán as súas posturas a favor ou en contra do tema proposto para este ano: “Pode a educación ambiental nas escolas evitar incendios como os do pasado outubro?”. ...

Carreira "Save the Children" no CEIP O Areal de Camariñas

O xoves, día 22 de febreiro, celebramos no CEIP O Areal de Camariñas a partires das 12:30h unha carreira solidaria con motivo do día da Paz. Lembrar que esta prova xa fora aprazada polo mal tempo. ...

ExpoPeques 2018 en Camariñas: todo listo para o salón de comunións e bautizos da Costa da Morte

Despois do éxito acadado o ano pasado, os organizadores do showroom para a organización de bautizos e comunións ExpoPeques están confeccionando os últimos flecos da novidosa edición deste ano 2018. O evento terá lugar dende ás 5 da tarde deste sábado 24 de febreiro e terá continuidade durante todo o domingo 25. Este salón demostrativo, que se está a converter nun verdadeiro escaparate para as empresas do sector na Costa da Morte, traerá seguramente gran cantidade de visitantes ata Camariñas e concretamente ata o Restaurante A Marina de Camariñas donde se darán cita máis de 20 empresas e negocios do...

Comezan os talleres de igualdade do concello no CEIP O Areal de Camariñas

A semana do 20 de Febreiro comezan os talleres no CEIP O Areal de Camariñas, por parte da Técnica de Igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os obradoiros van encamiñados a realización de diferentes actividades para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. Todas as actividades teñen como fío condutor o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. ...

Video da presentación do cartel da Mostra do Encaixe de Camariñas na Deputación da Coruña

A organización da Mostra do Encaixe de Camariñas ven de presentar hai uns días por medio do seu canal oficial de youtube un video resumo do acontecido na orixinal presentación do cartel da Mostra 2018 na Deputación da Coruña. Alí, na sala de prensa Juan Gallo era o mesmísimo presidente do ente provincial e todopoderoso señor do PSOE coruñés, noso querido amigo Valentín González Formoso quen recibía, xunto ao alcalde Pichurri e a concelleira Sandra Ínsua, ás palilleiras que se trasladaron dende todo o concello para asistir a tan importante evento. Incluso éstas mesmas palilleiras foron quen de tomar literalmente o...