Os alumnos do IES Pedra da Águia regresan da súa viaxe ao sur de España

Un grupo de 24 alumnos de 2°ESO do IESP Pedra da Aguia de Camariñas regresan de terras extremeñas e andaluzas por onde durante unha semana e co programa do MEC “Rutas científicas, artísticas e literarias”, percorreron os lugares máis emblemáticos da terra de Bécquer, Juan Ramón Jiménez e Rafael Alberti, viron minas, covas, salinas, cidades cargadas de historia e monumentos e ata cociñaron. A organización e o traballo por parte das monitoras foi impecable e os rapaces gozaron enormemente duns días de intercambio cultural e convivencia cos alumnos do centro de Salamanca cos que compartiron Ruta. ...

4.500 euros no XXVI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda da Mostra do Encaixe 2019

Na mañán deste martes 23 de outubro, o BOP publica as bases do XXVI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, que se levará a cabo durante a XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas entre o 17 e o 21 de abril e que repartirá nesta edición un total de 4.500 euros en premios. Este certame, que xa está totalmente consolidado e é altamente valorado no mundo da moda, mantén o obxectivo que persigue desde os seus comezos: fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda. ...

Camariñas mantén un índice de criminalidade por debaixo da media da provincia

Este luns 22 de outubro, tivo lugar a Xunta Local de Seguridade que convocou o Concello de Camariñas e na que tanto a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, como o coronel da Garda Civil, Francisco Javier Jambrina Rodríguez, confirmaron que actualmente Camariñas ten un índice de criminalidade por debaixo da media da provincia. ...

Este sábado Danza Rosa en Camariñas para conmemorar o Día contra o Cancro de Mama

Mañana, sábado 20 de octubre, ás 17 horas o Concello de Camariñas levará a cabo a súa ‘Danza Rosa’ en colaboración coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional Contra o Cancro de Mama. As persoas participantes irán vestidas de rosa e a acción será silenciosa como homenaxe á traballadora municipal recéntemente falecida, Raquel Moreira. ...

A Xunta Local de Seguridade de Camariñas celebrarase o 22 de outubro

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, solicitou á subdelegación de goberno a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para tratar diferentes asuntos que inciden na calidade de vida dos veciños de Camariñas, que se convocou inicialmente para o próximo luns, 22 de outubro ás 11 horas. ...